Seguindo coa viaxe a Azores, o xoves voamos dende Ponta Delgada a Angra do Heroismo, capital da illa Terceira onde estaremos ata o noso regreso.
A illa Terceira fai honor a que foi a 3ª en ser descuberta despois de Santa Mª e S. Miguel. Ten 18 km. de ancho por 29 de longo e un perímetro de 90 km. Foi descuberta no S. XV ao igual que o resto de illas que conforman o arquipélago.
Jácome de Bruges, un cabaleiro de Flandes (actual Bélxica e parte de Países Baixos e Francia) traballou como asesor de Enrique o Navegante e uns 2.000 flamencos asentáronse na illa de Terceira no S. XV. O seu legado, a modo de herencia flamenca, permanece con muíños de vento e os rasgos físicos como o pelo rubio e ollos azuis aínda persistentes hoxe na illa de Terceira, tamén chaamada a "illa dos flamencos"
A finais do S. XVI, a illa foi tomada polos españois e ata 1640, Terceira, baixo dominio español, servía como punto de parada para os galeóns que volvían de América cargados de ouro.
O 27 de marzo de 1641, durante a guerra de Restauración portuguesa, o Forte de Sâo Sebastiâo é ocupado polos partidarios dos Bragança, casa que reinaba en Portugal.
A illa desempeñou un papel importante na súa base americana nos diversos conflictos nos que EE. UU. estivo involucrado dende a II Guerra Mundial.
O 17 de marzo de 2003, os líderes de Estados Unidos, George W. Bush, Tony Blair de Reino Unido e X. Mª Aznar de España, asistiron aquí a una cumbre crucial sobre a crisis de Irak.
A capital da illa é Angra do Heroísmo, onde nos imos aloxar.
O casco antigo desta cidade é Patrimonio da Humanidade.
Xoves, día 13
O CONCELLO.-
Este espléndido edificio data do S. XIX e foi construido no mesmo lugar onde xa houbera outros, o anterior a este, do S. XVII.
|
Vista do edificio dende a miña habitación do hotel |
O interior está luxosamnte decorado. |
Concello de Angra do Heroísmo |
Mobles, lámpadas, cortinaxes....todo luxo neste concello |
Unha sala do concello |
Miguel, o guía que tivemos en Terceira, móstranos a 1ª bandeira de Açores da monarquía constitucional bordada pola raíña María II en agradecemento á illa de Terceira polo seu apoio durante a guerra civil.
|
1ª bandeira constitucional de Açores |
XARDÍN DO DUQUE DA TERCEIRA.-
NOTA: co noso guía visitamos só unha parte do xardín (a inferior) pero eu percorrino todo o día que nos víñamos, xa que tivemos bastante tempo libre e queda ao pé do noso hotel.
Este xardín botánico foi creado a finais S. XIX por iniciativa do Gobernador Civil Afonso de Castro
Actualmente o xardín alberga unha gran variedade de especies botánicas, entre as que destacan cafetos (Coffea), eucaliptos, araucarias, dragos, perseas americanas con aguacates, tilos, e loureiros, dispostos ao longo dun agradable paseo que conduce ao Alto da Memoria, un espectacular mirador sobre a cidade onde se atopa un monumento con forma de obelisco, que foi construido entre 1845 y 1856 en honor a D. Pedro IV.
O noso hotel está situado mesmo ao pé deste fermoso xardín. É o que se ve na esquerda da foto.
|
Xardín do duque da Terceira e o noso hotel á esquerda |
Este xardín está considerado como un dos máis importantes das Açores pola enorme cantidade de plantas e árbores procedentes de todo o mundo.
|
Xardín do Duque da Terceira |
Outra especie que pertence a outra parte do mundo...O Obelisco da memoria que visitaremos máis tarde visto dende o xardín.
|
Obelisco da memoria |
Na foto seguinte vemos un estanque chamado Tanque do Preto. |
Tanque do Preto (Xardín do Duque da Terceira) |
Vistas da cidade de Angra do Heroísmo dende a parte alta do xardín.
|
Angra do Heroísmo dende o Xardín do Duque.
|
O xardín é verdadeiramente fermoso:PAZO DOS CAPITÁNS XERAIS
(Palácio dos Capitães-Generais)
Cando os Xesuitas foron expulsados de Portugal no S. XVIII, este edificio, que era un colexio universitario, foi tranformado nunha luxosa residencia para o capitán xeral da illa. Ao longo dos anos transformouse nun museo cunha valiosa colección de mobles, pinturas, esculturas...etc
O edificio é tamén unha das residencias oficiais do Presidente do Goberno Rexional das Açores e por este motivo non está permitido sacar fotos no interior.
|
Pazo do capitáns xerais |
|
Pazo dos Capitáns Xerais |
CATEDRAL.-
A catedral católica de S. Salvador é do S.XVI e foi construida coa intención de que pasase a albergar a sede episcopal da cidade de Angra que fora instituida en 1534 polo Papa Paulo III, unha vez que a igrexa entón existente era demasaido modesta para tal fin.
A 1ª pedra foi colocada en 1570. Co trazado inicial do arquitecto Luís Gonçalves, os traballos polongáronse durante 48 anos.
|
Catedral de Angra do Heroísmo |
Un aspecto do interior da catedral: |
Interior da catedral |
TENDA DE BENITO.- É unha tenda tradicional das que poucas quedan xa. Na foto vemos botellas que deben ter moitos anos pola cantidade de po que acumulaban.
|
Tenda de Benito |
Vimos bastantes productos de venda a granel, algo que xa non se ve moito:
|
Tenda de Benito |
IGREXA DA MISERICORDIA.-É unha impoñente construcción do S. XVIII, edificada no lugar no que existía un antigo templo del S. XV dedicado ao Espíritu Santo, o primeiro hospital da ciudad atopábase anexo a este edificio.
A fachada é robusta, alta e estreita, cun arco coronado co escudo real
|
Igrexa da Misericordia |
PATIO DA ALFÂNDEGA.-Segundo nos explicou o noso guía Miguel, Alfândega en portugués significa aduana. Esta atópase moi cerca e o "patio" era o lugar onde os comerciantes no séculos XVI e XVII podían ver as súas mercadorías dende arriba abaixo no muelle.
Na segunda metade do S. XVIII o patio foi reformado por orde do Capitán Xeral recibindo unha escaleira noble e dúas portas con arcos co fin de dignificar o acceso á cidade. Diante das portas está a estatua do descubridor Vasco de Gama.
|
Patio da Alfândega |
PRAIA DE AREA NEGRA.-Coñecida como Prainha, está situada xunto ao muelle, na fabulosa baía de Angra do Heroísmo. É unha praia moi frecuentada porque ten bos accesos e infraestructuras próximas. No tempo dos descubrimentos portugueses esta praia servía de asteleiro para reparar os barcos que partían cara a América.
Na foto, a area semella máis clara do que en realidade é.
|
Prainha |
Despois de comer fomos ao:MUSEO DE HISTORIA MILITAR.-
Teño que dicir que este tipo de museos non me gustan nada (non me gustan as armas en xeral e un museo para velas, tampouco. Case me parece unha perda de tempo) pero ás veces hai que ir tamén onde non gusta e saber do pasado é bon para non caer nos mesmos erros aínda que por desgraza, en tema de guerras e armas parece que nunca aprenderemos...
Está situado este museo no que foi antigo Hospital Militar.
Pezas de artillería lixeira e pesada, armas de fogo, escudos,uniformes...
Pezas de artillería...
Máquinas de guerra do pasado...
A mín o que máis me gustou deste museo foron as frases que fun lendo en diferentes paneis: |
Non sei con que armas se loitará na III Guerra Mundial, pero sei que na IV Guerra Mundial se loitará con paus e pedras... |
|
A morte dun home é unha traxedia. A morte de millóns é unha estatística. |
|
Na paz, os fillo enterran os seus pais, na guerra, os pais enterran os seus fillos. |
MONTE BRASIL.-
Este monte son os restos dun volcán e está flanqueado por dúas baías: a de Angra e a de Fanal. Foi utilizado como punto defensivo ao longo da historia por eso ten restos de fortalezas, incluida a de S. Xoán Baptista que domina a cidade.
|
Restos que denotan o caracter defensivo deste monte no pasado. |
Dende o Pico das Cruzinhas, as vistas son excelentes!
|
Pico das Cruzinhas |
O Monte Brasil ten varios miradoiros dende onde se contemplan as mellores vistas da cidade de Angra do Heroísmo.
|
Baía de Angra do Heroísmo dende o Monte Brasil |
Venres, día 14.-
OBELISCO DA MEMORIA.-
Erixido en memoria do desembarco das tropas liberais mandadas por Pedro IV no S. XIX. Domina toda a cidade.
|
Vistas da cidade dende o obelisco |
|
Obelisco da Memoria |
S. MATEUS DA CALHETA.- (Freguesía, (parroquia) de Angra do Heroísmo)Os habitantes desta vila que se senta nun cabo seguen vivindo da pesca e da gandería. S. Mateus é unha fermosa localidade, rica en patrimonio histórico, patrimonial, social e natural, noutros tempos dona de maiores riquezas. Foi destino de moitos ataques de piratas e corsarios, levantándose a partires do S. XVI diversos Fortes de Protección que hoxe a maioría se atopan en ruínas e incluso desaparecidos.
|
S. Mateus |
|
Porto de S. Mateus |
Ata a década dos 70 do S. XX, foi moi importante a pesca da balea de São Mateus da Calheta, estando instalada na zona do Negrito. Houbo unha estructura baleeira de gran importancia, así como unha fábrica de productos derivados destos cetáceos, dos que aínda quedan algunhas embarcacións gardadas e en exposición na Casa dos Botes Baleeiros no porto, que poidemos visitar. |
Exposición dos botes baleeiros |
DEGUSTACIÓNDE QUEIXO VAQUINHA.- Ao igual que en prácticamente tódalas illas, as extensións de hectáreas de pastos son moi numerosas, así como o número de gando vacuno que neles pasta o que propicia a elaboración de productos lácteos de excelente calidade. Dise que hai en Terceira máis vacas ca persoas.
|
Pastos con peche de pedra volcánica |
A súa alta producción de queixos é consecuencia directa do excedente de leite, elaborándose prácticamente en todas as illas queixos de vaca.
O queixo Vaquinha é elaborado de xeito artesanal a partires de leite pasteurizada. Poidemos desfrutar da degustación de varios tipos de queixo e moita xente despois mercamos o que máis nos gustaba.MIRADOIRO DO PICO DE RAMINHO.-
A pouca altitude temos este miradoiro construido en 1950, destruido polo terremoto de 1980 e reconstruido de novo no 1994.Se nos fixamos na foto, dende este miradoiro vemos a illa de Graciosa, unha das 9 illas que forman o arquipélago das Açores.
Despois de xantar fomos ver o:ALGAR DO CARVAO.- ( Na parte central da illa; parroquia de Porto Judeu, concello de Angra do Heroísmo)
A illa Terceira é un dos poucos lugares do mundo nos que se pode visitar o interior dun volcán. Algar do Carvão é unha cheminea volcánica formada pola presión do magma, que creou as súas paredes e bóvedas, e a lava que formou a saída ao exterior. Cando o magma se retirou, quedou este espectacular burato que hoxe en día se pode visitar.
A palabra algar, é portuguesa é denota unha cavidade natural na terra e carvao significa "carbón" en portugués. O Algar do Carvão non é unha mina de carbón, pero este termo carvão, tamén foi utilizado en portugués para algo "ennegrecido" ou "queimado", refiríndose á composición oscura das rochas.
O Algar do Carvão está asociado coa caldeira do volcán Guilherme Moniz, un dos catro que ten a illa. É Monumento Natural Rexional debido ás súas características volcánicas e ao seu ecosistema medioambiental.
|
O Algar está poblado por un tapiz de plantas, que cubre a boca da estructura do cono, incluindo varias especie endémicas. (Foto de Anxo López) |
Para acceder ao Algar do Carvão, a Asociación Os Montanheiros excavou en 1966 un túnel. Tamén se construiron escaleiras que permiten descender polo cono volcánico. |
Escaleiras de baixada e subida (Foto de Anxo López) |
Embaixo de todo hai unha piscina que se mantén con auga da chuvia e pode chegar a ter ata 15 m. de profundidade ou secarse por completo se non chove.
|
Piscina no fondo do volcán (Foto de Anxo López) |
FURNAS DO ENXOFRE.- (Parroquia de Posto Santo, concello de Angra do Heroísmo)
A tan só 1km. da visita anterior, atopamos un grupo de fumarolas que nada teñen que ver coas que vimos na illa de S. Miguel; estas son moito menos espectaculares. Hai un circuito ou ruta para visitalas podendo facelo máis ou menos longo. Algúns de nós fixemos a ruta longa, chovía bastante nese momento e a verdade é que esta visita foi algo decepcionante por ese motivo.
Debido ás altas temperaturas, medra pouca vexetación ao redor das fumarolas. Tan só o brión (musgo) aparece .
|
Furnas do enxofre (Foto de Anxo López) |
Sendeiros de terra percorren a zona, protexida por varandas de madeira.
|
Desfrutamos pouco deste percorrido. (Foto de Anxo López) |
FORTE DE SÂO SEBASTIÂO.-
Construido sobre unha pequena colina que forma a bahía de Angra, no centro histórico da cidade, foi a primeira gran fortaleza de mar. Xunto coa Fortaleza do Monte Brasil defendían o porto de Pipas. (Así se chama o porto de Angra do Heroísmo)
No ano 1983, as murallas desta fortaleza así como o Centro Histórico de Angra do Heroísmo foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
|
Entrando pola Porta de Armas
|
A fortaleza é do S. XVI e mantén dúas garitas de pedra cubertas como a que se ve na foto.
|
Fortaleza de Sâo Sebastiâo |
As vistas dende o Forte son marabillosas.
|
Forte de Sâo Sebastiâo |
O Forte foi reclasificado como unha forma de Pousadas de Portugal inaugurada no ano 2006 con estado e clasificación de "Pousada Histórica Design". Esta clasificación reflicte unha intervención promovida en conxunto que se manifesta no mantemento dos edificios históricos que incorporan modernos edificios de cores claros, con liñas modernas, en contraste coas antigas murallas que o rodean.
Persoalmente, e a pesares do luxosa que parece, a mín non me gustaría nada estar aí aloxada vendo pasar durante todo o día xente que visita o Forte. En 1º plano vemos as piscinas (nada do outro mundo por outra parte, máis ben pequenas) non me imaxino estar aí e a xente pasando. Penso que non ten nada de intimidade, non me gusta!
|
Pousada Forte |
Sábado, día 15 PRAZA DE TOUROS.-
Nas illas Azores hai gran afición aos touros e Angra do Heroísmo ten unha praza de touros
con capacidade para 5000 persoas.
|
Praza de touros de Angra do Heroísmo |
Aínda que se celebran en todo o arquipélago, en Terceira é onde hai máis afición ás “touradas à corda”, que se consideran como unha das tradicións más antigas. Algúns cren que é unha herencia deixada polos españois. Durante 60 anos (1580-1640) as Açores estuveron baixo a soberanía española. |
Monumento que hai diante da Praza de Touros |
As actividades poden ser corridas de plaza e as típicas corridas de corda, nas que o touro corre polas rúas da vila suxeito por unha longa corda que agarran un grupo de homes, coñecidos como os pastores. Nótase a afición polos touros xa que ata nunha rotonda vimos o seguinte monumento:
|
Monumento nunha rotonda. |
MIRADOIRO DA SERRETINHA (Situado na freguesía (parroquia) de Feteira, concello de Angra do Heroísmo)Dende aquí temos unha privilexiada vista do Monte Brasil e de Angra, mirando á dereita.
|
Vistas dende o Miradoiro da Serretinha |
Na parte contraria ao miradoiro, as vacas pastan nos verdes prados cercados con muros de pedra volcánica.
O Miradoiro está acondicionado incluso coa forma dun marco dunha fiestra para asomarse e posar para unha foto.
SÂO SEBASTIÂO.- (Freguesía de Angra do Heroísmo) O 1º que vemos é a Baía de Salga. Aquí tivo lugar a batalla de Salga onde foron vencidos os españois no S. XVI. A poboación e os touros xogaron un papel fundamental na defensa da illa , do arquipélago e incluso da independencia de Portugal.
El 25 de xullo de 1581, unha flota española comandada por Pedro de Valdés, intentou conquistar Terceira. A flota castelá intentou desembarcar na baía Salga e tomando por sorpresa aos locais, logrou vencer a primeira resistencia. En esta fase do combate distingueuse Brianda Pereira, lenda viva da historia da illa.
As tropas españolas comenzaron a prender lume aos campos e casas nas inmediacións, aprisionando aos homes que ian atopando. Entre os prisioneiros estaba Bartolomeu Lourenço, o marido de Brianda, que se encontraba ferido. Ésta, nun sentimento de rebeldía e defensa, incentivou á poboación de Terceira a que loitara, tomou o que tiña á man e tamén foi a combatir.
A medida que a batalla se ia endurecendo, o relixioso Agostinho Frei Pedra, que participou activamente na loita, tivo a idea de dirixir os touros cara ás posicións españolas e así destruilas. Rápidamente se reuniron máis de mil cabezas de gando que, á forza de gritos e tiros de mosquetes, se lanzaron sobre o inimigo. Centos de españois morreron nos combates ou se ahogaron na fuxida do gando salvaxe. Foi unha derrota humillante para as tropas de Felipe II de España. Brianda Pereira animou ata o final na Batalla de Salga a homes e mulleres a loitar e convirteuse na nueva heroína dos portugueses contra os españois. Na batalla participaron dous ilustres escritores españois, Miguel de Cervantes e Lope de Vega, ambos sobrevivintes.
A batalla de Salga permiteu a reanimación das tropas terceirenses e o fortalecemento da súa posición contra o rei español, Felipe II. Data deste periodo, a famosa carta de Ciprião de Figueiredo, rexidor das Açores, a Felipe II, onde afirmaba: “antes morir libres que en paz sometidos”, hoxe lema das Açores.
|
Baía de Salga |
O Imperio: Unha das cousas que máis me sorprendeu desta illa e do que non oira falar nunca, son estes pequenos templos que aparecen en moitos lugares. En S. Miguel tamén os hai pero nesta illa hai moitos máis. Estes pequenos templos están dedicados ao Espírito Santo. En Terceira acostuman a estar sobre unha pequena escaleira. Todos eles son de vistosas cores. O culto ao Espíritu Santo é unha devoción moi particular das Açores.
Frente ao Imperio anterior, está a igrexa de Sâo Sebastiâo de fachada sinxela.
MIRADOIRO DA SERRA DO CUME.- (Concello de Praia da Vitória)
No concello de Praia da Vitória temos este miradoiro dende o que se divisa unha paisaxe fermosísima. Xa indo no bus o noso guía, Miguel, nos mandou pechar os ollos para, ao abrilos despois de pasados uns segundos, poidesemos divisar unha das paisaxes máis fermosas da illa: dun lado e a unha altitude de 542m. de altitude vimos a baía e a cidade de Praia da Vitoria que despois visitamos e doutro lado a enorme planicie cos prados verdes separados polos típico peches de pedra volcánica.
|
Paisaxe que vimos ao abrir os ollos no bus |
O que vemos é a caldeira dun volcán cun diámetro duns 15 km. A erupción dese volcán ampliaría a illa en varios km. O interior desa caldeira que vemos está ocupada actualmente por longas extensións de vexetación e prados.
|
Esta paisaxe é coñecida como "Manta de retazos", é doado adiviñar a razón |
|
No miradoiro |
PRAIA DA VITORIA.-
Esta é a 2ª cidade máis importante da illa, despois de Angra do Heroísmo. A mín, persoalmente, gustoume máis!
É de destacar o seu centro histórico e o paseo marítimo.
|
Paseo marítimo e porto deportivo |
Na foto seguinte vemos o porto deportivo e alá enriba, o Miradoiro do Facho, ao que subiremos despois no autobús.
Ao redor da praza que vemos na seguinte foto localízase o centro histórico da cidade. O munumento que vemos no centro é alusivo á victoria contra os absolutistas liderada por Abraham Abohobot en 1929. Na mesma praza está o edificio do concello do S. XVII pero non puiden achegarme, xa que esta en obras a zona. |
Praça Francisco Ornelas da Câmara |
A rúa de Jesus, dende a praza anterior,é peonil e comercial, longa, ancha e fermosa.Sigo a rúa anterior e ao final, torcendo á dereita vexo a Igrexa matriz de Santa Cruz. Unha igrexa matriz, termo que se emprega sempre en Portugal, é a igrexa máis importante dun lugar.
Esta igrexa foi renovada no S. XIX e conserva moitos elementos gótico-renancentistas.
|
Igrexa matriz de Santa Cruz |
Baixando da igrexa anterior co mar de frente:
Encantoume esta rúa cos seus corredores!
Outras fotos desta cidade, que me gustou moito! Que limpa e coidada está!!
|
Paseo marítimo |
|
Paseo marítimo xunto á praia |
|
Praça Francisco Ornelas da Câmara |
MIRADOIRO DO FACHO.-
Sobre o porto deportivo de Praia da Vitória álzase este miradoiro que é un auténtico balcón sobre a cidade e sobre a paisaxe dende a Serra do Cume ata a praia.
O nome de "facho" é debido a que durante os séculos XV e XVI na súa cima encendíase un lume que servía como faro para avisar aos navegantes.
Hai un monumento dedicado ao Coraçon de Mª.
|
Monumento no Miradoiro do Facho |
O edificio tan fermoso que se ve en branco, azul e amarelo é o "Imperio" (templo dedicado ao Espíritu Santo) |
O Imperio |
Vistas sobre Praia da Vitoria dende o Miradoiro do Facho.
Despois do xantar, vimos
BASE AEREA DE LAJES.-
Lajes é unha cidade máis dentro de Praia da Vitória que alberga a maior base miliar nas Açores e o aeroporto da illa.
Lajes Field ou a Base aérea nº4 é unha base militar pertencente ao exército portugués que foi un punto estratéxico dos aliados durante a Segunda Guerra Mundial. A partires desto, é utilizada polo exército portugués, e tamén pola Forza Aérea de los EE.UU. como parte da OTAN, como un punto central no Atlántico Norte. Hai ao redor de 600 soldados estadounidenses vivindo alí...
|
Vivendas da Base Militar |
A base militar ten cerca de 10 km², con pistas de aterraxe e áreas de aparcamento. Ten aínda anexo o norte do porto da Praia da Vitória, ao que está conectada por unha estrada militar, ademáis de instalacións de telecomunicacións e de almacenamento de combustibles dispersas pola illa, estas en boa parte hoxe desactivadas. |
Edificios na Base Militar de Lajes |
VIDES.-
En Biscoitos fixemos unha pequena parada para contemplar as vides , xa que esta localidade é a capital do viño no illa. É moi interesante ver como entre estas pedra volcánicas que semellan estériles brotan as vides, un milagre que lle dá á uva de Biscoitos un carácter máis mineral. Os viticultores teñen deseñadas coas negras rochas volcánicas pequenas parcelas que coidan con moito mimo para dar como resultado un dos viños máis especiais que se elaboran en Portugal.
|
Viñas en Biscoitos |
PISCINAS NATURAIS DE BISCOITOS.-
De entrada gratuita e perfectamente habilitadas para darse un baño, aínda que no día que fomos o mar estaba especialmente embravecido.
|
Piscinas naturais de Biscoitos |
A forza do Atlántico foi penetrando na rocha volcánica formando recovecos onde bañarse se o tempo e a ondaxe non o impiden.
|
Piscinas naturais de Biscoitos |
OUTRAS FOTOS.-
|
Angra do Heroísmo dende cerca do Club Náutico |
Indo cara ao Club Náutico, subín unhas escaleiras e fun dar ao Parque Municipal do Relvâo, e o que me deu algo de pena foi que a pesares de que era sábado pola tarde e o parque está novo, ben coidado e con un grande parque infantil só había dous nenos xogando nas moitas atraccións que ten para eles. Tamén estaban baleiros de todo os múltiples aparellos de ximnasia para adultos.
|
Parque Municipal do Relvâo |
Vista da praia, porto deportivo e cidade de Angra.
|
Angra do Heroísmo |
O Forte de Sâo Sebastiâo visto por fóra.
|
Forte de Saô Sebastiâo |
Domingo, día 16 Hoxe é o día da viaxe de volta. Saimos do hotel ás 11:15h. aprox. para ir comer un xantar tipo Brunch ao restaurante do Club de Golf de Terceira. Un restaurante amplísmo cunha incríbles vistas do campo de golf e arredores.
|
Club de Golf de Terceira |
E ata aquí a nosa viaxe ás Illas Açores. Se buscas movida nocturna en forma de pubs, discotecas ou tutrismo de praia, este non é o teu lugar. Aquí hai un turismo de momento sen masificación, buscando o contacto coa natureza, coa tranquilidade e o relax.O contraste entre a exuberante natureza e a pedra oscura volcánica crean paisaxes únicas aderezadas con lagoas no que foron os cráteres dos antigos volcáns, con miradoiros de vistas inesquecibles, con augas termais, fumarolas, parques...e tamén con cidades pequenas de barrios históricos que foi un pracer percorrer...
As Açores....un lugar inesquecible ao que non me importaría volver de novo.
Deixo un fermoso vídeo (que seguro coñecedes todos e todas xa) de Anxo lópez Eiriz que fai un magnífico resumo da nosa estancia en Terceira. Escoitade a música!!
https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada
http://www.azores-islands.info/s/
https://www.turismoenportugal.org/
https://www.visitportugal.com/es
https://angradoheroismo.pt/
https://www.pressreader.com/portugal/zeus-spanish/20220301/282278144048192
https://abcblogs.abc.es/
https://www.exploreterceira.com/
https://www.nuncasinviaje.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario