luns, 17 de febreiro de 2025

RUTA DA ESCRITA (CASTRO DE REI)

No concello de Castro de Rei realizamos unha das primeiras rutas de sendeirismo, cando aínda eramos o grupo  chamado "Os Rueiros" , trátase da Ruta do Azúrama que se pode ver AQUÍ

Hoxe volvemos a este concello para realizar a RUTA DA ESCRITA que non está moi claro onde empeza, uns din que na igrexa de Castro de Rei e outros din que na de Santa Locaia. Oficialmente debe ser lineal pero nós fixémola circular e eu mesma planifiquei esta ruta. Din que hai 24 pedras con poemas, nós só vimos 4 ou 5 e ademais en mal estado de conservación, xa que actualmente é difícil lelos. 

Características da ruta:

Lonxitude: 6,8 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sinalizada en parte pero non como ruta da Escrita senón como unha ruta para BBt "Outeiro de Rei-Castro de Rei"

O meu track en WIKILOC

Descripción:

Partimos dende a igrexa de S. Pedro na parroquia de Santa Locaia. Esta igrexa foi levantada onde antes houbo outra máis pequena que foi derrubada. Data de 1930/31

No adro da igrexa hai unha estatua do Sagrado Corazón, xunto a ela foi colocada unha placa na honra do sacerdote Javier Rodríguez Couce que morreu no 2021 e era moi prezado nesta zona.

A tarde empezaba fea, oscura e con chuvia. 

Dende a igrexa hai un Vía Crucis de pedra en moi estado de conservación que chega ao monumento ao Sagrado Corazón que axiña veremos.


Son 14 estacións ata chegar ao monumento que xa vemos aló no alto. O Vía Crucis foi erixido en 1943 por subscrición popular. Foi vítima de ataques vandálicos no 2011 con gran indignación dos veciños.

O monumento ao Sagrado Corazón, no Monte da Escrita, foi levantado no 1931. Ten 14 m. de altura. No 2015 a escultura que había foi sustituida pola actual. A Antiga é a que está ao pé da igrexa que xa vimos antes.
É un destino importante de peregrinación.

Ao redor do monumento e do Vía Crucis hai unha pequena área recreativa que ten boas vistas dependendo do que medren as árbores do arredor.


Ata o de agora non vimos nin un só sinal que poña "Ruta da Escrita" . O que si hai e moitas son sinais dunha ruta BBT que pon "Outeiro de Rei- Castro de Rei" Seguimos esta ruta de momento.

Imos 500m por unha pista local.
 
En Castro de Rei hai concentración parcelaria en case tódalas  parroquias e nótase nas inmensas parcelas.



E despois imos por un camiño máis ben feo, rodeado de eucaliptos. Estamos cruzando o Monte da Escrita.


Nun cruce atopamos o 1º dos poemas que eu lera que había ao longo da ruta. Este é dun cura ben coñecido na Mariña Luguesa, Benxamín González Quelle que estivo moitos anos en Burela exercendo o sacerdocio. Foi tamén cronista oficial do concello de Burela e poeta como demostran estes fermosos versos dedicados á Terra Cha, onde estivo 7 anos de cura.
"Nacín en Viveiro, na veira do mar,
crieime na Chaira, nesta Terra chá;
bebín nas poceiras a auga lustral
E escoitei de noite o cantar da rá."


Volvemos atopar o sinal de ruta para BBT antes mencionado.


Agora cambias a paisaxe e xa atopamos árbores autóctonas.


Xa n´hai corredoiras, xa n´hai carreiriños,
xa n´hai pasadoiros, nin roulan muíños... 

Esto di Benxamín González no seu poema e é ben certo. A concentración parcelaria mellorou a vida no rural pero a paisaxe cambiou por completo.


Pero hai menos xente e moita máis herba,
toda ela é un mar verde...


Estamos chegando a Coea, outra parroquia de Castro de Rei

No lugar de A Acea (parroquia de Coea) atopamos o muíño de Veiga moi ben conservado. Nutríase das augas do río Azúmara, afluente do Miño. Este muíño tivo moita importancia nos seus tempos xa que viña xente ata de Lugo, da Coruña  e ta de Asturias buscar o trigo que se moía aquí.


Outra vista do muíño. Na Acea viven hoxe 6 veciños e hai 4 vivendas. O último muiñeiro deste muíño, Ignacio Fernández Prados, morreu en 2023.
"O muíño deume moita alegría, relacionábaste moito coa xente, viña un, falabas con el, viña outro, contábache outro conto, viño outro, outro conto...", contáballe o propio Ignacio a Rubén Riós en Arrieros somos... botando a vista atrás, aos tempos das muiñadas, desa vida rural na que se ía segar e cavar ao monte. Uns tempos que foron os de Ignacio e que esmorecen un pouquiño máis cada vez que toca dicir adeus á historia viva. Coma o muiñeiro da Acea, un referente na parroquia de Coea, unha institución en Castro de Rei.

"Feito estou da túa lama e da túa pedra,
da túa luz, da túa sombra, da túa herba..."
Atopamos outro poema de X. Luis García Mato, escritor e poeta de Vilalba.



E non podía faltar un poema de Manuel Mª
Carballos rexos, potentes
calados ou musicales
que loitais como valentes
coas xistras e os vendavales!

E atopamos o 1º sinal da Ruta da Escrita nesta pedra en Coea

Seguimos este camiño vendo unha enorme casa restaurada nun fermoso entorno.


E atopamos outro poema. Neste caso de Marica Campo . Para poder lelo, tivemos primeiro que limpalo.

Para min, este o tramo máis fermoso desta ruta.

Por un carreiro entre carballos, chegaremos á estrada.

Imos por estrada uns metros

Ata que pillamos unha pista á dereita vendo toda a chaira.

Estas imaxes da chaira tamén son fermosas. Algo máis adiante volveremos uns metros polo mesmo camiño que antes viñemos.


Volvemos cruzar o Monte da Escrita onde todo son eucaliptos.

Voltamos ao inicio polo mesmo camiño da ida. Xa vemos o monumento ao Sagrado Corazón.

Baixamos polo Vía Crucis.

E chegamos de novo á igrexa.

Páxinas web consultadas:

https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/santa-locaia-honra-ao-crego-javier-rodriguez-couce-placa/202111071650081538227.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/37274/2016/02/monumento-ao-sagrado-corazon-e-viacrucis-de-santa-locaia/

https://www.paxinasgalegas.es/fiestas/santa-locaia-monumento-sagrado-corazon-castro-de-rei-34268.html

https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/a-acea-o-fogar/202411051742201801748.html

https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/ignacio-fernandez-prados-muineiro-da-acea/202312222207081718175.html









venres, 14 de febreiro de 2025

ESTELO. RUTA CIRCULAR POLO PORTO DA CALZADA DA CABANA VELLA (MONDOÑEDO)

 Estelo é un lugar da parroquia de Nosa Señora dos Remedios en Mondoñedo. A pesares de estar bastante apartado e lonxe de todo hai moitas casas habitadas, algunhas delas de nova construcción e outras restauradas. É unha aldea viva onde son comunes as actividades agrícolas e gandeiras.

Características da ruta:

Lonxitude: 10,5 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar . O meu track en WIKILOC

Descripción:

Empezamos ruta na capela de S. Bartolomé que foi reedificada sobre unha anterior do S. XVII

Sorprendeume a cantidade de vivendas que hai nesta aldea e algunhas son novas.


Camiñamos uns 600m pola estrada LU-P 3106, a mesma pola que acabamos de chegar e que é a estrada principal que chega a este lugar.

Vemos vacas e máquinas para traballar na terra.

Outra vista de Estelo.

Na curva que vemos remata o asfalto. Imos pillar o camiño da dereita.

Empezamos unha subida constante pero moi levadeira.


A maioría da paisaxe que imos vendo está formada por prados onde pastan vacas.

O Rego de Estelo baixa entre verdes prados.


Xa imos a ben altitude e as vistas son espectaculares.

 
Atopámonos no punto máis alto do percorrido, no Monte Pena Morcán, que acada aquí os 708m. de altitude.

Unha zona de prados e piñeirais.
 
A partires deste punto empezamos a baixar cara ao Porto da Calzada de Cabana Vella.





Atopamos varios peches para o gando que sempre, sempre, hai que deixar como os atopamos

Estame gustando moitísimo esta ruta!!


Ao chegar abaixo ao Porto da Calzada de Cabana Vella, vemos unha subestación eléctrica. Hai cabalos pastando por alí que a o vernos e faltando aínda uns 200m para chegar a onde están eles, empezan a correr pola estrada para ir xunto a outros que estaban máis arriba.


Os cabalos xuntáronse todos no alto.

Ademais de peches para o gando, tamén vimos varios pasos canadienses.

De súpeto vimos sinais do Camiño de Santiago e nunca escoitáramos que pasase por aquí pero buscando agora información resulta que a Xunta sinalizou este trazado no 2017 que vai cara a Gontán (Abadín). É unha alternativa, chamada "a principal" que a pesares do nome non é a máis empregada nin promocionada a pesares do fermosa que é.

Os postes do Camiño só os vemos porque en ningún momento coincidimos no trazado. Nós imos cara a outro lado.

Baixamos agora polo Coto de Leboreiro. Toda esta zona é de prados con algún punto de montes.

Moitísimas vacas vimos nesta ruta!! De frente, o Alto da Cea.


Agora estamos en zona baixa e moi cerca do Alto da Cea.

Pillamos á dereita onde se ven os cipreses.

Imos por un camiño rural e co que choveu estes días, ten zonas con auga pero fomos pasando sen maior problema. O camiño vai en lixeiro ascenso.

As vacas miran expectantes. Quen serán estes??

Xa a piques de abandonar este camiño que no final convértese nun estreito carreiro:

Desembocamos na estrada LU-P  3106 e deseguida pillamos outra estrada á dereita. Estamos agora no concello de Abadín.

Chegando a A Valiña (concello de Abadín) pillamos un camiño á esquerda.




Sen darnos nin conta volvemos estar a case 700m de altitude e as vistas, claro, son fabulosas.

Nestes lugares só se respira paz ao estar tan illados.

Mondoñedo podía explotar moito máis o potencial natural que ten.

Aló embaixo xa vemos Estelo. Agora comenzamos un acusado descenso ata chegar á aldea.


Xa estamos de novo na aldea de Estelo e case no final da ruta.
 

Últimas casas que vemos. A poucos metros, xa está a capela onde temos o coche.

Páxina web consultada:

http://www.concellomondonedo.es/portal_localweb/p_97_principal_ayto_mondonedo.jsp?codResi=5&language=es