As primeiras frases que ecribo son para puntualizar algo porque varias persoas me preguntaron por como era esto dos blogs:
. Este é un blog (un servizo que dá google a todo o mundo gratuitamente) e que permite publicar en liña. Tamén se pode facer mediante WordPress.
. Calquera persoa pode crear un blog sobre calquera tema tendo uns coñecementos de informática.
. Cadaquén pode ter motivacións diversas para crear un blog. As miñas son volver a vivir as viaxes e rutas de sendeirismo que fago e poder revivilas cando queira e non perder os coñecementos de informática adquiridos na miña vida profesional.
. Aínda que este blog é público e calquera o pode ver en Internet, os contidos que ten son única e exclusivamente elaborados por mín e eu son a única responsable do que aquí se pode ler e ver.
. Este blog empezou sendo unicamente sobre rutas de sendeirismo, pero hai xa un tempo que decidín tamén incluir nel as viaxes todas que vou facendo. Pódese ver o blog ao completo pinchando no ENLACE
Do 24 ao 2 de xullo, realizamos unha viaxe a Cuba da man da Asociación "Amigos das Viaxes" que preside Xaime Cancio. Indo con el, a viaxe sempre é máis fácil. Pouco máis que de preparar a maleta te tes que ocupar, xa que el está pendente de todo e de todos. Canta paciencia é necesaria!!
Para mín foi unha viaxe ben fermosa e enriquecedora a varios niveis.
NOTA: Tódalas fotos empregadas son feitas por min e hai algunha das que Jaime Cancio mandou ao grupo (estas levan sempre o nome do autor)
SANTIAGO DE CUBA.-
É a 2ª cidade máis importante de Cuba e foi capital do país durante os primeiros anos da colonización española. Fundada por Diego Velázquez en 1515, é coñecida como "Ciudad Héroe de Cuba" e como a capital do Caribe.
Durante séculos, esta cidade presenciou as diferentes loitas pola Independencia do país, así como a Revolución que protagonizou os tempos revoltos da segunda metade do S. XX.
PRAZA DA REVOLUCIÓN
- Praza máis grande da cidade.
- Aquí realízanse actos culturais, relixiosos e políticos multitudinarios.
- Foi fundada en 1991 e é un dos símbolos de Santiago de Cuba.
 |
Praza Antonio Maceo ou Praza da Revolución en Santiago de Cuba. |
 |
Praza Antonio Maceo ou Praza da Revolución en Santiago de Cuba. |
No barrio de Vista Alegre (barrio que xurde na metade do S. XX como residencia de personas de clase política e social alta) atopamos este Palacio Provincial de Pioneiros Foi unha antiga vivenda que no seu tempo foi a máis grande da cidade. Hoxe está reconvertida en Centro Social donde nenos e nenas de Primaria e Secundaria reciben formación vocacional.
 |
Palacio Provincial de Pioneiros |
Visitamos o Cemiterio de Santa Ifigenia considerado Monumento Nacional. Aquí están soterrados Fidel Castro e José Martí e contén tamén os restos de 32 xenerais da Guerra de Independencia e un gran nº dos que asaltaron o Cuartel Moncada (antigo cuartel militar en Santiago de Cuba que adquireu relevancia histórica cando foi asaltado en 1953 por guerrilleiros opostos á dictadura de Fulgencio Batista, empezando así unha loita que remataría co trunfo en 1959 da Revolución Cubana)
 |
Cemiterio de Santa Ifigenia |
Unha vista da entrada ao cemiterio co mausoleo de José Martí de frente.

Na foto seguinte, o mausoleo de J. Martí e a tumba de Fidel Castro.
Tumba de José Martí considerado o Pai da Patria en Cuba. Martí foi un poeta, xornalista, filósofo, diplomático e político cubano. Coñecido como o "Apóstol" foi o principal precursor e ideólogo da "Guerra Necesaria", a guerra que conduciría a independencia de Cuba. Hoxe é recordado como o heroe nacional.
 |
Tumba de José Martí |
Unha guardia de honor permanente custodia o mausoleo de Martí dende 2002.
 |
Un cambio de garda no cemiterio de Santa Ifigenia |
Fomos xantar este día ao restaurante El Morro, situado nun lugar privilexiado, ao pé do Castelo de la Roca ou del Morro, Patrimonio Mundial dende 1998.
O forte foi construido no S. XVII co obxectivo de protexer a cidade de Santiago dun ataque naval.
Esta fortaleza é considerada a maior construcción militar española no Novo Mundo.

Castelo de S. Pedro de la Roca
Vistas ao mar Caribe dende o restaurante onde xantamos. A árbore que vemos é un Flamboyán, unha árbore con flores espectaculares que en Cuba medra por todas partes. Dase moi ben neste país porque non soporta o frío e quere moito sol.
A Catedral de Santiago de Cuba é o templo católico máis grande de Cuba. Orixinalmente a súa fachada miraba ao leste, cara á baía, pero foi destruida completamente en máis dunha ocasión por ataques de piratas e terremotos. Foi a Catedral de toda Cuba hasta 1787, cuando se divide o país en dúas dióceses.
 |
Catedral de Santiago de Cuba |
A actual catedral que vemos data do S. XIX (foi a 4ª en levantarse neste lugar)
 |
Catedral de Santiago de Cuba |
Unha imaxe do interior da catedral. (Foto de Jaime Cancio)
Interior da catedral de Santiago de Cuba
En cada restaurante onde comemos e na recepción dos hoteis había música en vivo Normalmente o que tocaban e cantaban era salsa, temas tradicionais cubanos e música de tódolos tempos.
O Parque Céspedes, onde se atopa a catedral, é o corazón histórico de Santiago de Cuba e outro dos símbolos da cidade.Tamén atopamos aquí o Ayuntamiento de Santiago onde antigamente estaba ubicado a sede do goberno da cidade. Actualmente é un Museo. Foi fundado no S. XVI por Diego Velázquez de Cuellar e o 1º alcalde foi Hernán Cortés que parteu deste lugar á conquista de México.
O actual edificio que vemos non ten nada que ver co anterior. Este foi inaugurado no 1954 e é famoso porque dende o seu balcón Fidel Castro proclamaou o triunfo da Revolución cubana o 1 de xaneiro de 1959. Ao longo dos anos foron frecuentes os discursos de Fidel dende este lugar.
 |
Antigo Ayuntamiento en Santiago de Cuba |
Tamén no Parque Céspedes atopamos a casa de Diego Velázquez que foi un conquistador español, 1º gbernador de Cuba e creador das 7 primeiras cidades cubanas.
 |
Casa de Diego Velázquez |
O fermoso hotel Casa Granda ao no Parque Cépedes. (Foto de Xaime Cancio)
 |
Hotel Casa Granda |
O Club S. Carlos tivo varias funcións alo longo dos anos. Durante un século (1859-1959) foi o centro social máis distinguido da burguesía da cidade. Actualmente é un Museo de Belas Artes na segunda planta e na 1ª unha Galería .
 |
Club S. Carlos |
Poidemos subir á cafetería do Hotel Casa Granda dende onde tivemos unhas excelentes vistas do Parque Céspedes e do mar:
 |
Parque Céspedes |
Camiñando polas rúas de Santiago atopamos outros edificios que merecen unha foto:
O Hotel Imperial é unha boa representación do estilo ecléctico (combinación de elementos de diferentes épocas e estilos e decoración elaborada) do que nos falou o guía en varias ocasións por ser un estilo moi abundante neste país.
 |
Hotel Imperial en Santiago de Cuba |
Unha fermosa fachada:
O Museo Municipal Emilio Bacardí con impoñente fachada en estilo griego amosa no interior unha variada e rara colección de obxectos recopilados durante as viaxes deste escritor pòlo mundo. Emilio Bacardí era fillo de Facundo Bacardí, o creador do ron. |
Museo Municipal Emilio Bacardí |
O Palacio do Gobierno Provincial foi inaugurado en 1926, é de estilo ecléctico. Foi o centro do goberno da provincia dende os seus inicios.
 |
Palacio do Goberno Provincial |
A Casa da Trova é o lugar de reunión dos amantes da música cubana en Santiago cada sábado pola noite. |
Casa da Trova (Foto de Jaime Cancio) |
A igrexa de Nuestra Señora de los Dolores está ubicada na praza do mesmo nome, moi cerca do Parque Céspedes onde acabamos de estar e foi inaugurado a principios do S. XVII.
A igrexa é do S. XVIII. No ano 1970 esta igrexa sufreu un incendio e quedou totalmente destruida e abandonada durante 10 anos. As ruinas foron donadas ao concello e foi totalmente reconstruida. Actualmente, é unha sala de concertos e sede da Sinfónica Oriente.
 |
Antiga igrexa das Dores, actualmente Sala de Concertos. |
Fermosas casas na Praza Dolores:
 |
Praza Dolores |
Houbo un momento durante o paseo polo centro de Santiago que nos deixaron un pouco de tempo libre que nós aprovitamos para visitar outro lugar emblemático desta cidade: a ascalinata do Padre Pico. Estas escaleiras foron construidas a finais do S. XIX polo alcalde Emilio Bacardí (irmán do creador do ron) Con 54 chanzos dan acceso a un dos barrios máis populares da cidade: o barrio de Tívoli.
Subindo estas escaleiras poidemos contemplar escenas cotiás da vida cubana nas casiñas de cores que hai na subida.
Escalinata do Padre Pico.A escaleira anterior lévanos ao barrio de Tívoli que se atopa nun alto dende o que se pode ver o mar e a Serra Maestra. Este barrio foi creado no S. XVII por españois pobres e criollos e habitado tamén por inmigrantes franceses. Este barrio veu nacer a importantes músicos cubanos e o seu carnaval é dos máis importantes da zona.
 |
Praciña no barrio de Tívoli |
Na casiña dos marcos de porta e ventás verdes pasou Fidel Castro algúns anos da súa infancia. Actualmente exhíbese aí unha pequena colección fotográfica sobre as diferentes etapas de estudiante de Fidel.
 |
Casa onde Fidel Castro viveu uns anos na súa infancia |
Páxinas web consultadas:
https://www.visitarcuba.org/palacio-pioneros-santiago-de-cuba
httphttps://articulos.infojardin.com/boletin/1-fichas-arboles/flamboyan.htms://es.
wikipedia.org/wiki/Cementerio_de_Santa_Ifigenia
https://gl.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Mart%C3%AD
https://es.wikipedia.org/wiki/Ayuntamiento_de_Santiago_de_Cubahttps://es.wikipedia.org/wiki/Diego_Vel%C3%A1zquez_de_Cu%C3%A9llar
https://www.visitarcuba.org/palacio-govierno-provincial-santiago-de-cubahttps://www.visitarcuba.org/museo-municipal-emilio-bacardi-moreau-santiago-de-cubahttps://www.visitarcuba.org/iglesia-nuestra-senora-dolores-santiago-de-cuba
https://sierramaestra.cu/index.php/santiago/especiales/item/3340-la-casita-de-fidel
Ningún comentario:
Publicar un comentario