Cando coñecín Candaoso, entereime que de alí mesmo partía un camiño que leva a unha fermosa fraga. Está anunciada como unha ruta lineal pero nós fixémola circular.
Características:
Lonxitude: 6,3 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC
Descripción:
A ruta empeza e remata en Candaoso onde se celébra tódolos veráns unha Rapa das Bestas considerada Festa de Interese en Galicia.
Hai que dicir que a outra ruta que fixemos empezando e rematando neste mesmo lugar, gustoume moito máis ca esta. No ENLACE, pódese ver.
| Candaoso |
| Fraga das Saímas |
Un camiño en perfecto estado atravesa esta fraga.
| Fraga das Saímas |
A outra vez que estivemos por esta zona víramos moitos cabalos. Díxonos un veciño que os cambiaran de sitio e hoxe vimos vacas.
| Fraga das Saímas |
Nesta fraga poidemos ver carballos, bidueiros, abelairas, acivros, pereiras bravas...
| Fraga das Saímas |
Esta exuberante fraga atópase no monte Lerín.
| Fraga das Saímas |
O percorrido pola fraga dura 2 km. e ao remate, chegamos á aldea de Castiñeiras na que tan só vive unha persoa.
| Castiñeiras |
Vistas á aldea chamada Os Ramos que está totalmente deshabitada.
| Os Ramos |
| Piñeiro |
Casas de pedra, actualmente baleiras.
| Piñeiro |
Abandonamos Piñeiro deixando a Adolfo na máis completa soidade.
| Piñeiro |
| Camiño pechado |
A min esta zona de Candaoso, cos Montes de Buio ao fondo, paréceme preciosa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario