Por vez 1ª imos ao concello de Baralla, na provincia de Lugo e comarca dos Ancares lucenses, para realizar unha ruta homologada no 2019 que nos deixou un bo sabor de boca xa que apenas pisa asfalto, transcorre por medio de árbores autóctonas, ás veces co río Neira moi próximo, ten boas vistas dende o Miradoiro de Carracedo, pasa pola aldea de Escobío e empeza e remata nunha das áreas recreativas máis fermosas, completas e coidadas que levo visto.Características da ruta:
Lonxitude: 10,6 km.
Dificultade: baixa
Ruta circular ben sinalizada e ben acondicionada aínda que algún tramo axiña necesitará unha roza.
O meu track en WIKILOC:
Descripción:
Aparcamos na área recreativa de Baralla, ao pé da N-VI. Aí empeza e remata a ruta. Esta área recreativa pareceunos preciosa, moi ben coidada e completamente equipada con piscina, parque infantil, recintos de xogos (fútbol, baloncesto...) aparellos de xinnasia para xente maior, zona para autocaravanas e unha zona de barbacoa con todo o necesario para pasar un día enteiro sen ter que sair de aí.
|
Área Recreativa |
Temos que cruzar por derriba da Ponte da Senra sobre o río Neira para atopar o comenzo de ruta:
|
Ponte da Senra |
Aspecto dunha parte da área recreativa con cancha de baloncesto e unha fermosa poza:
|
Área recreativa |
Dende o alto da ponte vemos o aparcadoiro onde deixamos os coches e parte do paseo que vai ao pé do río Neira.
Hai que informarse ben antes de empezar a camiñar....
Empezamos vendo freixos, carballos...
O verde de prados e hortas e de árbores autóctonas...
Vemos agora a A6 e o Muíño Granxa Arroxo construído no S. XVIII por unha familia da parroquia de Arroxo que o explotou ata 1985. Albergaba dúas pedras de moer, unha para moer cereais destinados a alimento dos animais e outra que dispoña dun sistema de cribado de onde saía a fariña para consumo humano.
|
Muíño Granxa Arroxo e autovía
A gandaría é unha actividade que practican os veciños das parroquias de Baralla. |
Ao chegar á aldea de Escobio (lugar pertencente á parroquia de Baralla) temos dúas opcións tal e como indican os sinais; calquera delas nos vai levar ao Alto da Raseliña: se imos pola esquerda, a subida sera máis suave pero máis longa e se imos pola dereita, a subida é máis intensa pero máis curta. A nós aconsellárannos ir pola dereita e así o fixemos.
Sinais coas opcións que ofrecen.
Escobio é unha pequena aldea onde viven da gandaría.
|
Escobio |
Seguimos camiñando por un entorno que nos encanta!! Chegamos a un lugar habilitado cun banco de madeira e sinais que nos indican que estamos na Pena do Escobio.
A Pena do Escobio era no pasado un lugar de reunión para a mocidade da zona. Dende esa pena saltaban a unha poza que forma o río duns 8 m. de profundidade. |
Pena do Escobio |
Pasamos por debaixo do viaducto da A6 que salva o río Neira:
Neste mes de maio, a paisaxe de moitos lugares vístese, ademais do verde, tamén de amarelo. É a cor das xestas e aínda que tamén as hai de cor branco abunda moitísimos máis as amarelas.
Personalmente é unha planta que me encanta! Alegra calquera lugar co seu colorido e postas nun xarrón formando un ramo, locen de marabilla!
En Galicia, no pasado, as xestas foron moi usadas como escobas. Eu aínda lembro ao meu pai barrendo con elas na aira.
Tamén se usaban para quentar os fornos para cocer o pan.
|
Xestas. |
Camiñamos agora mesmo ao pé da A6 durante uns 50m.
O verde e o amarelo son as cores que nos acompañan sempre neste percorrido e tamén o azul do ceo, claro! Comenzamos agora á subida ao Alto da Raseliña: |
Subida |
A subida ten bastante desnivel pero acompañados desta paisaxe, lévase mellor:
A subida é bastante intensa pero é curta.
Nesta zona, os bosques mestúranse cos prados.
No Alto da Raseliña (a unha altitude de 690m.) temos que pillar á esquerda. Quedeime coas ganas de a onde levará o camiño se pillamos á dereita porque tamén é moi fermoso.
Camiños tradicionais bordeados de árbores e prados.
Vacas do país que teñen ben que pacer.
A ruta pasa tamén por sitios altos coma este que nos amosa unha paisaxe aberta.
Dende o Miradoiro de Pena Carramedo, na parroquia de Arroxo, vemos a A6 como furou a montaña.
Estamos rematando a baixada e vemos xa Baralla.
Deseguida (en 3 km dende o Alto da Raseliña) volvemos chegar a Escobio, punto en común da ruta á ida e á volta.
A ruta oficial homologada dende Escobio volve ao punto de inicio polo mesmo percorrido que na ida. Nós seguindo un track que nos marcaba a chegada por outro lado, en lugar de voltar polo mesmo sitio, collemos en Escobio á esquerda e fomos por unha estrada local durante 300 m.
Cando chegamos a esta ponte sobre o río Neira, pillamos á dereita por un paseo que nos pareceu que non había moito que fixeran.
Paseo que nos vai levar á área recreativa polo outro lado do río.
Este paseo polo que imos vai bastante alonxado do río.
Entramos na área recreativa pola zona de aparcadoiro de caravanas e a zona de barbacoas, preciosa, super coidada con sombra abundante. Había bastante xente asando e preparando para comer neste fermoso día solleiro.
Cruzamos esta pontiña de madeira para acceder ao outro lado, onde tíñamos os coches.
Na foto seguinte vemos a piscina que tamén ten un bar que só debe abrir en verán.
Penso que nunca vin unha área recreativa tan completa e ben coidada:
Ata hai aparellos para que a xente máis maior faga exercicio.
Fermosos recunchos deste lugar:
Ningún comentario:
Publicar un comentario