Esta non é unha ruta de sendeirismo como as que normalmente publico pero é que de cando en vez, encántame tamén visitar lugares de Galicia que non coñezo e aínda que non exercito o sendeirismo tal e como este se coñece sí que acostumo a andar bastante (para coñecer un lugar non hai mellor cousa que "patealo") A diferenza é que dun sitio a outro, vou en coche porque ás veces as distancias entre o quero ver é grande.
Desta vez funme ao concello de Cerdido. Oíra falar del, sabía que existía, pero nunca estivera nel e descoñecía por completo o que aquí se podería encontrar.
Cerdido é un concello da provincia de A Coruña que se encadra dentro da comarca de Ortegal sendo o único concello dela que non ten mar.
É un concello moi pequeno e con moi poucos habitantes(ao redor de 1000) e só ten tres parroquias: Casares, Cerdido e A Barqueira.
A etimoloxía popular pensa que o nome de Cerdido deriva dun xabaril que hai representado nun muro da igrexa de S. Martiño. A realidade é que a orixe desta palabra pénsase que vén do latín quercus (carballo)
A capital de Cerdido é Vila da Igrexa pero o principal núcleo de poboación é A Barqueira e aquí é onde se sitúa a casa do Concello, o Centro de Saúde...
O primeiro que visitamos é A Barqueira, concretamente a súa igrexa de S. Antonio que é do ano 1920 en estilo neogótico.
Ao lado da igrexa está o Campo da Feira onde se celebra unha a primeira fin de semana de cada mes.
Zona de mesas, bancos e barbacoas |
Este fermoso edicio foi contruído por emigrantes deste concello na Habana, tal e como lemos no triángulo que vemos derriba da porta: " Sociedad de Instrucción y beneficiencia. Hijos del ayuntamiento de Cerdido" 1908 1932. Habana".
Antiga escola, hoxe Centro cultural e Social |
Naqueles tempos, moitas escolas estaban divididas por sexos:
A continuación, fomos ao Paseo fluvial do Río Pontellas. É un paseo precioso, eso si, dificil de localizar porque en ningún sitio o vimos indicado, polo menos dende o empezamos nóis, pola parte do Castro. Ao non haber nin a máis mínima indicación, demos unhas cantas voltas ata atopalo e levámonos unha grata sorpresa porque é un entorno que merece a pena: é un pequeno percorrido fluvial (case 4km. ida e volta) con gran riqueza natural xa que ás beiras do río Pontellas medran castiñeiros, carballos, amieiros, abidueiras...
Ao mellor ao remate, por este lado, hai algún sinal...
Ningún comentario:
Publicar un comentario