luns, 17 de maio de 2021

SENDA FIGUERAS-CASTROPOL (CASTROPOL- ASTURIAS)

 Hoxe fixen esta ruta que me pareceu fermosísima ademais de moi fácil e moi ben sinalizada. O máis dificil sería saber onde comeza pero ao final deixo o track.

Como é lineal podemos empezar en Castropol (Oficialmente sería así) ou en Figueras. Eu  empecei nesta última vila  e se fai só nun sentido penso que é algo máis fácil empezando en Figueras pero dá igual, é moi doada de calquera xeito.

Características:

Lonxitude: 7km.

Dificultade: moi fácil

Ruta lineal ben sinalizada.

Descripción:

A ruta en Figueras, comenza AQUÍ

Deseguida podemos ver a Ría do Eo:


E a praia de Arnela. Esta praia acada os 60m de lonxitude en marea baixa.

Aí teremos que chegar: a Castropol
A ría con Castropol ao fondo:

Esta ruta (ao igual que a maioría en Asturias), está moi ben sinalizada:


Por carreiros así de fermosos transcorre a ruta:

Levamos durante case todo o percorrido, A ría do Eo, á dereita.

Estos son os restos de un Muíño de mareas: "Molín das Acías" Este muíño xa aparecía citado en documentos do S.XVII. 
Son muíños de orixe medieval que obtiñan a enerxía para moer da diferenza de nivel das mareas. Durante a pleamar acumulaban a auga e liberábana en baixamar impulsando deste xeito a rotación dunha roda hidráulica e facendo xirar as pedras de moer.
Molín das Acías
Abundan pouco estes muíños xa que era moi costosa a súa contrucción, por eso os levantaban a nobleza e o clero. De tódolos xeitos eran moi rentables, xa que a pesares de depender das mareas e moer só dúas veces no día, contaban cun número elevado de moas e tiñan a vantaxe de traballar todo o ano, non coma os muíños fluviales que só podían moer tres ou catro meses no ano, dependendo do cauce fluvial.
Molín das Acías
 
Estas son algunhas preciosas imaxes que nos deixa esta ruta:




Esta que vemos agora é a praia de As Acías ou Carbayíos ou tamén de Los Cobos e é a máis grande que atopamos:

A vexetación chega mesmo á praia:

Esta ruta ten de todo: ata un fermoso pazo que semella sacado dun conto. Son as Torres de Donlebún

Este pazo foi erixido sobre unha torre do S. XVI. Está declarado Ben de Interese Cultural e conserva partes dos séculos XVI, XVII e XVIII.
Estivo abandonado e case en ruínas e agora está en proceso derestauración. É de propiedade privada e non se pode visitar por dentro.

A moi poucos metros de aquí, xa chegamos á Enseada de Lieira. Este é o maior estuario do Eo e ten sedimentos fangosos e de area colonizado por dúas especies de plantas.

Estas casas están case pegadas a auga, só as separa a estrada:


Neste lugar e outros como Salías e Berbesa existiron varios asteleiros de Ribeira coñecidos pola calidade dos seus barcos:

Uns fermosos olmos brancos medran á beira da enseada:

Chegamos deseguida a esta pasarela de madeira:


Que desemboca axiña na vella estrada a Castropol:



Pola que iremos aprox. durante 1km. e onde seguimos vendo os sinais .

Dende que deixamos o asfalto e ata o final, a senda segue a deixarnos estampas preciosas:





Esta última foto está tomada no punto final da ruta (ou inicio dependendo de onde se saia) e temos xa Castropol  e a Ponte dos Santos de fondo:

Unha ruta moi recomendable pola súa fermosura, pola baixa dificultade ténica que ten, pola distancia, que é moi asequible fágase só de ida ou ida e volta e polo ben sinalizada que está!!

Powered by Wikiloc

venres, 14 de maio de 2021

CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO. TRAMO PORTO DE FOZ- PORTO DE FAZOURO

O Camiño Natural do Cantábrico percorre o traxecto dende Ribadeo (lugo) ata Ladrido ( A Coruña) en 7 etapas de 20 e pico km. cada unha.
Eu decidín facelo partindo cada unha das etapas en dúas.
Hoxe, dentro da 3ª etapa que vai de Foz a Burela, eu fixen aprox. a metade: dende o porto de Foz ata o porto de Fazouro no mesmo concello. A ruta é lineal polo que deberemos ter un coche ao final de cada tramo ou etapa ou ben chamr un taxi.
As etapas deste Camiño son:

1.- Ribadeo- As Catedrais
2.- As Catedrais-Foz
3.- Foz- Burela.
4.- Burela-S. Cibrao
5.- S. Cibrao-Viveiro
6.- Viveiro- O Vicedo
7.- Vicedo- Ladrido

Nós xa fixemos a 1ª e 2ª etapas e coa de hoxe completamos a 3ª xa que o tramo Fazouro-Burela xa o fixeramos.
Ao final deixarei os enlaces a estas rutas así como o track da de hoxe.

Características da ruta:

Lonxitude: 9,6 km.
Dificultade: ningunha. É un percorrido moi doado.
Ruta lineal, moi ben sinalizada.

Descripción:

Partín do porto de Foz, que se atopa AQUÍ

O Porto de Foz foi moi importante en séculos pasados e contaba con un dos tres asteleiros máis importantes de Galicia. Os pescadores dedicábanse sobre todo á captura de baleas.
Esa importancia que tivo como porto pesqueiro foi decaendo e aínda que hoxe Foz é unha vila de tradición mariñeira, xa non é a pesca a principal actividade se non o turismo.

Os barcos de recreo son os que predominan hoxe atracados no porto de Foz:

Á esquerda do porto, os xardíns da Praza Conde de Fontao.

Aló ao fondo, vemos só dous barcos de pesca.

Rebasado o porto, entramos no paseo á beira da ría (Paseo da Ribeira) que forma o río Masma na súa desembocadura no Cantábrico:
Vemos o cartel anunciando a ruta que estamos a facer

Vemos o monumento á muller pescantina, muller que se dedicaba a vender o peixe polas casas antiguamnte e, de fondo, Barreiros.

Deseguida atopamos Porto Chico, supoño que chamado así polo seu pequeno tamaño e onde tamén atracan barcos de recreo:

Seguimos polo paseo acondicionado hai anos e vemos os carteis da ruta, que non ten perda ao estar moi ben sinalizada:

Esta lancha pesqueira está exposta en Tupide. Na esquina, á esquerda, vemos o faro.

Nesta mesma zona vemos o monumento ao pescador:

Esta é a praia de Tupide, ao fondo, o faro:

Outro monumento, o que a vila de Foz dedicou ao "Xico" persoa que foi durante moitísimos anos garda praias da vila facéndoo con gran profesionalidade e exemplo:


Entramos xa no Paseo ao lado da famosa praia de A Rapadoira:

Praia de A Rapadoira. É esta unha praia urbana que no verán está moi concurrida. Ten moita superficie de area e en marea baixa fórmase unha piscina natural, ideal para os máis pequenos.

Pola beira da praia vai un fermoso paseo marítimo polo que trancorre a nosa andaina.

Este paseo, está habitualmente cheo de xente, sobre todo no verán.

A Rapadoira, dende outro punto do paseo:

A  rocha máis grande é un illote que se chama Castelo de Secundino. Nesta illa colleitábanse patacas ata primeiros do S. XX. Hoxe serve de abrigo a diversas aves mariñas.


De frente xa vemos outras parroquias do concello como Fazouro, Nois e Cangas e ao fondo de todo, a vila de Burela.

Outra imaxe das moitas que nos deixa este paseo:

Este lugar chámase "A Verde" e é doado adiviñar porque. Aquí existe unha cova chamada "Furada do Morto"












Se dúbida, un fermoso paseo:


E deseguida chegamos á outra praia moi querida polos focenses e por xentes das parroquias: a praia de Llas:

Nesta praia de Llas hai unhas dunas chamadas "Os Ceás"

A praia de Llas é moi longa, moi cómoda polo gran apardoiro que ten. Conta con tódolos servizos e está moito menos masificada que a A Rapadoira:

Agora, o camiño que antes foi todo de pedra, pasa a ser de lousa:

Praia de Peizás. É unha pequena praia onde con marea alta desaparece a area. É bastante ventosa e no verán moi concurrida.

Área recreativa xunto á praia de Peizás:

Miradoiro xunto á praia de Peizás:

Despois de Peizás, o camiño vólvese carreiro natural. Entramos na parroquia de Fazouro


E chega un punto en que os sinais nos mandan seguir de frente, se lles facemos caso, imos dar a unha estrada local pero moi frecuentada por vehículos. Como son da zona, non fago caso e torzo á dereita para seguir un carreiro ben delemitado á beiriña do mar:



É moito máis fermoso e tranquilo vir por aquí:

Este carreiro natural polo que fomos vai dar á estrada da que falaba antes . Xa estamos de novo no camiño marcado e collemos á dereita.

Deseguida podemos ver de novo os sinais e a praia de A Pampillosa, coñecida polos habitantes do lugar como "A Barra" Esta praia, na desembocadura do Ouro, ten un extenso areal pero a maioría son pedras. É unha praia aberta e pouco frecuentada.

Área recreativa de A Pampillosa:

Desembocadura do río Ouro en Fazouro:

A Ponte de Ferro e o barrio do mesmo nome:

Outra área recreativa moi cerca da praia da Pampillosa, de feito leva ese mesmo nome. Entre a área anterior e esta pasa a vía do tren e a estrada N-642. Este lugar é moi frecuentado por familias con nenos e por xente que ven facer a Ruta do Río Ouro, que parte deste lugar.

O río Ouro chegando a súa desembocadura. Ao fondo, distintos barrios de Fazouro:

Cruzamos a Ponte de Ferro e vemos de frente a ponte sobre a estrada e a ponte do tren.

Este potriño posou para a foto con Foz e o Cantábrico de fondo:

Os barrios de Bargado e Lousada en Fazouro. Imos agora camiñando por asfalto (unha carretera local sen saída, pola que apenas circulan vehículos) durante uns 200m. aprox.

 Esta cala , que recibe moitos pescadores e practicamente ningún bañista, é o "O Camiño Novo"

Deseguida collemos á dereita para chegar ao Porto de Fazouro:

Aínda conserva algunha cabana de pescadores. A este portiño abrigoso chegaban as pequenas lanchiñas da aldea que ían á pesca do día en tempos pasados.




Powered by Wikiloc