Por 5ª vez imos a Outeiro de Rei a facer unha ruta. É este un concello que me encanta polas súas enormes casas, moitas delas restauradas con moi bo gusto, pola súa xenerosa natureza na que ríos e bosques autóctonos van da man creando entornos únicos para desfrutar.
As rutas realizadas ata o de agora en parroquias deste concello son as seguintes:
Ruta arquelóxica do Acevedo
Camiño do Miño
Sendeirismo para nenos
Insúa de Seivane +Caneiro de Piago
Hoxe realizamos esta ruta que xa estaba prevista para o ano pasado 2022 pasando por 3 parroquias do concello.
Características:
Lonxitude: 13,2 km.
Dificultade: baixa
Ruta circular moi ben sinalizada. Aínda así deixo o meu track para aclarar un par de cousas cando chegue o momento na descripción da ruta.
O noso percorrido en WIKILOC
A miña valoración desta ruta:🔅🔅
Descripción:
A ruta empeza na parroquia de Gaioso, concretamente no lugar chamado A Feira. Neste lugar celebrábase no pasado unha importante feira, de aí o nome.
|
Campo da Feira. |
Ao redor do Campo da Feira vemos as enormes e coidadas casas deste concello.
|
Casas en A Feira |
Vemos os paneis indicadores da ruta:
|
Inicio de ruta |
A ruta está homologada e perfectamente sinalizada.
Ao chegar a este cruce, planteousenos unha dúbida: o track que seguíamos mandaba pillar á dereita e os sinais oficias seguir de frente. Logo dun momento de indecisión seguimos de frente. Tamen se podía ir á dereita dando un pequeno rodeo.
|
Pódese ir á dereita ou de frente |
Este é o camiño da dereita. Esta noite xeou moitísimo e a temperatura era moi baixa. |
Camiño |
Aquí vemos un cruce que nos sinala á esquerda a visita a un muíño.
|
Pista e cruce |
É o muíño de Lousado que toma a auga dun rego.
|
Muíño de Lousado. |
Imos primeiro en chao e despois ascendendo moi lixeramento por pistas entre eucaliptos.
Chegamos a unha estrada que é a que accede a Penas de Rodas, onde estamos chegando.
O 1º que vemos é unha fermosa e grande área recreativa.
Uns novos paneis informan sobre a historia do lugar e sobre os espazos protexidos. |
Área recreativa en Penas de Rodas |
En Penas de rodas Destacan dous enormes bolos graníticos cunha área recreativa ao pé ben acondicionada, nun entorno moi fermoso. Sobre a súa orixe, hai quen asegura que a súa formación é aleatoria e que hai millóns de anos o magma fundido elevouse das profundidades e ao sair enfríouse rapidamente formando estas rochas. Despois, durante millóns de anos, o vento e a auga erosionarían formando esta marabilla. Outros opinan que pola similitude das rochas, o seu emplazamento, a orientación...sería obra artificial do home e trataríase dun enorme calendario solar ou un santuario pagano. Existe unha lenda moi extendida que di que unha das rochas está chea de ouro e outra de alcatrán. Quen descubra a de ouro, farase rico e se rompe a outra encherase de alcatrán.
Bolos graníticos
Neste lugar proliferan as rochas de tódalas formas e tamaños. A esta déronlle forma de fonte.
O lugar é moi fermoso con varios tipos de árbores, rochas diversas, mesas e bancos en pedra, barbacoas, palco de música...
Outro aspecto do lugar: |
Área recreativa e os bolos . |
E outro máis: |
Área recreativa |
Marchamos do lugar fascinados polo fermoso que é.
Seguimos a ruta agora entre piñeiros.
E agora temos unha lixeira e curta subida entre eucaliptos:
Para chegar ao Miradoiro de Paraños dende o que temos excelentes vistas de Outeiro de Rei e a súa contorna, Lugo, Serra de Meira, Os Ancares...etc |
Miradoiro de Paraños |
Este Miradoiro é o punto máis elevado da ruta, a uns 632m. de altitude. |
Miradoiro de Paraños |
Outras vistas dende o miradoiro que se atopa nunha zona de hábitat de interese comunitario da Unión Europea, trátase do hábitat 4030: brezales secos europeos compostos por matorrais.
A pesares de que a ruta ten máis de 13km. fanse moi comodamente ao camiñar por pistas e case sempre en chao.
Aínda que no percorrido abundan demasiado os eucaliptos, tamén vimos algún bosque autóctono, neste caso, unha carballeira.
|
Carballeira |
Tamén abundan neste concello estes peches de pedra. Pasamos pola aldea de Susavila que pertence á parroquia de Candai.
Moi pouco asfalto ten esta ruta. Deseguida nos mete por pistas e camiños:
O sector primario representa o 6,74 % da poboación ocupada en Outeiro de Rei. Dentro deste sector hai un predominio da gandaría sobre a agricultura, agricultura pouco diversificada que está destinada basicamente ao autoconsumo (normalmente pequenas hortas familiares dedicadas á produción de hortalizas, verduras, patacas,…) e que coexiste cunha produción de cultivos forraxeiros orientados á alimentación do gando.
A paisaxe agraria sufriu nos últimos tempos profundas transformacións e as terras de cultivo foron cedendo paso aos pasteiros que tamén se viron incrementados pola deforestación dos montes; como consecuencia directa o número de gando, sobre todo bovino, aumentou.
Ao chegar a este punto, xa chegando a Francos, foi imposible cruzar este charco sen mollarnos, asi que demos a volta e uns metros máis atrás atravesamos por un prado en paralelo ao camiño.
Atravesando un prado para retomar a ruta un pouco máis adiante.
Vemos a área recreativa de Francos que nos pareceu triste, tan solitaria, un tobogán sen nenos, mesas cos bancos rotos... situada nun outeiro que apenas ten árbores...no inverno imaxinamos que non é nada acolledora, irá frío...no verán demasiada calor...aiiii...que pouco nos gustou este sitio!
|
Área recreativa de Francos |
Ao fondo desta área recreativa, vemos a igrexa de Santiago de Francos. |
Igrexa de Santiago de Francos |
Conserva uuna ábsida de estilo románico:
Pasamos tamén ao pé da antiga escola e que non me resisto a deixar de fotografar. Lembranzas do meu pasado profesional...
Abandonamos Francos observando aquí tamén, ao igual que en tódalas parroquias deste concello, as inmensas casas de pedra.
Deseguida deixamos a estrada para pillar un camiño á esquerda que nos devolverá ao inicio da ruta.
Pasamos por unha vella carballeira: |
Carballeira |
E xa estamos de novo en A Feira. |
A Feira |
Fomos xantar ao restaurante Río Ladra que nos quedaba moi cerca. É unha casa de Turismo Rural onde comemos estupendamente nun precioso comedor e con moi boa atención.
|
Restaurante Río Ladra. |
O río Ladra que dá nome ao restaurante está ao pé do mesmo.
Páxinas web consultadas:
https://outeiroderei.gal/conecenos/situacion-economica-do-concello/
Ningún comentario:
Publicar un comentario