Estiven xa moitas veces en S. Cibrao e esta vila coñézoa ben, pero non me canso nunca de volver porque me parece unha das máis fermosas da Mariña. De tódolos xeitos, unha nunca coñece todo e esto me pasou con esta ruta, na que descubrín novos e fermosos lugares e onde combinei mar e río saíndo do que é o centro urbán. Unha ruta que me encantou e por riba, moi fácil.
S. Cibrao pertence ao concello de Cervo na comarca da Mariña Occidental. Non é nin sequera parroquia, pois pertence á de Lieiro.
S. Cibrao é unha península aberta ao Cantábrico con 3 praias preciosas e importantes, un pequeno porto, un faro...e con vestixios de antigas fábricas relacionadas co mar que denotan a importancia que este sempre tivo nesta localidade.
Características desta ruta:
Lonxitude: 7,6 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC
Descripción:
Iniciamos a ruta ao pé da Praia do Torno, nun aparcadoiro no que agora en inverno acostuma a haber sitios libres para facelo.
O 1º que vemos é un pequeno monumento metido na auga na Praia do Torno, é o símbolo de S. Cibrao: a Maruxaina.
A lenda di que a Maruxaina é unha serea loura, metade muller e metade peixe que vive nos Farallóns. Nos días de temporal toca o corno, uns din avisando aos mariñeiros do perigo e outros opinan que o que quere é enganalos e que naufraguen.
O segundo domingo de agosto revívese esta lenda e a serea é "capturada" polos pescadores do lugar. Traena a terra para xulgala e celebrar unha festa na praia ao redor dela.
En 1º termo, a Maruxaina |
Praia do Torno |
Do outro lado da rúa, vemos os restos do que foi unha antiga fábrica de salazón de sardiña que ardeu en 1921. En S. Cibrao é coñecida como "O Castelo".
Os veciños están a denunciar o deterioro que están a sufrir estes restos e reivindican que se protexa este ben.
"O Castelo", antiga fábrica de Salazón. |
Pasamos polo porto, que é pequeno, e tal e como o coñecemos hoxe é do 1930 aínda que sufreu melloras ao longo dos anos.
Porto de S. Cibrao |
Este porto pesqueiro só é abordable por barcos que non callen máis de 2 metros.
De frente podemos ver a factoría de Alúmina- Aluminio.
De frente, a factoría de Alúmina/Aluminio. |
Estamos na zona chamada Porto de Arriba que inicialmente foi unha illa e depois uneuse á terra mediante unha acumulación de area.
Aquí está a capela de S. Cibrao que xa existía no S. XII. Destaca pola súa sinxelerza.
Capela de S. Cibrao |
Imos subindo cara ao Faro e xa vemos mellor os Farallóns.
Camiño do faro |
Os Farallóns son tres illas moi abruptas, antigamente punto de naufraxio de barcos. Chámanse A Sombriza, A Baixa e O Pé.
Os Farallóns. |
Na Punta da Atalaia atopamos o Faro e un Miradoiro do mesmo nome. O Miradoiro é unha estructura de ferro e cristal que semella que se adentra no mar.
Faro e Miradoiro en Punta da Atalaia. |
Dende esta parte baixa, as fotos ao faro quedan estupendas! Este faro realmente son dous:o 1º é de 1864. O moderno é de 1979 e foi construido cando chegou a fábrica de Alúmina- Aluminio á zona, ao ser necesario que tivese máis alcance e maior altura para atender as demandas do novo porto que se construeu.
Faro de S. Cibrao |
Praia de Cubelas |
Antiga Cetárea |
Praza do Lugar |
Praciña da Caosa |
Praia da Caosa |
Praia da Caosa |
Un carreiro chulo
Praia do Portelo |
IES "Marqués de Sargadelos" |
Centro de Día e Residencia |
Centro de Saúde |
Parque Raíña Sofía |
Fonte "Os Corvos Mariños" |
Paseo do Torno |
Paseo do Río Covo. |
Ponte medieval do Bao |
Ao pé da ponte anterior hai unha pequena área recreativa.
Ponte medieval do Bao |
Muíño restaurado |
Un fermoso paseo con pontiñas de madeira salvando regos que van ao Covo.
Paseo ás beiras do río Covo |
Os paseos naturais sempre son fermosos porque son auténticos.
Paseo ás beiras do río Covo |
O paseo á beira do río remata nunha estrada local onde atopamos a Fonte do Guioncho.
Fonte do Guioncho |
Praza dos Campos |
E xa estamos case no punto onde iniciamos esta fermosa ruta.
Páxinas web consultadas:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2024/08/16/reclaman-proteccion-restos-fabrica-salazon-cubelas-san-cibrao/00031723825558541896391.htm
https://amarinalucense.gal/es/puerto-de-san-cibrao
https://es.wikipedia.org/wiki/Islas_Farall%C3%B3ns
https://concellodecervo.com/es/turismo/san-ciprian/os-corvos-marinos
https://www.turismo.gal/inicio?langId=es_ES
https://amarinaxornal.gal/occidental/cervo/104328-san-cibrao-sera-o-escenario-para-a-exposicion-sobre-faros-da-costa-da-morte/
Ningún comentario:
Publicar un comentario