Aínda que este blog foi pensado inicialmente para plasmar rutas de sendeirismo, tamén vou dar cabida nel a tódalas viaxes que realizo, xa que ademais de servirme a mín para recordalas, pode valer para outros/as lectores que teñan en mente realizalas.
Vou empezar pola última viaxe que realicei e que foi a Madeira. Unha viaxe moi fermosa, realizada en grupo, moi ben organizada e na que visitamos practicamente o máis importante da illa.
Hai que recoñecer a gran labor de organización e preparación da viaxe que fixo Xaime Cancio facilitándonos tódolos trámites necesarios e procurando en todo momento que desfrutaramos da mesma.
Madeira é un arquipélago sitúado no Océano Atlántico e pertencente a Portugal. Consta de dúas illas habitadas, Madeira e Porto Santo tres illas non habitadas, chamadas Illas Desertas que xunto coas Illas Salvaxes forman a Rexión Autónoma de Madeira. Todo o arquipélago é de orixe volcánico.
A principal actividade de Madeira é o turismo e recibe moitos visitantes ao logo de todo o ano pola suavidade do clima.
Madeira é a maior das illas cunha superficie de 741km cadrados, ten 57km. de longo e 22km. de ancho. A súa capital é Funchal.
Esta é a situación de Madeira no Océano Atlántico. Está rodeada en vermello:
A nosa estancia na illa foi de 7 días, do 5 ao 12 de setembro do 2021.
Saimos pola mañá do aeroporto de Santiago e chegamos a Funchal para o xantar. Estivemos aloxados no hotel Alto Lido de catro estrelas situado fóra do centro, na zona máis turística chamada Lido. O hotel é magnífico, habitacións moi grandes e camas moi confortables, excelente limpeza e servizos como xinnasio, piscina, un autobús gratis para ir ao centro...etc. A comida é de bufet con moita variedade onde elexir e tódalas noites eran amenizadas na zona da cafetería por un dúo ou grupo musical.
Por riba a mín tocoume unha habitación de apart hotel cunha pequena e cómoda cociña, unha inmensa habitación e unha terraza tamén moi grade. Fabulosoooo!!!
![]() |
Detalle da habitación coa cociña ao fondo |
![]() |
A miña habitación daba á piscina exterior |
![]() |
Aspecto da entrada do hotel. |
Para voltar ao hotel, recolleunos o bus.