luns, 17 de maio de 2021

SENDA FIGUERAS-CASTROPOL (CASTROPOL- ASTURIAS)

 Hoxe fixen esta ruta que me pareceu fermosísima ademais de moi fácil e moi ben sinalizada. O máis dificil sería saber onde comeza pero ao final deixo o track.

Como é lineal podemos empezar en Castropol (Oficialmente sería así) ou en Figueras. Eu  empecei nesta última vila  e se fai só nun sentido penso que é algo máis fácil empezando en Figueras pero dá igual, é moi doada de calquera xeito.

Características:

Lonxitude: 7km.

Dificultade: moi fácil

Ruta lineal ben sinalizada.

Descripción:

A ruta en Figueras, comenza AQUÍ

Deseguida podemos ver a Ría do Eo:


E a praia de Arnela. Esta praia acada os 60m de lonxitude en marea baixa.

Aí teremos que chegar: a Castropol
A ría con Castropol ao fondo:

Esta ruta (ao igual que a maioría en Asturias), está moi ben sinalizada:


Por carreiros así de fermosos transcorre a ruta:

Levamos durante case todo o percorrido, A ría do Eo, á dereita.

Estos son os restos de un Muíño de mareas: "Molín das Acías" Este muíño xa aparecía citado en documentos do S.XVII. 
Son muíños de orixe medieval que obtiñan a enerxía para moer da diferenza de nivel das mareas. Durante a pleamar acumulaban a auga e liberábana en baixamar impulsando deste xeito a rotación dunha roda hidráulica e facendo xirar as pedras de moer.
Molín das Acías
Abundan pouco estes muíños xa que era moi costosa a súa contrucción, por eso os levantaban a nobleza e o clero. De tódolos xeitos eran moi rentables, xa que a pesares de depender das mareas e moer só dúas veces no día, contaban cun número elevado de moas e tiñan a vantaxe de traballar todo o ano, non coma os muíños fluviales que só podían moer tres ou catro meses no ano, dependendo do cauce fluvial.
Molín das Acías
 
Estas son algunhas preciosas imaxes que nos deixa esta ruta:




Esta que vemos agora é a praia de As Acías ou Carbayíos ou tamén de Los Cobos e é a máis grande que atopamos:

A vexetación chega mesmo á praia:

Esta ruta ten de todo: ata un fermoso pazo que semella sacado dun conto. Son as Torres de Donlebún

Este pazo foi erixido sobre unha torre do S. XVI. Está declarado Ben de Interese Cultural e conserva partes dos séculos XVI, XVII e XVIII.
Estivo abandonado e case en ruínas e agora está en proceso derestauración. É de propiedade privada e non se pode visitar por dentro.

A moi poucos metros de aquí, xa chegamos á Enseada de Lieira. Este é o maior estuario do Eo e ten sedimentos fangosos e de area colonizado por dúas especies de plantas.

Estas casas están case pegadas a auga, só as separa a estrada:


Neste lugar e outros como Salías e Berbesa existiron varios asteleiros de Ribeira coñecidos pola calidade dos seus barcos:

Uns fermosos olmos brancos medran á beira da enseada:

Chegamos deseguida a esta pasarela de madeira:


Que desemboca axiña na vella estrada a Castropol:



Pola que iremos aprox. durante 1km. e onde seguimos vendo os sinais .

Dende que deixamos o asfalto e ata o final, a senda segue a deixarnos estampas preciosas:





Esta última foto está tomada no punto final da ruta (ou inicio dependendo de onde se saia) e temos xa Castropol  e a Ponte dos Santos de fondo:

Unha ruta moi recomendable pola súa fermosura, pola baixa dificultade ténica que ten, pola distancia, que é moi asequible fágase só de ida ou ida e volta e polo ben sinalizada que está!!

Powered by Wikiloc

Ningún comentario:

Publicar un comentario