A ruta dos muíños no concello de Abadín é ben fermosa, ao percorrer enormes soutos xunto á unha fermosa vexetación de ribeira á beira de ríos e regatos que acollen varios muíños. uns restaurados e outros non.
CARACTERÍSTICAS:
Lonxitude: 10,75 km. en total ida e volta
Dificultade: fácil
Ruta lineal ben sinalizada e acondicionada.
DESCRIPCIÓN:
Partimos da parroquia de Corvite (concello de Abadín)
Abadín é un concello lucense que pertence á Terra Cha.
Pero antes de iniciar a ruta, visitamos o Muíño de Corvite que non está dentro da propia ruta (é dicir o camiño non pasa por este muíño). Temos que desplazarnos uns 100m. para poder visitalo. Nós tivemos a sorte de que a propia dona, Sonia, nos ensinara esta marabilla que pertence ao ámbito privado pero está convertido en aula etnográfica para visitas escolares, campamentos de verán, organización de eventos...O muíño data do ano 1907 e foi restaurado podendo moer perfectamente ademais de recoller elementos etnográficos moi interesantes como ferramentas e maquinaria de antaño, así como a lareira e utensilios de cociña de cociña daquela época.
Carro e grade que se usaban antiguamente e ao fondo, colgados da parede diversos xugos:
Máquina para cortar toxo:
Máquinas de mallar:
A lareira da que só está resaturada a cambota. Todo o demais é o que había orixinariamente:
Despois de visitar o muíño, empezamos a ruta:
O río AnlloSaimos á estrada: E deseguida chegamos a un camiño polo que imos ás beiras do Anllo:
Ata que chegamos de novo á LU- 113 que temos que cruzar:
Imos por un camiño de carros co seu valado de pedra:Vemos outro muíño, o do Mazo:
Agora imos adentrarnos nunha fraga que nesta época está sen follas pero que na primavera e verán con elas, está preciosa: Este muíño restaurado é o de Trasón: E este ten un nome ben acaído: o muíño da Fraga:
Continuamos polo medio da fraga, á beira sempre do rego de Rodeiro:
O último muíño que vemos é o Muíño Pequeno Escaravello. Hai outro, o de Cabo de Vila, que como non queda na ruta, se non que hai desviarse uns metros, non o vimos.Saimos da fraga :
Vemos a aldea de Abeledo de arriba:
Este é un sitio bo para comer:A ruta remata aquí e dende este lugar demos a volta por onde viñeramos:
Ao voltar vemos de frente a igrexa de S. Pedro de Corvite:A ruta en Wikiloc: