Vedra é un concello du sur da Coruña. Tamén ao sur do concello está o río Ulla que fai fronteira natural coa provincia de Pontevedra. Pertence este concello á Comarca de Santiago á que está moi vinculada pola súa proximidade, pola súa relación co Camiño de Santiago. Tanto Vedra como a toda a comarca do Ulla se coñecen como "a horta e xardín de Compostela"
|
Concellos que pertencen ao Val do Ulla |
A ruta que fixemos hoxe vai case toda ela ás beiras do Ulla, pero NON se debe facer en épocas de moita chuvia xa que o Ulla é un río que sofre grandes desbordamentos e nós tivemos bastantes dficultades para realizala xa que o sendeiro por onde transcorre estaba en moitos tramos inundado completamente e tíñamos que alonxarnos do río, o que ás veces foi complicado porque tíñamos que atravesar por medio de silvas, maleza...Dúas pontellas que tíñamos que atravesar para salvar dous regos que desembocan no Ulla estaban debaixo da auga e tivemos que buscar alternativas (non sempre doadas) para poder cruzalos.
Foi unha ruta complicada por ese motivo pero é fermosa e fácil. Comemos en Ponte Ulla na Taberna de Gundián e rematamos no Miradoiro de Gundián.
Características da ruta
Lonxitude: 12,7 km.
Dificultade: fácil. (A nós resultounos complicada porque a fixemos despois de días nos que choveu moito e tivemos que modificar o trazado orixinal en bastantes ocasións porque o río estaba fóra do seu cauce)
Ruta lineal perfectamente sinalizada.
Eu deixo o meu track por se alguén se lle ocorre facela coma nós, despois de días de días de chuvia abundante.
En WIKILOC
A miña valoración desta ruta:🔅🔅🔅
Descripción:
Nós partimos da área recreativa de Cubelas, situada na parroquia de Sarandón.
|
Área recreativa de Cubelas |
Nun día fermoso con nubes e sol aínda que fría temperatura empezamos a camiñar. O frío nunca importa porque non hai mellor maneira de entrar en calor que camiñar.
|
Empezando a camiñar |
Imos ás beiras do río Ulla, ancho con moita corrente. O sendeiro nótase moi pisado e está en perfectas condicións. A nosa alegría neste senso axiña vai rematar.
|
Río Ulla |
Pasamos por debaixo da Ponte de Ximonde. Contruido en 2012 une o concello de Vedra co da Estrada. É accesible para minusválidos e ten chan antideslizante. Esta ponte sustitueu a outra que levou unha riada no 2001.A ruta pasa por debaixo pero nós quixemos cruzala e poñernos no concello da Estrada.
|
Ponte de Ximonde |
O río Ulla, un dos máis importantes de Galicia, nace no concello de Antas de Ulla e o seu curso divide as provincias de A Coruña e Pontevedra. Despois de percorrer 132 km. desemboca na Ría de Arousa.
|
Río Ulla |
|
O Ulla divide as provincias de A Coruña e Pontevedra |
O edificio da imaxe seguinte foi un gran muíño noutros tempos. Hoxe é un centro ictiolóxico dedicado á cría e reproducción de salmóns. Aquí contrólase a migración dos salmóns do río ao mar e viceversa. Púxose a funcionar no 1993.
O Coto de Ximonde é un dos cotos salmoneiros máis importantes de Galicia.
|
Centro ictiolóxico creado en 1993 |
Nesta zona hai unha presa que servía para desviar a auga ao antigo muíño e pensouse en derribala porque se considera que retrasa a subida dos salmóns para o desove. De momento segue aí.
Este coto de Ximonde é o preferido polos pescadores e antigamente pertencía aos condes de Ximonde.
Hai numerosos paneis informativos que nos paramos a ler.
|
Paneis informativos |
A estrada que vemos de frente dá accceso ao Centro Ictiolóxico que nos queda detrás. Torcemos á dereita para ir pegados ao río.
|
Á dereita |
E aquí é onde nos damos conta de que o río desbordouse, xa que estes días pasados choveu moito. O sendeiro está impracticable e tivemos que camiñar máis polo prado como se ve na foto:
|
O río desbordou |
Na foto podemos ver o nivel de desbordamento que tivo o Ulla en días pasados.
|
Observamos a gran enchente que tivo o río días atrás. |
Pensamos que ao mellor sería unha zona puntual e non teríamos máis dificultades. As únicas ata o momento foi embarrar algo as botas.
|
Ruta fácil e relaxante |
O camiño estaba inundado. Menos mal que o arame non era de pinchos ou que non había un can...
|
Agarrándonos ao arame para pasar. |
Ao rematar o inundado camiño anterior, chegamos á Ponte de Sarandón que tíñamos que cruzar por debaixo pero non foi posible xa que o paso estaba completamente inundado. Saimos á estrada e cruzamos como poidemos por unha finca particular. Deseguida viñemos outra vez ao pé do río.
|
Ponte de Sarandón |
Seguimos agora por unha zona tranquila, sen auga e observando una extensa plantación á nosa esquerda de árbores que nos pareceron arces.
|
Plantación á esquerda |
E aquí chegou unha dificultade moi gorda: hai un rego (O Rego de Merín) que desemboca no Ulla e que deberiamos cruzar xusto na desembocadura por unha pontella de madeira: Como se ve na imaxe foi imposible pasar; poderiamos arriscarnos a mollarnos algo para pasar a ponte pero é que onde esta remata, non sabíamos a profundidade que había así que houbo que buscar unha alternativa camiñando rego arriba onde este era máis estreito pero aínda así non era posible cruzalo. Cruzamos por un troco que había tirado no rego e agatuñando por unha árbore. O paso así non valía para calquera e d efeito, unha persoa que nos acompañaba caeu no rego, por fortuna sen máis consecuencias que mollarse enteiriña polo que voltou para o coche acompañada doutra persoa a cambiarse (é moi previsora e sempre trae unha muda enteira de recambio, menos mal...)
|
Ponte intransitable |
Así tivemos que cruzar o rego!!
|
Cruzando o rego de Merín |
A partires de aquí a tónica xeral foi atopar o río "comendo" o sendeiro en numerosas ocasións.
|
O carreiro moitas veces non existía |
Outra ponte que non estaba para cruzar:
|
Outra pontella que non poidemos cruzar |
Aquí atopamos outra altenativa moi fácil un pouco máis arriba. Seguindo o rego, demos cun camiño que pasaba por derriba do mesmo. Xirando á dereita, polo prado abaixo, voltamos á beira do Ulla.
|
Tivemos que abandonar o río en numerosas ocasións. |
Camiñabámos tranquilamente e de súpeto...o traxecto estaba cortado pola auga.
|
A riada cortando o sendeiro |
As veces camíñábamos perfectamente coa esperanza de seguir así ata o final.
|
Sendeiro sen problemas |
Pero ao pouco volvíamos ter problemas e tivemos que camiñar ao desviarnos do río entre silvas e maleza.
|
Enchente do río Ulla |
Na área recreativa de Agronovo paramos a comer algo e repoñer forzas. Estamos na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla
|
Área recreativa de Agronovo |
É unha área de esparcemento grande, ao pé do río dotada de mesas, bancos e barbacoas para pasar un día relaxante en plena natureza. No verán pódese alquilar unha piragua ou unha barca para dar un paseo polo Ulla.
|
Área recreativa de Agronovo |
Seguimos camiñando e pasamos por debaixo do viaducto da AP-53.
|
Ponte da autovía |
Temos outra vez que alonxarnos un pouco do río e cruzar entre estas vides:
|
Vides polas que tivemos que atravesar |
Despois de atravesar as vides, tíñamos que cruzar esta ponte pero ao estar inundada buscamos unha alternativa máis arriba pero as canas formaban aquí un tupido bosque que non poidemos atravesar polo que xa collemos para a estrada que víamos moi cerca.
|
Outra ponte anegada |
Saimos á estrada uns metros antes do que marcaba o track que seguíamos pola imposibilidade de seguir pola beira do río. Tan só andivemos uns 100m. pola estrada da imaxe e deseguida atopamos o cruce onde sae a ruta oficial tamén á mesma estrada.
|
Estrada local |
Atravesamos o lugar de Vista Alegre, cruzamos a N 525 e chegamos a Ponte Ulla, parroquia de Vedra onde o 1º que vemos é unha escola antiga de 1926. Este edificio, antes de ser un centro de ensino, foi un cárcere. Saquei unha mala foto, á presa e correndo porque empezaba a chover.
|
Antiga escola de Ponte Ulla |
Paramos a xantar na Taberna de Gundián onde a verdade nos pareceu un pouco cara a comida: por churrasco de porco e tenreira, croca de tenreira con patacas e ensalada, postre e café pagamos 20€ por persoa.
Xa sabemos que os domingos, aínda que haxa menú, hai que pagar máis que o resto da semana pero nunca pagamos máis de 20€ comendo 2 pratos. Desta vez non comemos 1º porque como chegamos algo tarde os callos xa se acabaran.
Se coméramos tamén callos, canto pagaríamos entón?
Eso sí, hai que dicir tamén que a comida estaba moi ben preparada, toda a carne estaba deliciosa.
|
Taberna de Gundián onde xantamos |
A partires de Ponte Ulla, a ruta volve ao pé do río pasando pola Igrexa de Santa Mª Magdalena que conserva unha absida románica. O resto do templo é de estilo barroco, moi sobrio.
|
Igrexa de Santa Mª Magdalena |
A absida da igrexa conserva algún canciño propio do estilo románico.
|
Ábsida da igrexa |
Fomos ver por onde continuaba a ruta oficial pero ao ver que volvía baixar para ir pegada ao río , demos a volta porque non queríamos mollarnos máis, xa que seguro que habería tamén lugares anegados.
|
Por aquí vai a ruta oficial. |
Observamos a ponte de pedra que une as provincias de A Coruña e Pontevedra e que foi unha das primeiras construidas dando o nome de Ponte Ulla a esta parroquia. Foi reconstruida na segunda metade do S. XVIII sobre outro da I. Media que quedara destruido por unha riada no S. XVI e sustitueu no S. XIX á antiga barca que unía os dous lados do río Ulla.
|
Ponte vella |
Decidimos seguir a ruta ata o Miradoiro de Gundián indo pola estrada AC-240. (1,7 km. aprox.)
|
Estrada ao miradoiro de Gundián |
A piques de chegar ao miradoiro, vemos o impresionante viaducto do tren de Alta Velocidade (AVE) de máis de 100m. de altura.
|
Viaducto do AVE |
Enfrente da ponte anterior temos outra de 1958 moi fermosa tamén para o ferrocarril e que a díá de hoxe aínda presta servizo.
|
Vista das dúas pontes dende o miradoiro de Gundián |
As vistas dende este miradoiro son fabulosas: as dúas pontes, a aldea de Ponte Ulla, o río estreitándose para atravesar o Paso da Cova e un lugar alto onde vemos unhas penas, é o Alto do Castro, que tal e como o seu nome indica foi o asentamento dun castro na Idade de Ferro.
|
Ponte Ulla dende o miradoiro |
A ponte do ferrocarril máis antiga é moi fermosa e está situada derriba do Paso da Cova que dá nome a esta ruta. Á dereita o Alto do Castro.
https://es.wikipedia.org/wiki/Vedra
https://www.galiceando.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario