xoves, 30 de xuño de 2022

CASTELO VIDE E MARVAO (PORTUGAL)

O sábado tocaba cambiar de hotel. Xa nos íamos dirixir cara a España e durante ese percorrido en bus visitamos as localidades de Castelo Vide e Marvao pola mañá.

Castelo de Vide pertence ao distrito de Portalegre na rexión do Alentejo. En portugués Alentejo significa "além" (máis aló) e "tejo" (Tajo) É dicir é a rexión que está máis abaixo do río Tajo.

A localidade é un retorno ao pasado e as súas estreitas rúas con casas encaladas e a súa antiga xudería, condúcennos ao máis alto da colina onde se atopa o seu castelo medieval



A igrexa matriz de Santa Mª da Devesa nas súas orixes foi un pequeno templo do S. XIV. A actual é do S. XIX e mestura estilos barroco e neoclásico. Está na Praza de Don pedro V
Igrexa de Santa Mª da Devesa.

Subimos polas rúas empedradas e estreitas do barrio gótico:



E chegamos ao castelo que foi contruido polo rei D. Dinis e o seu irmán Afonso
 
A visita ao castelo e libre e gratuita. Dentro do castelo hai un acceso ao burgo medieval do que percorremos un curto traxecto xa que en Castelo Vide a visita foi demasiado curta.


Vists de Castelo de Vide dende o castelo.

Ao baixar do castelo vimos o barrio da Xudería
 
Baixando ao barrio da Xudería
 
A antiga Sinagoga hoxe convertida nun museo.

Marchamos de Castelo de Vide con ganas de voltar xa que aquí estivemos demasiado pouco tempo para desfrutar desta vila.

Web consultada:

https://www.viajesyrutas.es/2020/04/que-ver-en-castelo-de-vide.html

Para ver outras localidades de Portugal pincha no nome delas:





A continuación fomos ata MARVAO que está moi cerca.

Ao igual que Castelo Vide, Marvao pertence ao distrito de Portalegre na rexión do Alentejo. Ten cerca de 600 habitantes e está tan só a 10 km. de España, moi cerca de Valencia de Alcántara onde imos xantar.
Gustáronme moito tódalas aldeas e vilas visitadas pero Marvao namoroume! É unha vila preciosa!!

Portas polas que accedemos ao recinto amurallado de Marvao:

Imos cara ao castelo que, coma todos, está na parte máis alta da vila:
 
Unha rúa de Marvao:

A estrátexica situación desta vila fixo necesario a creación dun sistema defensivo para protexer a poboación dos continuos ataques castelás. De aí o castelo e as murallas.

 As vistas dende o castelo son espectaculares.
 
Tódolos castelos, ao estar situados en sitios altos teñen vistas espectaculares pero, para mín, a paisaxe que se domina dende este castelo de Marvao é unha preciosidade.
 
Máis vistas espectaculares. O castelo é unha das fortalezas máis impresionantes de Portugal. Construido no S. XIII foi remozado completamente no S.XVII
 
Dende a Torre da Homenaxe as vistas impresionan!


Os xardíns de Santa Mª que vemos están xunto á igrexa do mesmo nome que hoxe funciona como un Museo.
Xardíns de Santa Mª co castelo de fondo.
Igrexa de Santa Mª:

A mellor maneira de coñecer Marvao é pasear polas súas empedradas rúas.

Web consultada:
https://guias-viajar.com/viajes-portugal/alentejo-marvao/

Para ver as outras aldeas e vilas visitadas en Portugal, clica derriba do nome de cada unha:






SORTELHA (PORTUGAL)

 Sortelha é unha pequena aldea que pertence ao concello de Sabugal onde acabamos de estar e ao Distrito de Guarda.

É unha pequena aldea medieval fortificada incluida dende 1991 no programa "Aldeias históricas de Portugal"

Todas as aldeas que imos vendo teñen un castelo na súa pare máis alta e esta non ía ser menos. Camiño dese castelo vemos primeiro a Torre do reloxo que non é medieval nin moito menos. Foi construida en 1973 pola vila de Sortelha e serve como excelente miradoiro pero cunha curiosidade: non ten burato orientado para aldea histórica xa que os seus habitantes non quixeron contribuir a pagar a obra. Está situada fóra das murallas, un pouco antes do castelo.

Torre do Reloxo

Camiño ao castelo vimos rochas con formas peculiares:

A foto seguinte é tomada xa dentro do recinto amurallado da aldea. Pola porta que vemos, entramos. Chámase "Porta da Vila". O monumento que vemos na parte dereita, ao pé da porta é un viacrucis.

Porta da Vila de entrada á aldea histórica.

O castelo foi mandado levantar por Sancho II no S.XIII. Ao longo dos séculos pola súa posición estratéxica cerca da fronteira sufriu as loitas con Castela e a invasión francesa. É como un centinela vixindo a paisaxe máis aló das murallas.
Na parte esquerda da foto vemos dúas rocha que semellan bicarse por eso se lles chama "O bico eterno"
Castelo e casa nº 1

A casa que vemos en 1º termo é a chamada Casa nº 1 que recibe este nome por unha inscripción que aparece nunha das súas portas e podía ser perfectamente a máis antiga xa que data do mesmo século que o castelo, do S. XIII.

Sortelha é moi pequena. A que vemos é a rúa principal. Pasear por aquí dá unha sensación de calma e paz incribles. Só estaba o noso grupo, o único que rompía a tranquilidade no día de hoxe. 

Vemos as casas de pedra perfectamente rehabilitadas e as rúas empedradas.

Vemos unha casa árabe cunha ventana en estilo Manuelino

Casa árabe

Detalle da ventana en estilo manuelino:

No Largo do Pelourinho vemos a Antiga Casa da Cámara e Cadena do S. XVI ou o que é o mesmo, o concello no piso superior e o cárcere no inferior. Tamén vemos o pelourinho ou picota, ao igual que nas aldeas que levamos vistas.

Un 1º plano do que era o edifico do concello e da cárcere. En tódolos monumentos, edificios singulares...hai paneis informativos, o que é moi digno de agradecer. A mín gústame saber onde me atopo e que estou vendo.

Aquí temos a subida ao castelo: Ao pé das escaleiras vemos outro viacrucis.

Paseando polas murallas para ter unhas vistas inmellorables da contorna.

O castelo domina toda a paisaxe circundante e as murallas envolven dentro as casiñas de pedra.

 

Os habitantes de Sortelha na actualidade viven fóra da aldea histórica porque esta quedou totalmente abandonada e deshabitada. Foi a iniciativa "Aldeias Históricas de Portugal" a que a rescatou das cinzas, restaurándoa de xeito que non perdeu nada do seu aspecto medieval.

Extramuros viven os habitantes de Sortelha
 

A igrexa matriz de Sortelha está dedicada a Nosa Señora das Neves e ao logo dos séculos foi sofrindo numerosas tranformacións.

Igrexa de Nosa Señora das Neves
 

Unha das portas de entrada na muralla, a Porta Nova da Vila.

Porta Nova da Vila

Realmente semella unha aldea fantasma xa que lle falta a vida. Actualmente só lla dan os turistas que chegan aquí coma nós.

Unha rúa de Sortelha

Sortelha, cuxo nome din que vén do xogo practicado polos cabaleiros medievais consistente en introducir a súa lanza nun anel de gran valor namorou ao escritor portugués José Saramago que na súas obras "Viaje a Portugal" e "El Viaje del Elefante", dedica unhas lineas a esta localidade. Por este motivo e como homenaxe se lle dedicou ao escritor este elefante en granito que vemos.



Marchamos de Sortelha coa sensación de haber estado metidos de cheo na Idade Media.

Webs consultadas:

https://viajeconpablo.com/sortelha-portugal/

https://www.vortexmag.net/es/los-12-mejores-sitios-que-ver-en-sortelha/

https://miscastillos.blog/2018/03/21/castelo-e-cerca-urbana-de-sortelha/




Para ver outras aldeas nas que xa estivemos, pulsa nos nomes:

MONSANTO

PENHA GARCÍA

SABUGAL













mércores, 29 de xuño de 2022

SABUGAL (DISTRITO DE GUARDA-PORTUGAL)

 Despois de ir comer ao hotel e descansar un pouco, ás 16:00h. partimos para Sabugal. Se pola mañá visitamos dúas aldeas agora imos a unha cidade pequena de arredor de 3000 habitantes. Se en Monsanto e Penha García estivemos no distrito de Castelo Branco, agora imos cambiar de distrito.

Sabugal é un concello que pertence ao distrito de Guarda e fai fronteira coa provincia de Salamanca. No S. XII pertenceu ao reino de León e o rei Alfonso IX de León fundou esta cidade aló polo século XIII.  Un século despois volveu a pertencer a Portugal polo Tratado de Alcañices pero aínda así sigueu habendo roces con Castela ata a Guerra de Independecia contra os franceses. 

O 1º que vemos ao baixar do bus é o río Coa. Nos últimos anos levouse a cabo unha recuperación das ribeiras deste río e o resultado non pode ser máis fermoso, con multitude de árbores diversas e paseos habilitados que invitan ao seu percorrido.

Sorprendeunos a cantidade que vimos de tileiros en flor:

O castelo das 5 esquinas que entrevemos domina a cidade e é o seu principal símbolo e máis coñecido:



A vexetación nesta zona próxima ao río é moi frondosa, exuberante:

Deseguida chegamos ao Museo de Sabugal no que poidemos entrar e ver unha colección de fotografías antigas e restos arqueolóxicos. O edificio da foto NON é o Museo, este queda xusto enfrente.

Vimos no Museo restos arqueolóxicos en forma pezas en pedra moi antigas.

 
E vimos tamén unha colección de fotos antigas.


O castelo inicial de Sabugal foi mandado construir por Alfonso IX de León e o rei Dinis reforzouno coa Torre da Homenaxe. Vemos un castelo magnificamente conservado grazas á remodelación realizada en 2005

 A mediados do S. XIX o castelo foi abandonado  e o seu patio de armas foi utilizado como cemiterio dende o ano 1846 ata o 1927. Así mesmo foron quitadas moitas pedras do castelo polos habitantes do lugar para construir a súas casas. Ao igual que vimos no castelo de Monsanto, neste tamén houbo unha igrexa, a de Nosa Señora do Castelo que no ano 1911 foi destruida. No 2005, o castelo foi restaurado.
 
Este castelo é coñecido como "O Castelo das 5 esquinas" debido á forma inusual da súa torre.


Neste castelo tivo lugar o chamado "Milagre das 13 rosas": Isabel de Portugal, esposa do rei Dinís era moi xenerosa e daba de comer aos pobres, esto non gustaba ao seu marido e un día que a sorprendeu realizando este acto de caridade, o pan que levaba converteuse en rosas. O rei non atopou explicación a esto e permiteulle continuar coa súa labor benéfica.
Este milagre aparece na I. Media en distintos lugares de Europa en diferentes personaxes: Santa Isabel de Hungría, Santa Casilda de Toledo...

Vistas de Sabugal dende o castelo


Na seguinte foto vemos a única porta da muralla que segue en pé. Está reforzada por un campanario (Torre Sineira) Unha torre sineira tiña como función albergar campanas destinadas a marcar a vida civil dunha localidade distinguíndose dun campanario en que este estba ligado á vida relixiosa.


A fachada que vemos a continuación pertenceu a unha casa señorial, a Casa dos Brito. É do S. XVII e o único que se conserva.

Este curioso mural con cantantes famosos de tódolos tempos estaba exposto nun bar no que paramos a descansar e tomar algo.


Páxina web consultada:
https://viveportugalweb.com/destinos/sabugal/#Torre_sineira_e_Porta_da_Vila


Pola mañá deste mesmo día visitamos Monsanto. Para ver, pulsar AQUÍ
Tamén visitamos Penha García. Para ver, pulsar AQUÍ