Estelo é un lugar da parroquia de Nosa Señora dos Remedios en Mondoñedo. A pesares de estar bastante apartado e lonxe de todo hai moitas casas habitadas, algunhas delas de nova construcción e outras restauradas. É unha aldea viva onde son comunes as actividades agrícolas e gandeiras.
Características da ruta:
Lonxitude: 10,5 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar . O meu track en WIKILOC
Descripción:
Empezamos ruta na capela de S. Bartolomé que foi reedificada sobre unha anterior do S. XVII
Sorprendeume a cantidade de vivendas que hai nesta aldea e algunhas son novas.
Empezamos unha subida constante pero moi levadeira.
A maioría da paisaxe que imos vendo está formada por prados onde pastan vacas.
O Rego de Estelo baixa entre verdes prados.
Xa imos a ben altitude e as vistas son espectaculares.
Estame gustando moitísimo esta ruta!!
Os postes do Camiño só os vemos porque en ningún momento coincidimos no trazado. Nós imos cara a outro lado.
Baixamos agora polo Coto de Leboreiro. Toda esta zona é de prados con algún punto de montes.
Moitísimas vacas vimos nesta ruta!! De frente, o Alto da Cea.
As vacas miran expectantes. Quen serán estes??
Xa a piques de abandonar este camiño que no final convértese nun estreito carreiro:
Desembocamos na estrada LU-P 3106 e deseguida pillamos outra estrada á dereita. Estamos agora no concello de Abadín.
Chegando a A Valiña (concello de Abadín) pillamos un camiño á esquerda.
Sen darnos nin conta volvemos estar a case 700m de altitude e as vistas, claro, son fabulosas.
Nestes lugares só se respira paz ao estar tan illados.
Mondoñedo podía explotar moito máis o potencial natural que ten.
Aló embaixo xa vemos Estelo. Agora comenzamos un acusado descenso ata chegar á aldea.
Xa estamos de novo na aldea de Estelo e case no final da ruta.
Últimas casas que vemos. A poucos metros, xa está a capela onde temos o coche.
Páxina web consultada:
http://www.concellomondonedo.es/portal_localweb/p_97_principal_ayto_mondonedo.jsp?codResi=5&language=es
Ningún comentario:
Publicar un comentario