Esta é a 7ª ruta que imos facer no concello de A Pontenova, que aposta sempre por coidar e promocionar os seus recursos naturais e etnográficos, entre eles as rutas de sendeirismo que son todas preciosas, en entornos con ríos, fervenzas, aldeas tradicionais, fragas autóctonas...
A ruta das Minas que imos realizar é a que me faltaba. Esta ruta ten dúas versións, unha a máis antiga, que era a que eu levaba prevista nun track e de menos esixencia física. Pero ao iniciar a ruta, atopamos un carreiro á dereita que nos poñía "Ruta das Minas" e aló fomos!
Esta nova versión que hai agora da ruta foi inaugurada en 2024 e supón 1,5 km. de subida cun importante desnivel e logo a baixada ata a Mina Consuelo moi técnica e tamén con moito desnivel de 1km. aprox. Este trazado inclúe unha Vía Ferrata (itinerario deportivo tanto vertical como horizontal equipado con clavixas, grapas...que permite percorrer paredes rochosas con seguridade grazas a un cable de aceiro ao que a pesoa vai ancorado) e dentro da Vía Ferrata hai unha Ponte Tibetana (varios cables de aceiro, un inferior polo que se avanza camiñando e outros superiores que se agarran coas mans e con arneses)
(Por suposto, nós nos utilizamos a Vía Ferrata nin a Ponte tibetana) pero si fomos por este novo trazado que a verdade supón un bo esforzo físico. Deixar claro, que tamén segue existindo a versión antiga con bastante menos esixencia física.
Características da ruta:
Lonxitude: 11, 2 km.
Dificultade: Media-Alta (pola subida ata as Penas do Castelo e logo a baixada á Mina Consuelo)
Ruta circular sinalizada, aínda que nós variamos algo o trazado oficial O meu track en Wikiloc:
Descripción:
Iniciamos a camiñata na Praza dos Fornos que hoxe estaba moi animada porque había feira e celébrase aí.
A Praza dos Fornos chámase así porque alberga uns antigos fornos de calcinación do ferro, que son o símbolo da Pontenova, ademais nesta praza hai un recén creado Parque Infantil, a Escola de Música, a Oficina de Turismo na antiga estación de tren, o Museo de Pesca, a Casa da Cultura...
Mirando cara á vila, vemos a ponte metálica blanca que cuza sobre o Eo.
| A Pontenova |
Os Fornos de Vilaoudriz son monumentos da arqueoloxía industrial de principios do S. XX. Son 5 fornos de 11 m. de altura e 4 de diámetro construidos con ladrillos da fábrica de Sargadelos.
| Fornos de Vilaoudriz |
Antigas vagonetas para transportar o mineral son agora reutilizadas coo xardineiras.
O mineral extraído en galerías e a ceo aberto, chegaba nos vagóns aos fornos onde se procesaba para conseguir ferro de boa calidade. Primeiro basculábase en capas alternantes o mineral e o carbón para a combustión e procedíase á calcinación. Así elimínanse os residuos fosfóricos do ferro, coñecidos como escorias, aproveitadas como fertilizantes.
| Fornos de calcinación |
Para o seu transporte ata o porto de Ribadeo, dende onde iría en cargueiros a distintos puntos de Europa, en 1902 constrúese un ferrocarril. Nos seus 34 km. de percorrido tiña 13 túneles, 4 pontes metálicos e un de cementación, ademáis dun cargadeiro metálico sobre a ría. Dende 1905 tamén levaba pasaxeiros en dous vagóns distribuidos en tres clases.
O abandono definitivo desta actividade que se desenrolou durante máis de seis décadas tivo lugar en 1964.
| Fornos de calcinación |
Empezamos a subir polo camiño, iniciando a ruta.
Vemos a Oficina de Turismo no edificio que foi a antiga estación de tren de Vilaoudriz e ao pé, a Casa da Cultura.
Empezamos unha subida en zig zag no medio dunha fermosa vexetación.
![]() |
| As Penas do Castelo |
| Mina Consuelo |
Mina Consuelo
Pódese acceder a ela mediante reserva e co guía. Na visita só se pode baixar ata o nivel 1 da mina.
| Mina Consuelo |
Saimos por estes escalóns e, se o precisamos, temos unha corda para agarrarnos.
A humidade é grande e os felgos atopan o lugar idóneo para medrar.
Tirolina
De momento esta é a tirolina máis grande de Galicia.
| Tirolina |
O noso percorrido vai agora por un camiño tradicional e vemos unha árbore de follas grandes que chama a nosa atención porque non a coñecemos. É unha Paulonia tomentosa ou árbore da Emperatriz; é de orixe chinés e pode acadar os 20m. de altura. En Europa, foi introducida a través de Francia no S. XIX.
É unha árbore que consume moita auga e ten un alto potencial invasor porque despraza especies nativas e nalgunhas zonas de España está prohibida a súa plantación
| Paulonia Tomentosa |
A capela de S. Lourenzo en Pacios está restaurada.
| Capela de S. Lourenzo (Pacios) |
Aquí decidimos cambiar o trazado oficial da ruta que pasa polo medio da aldea de Pacios e acurtar un pouco o percorrido, xa que se nos facía tarde para chegar a comer. En lugar de pasar pola anterior aldea, fomos por un camiño paralelo que vai por unha zona máis baixa.
| Pacios |
Xa vemos o Conforto, parroquia da Pontenova. Nuns metros xa nos atopamos co camiño marcado na ruta oficial.
Atravesamos o río Turía que nace en Taramundi e desemboca no río Eo, na Pontenova.
| Río Turía |
O Conforto ten un rico patrimonio histórico e un fermoso entorno natural.
Vistas subindo á igrexa parroquial.
Hórreo que chama a atención.
Fermosas vivendas restauradas:
A igrexa querían facela nun lugar diferente ó actual. Sen embargo, todo canto construían ó día era destruido á noite. E así, dun xeito sucesivo, ata que os fregueses decidiron quedar en vela, por quendas, para averiguaren quen levaba a cabo tal tropelía. Mais malia esta vixilancia non viron aninguén, polo que consideraron que se trataba dun milagre.
Por tal motivo, decidiron edificar a igrexa onde estaba o antigo recinto sacro, que daquela era un lugar cheo de silvas e toxos. Entón, puxéronse a rozar e limpar o lugar ata que apareceu unha santa cun brazo roto, e unha fonte ó seu carón. Isto deu lugar a que os fieis da parroquia decidisen construir a igrexa nese lugar. E foi aí, onde sucedeu un suceso prodixioso consistente en que a obra que facían durante o día, aumentaba á noite, sen que intervise ninguen, e foi así, tódolos días ata que rematou a construcción. Logo construíron unha fonte nese mesmo lugar e puxéronlle unha nova imaxe, mentres que a que encontraran na silveira levárona para o interior do templo.
| Igrexa de Santa Mª do Conforto |
Ao redor da igrexa hai construccións en estado de abandono que supoñemos que pertencerían á Casa Rectoral.
Vistas do Conforto dende a igrexa.
| O Conforto |
| Interior do Santuario |
| Fonte |
| S. Mamede |
| S. Mamede |
| S. Mamede |
| S. Mamede |
| Capela de Nosa Señora da O (S. Mamede) |
Gato de raza Esfinxe en S. Mamede
Agora xa apretaba o calor.
| Amoradeiras bravas con careixóns ou amorodos. |
Xa estamos no cruce coa estrada que une A Pontenova con Taramundi.
Cruzamos o río Turía outra vez. Aquí vai fermoso. Un pouco máis adiante vai desembocar ao Eo.
| Río Turía |
Xa na vila, camiñamos pola beirarrua moi cerca do río e pódese ir polo paseo que se ve á dereita pero ollo! Non ten saída.
A ponte de madeira peonil que veos en moitas fotos de A Pontenova.
O río Eo discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Nace en Fonteo (Baleira) e desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo.
| Río Eo |
Vemos a Casa da Cultura e a Oficina de Turismo, no edificio que antes foi a estación do tren mineiro que ía dende A Pontenova ata Ribadeo. Na planta superior hai un Museo da Pesca.
A escultura dun pescador que vemos na imaxe seguinte foi realizada cunha motoserra polo escultor Eugenio Linares. Na Pontenova celébrase tódolos anos unha aclamada Festa da Troita xa que no Eo péscanse salmóns e troitas. Esta Festa da Troita está declarada de Interese Turístico de Galicia e combina un concurso de pesca deportiva no Eo con degustacións deste peixe, exhibicións e actuacións musicais.
| Escultura dedicada ao pescador |
https://www.paxinasgalegas.es/fiestas/mina-consuelo-a-pontenova-22776.html
https://gl.wikipedia.org/wiki/Conforto,_A_Pontenovahttps://aelg.gal/resources/centrodoc/members/paratexts/pdfs/autor389/PT_paratext9100.pdf
https://www.farodevigo.es/sociedad/2012/04/04/santuario-milagros-17670478.html


Ningún comentario:
Publicar un comentario