luns, 22 de xuño de 2020

RUTA DO RÍO OURO (FAZOURO-FOZ)



Esta ruta fluvial foi mellorando cos anos pois agora está máis coidada e ademais acondicionaron a outra marxe do río pola que podemos volver, facendo a ruta circular. 

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 12 km. aprox.
Dificultade : Fácil
Ruta circular con regular sinalización aínda que non ten perda xa que sempre hai que buscar o río.

DESCRIPCIÓN:
Esta ruta atópase na parroquia de Fazouro(concello de Foz)na provincia de Lugo.
Transcorre á beira do río Ouro que desemboca no Cantábrico precisamente nesta parroquia, un pouco máis abaixo de onde a comenzamos.
A ruta ten dous puntos de comenzo habituales. Pódese empezar nunha área recreativa que está 1 km. e medio antes aprox. de onde nós a empezamos.
Nós empezamos aquí, onde hai tamén sitio para aparcar:


Empezamos AQUÍ:

Vemos ao fondo a igrexa de Fazouro:

O primeiro tramo da ruta transcorre por un ancho camiño:

Ás beiras do río Ouro:

A fonte de Fernandete, moi apreciada polas xentes do lugar. Aínda hoxe vai xente buscar auga a esta fonte:

Chamounos a atención esta hedra que colonizaba este eucalipto cunha forte aperta:


O camiño vai entre vexetación autóctona na súa meirande parte, aínda que os eucaliptos fan cada vez máis acto de presenza:

Unha edificación que a natureza vai comendo:

Os eucaliptos amenazan con invadir todo:

De momento predomina na ruta a vexetación autóctona:

Agora camiñamos algo máis lonxe do río, pero será por pouco tempo:

Comparando a ubicación deste banco coa do que está máis arriba, vese claramente cal sae ganando:

De novo nos atopamos co río:


Os eucaliptos amenazando...

Antiga Central Hidroeléctrica.

A partires de aquí o camiño pasa a ser un estreito sendeiro pero tamén moi cómodo:


Agora lévamos auga polos dous lados: á nosa dereita vai o río e á esquerda unha canle:


Chegamos a unha ponte:

Vemos ao lonxe a estrada:

E chegamos oa final da ruta  na Presa de Posada:

Antes había que volver polo mesmo lugar da ida pero agora acondicionaron a outra marxe do río e por ela voltamos:

Case sempre á beira do río:

Só hai que ir pola estrada uns 100 metros:


Deseguida estamos outra vez xunto ao Ouro:

E camiñamos sempre por sendeiros:


Ata chegar ao barrio da Pontevella outra vez, moi cerca de onde deixáramos o coche:








venres, 19 de xuño de 2020

AS PONTES DE GARCÍA RODRIGUEZ

Cando realizamos a ruta das FERVENZAS E MUIÑOS DE BERMUI E DE SOMEDE e dado que son rutas moi curtiñas, aproveitamos tamén para coñecer a vila de As Pontes de García Rodríguez.
Sorprendeunos esta vila quen non coñecíamos, polo grande que é e polos rincóns tan fermosos que ten.
Pertence á comarca do Eume e é o municipio máis extenso da provincia de A Coruña.
Esta localidade foi coñecida sobre todo pola industria térmica que a converte nun núcleo importante en Galicia de producción industrial pero que na actualidade están anunciando o seu peche para o vindeiro ano.
Praza do Hospital

Unha rúa de As Pontes

CEIP Santa María

Mercado municipal

Precioso, grande e ben coidado parque

Enamorounos este parque

Rincóns fermosos do parque

Ao fondo, o concello

O emblema de As Pontes: a inmensa chimenea da súa fábrica

A lagoa artificial de As Pontes foi creada no lugar onde antes estaba a mina de carbón a ceo aberto que abastecía á Central Térmica. Ten unha dimensión de 5km. e unha profundidade máxima de 206m. Encheuse con auga do río Eume e das chuvias. É o lago artificial máis grande de Europa e é empregado para practicar deportes náuticos como vela, windsurf ou kayak. Nas súas inmediacións instalouse no 2017 a tirolina máis grande de Europa.
A lagoa ten tamén unha praia artificial que é unha das súas maiores atraccións.
Lagoa artificial

Fonte na Praza da Lembranza


Paseo ao redor da vila

Praza da Lembranza

Un paseo ao redor da vila

A lagoa ten unha gran riqueza biolóxica con flora e fauna autóctonas

A lagoa é un lugar de gran riqueza  vexetal e de fauna
Despois de pasear polas Pontes xantamos no bar restaurante "Fervenza de Somede". Tomamos o plato do día cun menú variado, abundante e ben cociñado por 10€ incluido o café. Está situado no centro da vila e ten un comedor pequeno, moi acolledor e moi limpo.
Despois de comer foi cando realizamos as visitas ás fervenzas.