xoves, 16 de abril de 2020

RUTA DAS XANAS. (QUIRÓS-SANTO ADRIANO)




Esta fermosa e fácil ruta lineal (pódese facer circular engadindo un km. e medio máis enlazando coa senda de Valdolayés) percorre o desfiladeiro das Xanas, un dos máis coñecidos e visitados de Asturias e Monumento Natural dende 2002.

As Xanas son uns dos personaxes máis coñecidos da mitoloxía asturiana. Son fadas de gran beleza que viven en augas limpas e critalinas e que se entretiñan peiteándose xunto á auga coa axuda dun espello.  
                                          Unha xana    (Imaxe procedente de enjoyaasturias.es)
Características da ruta:
Lonxitude :8km.
Dificultade: fácil
Ruta lineal. Boa sinalización
 Ao ser lineal podemos empezar a ruta dende Villanueva (Concello de Santo Adriano) ou dende Pedroveya (concello de Quirós). Nós empezamos e rematamos en Pedroveya xa que queriamos comer nesta pequena aldea que é encantadora e moi coñecida polo restaurante "Casa Generosa", auténtico templo da cociña asturiana.
                                 
Descripción da ruta:
Saíndo de Pedroveya:
Pedroveya

Pedroveya


Empezamos a baixar entre prados rodeados de montañas:

Baixamos escaleiras:

E cruzamos pontes:

E túneles:

Imos adentrándonos no desfiladeiro:


Aló ao fondo o pobo de Villanueva:

Tamén atopamos animais:


Chegamos a Villanueva:

E dende aquí demos a volta por onde viñemos para chegar de novo a Pedroveya:
Escanciando sidra




Un teixo centenario



SENDA DEL OSO (TEVERGA-ASTURIAS)

A Senda del Oso é unha das rutas emblématicas de Asturias e unha das máis concurridas. Discorre por un camiño cercado cun valado de madeira polo que anos atrás circulaba un tren mineiro que percorría o val do río Trubia transportando carbón. Esta senda foi reconvertida e habilitada como vía verde.
Un dos atractivos da ruta está en Proaza onde se poden ver dúas osas en semiliberdade. Cando fomos nós (ano 2015) poidemos ver a Paca e a Tola. Esta última, Tola, morreu no ano 2018 polo que agora só se pode ver a Paca e a unha nova que incorporaron e ten agora 8 anos aprx. Chámase Molina.

A historia de Paca e de Tola que son irmás é a seguinte:
Cando tiñan poucos meses, un cazador furtivo matou a súa nai. Ao quedar orfas, quedaron baixo a protección do Fondo para a Protección dos Animais Salvaxes (FAPAS) e viviron en Cataluña e Extremadura ata que no 1996 as osas foron traladadas a Proaza ao cercado actual. Intentouse devolver estes animais ao seu medio natural pero estaban xa acostumadas aos humanos e foi imposible.

Esta ruta ten forma de Y e  ten 40km., os mesmos que percorría o tren mineiro. Ten tres tramos a realizar. Nós fixemos dende Tuñón ata Entrago (21 km.)

Loxitude: 21 km. (Tuñón-Entrago)
Dificultade: baixa
Ruta lineal. Ben sinalizada.

Descripción da ruta:

Saimos de Tuñón:


E camiñamos por espacios abertos con aldeas ao fondo:



E despois duns 6km., chegamos a Proaza e vimos as osas:


Paramos a descansar un pouco:


E continuamos desfrutando dunha espectacular paisaxe:



Esta formación chámase "Peñas Juntas". Sobra dicir o porqué:

Atravesamos túneles:


E pouco a pouco fomos chegando a Entrago:



Dende Entrago collemos un bus e voltamos a Tuñón onde deixaramos os coches.

mércores, 15 de abril de 2020

RUTA DO LOIO. PARADELA PR-G14


 Esta é unha ruta ben curtiña e doada de facer pero non por eso menos fermosa xa que ao longo dela iremos vendo árbores autóctonas, muíños, pontes de madeira, algunha fervenza...todo ao lado do tranquilo río Loio.

Lonxitude: 7km.
Dificultade: fácil
Ruta lineal.
Sinalización: no momento que nós a realizamos (2014) estaba regular sinalizada, nalgúns puntos aparecía borrada a sinalización e noutros, confusa. Esto debeu ser correxido xa que xente que a fixo no 2019 apunta que está perfectamente sinalizada.

A ruta empeza en Paradela, ao lado das piscinas municipais deixamos os coches e empezamos a baixar cara ao río:


Atopamos muíños en ruínas:

Pontes ben rústicas:


E unha exuberante vexetación:


Seguimos camiñando nun entorno paisaxístico inigualable:



O camiño segue entre salgueiros, carballos, acebos...ata chegar ós 2km. de ruta onde se observa un impoñente carballo milenario:

Seguimos baixando cara ao río para chegar ao Muíño da Retorta que é o máis grande que atoparemos con 4 pedras de moer e totalmente restaurado.

Seguimos entre pastos e fincas


Divisando aldeas ao lonxe:

Continuamos  por un camiño con moito encanto cruzando fermosos soutos:



Tamén, e aínda que o camiño non cansa, sempre facemos unha parada:

O tramo final da ruta, lévanos ata a carretera LU-633 frente a dous restaurantes. Comemos nun deles, no restaurante "O Mesón do Loyo"
  
Foi unha ruta ben fermosa!!!