Parada de Sil é un pequeno concello de Ourense que ten ao redor de 600 habitantes e que forma parte da Ribeira Sacra.
Os ríos Miño e Sil forman a Ribeira Sacra con paisaxes impoñentes como os Cañóns do Sil que son navegables, cunha das maiores concentración de mosteiros e igrexas medievais, con vides iniciadas polos monxes dos mosteiros creando unha cultura do viño que actualmente está máis viva ca nunca coa Denominación de Orixe Ribeira Sacra, nunhas viñas con ladeiras tan inclinadas que requiren gran esforzo no seu cultivo.
Pois hoxe fomos a estas terras. Na Ribeira Sacra xa temos feitas varias rutas, todas elas espectaculares. A de hoxe non o é menos.
Características:
Lonxitude: 7km.
Dificultade: media, sobre todo pola última baixada de gran desnivel por carreiros naturais.
Ruta sinalizadad de maneira regular que fai necesario o uso dun track . Eu deixo o meu en WIKILOC
A miña valoración desta ruta: 🔆🔆🔆🔆🔆
Descripción:
O comenzo oficial da ruta é onde está o albergue de A Fábrica da Luz e aí empezamos. Xa vimos ao chegar que debido á inmensa afluencia de coches que había que nos íamos atopar con moita xente e así foi pero só nas pasarelas.
A Fábrica da Luz é unha das primeiras infraestructuras hidroeléctricas construidas en Galicia. No S. XX (1914) foi construída “A canle vella” para canalizar a agua procedente do Río Mao e descargala na coñecida como A Fábrica da Luz. Foi algo moi importante a nivel tecnolóxico, social e arquitectónico na zona que suministrou electridade a toda esa zona da Ribeira Sacra e a súa construcción deu traballo a numerosos veciños da zona. Estivo en funcionamento ata ben entrado o S. XX cando se construeu a "canle nova" que descarga directamente no Sil.
No ano 2011, o concello de Parada de Sil recuperou este patrimonio industrial para convertilo nun lugar de ocio e formación.
|
Albergue A Fábrica da Luz, de onde parte esta ruta. |
O camiño que imos percorrer nun principio sobre a pasarela de madeira chámase de xeito oficial "Circuito de Naturaleza de la Pasarela del Río Mao" cunha distancia de 1,8 km.
|
A vexetación é moi variada. |
Podemos ver unha vexetación cambiante e moi variada xa que xunto á vexetación típica de ribeira como salgueiros, ameneiros...breixos e xestas en zonas algo máis altas tamén atopamos especies de clima mediterráneo como aciñeiras, érbedos...
|
A pasarela foi construida en 2011 |
Hai tamén ao longo do percorrido xogos interactivos que están ben para os máis pequenos. Eso sí, hai un panel onde di que "a tranquilidade da zona serve de refuxio pra a fauna" e nomea un montón de animais que viven por aí. Será ben difícil ver algún coa cantidade de xente que hai!
Case ao final da pasarela hai un miradoiro dende o que temos estas vistas da pasarela pola que acabamos de pasar. Se miramos noutra dirección veremos o canón que forma o río.Se chove ou xea a pasarela convírtese nunha pista de patinaxe. Hoxe precisamente había zonas que estaba moi húmidas e vimos caer a varias persoas. Ao baixar as escaleiras da imaxe remata a pasarela.
Dende aquí temos a opción de dar a volta pola pasarela para ir ao punto de inicio (o que facía a maioría da xente) ou ben continuar a ruta homologada PR-G 177 duns 17 km. e que seguiremos en parte. Nós fixemos unha intermedia, de 7 km. que é a que estou a comentar.
Rematada a pasarela ao baixar as escaleiras, torcemos á esquerda pola beira do Mao. Este río nace na Serra de S. Mamede e é un dos afluentes do Sil. Tamén é coñecido na zona como "río Vello". Ata esta zona o río chega marmurador, de xeito precipitado.
Agora o Mao forma un tranquilo remanso semellando un lago, xa cerca da desembocadura.
Este sendeiro fluvial une a "Fábrica da Luz" co camiño a Barxacava que logo atoparemos.
Agora o camiño alónxase do río para subir á aldea de Barxacova.
O sendeiro estreitase e pasamos diante dunhas casas abandonadas e case en ruínas.
Un fermoso e antigo sendeiro:
Ao pouco xa vemos nun alto, Barxacova. Aquí foi onde se nos presentou a 1ª dúbida de por onde tíñamos que continuar. Ao chegar á parte alta da aldea, hai varios sinais e confunden, non están claros, así que nós fixemos caso ao track que seguimos porque eu fiábame máis...
|
Barxacova |
Nesta pequenísima aldea de antigos corredores, non vimos a ninguén pero sí que hai algún habitante xa que vimos roupa tendida a secar e había galiñas... Chegamos á parte máis alta da aldea e pillamos á dereita deixando momentaneamente a PR-G177.
|
Barxacova |
Deseguida chegamos a un miradoiro natural moi fermoso onde vemos agora como o río Mao (que vén pola dereita) se xunta co Sil
Fixándese moito, na parte dereita da foto, vemos o Mao desembocando no Sil
Un catamarán surcando os Sil nunha das rutas turísticas que hai.
Empezamos a ascender entre vides cunhas marabillosas vistas:
A pista é ancha e o desnivel é pouco. Eso sí, se a ruta se fai en verán haberá que ter coidado porque pega forte o sol e esta subida non ten sombra.
Na foto de abaixo vemos Cristosende, unha aldea que forma parte de A Teixeira, outro concello ourensá pertencente tamén á Ribeira Sacra.
Desembocamos na estrada OU0605 e deseguida pillamos á esquerda como nos indicn os sinais.
Pasamos as últimas casas da aldea de O Pombar
|
O Pombar |
Continumos por un fermoso sendeiro ao pé de vides e con fabulosas vistas:
Despedímonos do Sil por agora.
Agora o ascendo é máis acusado, o desnivel é maior.
Cruzamos a estrada e ascendemos pola escaleira metálica:
E continumos por un sendeiro igual ao que traiamos, semella que a estrada o parteu pola metade e de seguro que así foi:
Chegamos de novo a estrada OU0605 que nos devolve unhas fermosas panorámicas sobre o Sil.
Imos uns 500m. por estrada. Estamos chegando a S. Lourenzo de Barxacova, parroquia de Parada de Sil.
S. Lourenzo de Barxacova é unha pequena aldea situada a 600 m. de altitude. A súa historia pérdese en tempos remotos xa que a súa posición privilexiada propiciou habitantes polo meos dende a Idade de Ferro.
|
S. Lourenzo de Barxacova |
Neste concello de Parada de Sil hai varias edificacións decoradas con esgrafiados. Na súa execución séguese a técnica e a estética tradicional dos revestimentos con al e area propios da zona, como por exemplo o do mosteiro de S. Paio de Abeleda. |
Esgrafiado nunha vivenda de S. Lourenzo |
Logo de cruzar S. Lourenzo, collemos á esquerda por onde o track nos mandaba para achegarnos á necrópole de S. Vitor.
|
Camiño da necrópole |
O sendeiro por onde hai que ir non ten desperdicio do fermoso que é:
Vistas espectaculares segundo íamos subindo á necrópole:
Vista de S. Lourenzo de Barxacova. O sendeiro á necrópole de S. Vitor:
A Casa de Ivil, na parroquia de Forcas, tivo que defenderse no S. XVI das pretensións do Mosteiro de Montederramo de facerse con este enclave que se escapaba ao seu dominio no principal acceso ás ricas terras de ribeira desta zona.
Distínguense neste xacemento 2 partes principais: o afloramento granítico no que se escavaron máis de 50 sepulturas e o elevado penedo no que se conservan os cimentos da antiga capela de S. Vitor; as súas ruínas estaban aínda en pé a mediados do S. XIX. As escavacións neste xacemento empezaron no 2010.
|
Penedo no que se atopaba a capela de S. Vitor. Actualmente é un privilexiado miradoiro |
A presenza destes enterramentos medievais onde se di que viñan a enterrarse os de Ivil, os de Forcas e os de S. Lourenzo foi determinante á hora de probar a propiedade deste lugar.
|
Necrópole de S. Vitor con tumbas antropomorfas. |
Vistas magníficas dende o alto penedo onde estaba a capela:Despois de admirar este valioso patrimonio, demos a volta polo mesmo camiño da ida (1km. apro. ida e volta) ata S. Lourenzo onde pillamos un sendeiro en baixada que nos vai levar ao punto de inicio:
|
Sendeiro a S. Lourenzo polo outro lado da aldea |
Vemos S. lourenzo de Barxacova polo lado oposto ao que vimos na subida anterior. |
S. Lourenzo de Barxacova |
Empezamos unha baixada con moito desnivel na que hai que ir con xeito: Nun momento dado, camiñamos uns metros por asfalto
Para retomar un camiño polo medio do bosque. E despois desta intensa pero curta baixada, chegamos de novo ao punto de inicio na Fábrica da Luz.
Teño que dicir que reservara dous días antes para comer neste lugar pero a experiencia non puido ser máis desastrosa. Tardaron unha hora e cuarto en servirnos, o pan tivemos que pedilo catro veces, mentres esperábamos nin un triste aperitivo ou algo que levar á boca...cando por fin nos atenden, dinos que só hai feito caldo, todo o demais hai que cociñalo aínda...enfín sería casualidade e tocounos a nós...só había dúas rapazas, unha cociñando e outra servindo e había bastante xente ao principio...pero senón estás seguro de que podes dar dignamente de comer, pois di que non e xa nos buscariamos a vida...Total , para non recomendar a ninguén este sitio para comer. O caso é que as reseñas que lin, a maioría eran favorables....non o entendo...Creo que tamén se contan moitas mentiras ...
A ruta...unha marabilla. Os camiños entre a arboreda, entre as vides, as aldeas, a necrópole, as vistas...todo esto de 10. As pasarelas...ni fu ni fa...o que menos me gustou...
Páxinas web consultadas:
https://www.turismo.gal/inicio
https://afabricadaluz.com/
https://unviajecreativo.com/pasarelas-del-rio-mao-ruta-del-canon-del-rio-mao-sil/
https://masrutasymenosrutinas.com/
https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada
https://www.galiciamaxica.eu/
https://turismo.ribeirasacra.org/
Ningún comentario:
Publicar un comentario