Hoxe volvemos ao concello de Cudillero no que xa fixemos outra ruta este mesmo ano. Foi:
Lamuño- La Concha-Lamuño na parroquia de S. Martín de Luíña. A ruta de hoxe foi noutra parroquia de Cudillero e é que este concello é digno de ser visitado, non só a súa capitalidade senón tamén as súas parroquias, xa que teñen moito que ofrecer.
A parroquia de Oviñana é pola que transcorre toda a ruta de hoxe. O símbolo desta parroquia é sen dúbida o Cabo Vidio rodeado de acantilados impresionantes de moita altura.
A ruta é moi fermosa. O máis destacable son os impresionantes acantilados, os espectaculares miradoiros, as praias virxes grazas aos difíciles accesos, o monte Valdredo e a vila de Oviñana, onde notamos o seu pasado agrícola nos hórreos que aínda conserva e vemos que actualmente o turismo está pisando forte xa que hai multitudes de vivendas estacionais, apartamentos turísticos...
Características da ruta:
Lonxitude: 10km.
Dificultade: moderada.
Ruta circular parcialmente sinalizada. Deixo o meu track:
Descripción:
Nós aparcamos xunto á praia de La Cueva onde temos o 1º miradoiro (aínda que toda a ruta polos acantilados é un miradoiro natural)
Dende aquí imos ata o faro Vidio situado no cabo do mesmo nome. Un camiño pegado á estrada vai pola beira do mar.
Aparcamos frente a esta barquiña. É o pesqueiro Aldebarán que empezou a faenar en 1964. No 2014 deuse de baixa para toda actividade pesqueira e foi donado ao concello de Cudillero polo seu dono. Despois dunha completa restauración, no 2015 foi exposto neste lugar.
O monolito de pedra é unha fonte onde di "beba para que vuelva" pero beber aí é ben difícil! Eu non fun capaz de que a billa botase nin gota de auga. Hai que calcar moitoooo!!!
Empezando a camiñar...
Debaixo de nós está a praia "La Cueva" á que non chega a estrada. Hai que subir e baixar un treito de case 1 km. por un camiño ben empinado con reviravoltas para salvar un acantilado de 80 m. Esto fai que teña apenas ocupación e polo tanto non ten ningunha clase de servizo.
|
Praia La Cueva |
Contemplamos os enormes cantís e vemos xa ao fondo o Faro Vidio.
Neste percorrido polos acantilados atoparemos moitos bancos. Parece que están de moda aínda que dende varios deles, as vistas son practicamente as mesmas.
Pegada á praia de La Cueva está a de Peña Doria e de feito en marea baixa pásase dunha á outra.
|
Praia Peña Doria |
Unha pequena área receativa ao pé das praias.
O camiño pòlo que imos chega ao faro polo oeste mentras que a estrada chega polo sur. Vemos outro banco.
Bancos e bancos...
Outra pequena zona de descanso ao pé do faro.
Pola parte leste do faro hai outra praia que non acceso dende terra. É a praia de Gradas. |
Praia de Gradas |
Os acantilados que rodean o faro impresionan e dan medo!! O pequeno illote que vemos chámase "A iglesiona de Vidio" unha cova formada pola erosión que se pode visitar en marea baixa.
Acantilados que semellan ser cortados a coitelo que impresionan moitoooo!! Mellor non achegarse á beira!
Supoño que en non moitos anos non se poderá rodear o faro como se fai actualmente, a erosión do mar e do paso da xente acabará por impedilo.
O Cabo Vidio é un dos máis importantes de Asturias e dende el podemos divisar en días despexados Estaca de Bares á esquerda e Cabo de Peñas á dereita.
O entorno de Cabo Vídio é moi perigoso para a navegación pola multitude de illotes que hai, por eso en 1950 empezou a funcionar este faro que tivo un fareiro ata 1993. No ano 2021 rehabilitouse o faro, derribando a casa anexa do fareiro e modernizando os equipos de sinal marítima.
|
Faro de Cabo Vidio |
O muro que se ve en 1º plano son os restos dunha tolva (depósito similar a un embudo de gran tamaño destinado ao depósito e canalización de pedra, area...) No concello de Cudillero houbo 9 tolvas e 7 delas funcionaban ao mesmo tempo, canalizando as pedras que se sacaban das praias para as fábricas de Ensidesa e Entrecanales en Avilés.
|
Restos dunha tolva na praia de Peña Doria. |
Dende o Cabo Vidio voltamos sobre os nosos pasos e en lugar de ir pola estrada ou polo mesmo lugar da ida, collemos un camiño á esquerda.
O camiño vai á beira de casas e dun prado.
Enlazamos deseguida coa estrada pola que baixaramos antes no coche:
Xunto a vivendas de recente construcción,perviven os cabozos.
Oviñana conta con moitas vivendas estacionais xa que moitas delas están pechadas.
Casa cañeiro é unha casa indiana construida entre 1915 e 1920.Moitas casas teñen uns coidados xardíns.
Chegamos ao que pensamos debe ser o centro da vila, onde hai unha praza onde está a igrexa, un parque infantil unha pista para fútbol e baloncesto e un Centro Social. Este edificio foi a antiga escola e foi financiada por un grupo de indianos que emigrara a Cuba. Foi construida en 1925 e inaugurada en 1930. No 2011 foi rehabilitado este edificio e reconvertido en Centro Social na súa parte de arriba. Leva o nome "Unión Hijos de Oviñana" en honor destes emigrantes. Na parte baixa do edificio, está a escola rural con dúas aulas de E. Infantil.
Frente á escola e Centro Social, está a igrexa. A igrexa de S. Roque foi construida no 1943 e ten ao seu carón a que foi Casa Rectoral.
O edificio que se ve frente á igrexa é o restaurante El Café onde paramos a xantar e comemos un polbo á feira exquisito!
Abandonamos a vila proseguindo a nosa ruta.
Xa víramos antes indicacións de apartamentos rurais e aquí temos outros. Indo á esquerda chegariamos á fábrica de Mariscos Oviñana que se dedica ao marisco conxelado e á elaboración de platos preparados a base de productos do mar.
Vemos os sinais que a partires de aquí van marcar a ruta.
Atravesamos o Rego de Vívigo.
|
Rego de Vívigo |
Imos por unha pista de monte pouco atractiva pero será moi curto o percorrido.
Pasamos ao pé da línea estreita de FEVE
E continuamos por un camiño moi enlamado.Estamos no bosque de Valdredo e o final do mesmo ten premio!!
Xa oimos o ruxir do mar cruzando este piñeiral...
Aí temos a praia de La Vallina. Na foto non se apreza pero había un montón de cabras polo acantilado.
A baixada á praia ten moito desnivel e puxeron unha corda para axudarse:
Estamos nun entorno máxico, precioso coa desembocadura do Rego de Vívigo que servía no pasado para mover este muíño e outro que hai máis arriba.
Este é o acceso principal da praia de La Vallina, a min encántame tan natural e virxe o que fai que teña moi pouca afluencia. Na foto vemos a canle da auga para o muíño e en frente os restos dunha tolva.
Eu califiquei esta ruta como moderada pola baixada que acabamos de realizar axudados pola corda e tamén pola subida que estamos a realizar agora.
Dende o alto temos unha visión perfecta da praia La Vallina. É a máis grande do concello de Cudillero e tamén se coñece co nome de El Gallo. É unha praia cunha forte ondaxe.
|
Praia La Vallina o El Gallo |
Nesta praia desemboca tamén o Rego de Valdredo formando unha pequena e fermosa fervenza.
Cara ao leste vemos a praia de Oviñana, pegada á anterior, á de La Vallina podendo tamén considerarse unha prolongación da anterior. |
Praia de Oviñana |
Moita xente opta por chegar co coche o máis cerca que pode destes preciosos e recónditos lugares. Nós, camiñando descubrimos esas paisaxes doutro xeito e ademais vemos outras máis que só se poden ver indo a pé.
Moitos bancos vimos. Claro, hai moitos recunchos nos que apetece pararse a descansar e contemplar tanta fermosura.
Seguimos todo pola beira do mar, por riba dos acantilados:
Imos empezar agora unha baixada que se vai ir complicando porque o chan está composto de pedras soltas. Axiña o imos atopar.
Imos baixando vendo calas illadas, os enormes cantís e escoitando o mar.
Despois dunha curta subida chegamos ao Miradoiro do Sablón. Hai discusións sobre cal é o mellor banco do mundo. Nós hoxe vimos varios que se merecen este título. Tal vez este do Sablón, o que máis. Estes acantilados, estas praias virxes, son dos máis fermosos do Cantábrico. Dende aquí, en días despexados, (non é o caso de hoxe) podemos ver toda a rasa costeira ata Luarca e Estaca de Bares
|
Miradoiro do Sablón |
O Miradoiro do Sablón coa Praia de La Vallina e moi ao lonxe unha punta que sobresae moito é a Estaca de Bares. Vemos a baixada que fixemos.
E fomos chegando ao inicio na praia La Cueva, cerca do Cabo Vidio que vemos ao lonxe.
Páxina web consultada:
https://www.lne.es/occidente/2011/09/14/hijos-ovinana-sede-21031240.html