venres, 3 de outubro de 2025

SOUTO DE CONSTANTÍN/ARANDEDO (BARALLA)

 O nome desta ruta non se corresponde co que máis abunda no percorrido da mesma, que son os carballos. Vense numerosas carballeiras e outras árbores como acivros, bidueiras, piñeiros, eucaliptos e tamén castiñeiros pero formando un souto só hai o de Constantín e ademais non é grande.

En Baralla fixemos oura ruta que lembro como fermosa, foi a chamada Dubio/río Neira que está homologada. Pódese ver AQUÍ

Características da ruta: 

Lonxitude: 9, 2 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sinalizada bastante ben aínda que nalgún cruce faltan sinais o que pode levar a dúbidas. para evitalas, deixo o meu track en WIKILOC

Descripción:

O inicio desta ruta está na N-VI un pouco despois de pasar Baralla camiño a Becerreá. Na foto vemos o lugar de inicio; aquí hai sitio para deixar o coche.

Comenzo e final da ruta

Na parroquia de Constantín empeza e remata a ruta. O concello de Baralla ten 30 parroquias.

Baralla é un concello que pertence á comarca dos Ancares lucenses.

O 60 % da poboación dedícase ao sector primario, ocupándose en explotacións mixtas con gandería, aproveitamento forestal e agricultura. Destaca a gandería, especialmente de vacas de carne e leite, ademais dos porcos, ovellas e cabras. 

Baralla

A ruta empeza en subida suave por un camiño tradicional.

Dende unha altitude de case 600m. temos vistas a Baralla e á autovía A-6.

Aínda que a inmensa maioría da paisaxe que contemplamos é de árbores autóctonas, tamén poidemos ver eucaliptos.

Carballos, moitos carballos.




Aínda que o nome desta ruta fala dun souto, foron moitas máis as carballeiras que vimos.


A paisaxe cambia agora, ao ganar altitude:
 
Dende a máxima altitude desra ruta (753m.) temos estas vistas.

O outono empeza a facer xa acto de presenza como se pode ver no castiñeiro da dereita.

Agora temos unha baixada con bastante desnivel . O tramo seguinte, ata o final da ruta, coincide coa Vía Kuning a Santiago.

É unha baixada moi curta que desemboca nunhas casas abandonadas. Estamos no que foi unha antiga área de descanso na N-VI (A Raposeira) na parroquia de Penamaior, xa no concello de Becerreá.

Esta antiga área de descaso foi hoxe o meu "comedor", á sombra, frente á casa que vemos.


Agora hai que camiñar uns metros (moi poucos) polo arcén da N-VI. Seguimos no concello de Becerreá.

É unha marabilla ver estes bosuqes autóctonos que empezan a tomar cores outonais.

Un freixo pequeno mirando o verde prado...

Un pouco antes do letreiro que indica que empeza o concello de Baralla, torcemos á esquerda para pillar un camiño.


Un camiño tradicional polos que me presta camiñar.


 Cruzamos o Rego do Convento, un afluente do río Neira.


Estamos no lugar de S. Xoán, concello de Becerreá.

Despois de cruzar a N-VI imos pola outra marxe por un camiño fermoso. Volvemos estar xa no concello de Baralla.

Vemos uns castiñeiros moi antigos a xulgar polo enorme tronco.

Hai moita variedade de árbores, vemos tamén acivros.

O percorrido non pode ser máis fermoso!!

Realmente que pouca xente fai sendeirismo!! Hoxe non atopei a ninguén (e eso que é domingo) facendo esta fermosa ruta.

Semella talmente que estou no medio da fraga dalgún conto.

Un percorrido que vai case todo á sombra.


Ás veces, ábrese a paisaxe e deixa estas imaxes:

Estamos chegando ao Souto de Constantín.

O Souto de Constantín, á dereita.

Xa inmersos no medio do Souto.

Divisamos xa a aldea de Constantín.

Paso ao pé da igrexa de Santa Mª de Constantín.

Atraveso polo medio da aldea de Constantín.

Cruzo o río do Convento de novo.

A antiga escola de Constantín.

E xa a piques de finalizar esta fermosa ruta, vemos unha imaxe rural das aforas da vila de Baralla.


Ningún comentario:

Publicar un comentario