Esta era a única ruta que me faltaba por facer neste concello e realiceina hoxe. Ao igual que tódalas rutas desta comarca, sabía que non me ía defraudar e así foi. É algo "durilla" xa que ten bastante desnivel (sobre todo na subida á mina) e para min aínda o foi máis por fiarme dun track que non debía (xa explicarei no seu momento)
Características da ruta:
Lonxitude: 13, 2 km.
Dificultade: Media-alta
Ruta circular homologada sinalizada. Desta vez non hai track porque aínda que gravei tiña fallos que xa comentarei e prefiro non liar a ninguén.
Descripción:
Aínda que oficialmente a ruta parte de Santalla, do mesmo centro da vila, eu xa coñezo ben este lugar polo que comencei dende Ferrería (A Ferraría) onde hai unha casa de turismo rural que ten diante un bo aparcadoiro.
A Ferraría é un pequeno lugar con enormes casas ben restauradas e unha delas de Turismo rural. Está ao pé do río Agüeira
|
A Ferraría |
Cruzamos a estrada cara á Casa Museo do Marqués de Sargadelos como indican eses letreiros.
A Casa Museo do Marqués de Sargadelos está en Ferreirela de Baxo, un lugar onde me pareceu que non vivía ninguén neste momento.Ten catro ou cinco casas restauradas en pedra, moi grandes.
|
Ferreirela de Baxo |
Na que hoxe é Casa Museo do Marqués de Sargadelos naceu Raimundo Ibañez, que foi un comerciante, industrial e ilustrado que construeu a 1ª fábrica privada de fundación de ferro en España e a fábrica de porcelana de Sargadelos. (S. XVIII e principios do XX)
|
Casa Museo do Marqués de Sargadelos |
Deixamos Ferreirela de Baxo por un camiño ao que lle fai falta unha roza de herba.
Este carreiro que baixa dende Ferreirela de Baxo vai completamnete anegado. Importante levar sempre unhas botas indo de sendeirismo.
O carreiro remata deseguida nuns prados e agora aparece un camiño xa seco.
Cruzamos unha carballeira:
E chegamos á aldea de As Barreiras onde alguén debe vivir porque vin roupa tendida. Volvemos atopar o río Agüeira que vin antes, ao sair de Ferrería.
|
As Barreiras |
Fermosa ponte que veño de cruzar e fermoso entorno.
Enormes caseróns en pedra con solainas de madeira.
|
As Barreiras |
Outra vista desta aldea que semella abandonada.
|
As Barreiras |
E non podía faltar a capela que se ve bastante recente.
|
Capela en As Barreiras |
Abandono As Barreiras ao pé de onde está esta fermosa casa e enlazo coa estrada que me vai levar a outra coñecida aldea dos Oscos.
Enlace coa estrada que vai a Ferreira:
Mirando á esquerda queda a aldea de Parada que máis tarde veremos dende a ladeira do monte de enfrente.
|
Parada |
Cando chego a Ferreira vexo os letreiros de 2 rutas: a que estou a facer e que baixa á Área Recreativa e a da Coba que fixemos hai uns anos e atravesa esta aldea.
Aínda que xa coñecía pois esta aldea, volvina visitar porque me encanta! O seu típico cabozo está en tódalas fotos que se ven deste lugar!
Vistas á esquerda dende Ferreira. Un cadro do máis bucólico: os verdes prados, as árbores, as vacas e o río Agüeira.
|
Cadro fermoso |
Esta aldea, nos anos 2004 e 2005, viveu unha rexeneración integral coa pavimentación de camiños interiores e acondicionamento da estrada de acceso á mesma.
|
Ferreira |
Foi construida unha rede de saneamento e de abastecemento de auga.
|
Ferreira |
Vistas da área recreativa pola que vou pasar despois dende o alto da aldea que está a 460m. de altitude.
Tamén se instalou o alumeado público e canalizouse soterradamente a rede de telefonía. Ferreira ten algo máis de 20 vivendas pero de forma continuada só estaban habitadas 3 no 2019. Eu vin hoxe a 3 persoas.
Entrando na área recreativa vemos esta ponte sobre o río Agüeira.
A fermosa área recreativa de Ferreira ás beiras do Agüeira é un importante reclamo turístico. Chaman a atención as cerdeiras xaponesas!!
|
Área recreativa de Ferreira |
Vistas a Ferreira dende a área recreativa.
|
Área recreativa de Ferreira |
Esta área recreativa conta con mesas, bancos, zona infantil, praia fluvial e aluguer de canoas.
|
Área recreativa de Ferreira |
Deixamos a fermosa área recreativa e subimos a outra aldea por unha pista de cemento.
Non poden gustarme máis as paisaxes dos Oscos! Ao lonxe, Ferreira.
|
Ao lonxe, Ferreira
|
Deseguida chego á aldea abandonada de As Talladas. A mina toma este nome por esta aldea. Tamén se lle chama Mina Carmina.
|
As Talladas |
Eu vou seguindo un track pero vexo este sinal (a ruta está homologada) e fíome del e pillo á dereita.
Paso ao pé da capela de Santa Mª.
|
Capela en As Talladas |
En As Talladas só hai unha casa en bo estado de conservación: a que se ve na imaxe.
|
As Talladas |
Outra imaxe da aldea na que non vive ninguén.
|
As Talladas |
Empezo pois a subir cara á mina por onde me mandou o sinal.
O camiño, case un carreiro, é moi fermoso entre árbores autóctonas e muros de pedra seca.
Tamén proliferan aquí as xestas de flor branca. Agora si que xa avanzo por un carreiro.
Conforme vou subindo teño fermosas vistas. Ata que o track me empeza a dicir que vou polo percorrido erróneo e ao final acaba avisándome de que deixei a ruta e esto é certo. Ao primeiro ámbolos dous itinerarios van bastante pegados e paralelos polo que penso que o GPS toleou e sigo igual o track pero non é así. Algo máis adiante vexo que o carreiro se alonxa totalmente da mina e penso que tomei o camiño equivocado a pesares do que dicía o sinal, polo que decido dar a volta pensando que por aí nunca chegaría á mina. Ou sexa que fago uns 2km. entre subir (subida con ben desnivel) e baixar que son perdidos. Se seguira este trazado chegaría á mina polo camiño correcto.
Chego de novo á As Talladas e sigo uns metro máis adiante e atopo esta bifurcación. O track que sigo vai e volve polo camiño da dereita e por aí vou pensando aínda que está mal o sinal que me mandou polo carreiro anterior.
Se polo outro lado o percorrido era chulo, por este lado aínda me parece máis e por riba de momento, é chao.
Carballos, bidueiras, xestas...
Ás veces, algún claro deixa estas vistas.
Carballos inmesos nun camiño totalmente á sombra.
Crucei regos.
Sempre fun cerca dun rego, nalgún tramo, mesmo ao pé.
E así fun chegando á Mina As Talladas ou Mina Carmina nun ascenso moi suave ao principio para rematar os últimos metros cun gran desnivel.
Desta mina saían sulfuro de zinc e chumbo cara ao porto de Ribadeo. Nun 1º momento, o mineral só se podía sacar por arrastre en tableiros de madeira ou con cabalos e mulos. Os primeiros kilos d echumbo sairon no lombo dun mulo que daba 4 viaxes diarios dende a mina á zona de carga. A principios dos anos 50 chegou a electricidade que xa permitía empregar novos equipos e un compresor que s epode ver hoxe aínda. A tecnoloxía permiteu tamén o tranporte cun cable de caldeiros que subía o material.
Na mina Carmina traballaban 26 persoas ata que a principios dos anos 60 pechou.
Eu non subín ata a mina, en canto a divisei, saquei unhas fotos e din a volta. A subida que fixera antes cansoume e ademais xa picaba forte o sol e como ademais teño pensado facer outra ruta dende S. Martín de Oscos que tamén pasa por esta mina pois aforreime uns metros de subida.
|
Mina Carmina |
A volta dende a mina foi polo mesmo sitio ca ida e aí estivo o erro!! Elexín mal o track pero dinme conta cando cheguei á casa e estiven vendo outros e todos ían polo 1º carreiro que eu fixen ata a metade ou máis e voltaban por onde seguindo o track, subín e baixei. É dicir que o sinal está perfectamente colocado e o traxecto ata a mina é circular, vai por un carreiro e volta por outro (por este último facía a ida a e a volta o track que eu seguín)
Dende As Talladas baixamos e cruzamos un rego que nos vai levar á montaña frente a Ferreira e Parada, que vimos antes.
O tipo de vexetación cambia(non deixa por eso d eser moi fermosa) e piñeiros e uces conforman o percorrido a media ladeira.
Hai moitos claros que deixan ver a aldea de
Ferreira ao lonxe.
No medio do carreiro hai unha portela de madeira aberta e un sistema de cordas vai monte abaixo. Non sei o uso deste invento, pero está claro que alguén o puxo para que resultase máis liviano algún tipo de traballo.
A aldea de
Parada que antes vin dende a estrada de enfrente.
|
Parada |
Os distintos tonos de verde dos Oscos e as flores das uces.
Canto me gustan as rutas nos
Oscos!!
Agora xa baixei, volve cambiar a vexetación, aparece o musgo porque hai humidade.
Un rego que vai desembocar deseguida ao río Barcia.
O río Barcia nace no concello de Vilanova de Oscos e a súa auga foi aproveitada ademais de por muíños polo mazo que houbo nunha aldea pola que imos pasar deseguida: Caraduxe.
O río Barcia desemboca noutro que xa vimos nesta ruta: o Agüeira.
Por un estreito carreiro entre bidueiras e carballos subimos a
Caraduxe.
A 3,5 km. de Santalla está Caraduxe, unha pequena aldea que no 2020 tiña 7 habitantes. Os seus habitantes eran coñecidos co nome de "ruxes". Moi cerca do caserío que vemos na imaxe está os restos dun mazo que elaboraba utensilios de ferro empregando a auga do cercano río Barcia.
|
Caraduxe |
Agora toca ir por estrada. Temos estas vistas:
Por estas estradas locais dá gusto camiñar. Rodeada de árbores e sen que pase ningún vehículo.
Camiño polo medio dunha carballeira pois a estrada rompeuna.
Chego a Ferreirela de Riba |
Ferreirela de Riba |
E aquí pillo un camiño á esquerda que me vai levar a
Ferreirela de Baxo:
Ferreirela de Baxo dende
Ferrreirela de Riba.
Aiiii...as paisaxes dos Oscos!!
E chego a Ferreirela de Baxo enlazando así co percorrido da ida.
Ao pé ca Casa Museo do Marqués de Sargadelos hai exposto este cabozo típico asturiano.
Debaixo do cabozo está este antigo carro. Eu tamén lembro de cando se utilizaban estes carros en Galicia que eran parecidos a este pero os que eu recordo non remataban así en triángulo na parte dianteira, senón que eran rectangulares.
Aínda lembro que eses paus que se ven chámanse fungueiros; a parte que se unía aos animais para que tirasen chámase botoalla, o pau que se ve na botoalla é o chavello e as táboas aos lados do carro para aguantar a carga, son os ladrais
Séntome a descansar un pouco diante da Casa-Museo e descubro unha pequena fonte en lavadoiro.
Xa rematando a fantástica ruta de hoxe cando volvo a ver a aldea de Ferrería.
Páxinas web consultadas:
https://www.asturiasmundial.com/blogs/dendecaguelu/1464/ferreira-pueblo-area-recreativa-santa-eulalia-oscos/ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/a-fonsagrada/2022/02/24/mina-plomo-lugo-asturias/00031645698208418547275.htm
http://www.caleyandoasturias.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario