luns, 7 de novembro de 2022

FERVENZA DA PENA DOS PORTELOS. (PR-G 228) RIBEIRA DE PIQUÍN

 É a 2ª vez que imos a este concello a realizar unha ruta. A 1ª vez realizamos unha fermosa ruta fluvial ás beiras do río Eo que pode ver AQUÍ 

Hoxe visitamos unha fermosísima cascada, camiñamos ás beiras do Eo, cruzamos carballeiras e soutos...o peor foron os case 2 km. por estrada que fixemos por querer facela circular pero ruta oficial que é lineal e ademais está homologada, é unha preciosidade!

Características da ruta:

Lonxitude: 8,7 km. como a fixemos nós, de xeito circular. A ruta oficial, lineal, ten só 5 km.

Dificultade: Fácil tal e como a fixemos nós, que vexo en tracks que non a fai case ninguén así. É moito máis doada a ruta empezando a camiñar no primeiro panel que hai vindo de Meira, cerca do miradoiro de S. Xurxo.

Nos paneis grandes da ruta que hai nos inicios /finais da mesma está indicado ben claro onde empeza e remata. Está claro que a xente non os le porque despois queixanse da dureza da ruta, non empezan onde di.

Ruta lineal oficilmente. Nós fixémola circular. A oficial está perfectamente sinalizada. Para facela circular, mellor un track.

Descripción da ruta:

Aparcamos o coche uns metros antes do inicio da ruta, ao pé da estrada que baixa a Meiroi. Esta aldea pertence á parroquia de S. Xurxo.

Aló embaixo, Meiroi
Nós recomendamos empezar aquí a ruta, cerca de Meiroi e do miradoiro de S. Xurxo que está, seguindo a estrada, uns metros máis abaixo. O panel indicativo tamén dí que comenza aquí. Para nós, que vimos dende Meira, será o 1º panel informativo.
Panel indicativo da ruta. Hai que lelo!
A ruta empeza en descenso por este camiño:
Empezando a ruta.

É 1km. de constante baixada.

 

Predominan os castiñeiros, piñeiros...e paramos a conversar. Nunca levamos presa cando imos de sendeirismo.


A baixada é contínua e subir por aquí non nos gustaría, aínda que moita xente vin, polos tracks, que si o fai e queixase.... Pois facer coma nós!

O bosque que imos atravesando é moi fermoso.


 Atopamos un cruce con indicacións. Temos que xirar á esquerda para desviarnos á cascada e logo dar a volta ata ese cruce .

O camiño cada vez é máis fermoso. Estamos no medio dun souto e tamén hai algún carballo.
 Hai unhas escaleiras talladas na rocha para acceder á fervenza
 
O enclave non pode ser máis fermoso!!

 O Rego de Srvial do Couso é o que forma esta fermosa fervenza que xa albiscamos.
 
A baixada está protexida por varandas e os felgos medran exuberabntes debido á humidade do lugar.
A fervenza cae dende máis de15 m. e ao final forma unha poza. O entorno é misterioso, profundo, dunha vexetación frondosa propiciada pola moita humidade que hai.
 
Abandonamos o fermoso lugar. O brión das árbores tamén dá testemuña da humidade
 O sol quere entrar a contemplar tanta beleza!
 
Voltamos de novo ao cruce anterior e continuamos e seguimos dirección O Barreiro.
 
O percorrido tamén é en baixada, un descenso bastante pronunciado que non nos imaxinamos ter que subilo!
 
Chegamos a un claro dende o que divisamos a aldea de S. Xurxo coa súa monumental igrexa para un sitio tan pequeno. Situada ás beiras do Eo, é do S. XVIII e de estilo neoclásico.

Subimos agora por unha pista forestal (subida moi curtiña) Se fixésemos a ruta lineal esta sería a única subida. OLLO! Andiveron sacando madeira e o sinal estaba tirado. NON seguir cara á aldea, continuar cara arriba pola pista forestal.

Continuamos por esta pista forestal que nos deixa boas vistas.

Se miramos cara atrás, aló embaixo quédanos S. Xurxo.

Neste cruce hai que pillar á esquerda (hai sinal) e baixamos ese curto camiño ata dar coa estrada.
 
Chegados a este cruce da LU-P 4806 temos que pillar á dereita e ir polo asfalto uns 200m.
 
Moito Ollo! Por estas pistas andiveron sacando madeira e pode haber sinais tiradas ou que falten. Eu despisteime neste punto e no track vese claro que andiven uns metros máis dos debidos pola estrada (moi poucos, uns 20/30) Ata que o track me avisou de que me apartaba da ruta.
Hai que pillar esa pista que baixa á dereita!
 
Vemos o sinal no eucalipto

E algo máis abaixo, este outro poste tirado. Moitas veces os que sacan a madeira non teñen ningun coidado...Para nós eses sinais son moi importantes.

Imos baixando cara ao río Eo.
 
Chegamos ás beiras do Eo e camiñamos ao pé del por un fermosos camiño.

Serán só uns poucos metros os que iremos por aquí.

As sendas fluviais sempre son fermosas!

Xa nos alonxamos do río

Se miramos á dereita vemos a aldea de Paime pola que despois pasaremos.

Xa estamos na LU-751 que vai a Meira e atopamos outros cartel. Aquí finaliza a ruta oficial. Se tivésemos aquí un coche xa rematariamos, pero como o temos no punto de inicio pois ir ata el facendo circular esta ruta. O outro panel, onde empezamos está nesta mesma estrada pero máis arriba. Hai xente que empeza aquí a ruta, eu non o recomendo xa que as subidas son longas e con bastante desnivel.
 
Empezamos a camiñar pola estrada.
 
Nuns metros pillamos á dereita, seguindo o track, cara a Paíme
 
Mirando a nosa dereita dende Paíme vemos a aldea de Barcia aló embaixo.

 Paíme pertence á parroquia de S. Xurxo. Non está moi lonxe da Comunidade asturiana e ten o influxo desta nos seus hórreos.

En Paíme NON temos que cruzar a aldea, senón que no 1º camiño que vemos á esquerda, por aí temos que coller e desembocaremos neste outro que sube:

Unha subida algo intensa pero moi curta.

Desembocamos na LU-751 que deixáramos. O que fixemos foi coller un atallo e non pisar tanto asfalto.


Agora si que iremos por asfalto ata o final. Aínda non son 2km. pero por estrada funden máis. O percorrido vai en lixeiro desnivel todo o tempo.

Pasamos polo Miradoiro de S. Xurxo.
 Paramos a desfrutar das vistas.
 
Volvemos ver S. Xurxo, aló embaixo.

Moi cerca do miradoiro xa rematamos, no memo lugar onde empezamos. Fomos xantar ao Chao de Pousadoiro en Casa Horacio onde xa coméramos outras veces e como nas outras ocsións non nos defraudou.




Ningún comentario:

Publicar un comentario