mércores, 4 de xuño de 2025

SENDEIRO DE PENA GUÍMARA (A FONSAGRADA) PR-139

 A Fonsagrada, ao noroeste da provincia de Lugo, é o municipio máis extenso de Galicia. O núcleo urbano está situado a 952m. sobre o nivel do mar.

Este municipio, declarado Reserva da Biosfera é dos lugares naturales máis privilexiados de Galicia e conta con tres espacios protexidos: Carballido, Río Eo e A Marronda. Nesta ruta desfrutaremos da fraga do Carballido.
























Esta ruta foi das primeiras que fixen, daquela aínda estaba lonxe o empezar a grabalas e o subilas a Wikiloc. Agora xa está o track AQUÍ
A ruta  de Pena Guímara discorre por camiños e antiguas corredoiras, por sendeiros zigzagueantes no medio de fragas exuberantes, á beira do río ás veces e con elementos etnográficos e culturais ao longo do seu percorrido: muíños, corripas, aldeas abandonadas...

Características da ruta:
Lonxitude: 11 km.
Dificultade: Moderada
Ruta circular ben sinalizada 

Descripción:
 Santa Mª da Veiga de Logares é unha parroquia de Fonsagrada por onde hoxe vai discorrer a miña camiñata. A parroquia contaba en 2019 con tan só 146 persoas e penso que a máis non foi. Concretamente, a ruta ten inicio e fin xunto a un colexio que se ve moi novo aínda pero que supoño que leva xa ben anos pechado; está en Vilardíaz, unha aldea moi pequena desa parroquia.

Antigo colexio de Vilardíaz na estrada LU-P 1904

Deseguida deixamos a estrada para pillar un carreiro á esquerda.

Deseguida o carreiro se pecha e teño que ir por un prado.

Supoño que empezaron a rozar pola parte de abaixo, polo carreiro por onde cheguei ata aquí, e non remataron...

En Vilardíaz vimos casas nunha total ruina e outras como a da foto, restauradas.

En Vilardíaz vimos esta capela arruinada Por detrás adosaron outro edificio tellado de uralita. Que horror!!😮😮

A capela vista polo outro lado. Canto tempo haberá que non hai aquí servizos relixiosos??


A capela por dentro...

Vilardíaz tamén ten casas de pedra ben grandes.

Estou a punto de deixar o asfalto por esta estrada tan florida.


A estrada chega ata a casa que se ve na foto superior e empeza este camiño:

Estoume adentrando no Bosque de Carballido que abarca os concellos de A Fonsagrada, A Pontenova e Ribeira de Piquín, dentro da zona Eo, Oscos e Terras de Burón, reserva da Biosfera.

Empezo a ver unha gran variedade de árbores: castiñeiros, carballos, amieiros, abelairas, faias e fermosos felgos.

Este é un lugar espectacular que desperta sensacións e invita a desfrutar de cada recuncho.


A camiño estalle a facer falta unha sega nalgúns tramos. Este ano choveu moito e a herba medra...

Ata aquí compartín traxecto coa Ruta de Gallol, esta segue polo camiño e eu teño que pillar á dereita, por un carreiro en baixada.

A baixada é en zig zag  e o bosque segue a ser impresionante.

Unha zona de moitas abelairas.

Nun claro vexo a inmensidade deste bosque de Carballido.

Desemboco na estrada LU-1905 que percorro uns metros.

Volvo internarme no bosque por un carreiro.

 E chego ás beiras do río Veiga de Logares que baixa cantareiro. Unha mesa e bancos de pedra están estratexicamente colocados...

O río Veiga de Logares é cantarín e forma pequenas cascadas.

Vou nun continuo sube e baixa, ás veces pegada ao río e ouras un pouco máis lonxe del. O percorrido non pode ser máis fermoso!

Enormes carballos e castiñeiros me acompañan.

Ás veces hai varandas para axudarnos.

 O chan, por veces, vólvese bastante técnico con pedras que hai que pisar.



O río forma pequenos saltos encadeados coñecidos como as Foces da Pinguela.


Chego a un cruce e podo pillar á dereita directamente para ir ao punto de partida ou pillar á esquerda e nun poucos metros visitar a aldea de Romeán. Decido visitar este lugar que no pasado foi unha pequena aldea á que non chega ningunha estrada. Está completamente abandonada e nótase que dende hai tempo.

Aldea abandonada de Romeán

Desando os poucos metros andados para subir cara a S. Martiño de Robledo.

De S. Martín de Robledo só se pasa ao pé da igrexa, as casas da aldea quedan uns metros máis alonxadas e non se chegan a ver. Esta é a igrexa que está totalmente abandonada.

Igrexa de S. Martiño de Robledo.

Esta tivo que ser a Casa Rectoral que sempre eran casas inmensas. No pasado, esta debeu ser unha importante aldea para ter semellante igrexa e casa rectoral.
Casa Rectoral de S. Martiño de Robledo

Tamén é moi normal que haxa ouriceiras debido a que vin varios soutos. As ouriceiras eran  construcións tradicionais para gardar os ourizos das castañas no mesmo souto onde se recollen. Consiste nun valadiño circular de pedra , construído de forma rudimentaria, cunha entrada nun dos puntos. No interior déitanse os ourizos aínda sen abrir que se chimpan do propio castiñeiro cunha avaloira ou taloira para posteriormente cubrilos de follas secas de castiñeiro, de xeito que se poden conservar por varios meses.

A súa funcionalidade viña determinada pola necesidade existente nas serras de protexer as castañas de animais como o xabarín ou porco bravo.

Na actualidade as castañas da ouriceira son menos apreciadas que as outras xa que collen un sabor pouco agradable coñecido como "saber a ouriceira", sendo esta unha das posibles causas do actual abandono progresivo do seu uso.

Ouriceira

Xa case chegando ao final da ruta atopamos os restos dos traballos ao descuberto dunha antiga mina de ouro romana explotada aló polo S.I d. C. 
Son as Minas de Vilardíaz.
Minas de Vilardíaz



Páxinas web consultadas:
https://terrasdeburon.es/es/
https://gl.wikipedia.org/wiki/Ouriceira

luns, 2 de xuño de 2025

LONDRES

 Do día 24 ao 28 de maio, viaxei a Londres con "Amigos das Viaxes", grupo liderado por Jaime Cancio que, coa súa paciencia e excelente organización xa ben recoñecidas, soubo facer que desfrutáramos desta fermosa viaxe.

Esta entrada no blog é coma sempre unha visión da viaxe dende o punto de vista de monumentos, barrios, museos, diversos edificios, parques e outros aspectos que para min resultan interesantes...pero sempre, sempre dende o meu punto de vista. Eu non escribo en nome de ninguén, haberá persoas que poidan estar ou non de acordo co que eu vou ir comentando pero sempre o farei no meu nome, que para eso esto é un blog público pero elaborado única e exclusivamente por min. Inserto ademais, coa súa autorizacion, os vídeos elaborados por Anxo López Eiriz e que xa comparteu no grupo.

Tampouco escribirei opinións miñas sobre hotel, restaurantes, guías...etc de xeito público. Eso  fágoo mediante a enquisa que mandou Jaime, que penso que é o medio axeitado para facelo.

Aclarados os puntos anteriores, imos aló!!

Londres é a capital do Reino Unido (normalmente dicimos de Inglaterra e dicímolo mal, xa que esta é unha nación máis das 4 que forman R. Unido, que son Gales, Escocia, Irlanda do Norte e Inglaterra)

Día 24 de maio, sábado.-

Este día iniciamos a viaxe chegando a Londres pola tarde e realizamos unha viaxe panorámica guiada no bus para tomar contacto contacto coa cidade. 

ALBERT MEMORIAL

Fixemos unha parada nos Xardíns de Kensington para contemplar o monumento conmemorativo que a raíña Victoria encargou para o seu esposo, o príncipe Alberto, que morrera moi novo. (Mediados do S. XIX)

O monumento, cunha imaxe do príncipe, mide 54m. de alto e tardou 10 anos en rematarse sendo custeado por suscripción pública.

Albert Memorial

En cada unha das esquinas que delimitan o monumento hai 4 grupos representativos dos seguintes continentes: Europa, África, América e Asia. 

Na foto inferior, o continente africano. Tamén hai outros 4 grupos que representas distintos oficios: agricultura, comercio...etc.

Grupo "África" nunha esquina do monumento

ALBERT HALL

Frente ao monumento anterior está o Albert Hall (finais do S. XIX), un chamativo monumento circular que foi escenario de grandes momentos da música internacional ao longo dos séculos (The Beatles, Lady Gaga, Nina Simone...etc) Actualmente segue a ser unha das salas de concertos máis impresionantes de Londres.

Cando houbo guerras a gran cúpula de cristal que ten, pintouse de negro para que non fose un branco fácil, pero aínda así, foi bombardeada en varias ocasións.

Albert Hall

ABADÍA DE WESTMINSTER

Na visita panorámica, tamén paramos na Abadía de Westminster, unha inmensa igrexa predominantemente gótica , un edificio relixioso dos máis importantes do R. Unido e lugar onde se casaron e están soterrados numerosos membros da Casa Real Inglesa e onde se realizan tódalas coroacións dos reis e raíñas.

O funeral de Diana de Gales e da raíña Isabel II foron celebrados nesta abadía.

A construcción da igrexa actual empezou no S. XIII pero as torres que vemos na imaxe inferior son do S. XVIII

Abadía de Westminster

Non visitamos o interior da abadía que foi reconstruida e ampliada en numerosas ocasións.

Abadía de Westminster

BIG BEN
É o reloxo máis famoso de Londres e un dos máis destacados do mundo. Realmente "Big Ben" é  o nome da gran campana do reloxo situado no Palacio de Westminster, sede do Parlamento do Reino UnidoEste reloxo é un símbolo cultural do R. Unido e da cidade de Londres, un icono do país.

Big Ben

Día 25 de maio, domingo

CASTELO DE WINDSOR

É unha residencia real situada en Windsor, no condado de Berkshire, moi asociado á familia real británica. Foi construido no S.XI  por Guillermo O Conquistador e dende esa época é o castelo europeo habitado por máis tempo.

Este castelo é unha popular atracción turística, acolle visitas de estado e era o fogar preferido da falecida Isabel II para pasar as fins de semana.

Os actuales príncipes de Gales viven dentro da finca de Windsor, moi cerca do castelo que vemos, nun palacio chamado Adelaide Cottage

Castelo de Windsor

O Castelo de Windsor sufreu ao longo dos anos varios e graves incendios. O máis recente e que fixo máis dano tivo lugar en 1992 nunha parte que se estaba renovando. Grazas a eso non arderon obras de arte nin mobles ou obxectos valiosos, xa que as habitacións adxacentes baleiráranse por mor das obras. O lume calcinou 9 salas de estado e danou outras 100.
Este palacio ten 300 chemineas e case 400 reloxos!

Castelo de Windsor

CAPELA DE S. JORGE

Dentro do recinto do castelo, está a capela de S. Jorge que foi escenario de moitas vodas reais e de sepelios e funerais. A Raiña Isabel II está aquí enterrada.

Capela de S. Jorge (foto wikimedia)

O seguinte vídeo de Anxo López é un bo resumo do que vimos en Windsor

LONDON EYE

O London Eye (Ollo de Londres) é unha nora que abreu ao público no ano 2000. Ten 135m de altura e 32 cápsulas para pasaxeiros cunha capacidade para 25 persoas cada unha. É un punto de referencia e atracción turística moi importante.

London Eye

London Eye ofrece unhas panorámicas espectaculares sobre a cidade e arredores.

Vistas dende London Eye

CRUCEIRO POLO TÁMESIS

O Támesis conecta Londres co mar xa que este río desemboca no Mar do Norte despois de percorrer 346km. É o río máis importante de Inglaterra e a principal fonte de abastecemento de auga para Londres.

Fixemos un pequeno paseo por este río.


No barca que íamos podías ir na parte de arriba, ao descuberto, con mellores vistas pero algo máis de fresco. Eu optei por ir na parte de abaixo que ía pechada e unha gaivota pousouse no cristal do teito e aí nos foi acompañando un bo treito.

A finais do S. XIX e principios do XX realizouse unha limpeza do río que estaba moi contaminado. Na actualidade é un dos ríos máis limpos dunha gran cidade, aínda que non o pareza debido á súa cor que se debe realmente a que as grandes  mareas removen o fondo continuamente.
Na foto inferior, visión da Ponte da Torre cando navegábamos polo Támesis.

Ponte da Torre

O seguinte vídeo de Anxo López vai sobre a nosa subida á Noria e o cruceiro polo Támesis


PASEO NOCTURNO
PICADILLY CIRCUS

É unha intersección de rúas moi coñecida polo seu ambiente animado, as pantallas publicitarias e a fonte de Shaftesbury.

Picadilly Circus

Outra imaxe de Picadilly Circus no paseo nocturno, coa fonte de  Shaftesbury de finais do S. XIX para conmemorar o traballo filantrópico de Lord  Shaftesbury. A estatua da cima representa un anxo espido e é todo  un símbolo en Londres.
Picadilly Circus


A fachada de St. Pancras Renaissance Hotel aparece na 2ª película da saga "Harry Potter", representando a entrada á estación King Cross.
Esta é unha das localizacións que se poden atopar na cidade onde transcorren as aventuras do mago Harry Potter. Para os máis fans dos libros e das películas, hai incluso tours guiados.
A foto está tomada no barrio do Soho, famoso polos seus bares, restaurantes, clubs... Tamén é o principal barrio gay de Londres 



TRAFALGAR SQUARE
No noso paseo nocturno chegamos ata Trafalgar Square (Praza Trafalgar) que foi construida para conmemorar a Batalla de Trafalgar na que  a Armada Británica venceu ás armadas francesa e española frente ao Cabo de Trafalgar en Cádiz. 
Na foto vemos a Galería Nacional de Londres, principal museo de arte de Londres que visitamos.
Galería Nacional

A Columna de Nelson está situada no centro da praza. Foi levantada a mediados do S. XIX en homenaxe ao almirante Nelson, falecido na batalla de Trafalgar.

Columna de Nelson


Día 26 de maio, luns

NOTING HILL

O nome deste barrio a min soabame pola película de Julia Roberts e Hugh Grant que leva ese título.

É un barrio no que destacan as súas coloridas casas e o mercado de Portobello Road.

Noting Hill

Esta casa cun mural en branco e negro, é un estudo de grabación de música.


A casa color rosa foi o escenario dunha das escenas da película Love actually.


MUSEO DE HISTORIA NATURAL

Constrido a finais do S. XIX, este museo trata da Terra e das distintas formas de vida. Ten unha colección de máis de 70 millóns de especímenes e obxectos relacionados co mundo natural.

As cinco coleccións máis importantes son as correspondentes ás áreas de: botánica, entomoloxía, mineraloxía, paleotoloxía e xeoloxía.

Museo de Historia Natural (Foto wikimedia)

Impacta ao entrar o enorme hall co esquelete dunha balea azul que nos quere recordar a responsabilidade que temos como humanidade de protexer o planeta.
Foi construído para albergar a crecente colección de esqueletos, plantas e fósiles que constituían unha sección do Museo Británico. Legalmente, o Museo de Historia Natural permaneceu como parte do Museo Británico ata 1963. En 1965 absorbeu tamén o próximo Museo Xeolóxico adquirindo o nome oficial de Natural History Museum.

Museo de Historia Natural 

HARRODS
Este centro comercial de 5 plantas é ben coñecido en todo o mundo.Tivo as súas orixes no comenzo do reinado da raíña Victoria. Foi propiedade nos seus inicios dun comerciante de té e maiorista de ultramarinos, Charles Henry Harrods. O fillo deste ampliou o negocio, que sufreu unha gran transformación.
En 1985 estes almacéns foron comprados polos irmáns exipcios Al- Fayed e no 1985 foron vendidos á familia Real de Qatar por 1500 millóns de libras.
O Centro Comercial conta con máis de 330 departamentos e dá emprego a máis de 12000 persoas. É un lugar de luxo con prezos moi caros, aínda que se poden mercar "souvenirs" a prezos asequibles.
O edificio que alberga este centro comercial é, sen dúbida, ben fermoso!!
Harrods

HYDE PARK

Moi cerca do Centro Comercial anterior está Hyde Park, o parque máis grande do centro de Londres. Antigamente, as leiras onde se atopa pertencían á Abadía de Westminster ata que no S. XVI foron expropiadas por Enrique VIII e no S. XVII abreuse como parque público.
En Hay Park hai lagos, esculturas, monumentos, fontes, unha fermosísima rosaleda...aquí organízanse festivais, teatro ao aire libre, discursos públicos..etc, etc...
Ata este parque fomos pouca xente do grupo ou ben non coincidimos...
Hyde Park

O lago Serpentine en Hyde Park é un atractivo grande do mesmo. Alí vimos multitude de cisnes, parrulos, pombas e ata gaivotas.
lago Serpentine

27 de maio, martes

MUSEO BRITÁNICO (BRITISH MUSEUM)

É un dos museos máis importantes e visitados do mundo.  As súas coleccións, constituídas por máis de 13 millóns de obxectos, atópanse entre as maiores e máis detalladas do mundo, formadas por obxectos de tódolos continentes que ilustran e documentan a historia da cultura dende os seus comezos ata a actualidade. A sección do Antigo Exipto é a máis importante do mundo despois da do Museo Exipcio do Cairo

Museo Británico

A Pedra Rosseta, a colección de momias exipcias, un Mohai, o busto de Pericles...etc son algunhas das pezas destacadas deste museo.
Momia exipcia no Museo Británico

Unha das últimas ampliacións do Museo Británico tivo lugar no ano 2000 . Trátase do Gran Atrio de Isabel II que vemos na imaxe inferior e que foi deseñado polo coñecido arquitecto Norman Foster. No centro do gran atrio atópase a Sala de lectura.
Gran Atrio de Isabel II

NATIONAL GALLERY

Este  é o principal museo de Arte de Londres. Consta dunha colección permanente de 2.300 pinturas. É unha galería de fama internacional que recibe millóns de visitantes ao ano. A política dese museo foi sempre adquirir pinturas de máxima calidade.

Este museo garda obras de Leonardo da Vinci, Velázquez,  Van Gogh...etc

Un cadro no Nationall Gallery

Cúpula no National Gallery

O seguinte vídeo de Anxo López é un pequeno resumo de algo do que vimos nos anteriores museos.



BUCKINGHAM PALACE

É a residencial oficial da monarquía inglesa, aínda que ningún membro desa familia reside nel actualmente.  Tamén se emprega para visitas de Estado, turísticas e outras cerimonias oficiais. Pasou a convertirse en residencia real despois da chegada da raíña Victoria ao trono.
O rei actual, Carlos III reside noutro palacio: Clarence House.
Cruzamos por The Green Park que é un dos parques reais de Londres. O parque está formado só por frondosas árbores moi verdes, de aí o seu nome. (Green en inglés significa verde)
The Green Park (O Parque Verde)

                                           The Green Park (O Parque Verde)

O edificio do Palacio de Buckingham foi adquirido polo rei Jorge III en 1762 para ser utilizado como residencia privada. Dende a súa construcción foi ampliado e remodelado en varias ocasións.

Durante as dúas guerras mundiais, o palacio sobreviveu de maneira exemplar. Na Primeira Guerra Mundial tivo a sorte de no ser atacado pero, durante a Segunda Guerra Mundial, foi bombardeado en diferentes ocasións.

Cando está a bandeira inglesa izada significa que o rei non está en Palacio. De tódolos xeitos, non vive aí.


DOWNING STREET

Downing Street é a famosa rúa no centro de Londres que contén os edificios que foron, durante douscentos anos, as residencias oficiais dos dous principais ministros Británicos, o Primeiro Lord do Tesouro un cargo ostentado polo Primeiro Ministro do Reino Unido, e o Ministro de Facenda.


Chegamos ao Támesis, cruzamos a Ponte de Westminster e percorremos un lonso paseo ás beiras do río.

                      ALGUNHAS PONTES DE LONDRES
35 son as pontes que cruzan o Támesis en Londres. Fomos vendo algunhas delas. A da foto inferior é a Ponte Hungerford. É unha ponte de ferro que foi construida nun inicio para o ferrocarril.

Ponte Hungerford.
 
A seguinte ponte que vemos é a de Waterloo que conmemora co seu nome a victoria das tropas inglesas, holandesas e prusianas na batalla de Waterloo no 1815. Foi a única ponte de Londres que resultou danada na II Guerra Mundial.

Ponte de Waterloo

Agora temos a Ponte Blakfriars. 

Esta ponte fíxose internacionalmente famosa en 1982, cando o banqueiro italiano Roberto Calvi, expresidente do maior banco privado de Italia, foi atopado colgado dun dos seus arcos con cinco ladrillos e ao redor de 14000 dólares en tres monedas diferentes nos petos.
 Ponte Blakfriars. 

A Ponte do Milenio (Millenium Bridge) é unha ponte peonil de aceiro que tivo que pechar ao pouco de abrir (ano 2000) porque se "balanceaba" demasiado. Foi pechado durante case dous anos para correxir esa deficiencia e poñelo estable. Reabreu no 2002 e dende esa é coñecido polos londinenses como 
Wobbly Bridge (Ponte tambaleante)
Ponte do Milenio.

A Ponte Southwark é a seguinte que vemos. Cando se inaugurou (principios do S. XIX) era necesario pagar peaxe para transitar por el, como apenas era usado , no 1864 foi eliminado o pago. Como era demasiado estreito para o tráfico foi derribado en 1913 e fíxose o actual.
Ao fondo vemos a City de Londres, o distrito financieiro máis importante do mundo.
Ponte Southwark 

Pasamos por Bankside onde está un famoso pub: The Anchor (El Ancla) 
Este pub é o único supervivinte das pousadas ribeireñas que existían aquí na época de Shakespeare, cando este distrito era o corazón da escena teatral e o Támesis era a principal arteria de Londres. Era frecuentado por numerosos actores dos teatros veciños,

O edificio vermello é o The Anchor.

A Catedral de Southwark foi un lugar de culto cristiano dende hai uns 1000 anos pero é catedral só dende 1905. O edificio é fundamentalmente gótico. Pasamos moi cerca.

 THE SHARD

É un rañaceos de 73 plantas cunha altura de 309,7m. é o edificio máis alto do R. Unido. Ten forma de pirámide e está revestida de cristal. É propiedade do Estado de Qatar.
The Shard

PONTE DA TORRE (Tower Bridge)
 É un dos símbolos de Londres, construida a finais do S. XIX. Atópase xunto á Torre de Londres e está formada por dúas torres, unha pasarela para coches e peóns e unha pasarela superior entre ambas torres. Non se debe confundir coa Ponte de Londres; esa é outra que está máis adiante.
Estamos en The Scoot, lugar cunhas vistas privilexiadas á Torre de Londres, á Ponte da Torre e ao barrio financieiro.
Vistas en The Scoot

Esta ponte pode ser aberta e cerrada para permitir o paso de barcos de certa altura.
Ponte da Torre

Outra vista dende The Scoot do barrio financieiro de Londres.

TORRE DE LONDRES
Foi empregada como fortaleza, armería, almacén do tesouro, palacio, palacio de detención, observatorio, refuxio e cárcere, especialmente para prisioneiros de "clase alta".
A raíña Isabel I estivo prisioneira aquí durante o reinado da súa irmá María; a derradeira vez que a Torre foi empregada como prisión foi durante a II Guerra Mundial para Rudolf Hess.
Torre de Londres

Cruzamos a emblemática ponte:
Cruzando a Ponte da Torre

  CATEDRAL DE S. PABLO
Xa era noite pecha cando pasamos por diante da Catedral de S. Pablo
A Catedral de San Pablo  é unha catedral anglicana de Londres.Coa súa inmensa cúpula enmarcada polas torres, dominan o horizonte de Londres dende hai 300 anos.
En termos de superficie, San Pablo é unha das maiores catedrais cristiás do mundo. En Europa, só a Basílica de S. Pedro do Vaticano é maior.
Foi escenario de importantes acontecementos da historia británica como, por exemplo, os funerais do duque de WellingtonWinston Churchill e Margaret Thatcher; o xubileu das raíñas Vitoria e Isabel II de Inglaterra ou a voda do príncipe Carlos con Diana Spencer.
Catedral anglicana de S. Pablo

28 de maio, mércores.-

CANDEM TOWN

Candem Town é famoso por albergar un dos mercados máis variados de Londres. Recibe a moitos turistas (nós chegamos moi cedo e vímolo baleiro, aínda non abriran as tendas) pero despois das dez xa empezou a estar moi concurrido. Este lugar é visto como a capital do rock alternativo en Londres.

Candem Town

Neste barrio londinense foi onde viveu e morreu a cantante Amy  Winehouse por unha intoxicación etílica. Hai unha estatua dela pero eu non a vin.
Candem Town

Este barrio foi concebido en 1791 como unha zona residencial para a clase alta. Sen embargo, co desenrolo do ferrocarril e a construcción do Regent’s Canal, convirteuse nunha área industrialde xente traballadora. Foi na década de 1970, cando aparecieron os seus populares mercadillos, e empezou a convertirse no barrio trendy e alternativo que hoxe  se pode visitar.
Candem Town

 Esta é unha das rúas máis famosas e pintorescas do barrio.
Candem Town

 En Camden Town podemos atopar de todo, dende tendas de roupa alternativa sobre todo, complementos, mobiliario, tatuadores..etc e restaurantes de todo tipo de comida.
O Regent´s Canal pasa por Candem Town e no verán hai viaxes por esta canle.
Regent´s Canal

Unha das pontes máis famosas é Macclesfield Bridge porque foi o lugar de Londres coa explosión máis grande pre-bélica, onde unha carga con dinamita explotou en 1874.

 Macclesfield Bridge

Con dous enormes ciborgs na porta,  esta é unha tenda de varias plantas de roupa, xoguetes  e complementos de estilos kawaiineon clubwearfururistas e cybertronicos. Ten tamén un apartado de xoguetes eróticos.

Cyberdog


 Un último vídeo de Anxo López con resumos de distintos lugares visitados:


E esta foi a nosa viaxe a Londres. Que vimos moito? Si. Que quedaron cousas por ver? tamén, claro. Londres é unha cidade moi grande que non se pode ver toda en 5 días.
A ver se se pode volver...se a vida nos deixa como di Jaime Cancio.


Páxinas web consultadas:

https://londonpass.com/es

https://es.wikipedia.org/wiki/Abad%C3%ADa_de_Westminster

https://londonpass.com/es

https://gl.wikipedia.org/wiki/London_Eye#

https://www.londres.es/museo-historia-natural