luns, 3 de maio de 2021

RUTA DOS FORNOS (A PONTENOVA)

 Despois de realizar a ruta do muiñeiro namoradoRutas de sendeirismo: RUTA DO MUIÑEIRO NAMORADO (A PONTENOVA) , visitar a aldea de Figueirúa e chegarnos ata a Fervenza da Férrea Rutas de sendeirismo: FERVENZA DA FÉRREA (A PONTENOVA) aínda nos quedaron forzas para realizar a  RUTA DOS FORNOS.

A ruta en WIKILOC:

Powered by Wikiloc


Esta ruta que coincide, nun primeiro tramo coa Ruta das Minas, enlaza os Fornos de 

calcinación do ferro procedente das minas de Vilaoudriz co forno das antiguas minas de 

Boulloso. 

No ano 1904 iniciouse a explotación a gran escala das minas de mineral de ferro de 

Vilaoudriz levando este mineral (A variedade rubia, según saía da mina e o carbonato 

previa calcinación nos fornos) ata Ribadeo por ferrocarril. Alí era transportado por barco 

cara a Alemania, Reino Unido, Holanda...

Os anos da 1ª Guerra Mundial pechouse o mercado alemán e a actividade das minas 

reduciuse ao mínimo e os embarques viñéronse abaixo. Finalizada a guerra, os proxectos de 

crear un vasto complexo mineiro-siderúrxico que incluiría as minas leonesas non van 

adiante porque entre outras cousas empeza a producción de aceiro e as minas de Vilaudriz 

ao igual que outras minas galegas de ferro acaban desaparecendo na década dos anos 30.

Afortunadamente para nós os Fornos deVilaoudriz para calcinar o mineral, a estación de 

ferrocarril de A Pontenova e o Cargadoiro do mineral en Ribadeo foron recuperados e son 

hoxe parte visible do noso Patrimonio industrial.

Características da ruta:


Lonxitude: 5,11km.

Dificultade: Media-baixa (pola subida do principio)

Ruta circular ben sinalizada.

Descripción:

Esta ruta parte de AQUÍ

Nestes fornos se calcinaba o mineral de ferro que o necesitaba. Teñen 11 m. de alto e 4 de 

ancho e son o símbolo de A Pontenova:
Os fornos foron construídos con ladrillo das fábricas de Sargadelos

Subimos por esta pasarela de madeira para torcer deseguida á esquerda:



Vemos a Praza dos Fornos e a antigua estación de tren hoxe convertida en Oficina de 

Turismo:


Subimos por unha empinada pista forestal, menos mal que apenas é 1 km. 


Xa nos atopamos nun punto alto dende o que temos excelentes vistas do val de

Pontenova:





O primeiro que vemos é a saída do que foi o teleférico que transportaba o mineral extraído 

da Mina Consuelo que imos ver deseguida ata o forno de Boulloso que está enfrente.


E chegamos á boca da mina Consuelo:

Mina "Consuelo"

Agora imos por un pequeno túnel escalonado:


 Que nos conduce a outro de 12m de longo:


Ata esta bifurcación a nosa ruta coincide cao Ruta das Minas. Esta segue pola dereita. A nosa pola esquerda:



Imos baixando entre a xenerosa vexetación da que goza este concello:


Chegamos á carretera que vai a Taramundi. Temos que cruzar para ir entre as casas de O Mazo:_

Hórreo en O Mazo

Imos uns metros por estrada:



E nas beiras atopamos moitísimos amorodos silvestres:

Amorodos

Un pouco antes deste túnel, xa enlaza outra vez esta ruta coa das Minas:

Despois de cruzar o túnel anterior para o que necesitaremos unha lanterna xa que é bastante longo, desembocamos no Forno de Boulloso, hoxe convertido nun miradoiro.

Neste forno, ao igual que nos de Vilaoudriz, calcinábase o mineral extraído para separar os restos sulfurosos que se destinaban para abono e o ferro que quedaba , de máis calidade, era exportado dende o porto de Ribadeo a Alemania e R. Unido.

Dende o Miradoiro, observamos unha área recreativa coidada con mimo, as piscinas municipais e outras instalacións deportivas así como o trazado por onde transcorre outra ruta de sendeirismo moi coñecida e transitada: a ruta do Ferrocarril.

Dende este forno de Boulloso, está en proxecto construir unha tirolina de 330 m., unha das maiores de Galicia, que unirá a Mina Consuelo con este Forno de Boulloso pretendendo que esrta tirolina siga os pasos do trazado das vagonetas que transportaban o mineral.


Ao baixar do forno, atopamos esta fermosa fonte  de pedra debaixo dun gran carballo que ademais ten mesa e bancos para descansar:

Cruzando a carretera, está a área recreativa :

Camiñamos pola ruta do Ferrocarril que nos vai levar de volta aos Fornos.
Ponte sobre o Eo


Ás beiras do río, vai un fermoso paseo cunha vexetación exuberante:


E chegamos á antiga estación de ferrocarril, hoxe Oficina de Turismo onde rematamos a nosa visita á Pontenova por hoxe porque seguro que volveremos!

Volveremos á Pontenova para desfrutar da súa riqueza natural e do seu pasado industrial hoxe reconvertido  nun marabilloso reclamo turístico.

Desfrutalo, pero sempre con moito respecto e coidado!!

domingo, 2 de maio de 2021

FERVENZA DA FÉRREA (A PONTENOVA)

 Podemos ir ata esta fervenza dende  A Pontenova se queremos ir andando, xa que está bastante cerca pero, eso si, todo por asfalto e sen grandes atractivos; ou ben como fixemos nós aproveitando unha visita á Pontenova para realizar algunha das moitas rutas de sendeirismo que ten, achegarnos en coche. Dende onde se aparca(moi pouco espacio para facelo) hai só uns 300m. á parte baixa da cascada.

Vale moito a pena esta visita, non só pola caída da auga da fervenza (hainas moito máis espectaculares) senon polo entorno, que é marabilloso. Aproveitando elementos naturais como madeira e pedras fixeron escaleiras, pontes...no medio dun entorno privilexiado como é a Fraga de Muradal.

Ubicación da Fervenza da Férrea ou de Foxas  AQUÍ

Estudando o panel

Se collemos á dereita chegaremos á parte alta da cascada. Cruzaremos esta rústica ponte:

E iremos subindo en zig zag uns metros (a distancia é moi curta)


E tamén por estas escaleiras de madeira:

Estas son as ruínas do Muíño do Muradoiro:

Pasamáns rústico
E estas escaleiras que nos encantan!

E chegamos á parte alta da fervenza:
Fervenza da Férrea

Fervenza da Férrea

Damos a volta e chegamos ao sitio de onde partimos e agora collemos á esquerda para ver a parte baixa da fervenza. Se a parte alta que acamos de ver é espectacular non o menos a parte baixa.
Castiñeiros centenarios

Paisaxe de conto


Vemos outra escaleira de madeira que non deixa indiferente:

Encántanos este aproveitamento de recursos materiais para elaborar por exemplo esta ponte tan sinxela:

Ou esta:

O entorno da fervenza na parte baixa da mesma é espectacular!

Na seguinte foto, vense perfectamente os dous saltos que ten esta fervenza:



Castiñeiro centenario


Unha fervenza digna de ser visitada!!

RUTA DO MUIÑEIRO NAMORADO (A PONTENOVA)

 Podemos dicir que A  Pontenova, na provincia de Lugo, é un dos concellos que máis rutas ten dispoñibles para a práctica de sendeirismo. E ademais tenas ben coidadas e sinalizadas. Rutas ben fermosas como a do Ferrocarril, a da Seimeira, a  das Minas, a dos Fornos, a da Fraga das Reigadas, a da Férrea e agora acaba de inaugurar outra: A do Muiñeiro namorado.

Nós fixemos xa hai ben tempo a das Reigadas:

Rutas de sendeirismo: FRAGA DAS REIGADAS ( A PONTENOVA)

E a da Seimeira (hoxe en día esta ruta xa cambiou o seu trazado inicial e remata no mesmo sitio onde empeza)

Rutas de sendeirismo: RUTA DA SEIMEIRA (A PONTENOVA)

Hoxe fixemos  tres rutas en A Pontenova, aínda que a previsión inicial era facer só a do Muiñeiro namorado, como nos equivocamos e fixemos 2 km. menos, despòis de comer realizamos a da Férrea que é moi curtiña e a das Minas (a versión Curta) que tratarei noutra entrada.

Imos coa  Ruta do Muiñeiro namorado que tamén nos namorou a nós (a ruta, o muiñeiro non o vimos)


Características:

Lonxitude: 8km ou 5,10 km.(Nós non fomos por Figuiroá)

Dificultade: media-baixa. A dificultade increméntase na subida á mina e na baixada aos muíños xa que é moi pendente e esvara se está mollado. (Hai unha corda para agarrarse)

Ruta lineal ben sinalizada.

Descripción

O inicio da ruta está AQUÍ:


Muíño do Cairo

A vexetación  é exuberante

Moitísimos fieitos e árbores autóctonos acompáñannos 

Outro muíño

Encantounos ver como nesta ruta se aproveitan os rcursos naturais, por exemplo para contruie escaleiras.
Escaleiras de pedra

O sendeiro vai sempre paralelo ao rego do Cairo que separa Galicia e Asturias:           

Zona de descanso, aproveitando recursos materiais como a madeira:

O Rego do Cairo vai facendo pequenos saltos ao longo do percorrido:


Un lugar para a cría de abellas

Será este o muiñeiro namorado?

Ao chegar a este cruce temos dúas opcións: ou ben coller á esquerda e pasaremos pola aldea de Figueirúa para logo baixar á Mina do Cairo ou ben coller á dereita e chegaremos tamén á mina pero sen pasar pola aldea mencionada:

Collendo á dereita como fixemos nós, agora imos por unha pista forestal durante 1km. aprox.

Para chegar á mina temos que subir uns metros agarrándose a unha corda:

Subida á Mina do Cairo

Boca da Mina do Cairo

Mina do Cairo

Baixando por onde indica a frecha temos os muíños do Cairo a 500m.

Chegando xa ao punto por onde antes viñemos para ir ao punto de partida.

Como nos saltamos Figueirúa quixemos volver a esta aldea pero xa en coche.

Lavadoiro restaurado en Figueirúa

Atopamos unha aldea sitúada nun lugar alto con fabulosas vistas e con vivendas moi ben arregladas, a maioría restauradas ou en proceso de facelo.
Figueirúa ten moi poucos habitantes. A maioría é xente que vive fóra e preparou as vivendas para voltar no verán ou en época de lecer.