CAMAGÜEY
O xoves, 26 de xuño, marchamos a Camagüey, capital da provincia do mesmo nome. Esta cidade ten un centro histórico que foi declarado Patrimonio da Humanidade en 2008. Antigamente chamábase Santa Mª del Puerto Príncipe, cando foi fundada no S. XVI por colonos españois ao lado da costa, máis tarde trasladouse ao interior, onde está agora.
Despois de que un pirata queimase a cidade no século XVII, redeseñouse como un labirinto para que aos atacantes lles fose difícil moverse por dentro da cidade.
O símbolo da cidade de Camagüey é o pote de barro ou tinajón, que se utiliza para captar a auga da chuvia e conservala fresca.
![]() |
Praza S. Juan de Dios |
![]() |
Unha bici-taxi |
![]() |
As bicis-taxi na Praza S. Juan de Dios |
![]() |
Praza de S. Juan de Dios (Foto de Jaime Cancio) |
Visitamos a Plaza del Carmen xa que as bici-taxis paraban nos lugares máis emblemáticos. Esta praza foi restaurada hai uns anos con potes xigantes, esculturas a tamaño real, farolas...
As esculturas de Martha Jiménez dan a esta praza un selo de orixinalidade. Na foto de abaixo, as "chismosas ou cotillas".
![]() |
"As chismosas" na Praza do Carmen |
Moitos de nós sacamos fotos xunto a estas esculturas.
Os "tinajóns" servían para almacenar a auga da chuvia. (Foto de Jaime Cancio)
A igrexa da Virxe do Carme na mesma praza anterior é do S. XIX en estilo barroco. É a única de Camagüey con dúas torrres. Camagüei é a cidade que ten máis igrexas en Cuba.
Pasamos pola Plaza de los Trabajadores no corazón da cidade. Chámase así porque a partires dos anos 60 os traballadores da cidade empezaron a facer neste lugar diversas actividades públicas de caracter cultural, histórico e comercial.
![]() |
A Popular ou Centro de Convenccións Santa cecilia. |
![]() |
Igrexa de Nosa Señora da Merced |
A min, Trinidad encantoume! Pertence á provincia de Sancti Spíritus e foi a 3ª cidade fundada en Cuba polos españois no S. XVI. É unha das cidades colonais mellor conservada de Cuba e de toda América o que lle valeu para ser recoñecida como Patrimonio Mundial da Humanidade en 1988 xunto ao Valle de los Ingenios (zona onde prosperou unha inmensa industria de azucre nos séculos XVIII e XIX)
Indo no autobús fomos vendo algunha que outra plantación de caña de azúcre aínda coa planta pequena. A industria azucreira que tan importante foi en Cuba nos pasados séculos está actualmente en declive total. O azucre xugou un papel fundamental na economía da illa dende que os colonos españois a introduxeron no S. XVI.
Cuba foi un dos países que máis azucre exportaba a todo o mundo pero o colapso da Unión Soviética, a disminución dos precios do azucre nos anos 90 e as sancións económicas de Estados Unidos durante décadas foron contribuindo ao precario estado da industria azucreira. Factores como a tecnoloxía obsoleta e a escasez de herbicidas, repostos, camións e diésel, empeoraron a situación.
En 2023, por primeira vez, Cuba non logrou exportar máis azúcar do que consumía, tendo que recurrir á importación para cubrir a demanda nacional.
Este declive deu como resultado pérdidas de emprego e afectou a comunidades enteiras que dependían do cultivo e procesamento de caña, polo que viron aumentar a pobreza e o abandono.
Na súa época dourada, Cuba chegou a exportar 8 millóns de toneladas en 1989. Hoxe, enfrenta a necesidade de importar máis do que produce, algo inédito para a illa. La situación impacta directamente nunha das xoias exportadoras da illa: o ron cubano.
Para ser considerado auténtico, o ron debe elaborarse con alcohol derivado de cana de azucre cubana, algo cada vez máis difícil de garantir.
![]() |
Plantación de azucre |
Son moitas as lendas que existen acerca da construcción da Torre Manaca-Iznaga entre os anos 1815-1830. Esta torre campanario de 45 m de altura permitía a continua vixiancia nas plantacións de azucre, evitando a posibilidade de fuxida dos escravos. As campás situadas na parte alta da torre marcaban o inicio e final do horario de traballo. Ademáis, servían para dar aviso en caso de incendio nos terreos de arredor.
A escaleira interior permite aos visitantes subir sete niveis ata chegar ao alto da torre dende onde poder divisar a finca onde se ubicaban a fábrica de azucre, a mansión e os cobertizos dos escravos.
![]() |
Ruinas da Igrexa de Santa Ana |
![]() |
Praza de Santa Ana |
![]() |
Unha rúa en Trinidad |
![]() |
Flamboyáns |
![]() |
Unha escola en Trinidad |
![]() |
Igrexa da Santísima Trinidad |
![]() |
Museo romántico ou Palacio Brunet na Praza Maior de Trinidad. |
![]() |
Praza Maior de trinidad |
![]() |
Traballo artesanal en Trinidad |

Teatro Caridad en Trinidad.
![]() |
Parque Céspedes e a súa pérgola |
![]() |
O equivalente ao noso concello |
![]() |
Igrexa de S. Francisco de Paula |
En Trinidad tomamos contacto co Mar Caribe por vez 1ª nesta viaxe. O noso hotel estaba ao pé da praia María Aguilar, na península de Ancón.
A zona é un paraíso e moita xente démonos un bo chapuzón nas piscinas do hotel e no mar, aínda que aquí a auga estaba case demasiado quente, polo menos para mín.
Granma é o nome dun xornal cubano fundado en 1965 e é o Órgano Oficial do Comité Central do Partido Comunista de Cuba. Debe o seu nome a que era así como se chamaba o iate que trouxo a Fidel Castro dende México a Cuba xunto a outros 82 expedicionarios en 1956 dando inicio a unha guerra civil de 2 anos que culminou co trunfo da Revolución cubana no 1959.
Non lembro en que lugar vimos esta imaxe. En Cuba só veremos anuncios publicitarios referidos ao réxime e á política
CIENFUEGOS
É unha cidade capital da provincia do mesmo nome
Debe a súa orixe ao interese das autoridades coloniais españolas por desenvolver novas cidades na illa. Foi fundada no 1819 por colonos franceses e españois nunha excepcional baía. As rúas foron trazadas formando cuadrículas. A arquitectura ecléctica da cidade conserva abundante decoración neoclásica, xunto a antigos e modernos rañaceos e fermosos paseos e parques . En 2005 o centro histórico urbano foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO.
Dende o bus, entrando na cidade, vimos un mecado.
O Paseo do Prado é unha rúa moi longa flanqueada por interesantes edificios neoclásicos. A estatua que se ve é do músico Benny Moré.
![]() |
Paseo do Prado |
O Parque José Martí está declarado Monumento Nacional. Foi neste lugar onde se erixeu o levantamento popular en contra de Batista no 1957.
![]() |
Parque José Martí |
![]() |
Catedral da Purísima Concepción |
O Palacio do Goberno é unha copia do Capitolio da Habana, aínda que non é tan impresionante.
![]() |
Palacio do Goberno en Cienfuegos |
O Arco de Triunfo é un símbolo da liberdade e independencia de Cuba. Esta é unha obra arquitectónica única no país. Foi levantado por obreiros de xeito voluntario polo que tamén é coñecido por Arco dos Obreiros. Foi inaugurado en 1902 e o arquitecto foi Antonio Ferrer. Arco do Triunfo ou dos Obreiros
Estatua en mármore de José Martí considerado o Pai da Patria cubana xa que foi o precursor e ideólogo da guerra que conduciría á independencia de Cuba respecto a España.
![]() |
Estatua de José Martí (foto de Jaime Cancio) |
![]() |
Museo das Artes ou Palacio ferrer |
![]() |
Teatro Tomás Therry |
![]() |
Interior do Teatro Tomás Therry |
![]() |
Interior do Teatro Tomás Therry |
![]() |
Interior do Teatro Tomás Therry |
Pegado ao edificio anterior do teatro, temos o Colexio S. Lorenzo.
Ao morrer o rico Nicolás Salvador Acea en 1904, deixou parte da súa herencia para a creación de dúas escolas dedicadas a nenos pobres: unha de artes e oficios para varóns e outra do fogar para femias..
A mediados da década do 20 comenzou a construirse o edificio frente ao Parque Martí.
![]() |
Colexio S. Lourenzo |
![]() |
Club Cienfuegos |
Despois estivemos no Parque Leonicio Vidal ubicado no casco histórico.
![]() |
Parque Vidal en Santa Clara |
Este fermoso edificio alberga o Palacio Provincial e a Biblioteca José Martí. É do S. XX

Hai tamén unha escultura en bronce da benefactora da cidade, Marta de Los Ángeles Abreu.
![]() |
Catedral de Santa Clara |
Páxinas web consultadas:
https://es.wikipedia.org/wiki/Bicitaxi