É a cuarta vez que imos a Outeiro de Rei para realizar unha ruta de sendeirismo. Ten este concello unhas rutas fermosas. Ata agora so coñecía as que trancorren á beira do Miño e a infantil que son estas:
Camiño do Miño
Sendeirismo para nenos en S. Clodio de Aguiar
Insua de Seivane+Caneiro do Piago.
Hoxe fixen, por vez 1ª, unha ruta arqueolóxica que non estaba moi segura de se me gustaría xa que non é a arqueoloxía un tema que me apaixone, pero a ruta vale a pena igualmente polas aldeas que cruza (as aldeas que coñezo deste concello, son todas preciosas, de enormes e tradicionais casas de pedra en entornos privilexiados) porque tamén camiñamos ás beiras de carballos e castiñeiros e tamén polo medio dos, cada vez por desgraza, máis numerosos eucaliptos que ameazan con facer desaparecer en pouco tempo as fermosas especies autóctonas que aínda ten este concello. Tamén se fai nesta ruta un pequeno pero fermosísimo traxecto fluvial á beira do Miño e gózase dunhas vistas espectaculares dende o Pico das Mallas. Razóns de máis para realizar esta ruta na que tamén e, sobre todo, coñeceremos parte do rico patrimonio arqueolóxico de Outeiro de Rei.
No ano 1989, a Dirección Xeral de Patrimonio financiou unha prospección arqueolóxica en Outeiro de Rei coa fin de localizar e tomar datos dos túmulos megalíticos e outros xacementos prehistóricos existentes neste concello.
Estes estudos, levados a cabo polo profesor D. Juan F. Núñez e Dna Laura Rodríguez Varela, permitiron descubrir a impresionante riqueza arqueolóxica deste municipio.
Características:
Lonxitude: 13, 3 km. que poden ser 10 e pico ou 16...dependendo de se te desvias da ruta principal moitas veces ou poucas para visitar os distintos elementos arqueolóxicos que se anuncian.
Dificultade: Baixa. Hai un pequeno repecho para subir ao Pico das Mallas pero é moi curto.
Ruta circular na que falta sinalización sobre todo en dous cruces. É necesario seguir un GPS. Eu deixo o meu track ou percorrido en WIKILOC
A miña valoración desta ruta:🔅🔅🔅🔅
Descripción:
Partimos da aldea de S. Pedro de Martul. Esta ruta transcorre por tres parroquias deste extenso concello: Martul, Aspai e Parada.
Aparquei o coche nun pequeno espazo que hai xunto á igrexa románica de Martul.
|
Igrexa románica de S. Pedro de Martul |
Hai que cruzar esta aldea, toda ela de grandes casas de pedra.
|
Martul |
Aldea moi coidada coas casas restauradas respectando a pedra.
|
Martul |
Ata hai un lavadoiro, que penso que non vin nunca outro restaurado con tanto luxo e tan fermoso!Casas de grandes chimeneas...
Saimos de Martul por esta estrada tranquila e fermosa:
|
Saíndo de Martul |
E...moito OLLO! Eu aquí non vin o sinal que está algo tapado polo carballo e seguín uns metros máis pola estrada, ata que me avisou o track que ía seguindo de que non era por aí. Había que pillar antes á dereita, xusto por onde se ve na foto.
|
Temos que pillar á dereita |
Esta natureza xa nos namora!
E xa chegamos ao 1º elemento arqueolóxico: o Dolmen de Pena Dereita. Este túmulo funerario presenta cámara de tipo poligonal e a pedra da cabeceira ten unha dimensión considerable: 1,80m de alto.
|
Túmulo de Pena Dereita |
Vemos polo chan outras grandes pedras que probablemente pertencen á cámara funeraria. |
Túmulo de Pena Dereita |
Moi cerca, aparece o mural que anuncia os Túmulos de Roza das Presas. Eu recomendo (salvo que sexas unha persoa experta ou apaixoada do tema) non perder moito tempo buscando estes monumentos funerarios xa que as repoboacións forestais fixeron estragos e é moi difícil dar con eles. Pódense intuir cando vemos montículos de terra ou pedras soltas que hai, que poideron pertencer ás cámaras funerarias.
|
Túmulos de Roza das Presas. |
Moi cerca están as Medorras de Acevedo que son os túmulos prehistóricos tamén chamadas mámoas. Son amoreamentos de terra elevados sobre o terreo circundante, de planta circular ou oval que no seu interior teñen ou tiveron unha tumba constrída con grandes pedras chamadas dolmens.
Ao chegar ao cruce da foto, temos que desviarnos á esquerda, polo camiño verde para ir ata a Medorra nº 8 (sobre 250m. ida e volta) Vale a pena!! |
Cruce |
O camiño por si só xa é fermoso de percorrer.A medorra ou mámoa nº 8 é un interesante túmulo (monumento funerario) con cámara visible na súa totalidade. Na cima conserva aínda gran altura e parte da masa tumular orixinal. Hai unha laxa que ten sinais feitas por canteiros co fin de partila pero non se sabe porque razón non remataron o traballo.
Son visibles gran cantidade de pedras que pertenceron a este túmulo. |
Medorra de Acevedo nº 8 |
As medorras ou mámoas, xunto cos castros, son os xacementos arqueolóxicos máis representativos de Galicia. Os enterramentos baixo terra son as manifestacións funerarias por excelencia das culturas neolíticas.
|
Medorra de Acevedo nº 8 |
Voltamos ao camiño principal e á dereita vexo un camiño moi ben debuxado entre o monte, limpo, para visitar outras medorras pero estas xa non están ben definidas, están bastante deterioradas e non sabes ben onde mirar. Saquei varias fotos do que parecen túmulos e hai pedras de diversos tamaños esparcidas pola contorna.
|
Camiño acondicionado para ver outras medorras de Acevedo |
|
Outras medorras de Acevedo? |
Fermosos cogomelos protexidos polo que puido ser un túmulo funerario.
Voltamos ao camiño principal e entre piñeiros e eucaliptos chegamos a este cruce ben sinalizado no que temos que seguir de frente.
Adentrámonos nun camiño de conto, moi fermoso, xa con arboredo autóctono e con muros de pedra aos lados. |
Fermoso camiño cara a Province |
O outono (estamos case a mediados de novembro), xa se deixa ver: |
Fermoso camiño outonal |
Chego a unha estrada que hai que cruzar e seguir de frente. Aquí supoño que no pasado houbo algún sinal pero desapareceu. Non estará nese montón de leña que vemos na foto? Vexo que houbo unha tala e ás veces a xente non é coidadosa...
Seguimos por un fermosos camiño.
Fíxome en como os eucaliptos van "comendo" as árbores autóctonas...unha mágoa!
Xa estou noutra parroquia porque o lugar da foto é Province, da parroquia de Aspai. Outro recuncho de enormes casas todas moi coidadas. |
Province, parroquia de Aspai |
Temos que cruzar Province e, ao abandonar esta aldea, pillar deseguida á dereita pola pista que se ve na foto. Había un poste pero caeu.
|
Ollo...!! Pillar pola pista á dereita. |
Agora iniciamos a subida curta e non moi intensa ao Pico das Mallas. A foto seguinte corresponde a un momento na subida mirando para o que deixo detrás.
Semella que imos tocar o ceo
Chegaremos ao cruce que se ve na foto e o sinal manda continuar á esquerda pero miraremos á dereita e vemos ese camiño que sube. Por aí subiremos uns 50m. para chegar a un lugar marabilloso!
|
Subimos este camiño |
E atopamos un grandísimo e ben definido túmulo: O Túmulo do Pico das Mallas.
Dende aquí temos unha privilexiadas vistas.
|
Vistas dende o Pico das Mallas |
Na parte superior do túmulo aparece o cono de violación (buraco que aparece en moitas mámoas na parte superior como consecuencia da expoliación ou escavación ilegal buscando tesouros ou aproveitamento de pedras) e hai un dólmen. Non en tódalas mámoas hai dolmens!
Case sempre os dolmen aparecen sen a tapa superior ( nos libros sempre aparecen con ela) o motivo de faltar a tapa en case tódolos dolmen é porque cando se accedeu ao interior da medorra ou mámoa polo sitio equivocado, por encima, en lugar de facelo por un lado.
|
Dolmen do Pico das Mallas |
Empezamos a baixar por este piñeiral.
Agora atopamos os túmulos de Province. |
Un dos túmulos de Province conserva dous ortostatos (pedras verticais) |
Un pouco máis adiante temos o Gravado de Galva. Os investigadores Brais Rodríguez e Xabier Moure documentaron no 2015 varias pedras gravadas con enigmáticos signos nas parroquias de Aspai, Parada e Martul (as tres pola que pasa esta ruta) no concello de Outeiro de Rei. Trátase dun círculo superior do que saen unhas liñas verticais na parte inferior. Despois de investigar chegouse á conclusión de que estes gravados son do S. XIX e pertencen aos marcos para delimitar fincas.
|
Gravado de Galva |
Seguimos descendendo e vemos moi sinalizado un desvío á esquerda para ver o Túmulo de Jolfa 1 nun lugar moi singular, ás beiras dunha antiga parcela e moi cerca do afloramento rochoso de Pena Serrada e outros monumentos funerarios o que indica que esta zona merece atención e ser posta en valor.
|
Túmulo de Jolfa 1 |
Moi cerca do túmulo anterior temos Pena Serrada (estamos xa na parroquia de Parada) onde hai varios petroglifos nesa gran masa rochosa da fotografía que se atopa moi degradada pola erosión e polos incendios forestais. Os petroglifos de Pena Serrada foron documentados no 2016 e declarados BIC (Ben de Interese Cultural de Galicia) poucos meses despois, no 2017
|
Pena Serrada |
O afloramento granítico de P. Serrada atopase a 532 m. de altitude e os petroglifos que contén teñen unha antigüidade de 4000 anos.
Uns metros máis abaixo, á dereita, hai un sendeiro entre piñeiros que nos leva ao gran túmulo de Pena Serrada. Eu non o visitei porque pensei que se atopaba máis lonxe e non me daba o tempo para máis pero atópase moi cerca da ruta principal. (Foto de Megaliticia)
|
Gran túmulo de Pena Serrada (foto de Megaliticia) |
Toda esta zona que estamos atravesando está chea de monumentos funerarios, sucédense continuamente os túmulos, mámoas con e sen restos de dolmens.Agora atopamos os Túmulos de Pascuais moi deteriorados por labores de repoboación forestal, pola apertura dunha pista e pola colocación dun anemómetro. Só vin o nº1, os números 2, 3 e 4 non os vin. Lin no panel que estaban moi deteriorados e tapados pola vexetación. |
Túmulo de Pascuais. Nº 1 |
Xusto antes de pisar a estrada, moi cerca xa do cruce, temos unha pequena rocha á esquerda na que ha un gravado parecido ao que vimos antes. E xa chegamos á estrada LU-P-3908 |
Chegada á estrada |
Imos pola estrada uns poucos metros ata pillar á esquerda pero antes vimos o último panel, o que anuncia Túmulos dos Carrís, que non sei onde estaban xa que o sinal mándame pillar á esquerda e por aí non vexo nada.
|
Uns metros por esta estrada |
Pillamos á esquerda e baixamos polo medio dun monte.
De novo nos atopamos na estrada que xa me soa de cando viñemos facer a ruta da illa de Seivane e accedemos no coche por aquí.
Un letreiro no muro xa nos avisa de que imos ver a ponte colgante.
Chego a este fermoso lugar ás beiras do Miño e da ponte colgante. Este foi o meu comedor de hoxe, en plena natureza, sen ninguén ao meu redor que non sexa a placidez do río, unha garza que vin e o piar de cando envez de algún paxaro. Perfecto!!
|
Río Miño e ponte colgante de Parada. |
Non hai moito tempo que fixéramos a ruta da Ínsua de Seivane e que nos achegamos de paso a ver o caneiro de Piago, indo por este mesmo fermoso sendeiro. |
Río Miño |
As grandes rochas e árbores que foron caendo ao río e brotando de novo forman pequenas illas. Este sendeiro remata axiña e temos que sair á estrada, pillar á esquerda e continuar por esa estrada ata Martul (uns 700m)
|
Río Miño |
Imos en lixeira subida pola estrada a Martul. Chamoume a atención que nesta pequena aldea haxa ata un Centro Social nunha área moi coidada onde tamén hai un bambán, eso si, sen asento para bambearse. Ao mellor non fai moita falta...quedará algun neno nesta aldea?
E xa estou no inicio da ruta cando chego á igrexa de S. Pedro de Martul.
|
Igrexa de S. Pedro de Martul |
Teño que comentar que me encantou esta ruta! Apendín moito sobre arqueoloxía referida a monumentos funerarios dos que tiña unha lixeira idea moi básica, aprendín que en Galicia pode haber ata 20000 túmulos funerarios e que moitos deles sofren múltiples agresións, aprendín que aos túmulos tamén se lles chama medorras que é o mesmo que mámoas...e que dentro delas podemos atopar dolmens ou non...
Na web https://www.elespanol.com/quincemil/ din:
"...Las mámoas son unas gran desconocidas. Muchos vecinos del entorno donde se sitúan no saben dónde se ocultan y apenas hay señalización. Estos túmulos funerarios son uno de los elementos patrimoniales más vulnerables ante las acciones humanas y sufren, además, la dejadez de los responsables políticos. Moure denuncia que, a pesar de que existe una normativa para garantizar su protección, las administraciones "tapan os ollos e fan en moitos casos oídos xordos ás denuncias presentadas" tanto de forma individual como por diferentes colectivos....
Precisamente, hay diversas asociaciones que trabajan para que el daño sea lo menor posible y hacen un trabajo de documentación fundamental para lograr que Patrimonio de la Xunta de Galicia catalogue los enterramientos. Muchas veces, sin embargo, es complicado evitar que se destruyan este tipo de construcciones.
Muchas medorras, de hecho, tienen en su parte superior una depresión o agujero conocido como cono de violación, realizado por personas que buscaban un tesoro en su interior o que querían aprovechar las piedras enterradas bajo el túmulo. Las agresiones continúan hoy en día no tan vinculadas al espolio pero sí a la plantación de eucaliptos, a la apertura de pistas o cortafuegos y al paso de maquinaria pesada, entre otras acciones humanas..."
Páxinas web consultadas:
https://onosopatrimonio.blogspot.com/
http://patrimoniogalego.net/
Ningún comentario:
Publicar un comentario