Esta ruta estaba planificada para ser máis longa pero acurteina 4 km. porque o máis interesante vese nos 6km. feitos e porque ademais non empecei cedo a facela como correspondería nestes días de calor e, a mediodía, a temperatura xa era bastante elevada para camiñar.
De tódalas rutas realizadas en Baleira (5 con esta) foi a que menos me gustou.
Características da ruta:
Lonxitude: 6km.
Dificultade: baixa.
Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC
Descripción:
Empecei e rematei esta ruta na aldea de Sanguñedo na parroquia de A Esperela.
| Sanguñedo |
Despois de rebasar a aldea anterior, pillo o 1º camiño á dereita.
Como xa partín dunha altura de 700m., ao pouco de empezar a camiñar xa teño estas vistas:
Atopo este sinal dunha ruta. Trátase da sinalización da "Ruta das Loras" que eu non fixen nin penso facer xa que practicamente tódolos cometarios que lin sobre ela non son demasiado positivos, din que é monótona, que non vai apenas por bosque autóctono senón por pistas forestais sen ningún atractivo.
Sigo polo trazado da Ruta das Loras e a verdade é que a min non me resultou monótono porque foron poucos km. por estas pistas. Estou no Monte do Marco.
Cruzo unha estrada local para introducirme agora na Serra do Candín.Unha pereira brava moi solitaria...
| Na Serra do Candín |
Mámoa
E atopo o albergue da Xunta para perecrinos que fan o Camiño Primitivo. Estamos na Praza Campo da Feira onde se atopan edificios públicos ben significativos.
Pegado ao albergue, temos o Centro de Saúde.
| Centro de Saúde pegado ao albergue na Praza Campo da Feira |
| Centro Social na Praza Campo da Feira. |
| Igrexa da Inmaculada Concepción, na Praza Campo da Feira |
Albergue de S. Mateo
Deixamos a estrada para pillar este camiño:
| Os Penedos |
| Sanguñedo |
| Fonte en Sanguñedo |
Ningún comentario:
Publicar un comentario