xoves, 27 de outubro de 2022

RUTA DA PENA DO ENCANTO (PR-AS 253) S. TIRSO DE ABRES-ASTURIAS

Esta ruta eu só a recomendo se non tes outra mellor á man, se eres aficionado/a a coñecer novas cascadas ou se estás cerca da zona e queres camiñar poucos km.

A nós esta ruta quédanos relativamente cerca ( uns 40 minutos en coche) e a verdade é que nos tracks que mirei dicían que era moi fermosa por eso nos animamos a facela e por riba dúas veces! A 1ª vez, e aínda que seguín un track, hai un cruce bastante confuso que nos levou a ver só a cascada máis pequena. Despois xa explico...

A pesares de ser unha ruta homologada deixa moito que desexar a súa sinalización, tanto, que sen un track sería imposible realizala( el hecho de disponer de la homologación de una ruta constituye un sello de garantía y reporta una serie de beneficios que repercuten en la calidad y seguridad de los usuarios.)  Para nada estou de acordo con esto que leo no blog de "Proarte". Ao longo de tantas rutas que levo feitas e podedes comprobar neste blog, vin de todo en rutas homologadas: sinais rotas ou desaparecidas que non foron repostas, cruces mal sinalizados que levan a confusión, sendeiros impracticables...

Enfín como esta ruta na miña opinión é pouco destacable e como en cada unha que realizo sempre aprendo algo, pois busquei algo que me aportase a satisfación de non realizar a viaxe en balde e así fomos coñecer a vila de S. Tirso de Abres, pasear polas beiras do río Eo e xantar comida tradicional e caseira no Restaurante Barbeiro en Abres.

S. Tirso de Abres é o cpncello máis occidental de Asturias. É un municipio moi pequeno que aínda non chega os 500 habitantes. A súa capial é El Llano

Características da ruta:

Lonxitude: 4,75 km.

Dificultade: Fácil

Ruta circular mal sinalizada.

O meu track en Wikiloc:

A miña valoración desta ruta: 🔅🔅

Descripción:

Inicíase a ruta na capela de S. Isidro do S. XVI, onde hai tamén unha zona de descanso con mesas e bancos.

Capela de S. Isidro, comenzo da ruta

 Vistas de El Llano, capital de S. Tirso, dende o inicio da ruta.

El Llano, capital de S. Tirso.

A ruta empeza por esta estrada local.

Empezando a ruta

 
Deseguida chegamos a Vilela de Abaixo dende onde temos boas vistas das aldeas veciñas.
Vilela de Abaixo
De momento a ruta aparece ben sinalizada...Axiña nos daremos conta de que só vai ser agora ao principio.
Ruta sinalizada de momento.
 Despois de Vilela hai un cruce e, aínda que hai que fixarse para velo, si que hai un sinal que nos manda coller á esquerda.
De momento segue a ruta sinalizada
 E aquí atopamos outro cruce, agora sen sinal de ningún tipo. O track dinos que sigamos cara arriba.

                                                                  Aquí falta un sinal

Unha ruta homologada e así está o sinal que indica o camiño á cascada!

Sinal para a cascada
 Deixamos o asfalto por fin e por unha pista forestal imos cara á cascada:
Camiño á cascada


E chegamos oa cruce máis conflictivo de todos, onde sabemos que máis xente ca nós tamén errou na dirección a seguir.
Aquí hai unha estaca con dúas frechas que levan a unha total confusión e se lles fas caso tanto vindo nunha dirección como noutra (A ruta é circular e pódese empezar onde se queira) non verás a cascada principal como nos pasou a nós a 1ª vez que fixemos esta ruta.
A 1ª vez que realizamos esta ruta, pillamos á esquerda porque así entendemos os seis que íamos que nos mandaba a frecha...pois NON! Hai que seguir de frente, cara arriba.
É dicir NON pillaremos este sendeiro(eso farémolo á volta) e seguimos pola pista máis ancha que traíamos.
Este sendeiro é para despois!
Continuamos pois de frente:

Son só uns metros por este camiño. Seguimos entre eucaliptos:

E chegamos a un lugar que semella un aparcadoiro. Claro, hai coches que poden chegar perfectamente ata aquí. Á esquerda está o sendeiro que nos levará á cascada nuns poucos metros:
 
Este é o percorrido máis fermoso pero dura moi pouco:

 Estamos ao pé do Rego da Ramadela:

 E por fin chegamos á Pena do Encanto! A 1ª vez non o fixemos, así que houbo que repetir a ruta. Gústanme as cousas ben feitas!
 
Ao igual que outras cascadas, esta tamén ten a súa lenda que se pode ler no cartel:
Lenda
 
Cascada de Pena do Encanto, formada polo Rego da Ramadela. Ten unha poza embaixo.
 
A pontiña vista dende lonxe é fermosa e rústica. Das que nos gustan, pero...
Pontiña

A ponte resulta ser unha pista de patinaxe! 

 É mellor pasar polo rego onde hai unha pedra para apoiarse:
 
Atopamos outra cascada máis pequena. Esta foi a que só vimos a 1ª vez!
Cascada pequena

Neste cruce atopamos outro momento de dúbida pero o track guiounos ben. Nalgún momento debeu haber algunha indicación pero só queda un poste vertical de testemuña. Sinal non hai. (O poste gris e vermello que se ve na foto é a delimitación do monte. O sinal debeu estar no poste que vemos ao lado.)

Atravesamos a aldea de Vilela de Arriba na que hai unhas 10 casas, a maioría delas en proceso de restauración. Aquí non vive naide de maneira permanente.

 As vistas dende esta aldea son marabillosas:
 
Vista dende Vilela de Arriba:

Dende esta aldea toca baixar agora pola estrada. Estamos moi cerca do final da ruta.

Xa divisamos a Praza de S. Isidro coa súa capela onde iniciamos esta ruta.
Praza de S. Isidro e capela

Como a ruta é tan curta e non coñecemos a vila de S. Tirso, decidimos completar esta viaxe visitando a capital do concello e o entorno do río Eo que a cruza.
El Llano (Capital de S. Tirso de Abres)

EL LLANO (CAPITAL DE S. TIRSO)
Na parte máis alta da vila, atopamos a igrexa parroquial de S. Salvador do S. XVI
Igrexa de S. Salvador

Esta é praza do Concello con esta fonte. 

Na Praza do Concello podemos ver o monumento coa placa que conmemora o Premio ao "Pueblo Ejemplar de Asturias" otorgado a esta vila en 2011. 
Concello de S. Tirso e monumento conmemorativo do Premio ao Pueblo Ejemplar en 2011

A placa conmemorativa sitúase sobre o troco dun castiñeiro fósil. Foi tallado por un artesán de S. Tirso. As tallas de máscaras que vemos, representan a gran actividade cultural que se realiza neste concello.

Unha das tallas mostra a este pescador pescando un salmón, actividade tradicional deste concello.
  
Algo máis abaixo da Praza anterior temos outra: a de S. Juan cunha capela na honra deste santo. Esta capela sempre foi moi importante para o concello porque aínda que o patrono do mesmo é S. Salvador, as festas que se celebran como patronais son as de S. Xoán.

Rúa de S. Tirso, ao pé da praza de S. Juan.

Agora baixamos cara ao río pasando pola fonte da Regada:
 Tamén pasamos por diante do edificio que alberga o Centro de Interpretación da Pesca no Eo. Este fermoso edificio foi no pasado un centro escolar indiano construido en 1917 polos emigrantes de S. Tirso en Cuba.

PASEO FLUVIAL.-
No Paseo fluvial hai unha área recreativa, O Piñeiro de gran superficie e onde podemos empezar ou rematar este percorrido. Está dotada de bancos, mesas, papeleiras, farolas...á beira do Eo e baixo a sombra de árbores autóctonas.
Área recreativa O Piñeiro

Tamén hai unha fonte ao pé da área recreativa, a Fonte do Piñeiro que parecía un tanto decoidada.
Fonte do Piñeiro

Unha ponte cruza o río para acceder á piscina municipal.
Ponte sobre o Eo

Tivemos ocasión de contemplar unha garza ao pé do río. Que fermosa!!
Unha garza no río

Aquí empeza ou remata unha parte do paseo fluvial, para mín a máis fermosa.

Freixos e moitas outras árbores autóctonas forman parte deste paseo no que tamén poidemos ver aparatos de xinnasia para adultos.

Temos que cruzar a ponte sobre a estrada para acceder á outra parte do paseo fluvial, que terá aprox. 1,5 km. e non me parece tan fermosa como a outra pero que vai máis pegada ao río.

E ata aquí o noso percorrido por este concello que eu non coñecía e do que forma tamén parte a coñecida como Ruta do Ferrocarril que fixen hai xa ben anos e teño en mene repetir no vindeiro ano 2023

Ningún comentario:

Publicar un comentario