Fixen bastantes rutas en Outeiro de Rei. As homologadas, todas, e outras que eu mesma planifiquei. A que menos me gustou foi precisamente esta última que vou publicar. Demasidos eucaliptos e poucos lugares de interés. Eso si, hai que resaltar o ben acondicionados que están os camiños neste concello aínda que non pase por eles ningunha ruta oficial.
Características da ruta:
Lonxitude: 8km.
Dificultade : fácil
Ruta circular sen sinalizar (hai un tramo que coincide coa ruta "Miradoiro da Terra Cha" que si está marcado) O meu track do percorrido en WIKILOC
Descripción:
Iniciei e finalicei esta ruta na igrexa de Santiago de Francos que é unha das máis antigas do municipio e que conserva elementos románicos como a ábsida.
 |
Igrexa de Santiago de Francos |
Camiñamos uns metros pola estrada contemplando xa as enormes casas deste municipio.
O día está ben solleiro e dá gusto camiñar.
O concelo de Outeiro de Rei ten nada menos que 27 parroquias. Hoxe o inicio e fin desta ruta está na de Santiago de Francos. No 2023 non chegaba oas 70 habitantes.
 |
Santiago de Francos. |
Un enorme castiñeiro que nesta época está cheo de froito.
Unha antiga casa con corredor.
Vemos unha Herba da Pampa, nativa de sudamérica e moi extendida por Galicia onde é considerada unha praga. Posúe unha alta agresividade, tende a facerse dominante onde se establece e a desprazar a vexetación existente.
 |
Herba da Pampa |
Moi cerca da anterior planta invasora, medran as autóctonas como este outro castiñeiro.
Despois de case 1km.por estrada, pillamos este camiño no que vemos tamén as invasoras acacias.
Neste concello, abundan moito as casas de pedra e ademais, enormes. A pedra é un material tradicional desta zona por eso era empregado para contruir as vivendas.
Subimos por un camiño de monte perfectamente preparado.
Empezamos a meternos entre eucaliptos.
O camiño é monótono pero camíñase moi ben. Está todo rozado.
Coincide agora o percorrido co trazado da ruta
PR-G 155 Miradoiro da Terra Cha. Esta xa a fixemos hai un tempo e pódese ver neste
ENLACE
Despois de compartir un pequeno tramo coa ruta mencionada, abandonámola para pillar á dereita por unha carballeira.
Por aquí vemos unha paisaxe menos monótona, con máis variedade arbórea.
Unha casa deshabitada rodeada de carballos.
O camiño que trouxemos desemboca na estrada que nos leva a outra parroquia: Candai.
O atrio da igrexa de S. Vicente de Candai foi hoxe o meu "restaurante". Esta igrexa foi totalmente reedificada no S. XIX posiblemente sobre outra anterior en estilo románico.
 |
Igrexa de S. Vicente de Candai. |
Imos agora durante 1 km. por estrada. No ano 2020, esta parroquia de Candai tiña 62 habitantes. Un pouco máis adiante pillaremos un camiño á dereita volvendo a coincidir coa ruta "Miradoiro da Terra Cha" xa ata o final.
Casas enormes de pedra que van quedando deshabitadas...
Chámame a atención o coidado dos camiños.
Unha corredoira de carballos.
As flotes típicas desta época que anuncian a entrada do outono: o azafrán salvaxe ou quitamerendas ou espantapastores; nomes que indican que o tempo vai mudar e xa non apetecerá ir merendar á fraga ou estar co gando pastoreando.
O concello de Outeriro de Rei ten moita parte rural.
Adentrándonos agora nun piñeiral.
A piques xa de rematar pasamos por esta área recreativa onde abundan os grandes penedos.
Outra vista da área recreativa.
Estou outra vez no punto de partida desta ruta, na igrexa de Francos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario