martes, 28 de xuño de 2022

PENHA GARCÍA (PORTUGAL)

Despois de visitar Monsanto fomos ata Penha García que está moi cerca. Pertence ao igual que Monsanto ao distrito de Castelo Branco e tamén ao mesmo municipio de Idaha-a- Nova e aínda que non forma parte das 12 aldeas históricas de Portugal, ben podía facelo xa que é outra aldea preciosa e cun montón de lugares que ensinar!!
Penha García atópase na  ladeira dunha montaña de rochas graníticas rodeada polo río Ponsul. A orixe desta aldea remóntase ao Neolítico cando surxíu un poblado pola boa situación defensiva deste lugar.
O 1º que vemos ao baixar do bus é un tanque que participou na "Revolución dos claveles".(O 25 de abril de 1974 esta revolución provocou a caída da II República portuguesa que non convocaba eleccións democráticas dende o 1925. O fin desa dictadura restaurou a democracia en Portugal).
Tanque que participou na Revoluçao dos Cravos (Revulución dos Caraveis)

Empezamos a subir cara ao castelo (nestas aldeas sempre hai que subir xa que os castelos situanse na parte máis alta co fin de servir de defensa e ver dende aí posibles atacantes.)
Vemos na foto unha fonte coa imaxe da Inmaculada Concepción , patrona de Penha García.
Fonte coa imaxe da Virxe da Concepción

Detrás da fonte , o edificio de cor rosa é un Forno Comunitario que existe dende a I. Media e aí viñan tódolos veciños a cocer o seu pan. Estivo pechado durante moitos anos pero hai sobre 10 anos que se voltou a abrir por parte dunha veciña. Eso sí, só abre as fins de semana por eso hoxe venres pola mañá estaba pechado.
Forno Comunitario e Fonte

As rúas son empedradas ao igual que moitas casas. Todo está limpo, impoluto!!

Unha rúa de Penha García
 
Ao igual que na aldea anterior, vemos nunha plaza o Pelourinho (Picota en galego e castelán) que servía para expoñer publicamente ás persoas que cometían algún delito.
Pelourinho
 Unha rúa calquera:


A igrexa da Concepción é a igrexa matriz, é dicir, a máis importante, a parroquial. Vémola subindo ao castelo. Data de mediados do S. XX




Igrexa da Concepción

Dende a igrexa vemos a presa do río Ponsul e algún muíño dos que veremos máis tarde cando pasemos por aí.



Unhas escaleiras de pedra van conducirnos ao castelo:

Segundo imos subindo e volvendo a vista atrás, vemos en todo o seu esplendor a igrexa da Concepción.


O Castelo de Penha García pénsase que foi edificado polos Templarios sobre unha edificación romana precedida por un castro. A partires do s XIX foise degradando e actualmente só quedan restos das súas murallas.
Castelo de Penha García

As vistas dende o castelo non poden ser máis fermosas:

Agora imos baixar do castelo pero polo lado contrario ao que subimos, xa que imos iniciar a Ruta dos Moinhos de Rodizio e dos Fósseis, unha ruta curta de apenas 3 km. que faremos case circular xa que a remataremos outra vez no medio da aldea. Jaime deu a opción de facela quen quixera e a maioría fixemos o percorrido.
Eu gravei esta ruta e podemos ver o track en WIKILOC

Baixando polo desfiladeiro por un camiño empedrado.
 
Vemos ao fondo os muíños e só os veremos por fóra xa que o señor que os ensina atopámolo subindo.

 Imos achegándonos ao río Ponsul e vemos os muíños, restaurados e que aínda funcionan.

Cruzaremos o río Ponsul pola ponte de madeira que vemos:

Non é que víramos moitos restos fósiles, polo menos eu. Hai máis de 500 millóns de anos que Penha García era un  océano no que vivían trilobites (especie de artrópodos que se extinguiron) e máis tarde dinosaurios.
Nestra rocha podemos ver restos fósiles de trilobites ao reptar polo fondo mariño cando este lugar era un océano.

Entramos agora nunha zona máis verde ao estar ao pé do río. 

A Fonte do Pego é unha pequena e fermosa piscina natural formada por unha pequena cascada. Imaxino que debe ser unha gozada chegar aquí en días calorosos, facendo este percorrido e atopar este lugar onde poder refrescarse.
Piscina natural A Fonte do Pego

Continuamos por este fermoso entorno agora verde. Vemos en 1º termo unha mesa e bancos de pedra ben rústicos:

Agora enfilamos unha pequena subida para chegar de novo a Penha García.

As rúas estaban desertas e imperaba o silenzo só roto polas aprox. 100 persoas que visitamos este marabilloso lugar.

Así foi a nosa 1ª mañá en terras portuguesas. Visitamos Monsanto e Penha García. Marchamos comer que a tarde tamén promete!!

A visita a MONSANTO podes vela AQUÍ

Páxinas web consultadas:

https://www.recuerdosdemimochila.com/que-ver-en-penha-garcia/
https://www.turismoenportugal.org/
https://www.misviajesysensaciones.com/2017/10/penha-garcia-ruta-fosiles-y-molinos-de-agua.html






luns, 27 de xuño de 2022

ALDEAS HISTÓRICAS DE PORTUGAL: MONSANTO,

Dos días 23 ao 26 de xuño realizamos unha viaxe a 2 aldeas históricas de Portugal e a outras 3 máis, así como  a Cáceres, Plasencia e Zamora con "Amigos das Viaxes" da man de Jaime Cancio. Foi unha viaxe ben fermosa visitando unha zona de Portugal menos coñecida e aproveitando para ver tamén outras cidades españolas que quedan cerca da fronteira co país veciño.

As Aldeias Históricas foron constituidas no 1991 polo Goberno de Portugal para promover o turismo na zona onde se ubican.  No 1998 iniciouseo Plano de Recuperação das Aldeias Históricas para a preservación dos seus cascos antigos. Este plan contou coa financiación do Fondo Europeo de Desenrolo Rexional e os seus obxectivos principais, aparte dos traballos de conservación, era mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, da economía e da  infraestructura local. 

Saímos o día 23 xoves á tarde para chegar ao noso hotel Termas de Santiago ubicado no municipio de Penamacor ese mesmo día á noite.

O noso hotel en Portugal


Cabe dicir que Penamacor o mesmo que Monsanto, 1ª aldea que visitaremos, pertencen ao distrito de Castelo Branco pero a distintos municipios.

O mesmo que España está dividida en Autonomías, Portugal está dividida en DISTRITOS, en concreto ten 18 distritos.

Estamos polo tanto no distrito de Castelo Branco e o venres pola mañá despois de almorzar no noso hotel imos á 1ª das aldeas históricas:

MONSANTO.-

Monsanto é unha freguesía (unha parroquia) que pertence ao municipio de Idanha-a-Nova. É unha das dúas aldeas históricas que visitamos.

Chegamos a Monsanto e parece que entremos nunha aldea de conto coas súas rúas medievais, coas casas que parecen aplastadas por grandes rochas e son o seu maior reclamo turístico e na parte máis alta non podía faltar un castelo medieval.

O 1º que vemos ao chegar e dominando a aldea é a Torre de Lucano, un campanario medieval do S.XV que permanece intacto ao paso do tempo. Tamén vemos a muralla que data do S. XVIII.


Unha rúa de Monsanto.

En 1º lugar dirímonos ao castelo pero en lugar de ir co grupo pola dereita, nós optamos por ir pola esquerda porque eu sabía que había unha pequena ruta de sendeirismo chamada "Ruta dos Barrocais" que ía por ese lado e chegaba tamén ao castelo e claro unha namorada do sendeirismo non podía deixar escapar a ocasión...

O percorrido é curto e non vale para calquera xa que o chan é moi irregular e hai que estar acostumado a camiñar por sitios así.

Inmensas rochas por todas partes e unhas vistas espectaculares nos acompañaron:


A ruta non ten perda xa que está perfectamente sinalizada e explica cada recurso que se atopa. Na foto seguinte por exemplo vemos os "Penedos Juntos", dous enormes bolos graníticos que se bican. Pasaremos polo medio deles:


As formacións xeolóxicas que imos vendo a medida que subimos chaman a nosa atención.

Os buratos que vemos na seguinte rocha reciben o nome de Laje das Treze Tigelas ou Tigelinhas da Fidalga. (Tigela significa cunca en galego e laje significa pedra)) Son unha cavidades circulares na rocha pouco profundas que algúns consideran de orixe antrópica (é dicir algo modificado pola acción humana) como que houbo nese lugar un santuario ancestral ou tamén hai a lenda que atribue a orixe dos buratos á caridade dunha señora (unha fidalga) que fai servir sopa aos pobres neses buratos. A explicación máis crible é que son resultado do fenómeno natural da erosión.


Xa podemos divisar o castelo, a capela de S. Miguel e a Torre Peao.


Vemos un primeiro plano da Torre Peao que foi unha atalaia illada algo alonxada do castelo e que foi derribada a finais da I. Media intencionadamnete porque podía ser unha ameaza para o castelo en caso de asedio.

Torre Peao

A capela de S. Miguel pénsase que é do S. XII. É de estilo románico e foi a 1ª igrexa parroquial de Monsanto, construida polos Cabaleiros Templarios (eran os que protexían os camiños e peregrinos que ían a Terra Santa) ao mesmo tempo que o castelo. Esta igrexa foi utilizada ata mediados do S. XIX.
Capela de S. Miguel

Capela de S. Miguel por dentro. Conserva o altar.

Ao redor da capela vimos tumbas antropomórficas que se atopan nun estado moi bo de conservación. Varios estudosos apuntan que tal vez teñan orixe visigodo. Vimos 7 ou 8.
 
Vista de frente da capela de S. Miguel onde observamos o seu indudable estilo románico nos arcos da fachada principal.

Confluimos no camiño que vén pola dereita por onde veñen os outros comañeiros da viaxe. Nós viñemos polo carreiro que vemos en 1º termo.
Vemos o castelo en toda a súa maxestuosidade:


Dende o castelo as vistas son espectaculares. Estamos a 758 m. de altura e podemos xirar 360 graos contemplando as máis lonxanas montañas, os vales, as vilas...


Aínda que nos está clara a orixe deste castelo parece ser que foi construido ao redor do S. XII polo rey Afonso Henriques que o entregu aos Templarios.

No medio do castelo vemos a Capela de Santa Mª que foi construida moito máis tarde que o castelo, concretamente no S. XVII sobre outra máis pequena. No S. XVIII foi completamente devastada durante a ocupación das tropas francesas e foi recentemente restaurada de aí que a vexamos tan "ben conservada".

Durante séculos o castelo de Monsanto foi un lugar estratéxico onde se libraron multitude de batallas, pero no S. XIX houbo unha gran explosión no almacén das municións e o castelo quedou practicamente en ruinas. Foi declarado Monumento Nacional en 1948.
Panorámica dende o castelo:
 
O castelo chegou a ter dúas portas de entrada, unha torre da homenaxe que non se conserva e catro torres vixía.
 
Na foto seguinte vemos unha porta de acceso, unha torre de vixiancia e en 1º termo a cisterna (depósito que había nos castelos para almacenar auga)

Rematada a visita ao castelo, toca baixar. Nós fixémolo por onde subira antes o resto do grupo realizando así unha ruta circular.
Baixando á aldea.

 Monsanto non chega aos 1000 habitantes. A inmensa maioría deles non vive na mesma aldea, senón na parte máis baixa, fóra das murallas. Moitas das rochas que vemos desprendéronse da montaña e foron aproveitadas para construir as casas servindo de tellado, de paredes...Espectacular!!!
 
Chaman a nosa atención uns habitáculos pechados. Resulta que son furdas(pocilgas de porcos) que antes estaban diseminadas por toda a aldea e foron reunidas nese lugar por motivo de saúde pública. Antiguamente os porcos, ao igual que ocurría nas aldeas galegas eran unha fonte alimenticia moi importante.
Unha furda

As casas máis espectaculares de Monsanto atópanse na parte máis alta da aldea.

 
Esta aldea parece a ilustración dalgún conto:

No mes de maio, Monsanto celebra a Festa das Cruzes para conmemorar un asedio medieval: según conta a lenda, os lugareños famentos tiraron a única vaca que lles quedaba por riba dos muros do castelo para burlarse dos seus inimigos aparentando que aínda lles quedaba moito que comer. Os atacantes foron enganados e fuxiron. Nesta festa, as mozas tiran cestas de flores e non faltan bailes e música xunto ao castelo.


Vimos as indicacións a un miradoiro e seguindo as mesmas nuns metros atopei esta área recreativa cunhas boas vistas pero como xa víñamos do castelo onde son insuperables...
O penedo que predomina esta paisaxe chámase "Penedo do Pé Calvo"
 
Algúns aspectos das rúas de Monsanto:




A Torre de Lucano ou do Reloxo foi unha torre vixía sobre a que podemos ver un galo de prata que lle foi otorgado a esta aldea ao serlle concedido o premio de "aldea máis portuguesa de Portugal" no ano 1938.

Torre de Lucano co gallo de plata encima.

Un pouco máis abaixo da torre vemos a Igrexa da Misericordia, de estilo renancentista do S. XVI.
Igrexa da Misericordia.
 
Xusto diante desta igrexa, nunha pequena praza que hai temos o Pelourinho que en castelán e en galego se traduce como "picota" e que é unha columna de pedra onde se expoñían os reos e as cabezas dos axusticiados para que servise de escarmento.
Pelourinho de Monsanto
Cada casa en Mosanto é diferente.

E na foto seguinte vemos a Igrexa Parroquial de S. Salvador do S. XV e restaurada no S. XVIII



E por último vemos o "Solar dos Pinheiros", unha antiga e noble familia de Monsanto que construiron esta fabulosa mansión no S. XVIII. Actualmente é un alonxamento turístico. Integrada na fachada do edificio vemos a Fonte do Mono.


Marchamos de Monsanto despois deste fermoso percorrido que fixemos con calma, dando tempo incluso a parar nalgún bar a tomar algo quen o desexou.

Páxinas web consultadas:

https://www.traveler.es/articulos/monsanto-el-pueblo-portugues-aplastado-por-la-roca-que-ver-que-hacer
https://www.turismoenportugal.org/monsanto
https://porto-north-portugal.com/oporto-portugal/monsanto-portugal-es.html