No 2021 fixemos esta ruta pero na súa versión máis curta sen pasar pola aldea de Figueirúa. Hoxe queixen facela completa pasando por aí e volvemos realizar esta ruta que xa nos namorara hai 3 anos e hoxe volveu facelo.
Características desta ruta:
Lonxitude: 7,1 km.
Dificultade: media-baixa (ten unha baixada dende a mina con bastante desnivel) Ruta cunha parte circular e outra lineal perfectamente sinalizada. De tódolos xeitos, deixo o meu track en WIKILOC
Descripción :
A ruta parte de AQUÍ, dende onde o Rego do Cairo desemboca no Eo e ten o inicio ou a fin a Ruta do Ferrocarril tamén aquí, moi cerca. Hai un pequeno aparcadoiro.
O Rego do Cairo baixa ata o Eo dun xeito saltarín e alegre.
Esta ruta ten unha lenda: Nun dos muiños do Cairo traballaba un xoven muiñeiro que era dos mellores no seu traballo. Un día achegouse ao muíño unha moza que se baixou do tren e escoitou moito bulicio no muíño. O muiñeiro, nada máis vela, quedou prendado dela. A rapaza viña do País Vasco e era filla dun dos principais inversores da Sociedade Mineira de Vilaodrid e en principio viña visitar ao seu pai pero resulta que tamén lle gustou o muiñeiro e prolongou a súa estanza.
Era frecuente ver aos dous mozos paseando o seu amor ao longo do rego do Cairo. Estas paraxes idílicas eran as mesmas que vían os protagonistas da lenda.
Cando o pai da rapaza se enterou destas andanzas e de que o pretendente era só un muiñeiro, prohibeulle volver velo. A filla non aceptou as ordes do pai, seguía a verse co seu amado muiñeiro pero os paseos eran agora máis furtivos, pasaban máis tempo dentro do muíño lonxe das miradas indiscretas de outros muiñeiros e de xente que viña ao muíño ou lavandeiras que baixaban lavar a roupa.
|
Mesa e taburetes ben rústicos. |
Pese a estas precaucións, o pai da rapaza enterouse e moi enfadado mandou a rapaza estudar a Bos Aires para alonxala do muiñeiro.O muiñeiro non se resignou a perdela e enmbarcou dende Ribadeo como polizón nun cargueiro que ía ao Mar de Plata. Hai quen afirma que foi descuberto e para evitar ser repatriado lanzouse a auga e desapareceu. Outros afirman que logrou chegar pero non reencontrarse coa moza, e que fixo aló fortuna exportando fariña. Tamén hai quen non cre nesta lenda e pensa que é unha fantasía que se inventou para contar ao redor do lume nas noites de inverno. |
Rego do Cairo |
Encántame o aproveitamento dos recursos naturais, como por exemplo, esta pontiña de troncos.
Esta ruta sorprende pola cantidade de árbores autóctonas que se ven: freixos, carballos, bidueiras, loureiros, espiños...etc e felgos, moitísimos felgos de diversas especies.
O rego do Cairo na súa baixada forma pequenos saltos ou cascadas.
Ao longo da ruta vense varios muíños. Este último é o único que está restaurado:
Como non se ían namorar os protagonistas da lenda nestes lugares tan máxicos?
Un pasamáns ben chulo, concordando coa natureza!!
Alonxámonos agora do rego iniciando unha subida:
Vemos unha alvariza (lugar para prtexer as colmeas de ataques doutros animais)
Camiños dos de toda a vida...
E chegamos ao punto onde a ruta se fai circular. Aquí temos dúas opcións: se pillamos á dereita, imos directamente á mina e non pasamos por Figueirúa e se pillamos á esquerda pasaremos por esa aldea e despois iremos á mina. Nós desta volta escollemos a 2ª opción, a de ir por Figueirúa.
Subindo a Figueirúa, temos á esquerda vistas da aldea de Matela xa en Asturias, no concello de S. Tirso de Abres.
Que xenerosa vexetación a desta ruta!
Figueirúa é unha pequena aldea que pertence á parroquia de Conforto.
A maioría das casas desta aldea están restauradas en pedra.
E tamén teñen restaurado o lavadoiro e a fonte. Que fermoso entorno!
Este é o único tramo de asfalto que ten esta ruta: aínda non 1 km. ao seu paso por Figueirúa.
Deseguida nos vovemos internar no bosque, pillando á dereita:
A mina corresponde a unha das catas que realizou a Sociedade Mineira de Vilaodriz buscando mineral de ferro.
Despois de visitar a entrada da mina, baixamos uns metros por medio dun bosque nun descenso acusado. Hai algún tramo da baixada que ten cordas para axudarse pero noutros faltan porque foron rompendo.
A baixada desemboca no muíño restaurado que víramos antes e voltamos polo mesmo sitio de antes.
Páxina web consultada:
https://turismoapontenova.es/ruta-do-muineiro-namorado/
Ningún comentario:
Publicar un comentario