Por 2ª vez realizamos unha ruta no concello de Miño. A 1ª que realizamos foi a SENDA DOS SENTIDOS no ano 2022.
Características desta ruta:
Lonxitude: 7,6 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar. O meu track ou percorrido en WIKILOC.
Descripción:
Para realizar esta ruta partimos do porto de Miño. Este porto é só para pequenas embarcacións deportivas e sofre un grave problema dende hai anos: necesita un dragado porque acumula unha gran cantidade de sedimentos que fai que as embarcacións queden varadas na area en marea baixa.
Vista do porto de Miño. Ao fondo, Sada
Praia da Ribeira |
A ruta continua por un camiño ou pista por onde pasa tamén o Camiño Inglés a Santiago.
Pasamos por debaixo da autovía.
Unha camiñata sen desniveis e moi tranquila.
Xa vemos o río Baxoi que ten unha lonxitude aproximada de 21 km. que nace na Serra do Queixeiro e despois veremos a súa desembocadura na Ría de Betanzos.
Río Baxoi. |
Ponte Baxoi |
Xunto á ponte hai unha pequena área recreativa.
Na Ponte Baxoi remata o tramo no que coincidimos co Camiño Inglés.
Agora adentrámonos na ruta promocionada polo concello "Senda das Marismas do Baxoi", ..."un percorrido de alto valor ambiental que transcorre á beira das Marismas cunha enorme riqueza ecolóxica..."
Esta senda foi creada o ano pasado.
Senda das Marismas do Baxoi. |
A Senda do Baxoi de 1,5 km. vai ao pé deste río por camiños de terra e unha pasarela de madeira moi esvaradía cando está mollada.
Río Baxoi |
Un percorrido moi fácil e fermoso:
Pasamos por debaixo da autovía cando o Baxoi está xa próximo a desembocar.Situada nas marismas do Río Baxoi atopamos a Praia Grande de Miño con máis de 1,4 km. de lonxitude.
Praia Grande (Miño) |
No ano 2000 esta praia foi declarada de Interese Turístico. É unha das mellores praias das Rías Altas pola calidade das súas augas tranquilas e polos servizos que ofrece. Esto fai que no verán teña unha alta ocupación.
Praia Grande (Miño) |
Frente á praia de Miño, a vila de Sada
Un paseo marítimo rodea a praia.
Vistas do entorno da praia Grande. Cruzamos polo prado que no verán fai de aparcadoiro de pago.
Pillamos un carreiro que pasa ao pé do albergue de peregrinos.
Pasamos ao pé dunha pequena área recreativa debaixo do enlace á autovía.
Pasamos polo barrio de Telle
Fomos pola rúa Cobo vendo a praia da Ribeira e o porto e o acceso por unha escaleiras á vila que xa percorremos cando fixemos a Senda dos Sentidos que empeza ou remata nesta vila.
E aquí, faltando moi pouco para chegar ao inicio da ruta, rematamos a mesma.
https://www.bajoinfinitasestrellas.com/post/ponte-baxoi-mi%C3%B1o
https://turismo.marinasbetanzos.gal/puntos-de-interes/marismas-de-baxoi/
https://www.xn--turismodemio-khb.com/es/7046/Playa-Grande/-
Ningún comentario:
Publicar un comentario