domingo, 12 de abril de 2026

ENTRE LUGO E FRIOL: A PEDRA, PROTAGONISTA

 Cando planifiquei esta ruta pensaba que toda ela transcorría polo concello de Outeiro de Rei e nada máis lonxe da realidade: resulta que os lugares polos que pasa pertecen ao concello de Lugo (moi pouco) e ao de Friol (a maioría) desto dinme conta cando empezamos a camiñar.

Características da ruta:

Lonxitude: 7,5 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen seinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción.

A ruta ten inicio e fin na aldea de Outeiro que pertence ao concello de Lugo. Esta aldea, oficialmente chámase S. Salvador do Outeiro das Camoiras e a parroquia tiña en 2020 menos de 50 habitantes en total.

Aparcamos ao pé da igrexa.

Igrexa de Outeiro

Lugo ten nada menos ca 54 parroquias. S. Salvador do Outeiro é pequena e a inmensa maioría das casas son de pedra.

Nesta época encántanos ver as flores das árbores.

Deseguida, no medio da aldea, deixamos o asfalto e pillamos este camiño fermoso


Deixamos Outeiro observando a súas vivendas moi grandes e de pedra.


Penso que nunca vin en Galicia un rabaño con tantas ovellas!

Seguimos por camiños en moi bo estado e rodeados de laxas que terán moitísimos anos.

Vemos cabalos. Estamos moi cerca do Club Hípico O Toxal.

Unha vacas que buscan a sombra...

Estamos en Corra que pertence á parroquia de Vilalvite, xa no concello de Friol.

No lugar de Corra só vimos dúas  ou tres casas e, de feito, no 2024 só vivía aí unha persoa.



Deseguida chegamos a O Sobrado que pertence tamén á parroquia de Vilalvite. É un lugar tamén moi pequeno no que en 2024 vivían 4 habitantes.



A pedra é sempre a nosa compañeira de ruta, ou ben nas vivendas ou nos peches de terras, prados e montes.


Abandonamos o asfalto despois de atravesar O Sobrado pillando este camiño.


Os peches de pedra son un elemento presente e característico da nosa arquitectura rural tradicional para delimitar a propiedade. Son peches de pedra seca (non levan barro nin ningún outro elemento polo medio. É só pedra ben colocada) 
Estes peches están recoñecidos como Patrimonio Inmaterial da Humanidade.


Camiñamos agora un tramo polo Camiño Real que conecta Lugo con Sobrado e atravesa Friol pasando polas parroquias de Santalla de Devesa, Cotá, Villalvite y Friol. Nós compartimos un pequeno tramo na parroquia de Vilalvite. O tramo que pasa por este concello de Friol foi rehabilitado no 2018 (4,5 km.)


Parte deste Camiño Real (o que nos tocou camiñar a nós) vai por asfalto aínda que é un tramo moi tranquilo, sen apenas tráfico.


Os peches de pedra tradicionais galegos teñen as súa raíces na necesidade das comunidades rurais de protexer cultivos e gando, así como de marcar os límites das propiedades. Estes elementos arquitectónicos xurdiron nunha Galicia onde a pedra era un material abundante, accesible e duradeiro, o que fixo que se convertese na materia prima por excelencia para moitas construcións.



Atravesamos agora un camiño de monte.


Desembocamos nunha ancha pista.



Lugo, é unha provincia con centos de miles de manifestaciones deste tipo. Os nosos camiños e sendas están plagados destes muros, que eu podo aprezar nas moitas rutas que levo realizadas.


No track que eu elaborei, o percarrido collía agora por outro camiño á dereita pero atopamos este letreiro que pon:
"Propiedade do M.V. M.C. d´Arriba  e Gándaras de Ceide.
Lembre: acceso restrinxido sen autorización expresa da propiedade"
Non sabemos se se refire a que non se pode entrar nos montes sen permiso ou nos camiños. Como polo camiño non facemos ningún mal, por aí nos metemos. Ao mellor infrinximos algunha norma, pero tamén supoxemos que se non deixaran pasar polo camiño, estaría pechado dalgunha maneira...



MV MC quere dicir Montes Veciñais en Man común.


Xa volvemos estar no concello de Lugo, chegando ao final de ruta.


Os muros, sempre onnipresentes nesta ruta.
Grazas á forma en que se leva a cabo este proceso de construcción,  as estructuras presentan unha robustez que só se pode ver afectada por variacións do seu entorno. É dicir, aínda que a ausencia de argamasa no proceso de construcción obriga ao canteiro a aparellar e equilibrar cada pedra que sexa colocada, a estructura levantada non dependerá posteriormente da degradación natural da argamasa pola acción da auga ou da vexetación.


Neste tipo de construcción as pedras colócanse “sin labrar más que lo necesario, buscando la máxima estabilidad de la estructura a través de la elección de la pieza adecuada y su colocación en la posición óptima”.


As vivendas de nova construcción respectando o entorno.


Agora, durante uns poucos metros imos polo mesmo traxecto da ida. Estamos a piques de rematar esta interesante ruta.


Páxinas web consultadas:
https://hortosurbanos.deputacionlugo.org/wp-content/uploads/2025/02/dossier_pechestradicionais.pdf
https://blog.fundacionlaboral.org/tag/piedra-seca/


































Ningún comentario:

Publicar un comentario