Xa teño visto bastantes covas sobre todo en España e Portugal pero coma estas, ningunha. Esta cova é espectacular polo seu enorme tamaño, polas formacións calcáreas que ten e porque nela vive o proteo (os antigos pensaban que era un dragón), un animal subterráneo de entre 20 e 30cm. que pode vivir moitos anos, pode estar sen respirar ata 3 días e sen comer ata 10 anos. É cego e carece de pigmentación, sendo dunha cor rosa pálida por eso se lle chama tamén "Peixe humano"
O proteo solo se reproduce cada seis ou sete anos. Nun entorno natural, estímase que dos máis de cen ovos que deposita a femia ao longo da súa vida, solo dúas crías chegan á idade adulta. É por esto que a supervivencia de 22 crías de 64 ovos depositados en 2016 e 32 crías de 43 ovos en 2022 no laboratorio da Cova de Postojna é un logro incríble.
O proteo ou peixe humano |
Para percorrer a cova primeiro subimos a un pequeno tren que nos levou por galerías e túneles.
Esta formación que vemos en forma de estalagmita é chamada o Brillante pola súa brancura. Mide 5m. de alto e é o símbolo da cova.
Todo un mundo de estalagtitas e estalagmitas...
Esta é a cova máis visitada de Europa. Despois de percorrer no tren varios tramos, baixamos e camiñamos entre túneles, pasadizos e galerias durante aprox, km. e medio. Logo volvemos coller o tren para sair ao exterior.
A cova foi formada ao longo de millóns de anos polo río subterráneo Pivka. No interior da cova descubrirons e inscripcións do S.XIII pero foi descrita por vez 1ª no S. XVII. Dende o S. XIX é unha atracción turística.
Na cova hai salas como a dos conciertos, cunha excelente acústica e na que se celebran actuacións musicais.
CASTELO DE PREDJAMA
Moi cerca da cova visitamos este castelo que ten detrás unha cova o que o facía moi seguro nuns tempos nos que primaba a seguridade antes ca comodidade.
Castelo de Predjama |
Habitacións ...
"El castillo se hizo célebre gracias a la leyenda del caballero Erazem Lueger, enfrentado a los Haubsburgo por una disputa en la que mató a un alguacil. Parapetado en el castillo de Predjama, el barón, aliado con el rey húngaro Matthias Corvinus, atacaba los asentamientos afines a los Haubsburgo, y al rey Federico III. El asedio del señor de Trieste Gaspar Ravbar de un año y un día no consiguió sacarlo de la fortaleza, y los sitiadores no entendían como podía abastecerse, incluyendo las cerezas que lanzaba desde el castillo para burlarse de las tropas que lo hostigaban. Lo que desconocían es la red de cuevas que permitían (según la leyenda) salir y recoger víveres en las poblaciones del valle de Vipava".(https://www.turismoeslovenia.es/castillo-de-predjama/)
MUSEO DE KOBARIT
Na cidade de Kobarit visitamos o seu museo dedicado a unha batalla importante que tivo lugar durante a I Guerra Mundial. Entre 1915 e 1918 o chamado Frente de Isonzo foi escenario de cruentas batallas entre o exército italiano e as tropas do imperio astro-húngaro. Morreron miles de soldados dos dous bandos.
No percorrido interior do museo poidemos ver armas daquela época, uniformes, moito material fotográfico, unha proxección audiovisual...etc
Como a min non me gustan demasiado os museos e moito menos os dedicados ás guerras, esta visita non me aportou nada.
Museo de Kobarit |
MOSTEIRO DE KOSTANJEVICA
Vistas dende o mosteiro:
Este mosteiro é coñecido por ser o lugar onde está enterrado Carlos X de Francia (último Borbón que reinou en Francia) e a súa familia.
Sepulcros de Carlos X e a súa familia |
A guía ensinounos con gran entusiasmo a horta do mosteiro e falounos moito das roseiras que hai pero...levámonos unha decepción. Só atopamos un xardín bastante abandonado cunhas roseiras que xa non estaban en floración e ademais precisaban podas e coidados e un pequeno horto.
O xardín do mosteiro |
Chama a atención a biblioteca que trouxeron os franciscanos con libros antiquísimos e moitos.
Unha sala da biblioteca |
Este mosteiro foi moi danado na I Guerra Mundial, sendo restaurado entre 1919 e 1924. Ata finais da II Guerra mundial formaba parte da cidade de Gorizia (Italia) e despois desta pasou a formar parte da cidade iguslava de Nova Gorica, cidade fundada en 1948 cando o Tratado de Paz con Italia acordou unha nova fronteira entre este país e Iugoslavia.
Mosteiro de Kostanjevica |
NOVA GORICA
Esta cidade foi fundada en 1948 tras ser dividida en dúas a antiga Goriza despois do cambio de fronteiras trala II Guerra Mundial. Gorizia é de Italia e Nova Gorica, de Eslovenia.
Nova Gorica é tamén chamada "A cidade das Rosas" e atópase entre os vales máis verdes e frondosos de Eslovenia. Ao comezar a súa historia despois da II Guerra Mundial, esta cidade non ten un casco vello como outras cidades europeas, pero ten un entorno natural único e un ritmo frenético impulsado polos centos de estudantes debido a que a súa universidade está incluida no programa europeo Erasmus para estudantes.
Algo debe ter esta cidade porque vai ser no 2025 sede central da Capital Europea da Cultura. Esta distinción corresponde ás dúas cidades de Gorizia. Nova Gorica, a cidade máis xoven de Eslovenia, está íntimamente ligada na historia e na vida cotiá a Gorizia, no lado italiano da frontera.
A Ponte de Solkan é a ponte de ferrocarril feita en pedra máis grande do mundo. En Solkan estaba ubicado o noso último hotel.
(As 3 fotos seguintes son de Xaime Cancio)
A imponente estación de tren de Nova Gorica na Praza de Europa que actualmente está en obras debido á instalación de fontes e outros elementos con motivo da celebración o vindeiro ano 2025 de Capital Europea da Cultura.
Placa que marca a fronteira entre Italia e Eslovenia:
O Soca Fun Park ubicado xunto ao río é un parque de atraccións ao amparo de frondosas árbores. Foi deseñado principalmente para visitantes que buscan diversión chea de acción e descargas de adrenalina.
Unha ponte peonil e para bicis derriba do río Soca, moi cerca do noso hotel.
Paisaxe á beira do río cunha senda peonil natural. Preciosoooo!!
E aquí rematan as entradas da viaxe que fixemos a este fermoso país. Foi unha viaxe relaxada, tranquila e na que deu tempo a ver moito deste pequeno país pero aínda sendo pequeno e todo quedaron lugares por ver: algunha pequena cidade medieval, moitas cascadas, desfiladeiros, percorridos por lugares naturais que neste país parecen inacabables...
Non me importaría nada repetir viaxe a Eslovenia. Tal vez nun futuro...
Páxinas web consultadas:
https://www.rtve.es/television/20231202/proteo-anfibio-vive/2462137.shtml
https://www.slovenia.info/es/historias/conoce-a-las-crias-del-dragon-en-la-cueva-de-postojna
https://es.wikipedia.org/wiki/Castillo_de_Predjama
https://www.turismoeslovenia.es/museo-de-kobarid/
https://es.wikipedia.org/wiki/Monasterio_de_Kostanjevica
https://www.turismoeslovenia.es/nova-goriza/
Ningún comentario:
Publicar un comentario