luns, 1 de xullo de 2024

COVAS DE POSTOJNA, CASTELO DE PREDJAMA/ MUSEO DE KOBARIT/ MOSTEIRO DE KOSTANJEVICA/NOVA GORICA (ESLOVENIA)

COVAS DE POSTOJNA

Xa teño visto bastantes covas sobre todo en España e Portugal pero coma estas, ningunha. Esta cova é espectacular polo seu enorme tamaño, polas formacións calcáreas que ten e porque nela vive o proteo (os antigos pensaban que era un dragón), un animal subterráneo de entre 20 e 30cm. que pode vivir moitos anos, pode estar sen respirar ata 3 días e sen comer ata 10 anos. É cego e carece de pigmentación, sendo dunha cor rosa pálida por eso se lle chama tamén "Peixe humano"

O proteo solo se reproduce cada seis ou sete anos. Nun entorno natural, estímase que dos máis de cen ovos que deposita a femia ao longo da súa vida, solo dúas crías chegan á idade  adulta. É por esto que a supervivencia de 22 crías de 64 ovos depositados en 2016 e 32 crías de 43 ovos en 2022 no laboratorio da Cova de Postojna é un logro incríble.

O proteo ou peixe humano

Para percorrer a cova primeiro subimos a un pequeno tren que nos levou por galerías e túneles.

Esta formación que vemos en forma de estalagmita é chamada o Brillante pola súa brancura. Mide  5m. de alto e é o símbolo da cova.




Todo un mundo de estalagtitas e estalagmitas...

 As covas teñen 24 km. de túneles galerías. Actualmente poden percorrerse só 5 km.

Esta é a cova máis visitada de Europa. Despois de percorrer no tren varios tramos, baixamos e camiñamos entre túneles, pasadizos e galerias durante aprox, km. e medio. Logo volvemos coller o tren para sair ao exterior.


A cova foi formada ao longo de millóns de anos polo río subterráneo Pivka. No interior da cova descubrirons e inscripcións do S.XIII pero foi descrita por vez 1ª no S. XVII. Dende o S. XIX é unha atracción turística.

 
En 1872 engadíronse railes e trens para os turistas, primeiro impulsados polos guías da cova pero no 1914 engadeuse unha locomotora a gas  No 1884 chegou á cova a electricidade.

Na cova hai salas como a dos conciertos, cunha excelente acústica e na que se celebran actuacións musicais.


CASTELO DE PREDJAMA
Moi cerca da cova visitamos este castelo que ten detrás unha cova o que o facía moi seguro nuns tempos nos que primaba a seguridade antes ca comodidade.
O castelo ten unha ubicación espectacular nun precipicio de 123m. derriba dun regato. Data do S. XVI aínda que no mesmo lugar houbo unha construcción anterior.
Castelo de Predjama

Vistas dende o castelo de Predjama. Dende onde queira que miremos, neste país sempre veremos a cor verde.

Dentro do castelo poidemos ver varias salas como a mazmorra

Ou o comedor

Habitacións ...

 
Na foto seguinte, entrada á cova do castelo que ten varias galerías conectadas entre sí e que se formou hai millóns de anos pola acciópn do río Lokva. Aínda que está moi cerca da cova de Postojna, non están comunicadas entre si porque os ríos que as formaron corren cara a sitios diferentes.

"El castillo se hizo célebre gracias a la leyenda del caballero Erazem Lueger, enfrentado a los Haubsburgo por una disputa en la que mató a un alguacil. Parapetado en el castillo de Predjama, el barón, aliado con el rey húngaro Matthias Corvinus, atacaba los asentamientos afines a los Haubsburgo, y al rey Federico III. El asedio del señor de Trieste Gaspar Ravbar de un año y un día no consiguió sacarlo de la fortaleza, y los sitiadores no entendían como podía abastecerse, incluyendo las cerezas que lanzaba desde el castillo para burlarse de las tropas que lo hostigaban. Lo que desconocían es la red de cuevas que permitían (según la leyenda) salir y recoger víveres en las poblaciones del valle de Vipava".(https://www.turismoeslovenia.es/castillo-de-predjama/)


MUSEO DE KOBARIT

Na cidade de Kobarit visitamos o seu museo dedicado a unha batalla importante que tivo lugar durante a I Guerra Mundial. Entre 1915 e 1918 o chamado Frente de Isonzo foi escenario de cruentas batallas entre o exército italiano e as tropas do imperio astro-húngaro. Morreron miles de soldados dos dous bandos.

No percorrido interior do museo poidemos ver armas daquela época, uniformes, moito material fotográfico, unha proxección audiovisual...etc

Como a min non me gustan demasiado os museos e moito menos os dedicados ás guerras, esta visita non me aportou nada.

Museo de Kobarit

MOSTEIRO DE KOSTANJEVICA
No S. XVII levantouse un pequeno santuario nunha colina de 143 m.a uns 200m. da fronteira con Italia. No século seguinte engadeuse un mosteiro que en 1781 foi disolto polo emperador Habsburdo José II. No S. XIX foi adquirido por monxes franciscanos que restableceron o mosteiro e que trouxeron entre outras cousas unha biblioteca formada por máis de 10000 libros.

Vistas dende o mosteiro:

Este mosteiro é coñecido por ser o lugar onde está enterrado Carlos X de Francia (último Borbón que reinou en Francia) e a súa familia.

Sepulcros de Carlos X e a súa familia

A guía ensinounos con gran entusiasmo a horta do mosteiro e falounos moito das roseiras que hai pero...levámonos unha decepción. Só atopamos un xardín bastante abandonado cunhas roseiras que xa non estaban en floración e ademais precisaban podas e coidados e un pequeno horto.

O xardín do mosteiro

Chama a atención a biblioteca que trouxeron os franciscanos con libros antiquísimos e moitos.

Unha sala da biblioteca

Este mosteiro foi moi danado na I Guerra Mundial, sendo restaurado entre 1919 e 1924. Ata finais da II Guerra mundial formaba parte da cidade de Gorizia (Italia) e despois desta pasou a formar parte da cidade iguslava de Nova Gorica, cidade fundada en 1948 cando o Tratado de Paz con Italia acordou unha nova fronteira entre este país e Iugoslavia.

Mosteiro de Kostanjevica

NOVA GORICA

Esta cidade foi fundada en 1948 tras ser dividida en dúas a antiga Goriza despois do cambio de fronteiras trala II Guerra Mundial. Gorizia é de Italia e Nova Gorica, de Eslovenia.

Nova Gorica é tamén chamada "A cidade das Rosas" e atópase entre os vales máis verdes e frondosos de Eslovenia. Ao comezar a súa historia despois da II Guerra Mundial, esta cidade non ten un casco vello como outras cidades europeas, pero ten un entorno natural único e un ritmo frenético impulsado polos centos de estudantes debido a que a súa universidade está incluida no programa europeo Erasmus para estudantes.

Algo  debe ter esta cidade porque vai ser no 2025 sede central da Capital Europea da Cultura. Esta distinción corresponde ás dúas cidades de Gorizia. Nova Gorica, a cidade máis xoven de Eslovenia, está íntimamente ligada na historia e na vida cotiá a Gorizia, no lado italiano da frontera.

A Ponte de Solkan é a ponte de ferrocarril feita en pedra máis grande do mundo. En Solkan estaba ubicado o noso último hotel. 

(As 3 fotos seguintes son de Xaime Cancio)

A imponente estación de tren de Nova Gorica na Praza de Europa que actualmente está en obras debido á instalación de fontes e outros elementos con motivo da celebración o vindeiro ano 2025 de Capital Europea da Cultura.

Placa que marca a fronteira entre Italia e Eslovenia:


O noso hotel (Sabotín) estaba ubicado en Solkan, unha localidade de Nova Gorica que non chega aos 4000 habitantes. O hotel está a 1km aprox do río Soca, o río cor esmeralda considerado o máis fermoso de Europa. É un río de rápidos, cascadas, desfiladeiros, ás veces tamén de augas remansadas e tranquilas...que ofrece moitas oportunidades para a práctica de variados deportes.


Moi cerca do noso hotel, descubrimos este marabilloso sendeiro ás beiras do río. Camiñamos durante 1km e medio aprox. e non nos cansamos de admirar tanta beleza.


O Soca Fun Park ubicado xunto ao río é un parque de atraccións ao amparo de frondosas árbores. Foi deseñado principalmente para visitantes que buscan diversión chea de acción e descargas de adrenalina. 



Pequena praia fluvial no río Soca. A cor da auga é espectacular!!

Unha ponte peonil e para bicis derriba do río Soca, moi cerca do noso hotel.


Paisaxe á beira do río cunha senda peonil natural. Preciosoooo!!

E aquí rematan as entradas da viaxe que fixemos a este fermoso país. Foi unha viaxe relaxada, tranquila e na que deu tempo a ver moito deste pequeno país pero aínda sendo pequeno e todo quedaron lugares por ver: algunha pequena cidade medieval, moitas cascadas, desfiladeiros, percorridos por lugares naturais que neste país parecen inacabables...

Non me importaría nada repetir viaxe a Eslovenia. Tal vez nun futuro...

Páxinas web consultadas:

https://www.rtve.es/television/20231202/proteo-anfibio-vive/2462137.shtml

https://www.slovenia.info/es/historias/conoce-a-las-crias-del-dragon-en-la-cueva-de-postojna

https://es.wikipedia.org/wiki/Castillo_de_Predjama

https://www.turismoeslovenia.es/museo-de-kobarid/

https://es.wikipedia.org/wiki/Monasterio_de_Kostanjevica

https://www.turismoeslovenia.es/nova-goriza/

sábado, 29 de xuño de 2024

CELJE/ PTUJ/MARIBOR (ESLOVENIA)

 No este de Eslovenia visitamos 3 cidades, todas elas moi tranquilas, sen ningún tipo de aglomeración.

Celje: a 3ª cidade máis grande do país.

Ptuj: a cidade máis antiga de Eslovenia

Maribor: A 2ª cidade máis grande do país.

CELJE

É a 3ª cidade máis grande de Eslovenia e é famosa pola súa historia medieval e polos seus balnearios(só na cidade, hai 6) Tamén coñecida como "A Cidade dos Condes de Celje" xa que esta familia noble viveu aquí.

 Coa chegada dos pobos bárbaros, Celje  foi arrasada e non se soubo máis dela ata o S. XII, cando foi reconstruida baixo o nome de Cylie e foi denominada a sede dos condes de Celje, que foron a dinastía máis influente en tempos medievais de toda Eslovenia. Posteriormente pasou a depender dos Habsburgo, e no S. XIX, ao Imperio austrohúngaro. Nese momento, Celje era un núcleo de nacionalismo alemán (cerca do 67 % eran alemáns). Coa caída  deste imperio, foi integrada no Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, onde comenzou a industrialización e crecemento da cidade.

Vimos Celje de camiño a Maribor. Ao chegar a Celje, estaba esperándonos un guía local que nos foi explicando a historia desta cidade.

Comenzamos a visita na Praza Maior que domina o Celjski Dom. Este edificio foi construido en 1907 como Centro Social para os residentes xermanoparlantes (por eso se lle chamou tamén a Casa Alemana)Ten torres e fachada neogótica. Ata 1918 foi o centro cultural e social da minoría gobernante alemana en Celje xa que durante a II Guerra Mundial, esta cidade foi ocupada polos nazis.

Celjski Dom
 O palacio modernista que vemos aberga a Oficina de Correos.

Fermosos edificios coa torre da Catedral de S. Daniel ao fondo.

Na seguinte foto, a igrexa da Asunción de María de estilo románico do S. XIII.

Igrexa da Asunción

O Narodni Dom é un edificio construido a finais do S. XIX que no momento da súa creación era un símbolo dos eslovenos  na loita contra a xermanización da cidade nese momento. Dende 1995 é a Sede do Municipio de Celje e da maior parte da súa administración.
Narodni Dom

Vemos a estatua de Alma Karlín (1889-1950) que foi periodista, escritora de viaxes e unha gran aventureira que viaxou por todo o mundo e dominaba moitos idiomas. Ao fondo, o edificio da Estación de tren de Celje. É un edificio de dúas plantas construida en 1846  cando o 1º tren chegou a Celje, como unha das paradas entre Viena (Austria) e Trieste(Italia). Este feito supuxo un gran crecemento económico para a cidade.

MANSIÓN DOS VELLOS CONDES (MUSEO REXIONAL)
O Museo Rexional ocupa dous espazos: un edificio antigo e a Mansión do Príncipe. Este museo ten exposicións permanentes que nos levan dende a Prehistoria ata os nosos días.

Palacio do Principe
 Este patio corresponde á Mansión dos que foron Condes de Celje.

Algo do que vimos no Museo:





O "Teito de Celje" é o punto culminante do antigo edificio, antiga pintura profana entre o Renacemento e o Barroco.


Son moi interesantes unhas excavacións recentes que descubriron unha cidade romana do S. I.





Ao remate da visita a Celje demos un paseo ás beiras do río Savinja dende onde divisamos aló no alto o Castelo de Celje que non visitamos.

Ás beiras do río Savinja

 PTUJ.

Ptuj é  a cidade máis antiga de Eslovenia que acadou o seu máximo esplendor en época romana. Foi campo de batalla durante as guerras turcas do S. XVIII e incendiada numerosas veces. No S. XIX era unha cidade de escasa importancia ata a apertura da línea ferroviaria Viena-Trieste. En 1941 foi ocupada pola Alemania nazi, pero despois da guerra os alemáns foron deportados a Austria e outros marcharon a Estados Unidos. Dende entón Ptuj estivo poblada case completamente por eslovenos.

A cidade está atravesada polo río Drava que dotou sempre de gran riqueza aos seus habitantes.

IGREXA DE S. JORGE.- É unha das igrexas máis antigas de Eslovenia. Foi empregada como picota na I. Media e foi de gran importancia na vida da cidade. Foi construida ao redor de 1140.

Igrexa de S. Jorge en Ptuj

Visitamos por dentro esta igrexa onde observamos o estilo gótico.

Interior da igrexa de S. Jorge

Vemos o Munumento a Orfeo no lugar que se empregaba como picota na I. Media e o Teatro.

PRAZA MESTNI.-É o centro neurálxico da cidade. O impresionante edificio que vemos é o do concello.

Edificio do concello de Ptuj

A Torre da Cidade ten a curiosidade de que a única cara que non ten reloxo é a que mira ao castelo.

A estatua que vemos é a de S. Florián, un santo ao que se encomendaron os habitantes de Ptuj tralos graves incendios que asolaron a cidade.


CASTELO DE PTUJ
Actualmente este castelo funciona como museo onde se mostran obxectos e obras de arte que a nobleza foi acumulando ao longo dos séculos, destacando os instrumentos, as pinturas e o diferente mobiliario.
O castelo, do S. XII, domina toda a cidade dende a colina na que está situado. 


Entrando ao castelo:

Aspecto de arcadas no castelo.
 
Algo do moito que vimos:






O CARNAVAL DE PTUJ
"Durante el período de carnaval, la ciudad eslovena más antigua, Ptuj, se convierte en un gran escenario de carnaval, donde los famosos personajes kurenti desempeñan el papel principal. 
Kurentovanje tiene más de 60 años de tradición y es uno de los carnavales más grandes de Eslovenia. La figura del kurent y sus desfiles durante la época de carnaval también están incluidas en la lista del patrimonio cultural inmaterial de la UNESCO".(https://www.slovenia.info/es/historias/kurentovanje-el-carnaval-mas-grande-de-eslovenia)
Nas fotos, imaxes dos kurents e outros disfraces:




Aspecto exterior do castelo de Ptuj

Fomos comer ao restaurante Turisticka kmetija Hlebec onde nos ofreceron unha degustación de varios tipos de viño. 

MARIBOR

É a 2ª cidade máis grande de Eslovenia. Está situada cerca de Austria, ás beiras do río Drava. Ten moita industria e o principal producto é o viño.

"Formó parte del Imperio Austro húngaro hasta su disolución, cuando pasó a ser un miembro más del reino de Serbios, Croatas y Eslovenos. Fue una localidad con mucha influencia alemana durante gran parte de su historia, aunque tras la I Guerra Mundial muchos los alemanes que la habitaban emigraron de Maribor provocando una desgermanización de la zona. Años después, durante la II Guerra Mundial, fue nuevamente anexionada a Alemania. Una vez finalizada la contienda Maribor vuelve a formar parte de Yugoslavia hasta 1991, momento en que Eslovenia se independiza".(https://www.turismoeslovenia.es/ciudades-de-eslovenia/maribor/)

Paseamos pola Capital Europea 2012 

Un dos edificios máis emblemáticos desta cidade é esta igrexa franciscana que destaca pola súa cor vermella e foi o noso punto de referencia para movernos pola cidade cando nos deixaron templo libre.

Igrexa Franciscana

Na Praza Svobode ou Praza da Liberdade temos o munumento ás víctimas da II Guerra Mundial ao pé dun antigo castelo que hoxe é un museo.
Monumento ás vítimas da II Guerra Mundial

A Catedral de S. Juan Bautista é de estilo gótico do S. XII.
Catedral
A Praza Glavni é moi fermosa e aquí localizamos elementos moi emblemáticos desta cidade como o edificio do concello, a columna votiva ou da peste...
Praza Glavni
A columna votiva é un símbolo para non esquecer a plaga de peste que asolou esta cidade. É un monumento do S. XVII dedicado a Virxe para recordar as víctimas da peste negra que matou un terzo de habitantes de Maribor no S. XVII. Exemplos destas columnas hai por moitos países europeos xa que a peste negra asolou o continente europeo entre os séculos XIV e XVIII e cando a epidemia rematou, moitas cidades levantaron monumentos que o celebraban e agradecían a Deus, a Virxe e aos santos habela superado. Moitas destes monumentos son de gran valor artístico.
Columna votiva ou da peste.

O edificio que alberga o concello é de estilo renancentista do S. XVI.
O Concello de Maribor

Fomos ata o barrio xudío e vimos unha das sinagogas máis antigas de Europa. Este lugar foi un gueto  na I. Media. No S. XV, os xudíos foron expulsados de Maribor e a sinagoga converteuse nunha igrexa, despois en almacén militar, máis tarde en residencia privada ata a época actual en que é un museo e centro cultural.
Sinagoga
A Torre da Auga, do S. XVI tivo no pasado un gran valor militar como torre de defensa e despois foi usada como almacenamento de viño, sendo a bodega máis antiga de Eslovenia. Actualmente atopamos un bar nela.

Tamén demos un paseo ás beiras do río Drava onde vimos a vide máis antiga segundo o Libro Guinness dos Récords (estímase que ten máis de 450 anos) e segue dando preciosos froitos. Foi plantada a finais da I. Media, cando Maribor foi sitiada polos turcos e sobreviveu ás batallas que se deron no seu arredor, xa que antes formaba parte das murallas da cidade. Non poideron destruila nin os incendios, nin as plagas, nin os bombardeos...

 

A vide máis antiga do mundo

A Ponte de Tito sobre o río Drava é do 1913 é un dos símbolos da cidade.



Páxinas web consultadas:
https://serviajero.blogspot.com/2023/08/celje-eslovenia-centro-historico.

https://sl.wikipedia.org/wiki/Narodni_dom,_Celje
https://elatlasdemb.com/europa/eslovenia/que-ver-en-celje-y-predjama-excursiones-de-leyenda/
https://elcolosoderodas.home.blog/2021/02/08/viajeras-y-misticas-en-el-lejano-oriente/
https://navicup.com/object/slovenia-grand-tour/regional-museum-of-celje-279489/es
https://es.wikipedia.org/wiki/Ptuj
https://es.wikipedia.org/wiki/Antigua_catedral_de_San_Jorge_(Ptuj)
https://www.turismoeslovenia.es/ciudades-de-eslovenia/ptuj/
https://www.andalan.es/?p=15683
https://www.vitamia.si/es/trips/64-maribor-%C5%BEi%C4%8De-y-los-vi%C3%B1edos-de-la-regi%C3%B3n.html
https://www.visitmaribor.si/en/what-to-do/wine-and-culinary/old-vine-house/