Hoxe tocou unha ruta que pasa en poucos km. por 3 concellos: Valdés (só no inicio e final), Salas e Cudillero)
Esta concretamente é unha ruta de montaña pero moi fácil, porque xa parte dunha considerable altitude e ademais é moi curtiña, pero non por eso menos fermosa, vendo antigas brañas e con vistas sorprendentes á costa e á montaña.
Hai que reseñar que a estrada para chegar aquí é moi estreita e con curvas moi pechadas.
Características da ruta:
Lonxitude: 7,7 km.
Dificultade: fácil.
Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC
Descripción:
O inicio e final desta ruta está no alto do Cerezal a 660m. de altitude, ao pé da capela de S. Juan e nun cruce do que saen varias pistas. Este punto pertence a Lendepeña da parroquia de Arcallana, no concello de Valdés.
 |
| Punto exacto de onde sae a ruta. |
A capela de S. Juan á que me achegarei á volta.
 |
| Capela de S. Juan (Lendepeña) |
Casiñas diseminadas pola montaña en Lendepeña.
Frente a min, El Picón que máis tarde rodearei. Estamos na Serra dos Ventos.
Neste lugar abundan tamén os pastos, xa que é zona de brañas e de antigos vaqueiros de alzada. (Os vaqueiros de alzada son un grupo social e cultural do occidente de Asturias dedicados á gandería e caracterizadospor unha trasumancia estacional: viven en brañas altas no verán e baixan á costa no inverno. Históricamente marxinados polos «xaldos» (habitantes agrícolas sedentarios), mantiveron unha cultura propia, tradicións únicas e unha vestimenta distintiva
Fermosas vistas á montañas lonxanas con neve.
Mirando cara atrás, a pista que sube á subestación Parque Curiscao-Pumar.
A 1,5 km. da saída de ruta, xa vemos o mar.
Camiño por asfalto, pola SL-13. Non hai unha alma.
Aló embaixo, o lugar de Os Baos que pertence a Arcallana (Valdés)
Alí enriba, o pico El Río, na Serra dos Baos.
As vistas nesta ruta son impresionantes.
Vemos diferentes picos da Serra do Pumar que separa os concellos de Pravia e de Cudillero.

De súpeto, cara á costa, deixamos de vela clara e perfectamente porque se achegan nubes que traen auga. Aquí arriba, por onde vou, non chegan e segue a lucir un espléndido sol.
Na foto, Peña Cesteiro á que partiron polo medio para facer a pista que se ve e leva aos eólicos. |
| Peña Cesteiro |
Mirando cara ao oeste, vemos montañas e picos da Serra de Gamoneo.
No concellos de Valdés e Cudillero, mar e montaña están ben próximos conformando paisaxes de inmensa fermosura.
Eso si, miremos onde miremos, hai parques eólicos. Estamos agora no concello de Cudillero.
Na zona verde da seguinte foto, está Busfrío. Unha braña vaqueira no concello anterior que coma case todas está deshabitada.
Ao fondo, o Pico Cueto que acabo de rodear. É o punto máis alto do concello de Cudillero.
Distintas montañas da Serra do Pumar.
Que vistas!! Busfrío, as montañas, un viaducto da A-8 e o mar...
Por aquí mesmo pasa a ruta das Brañas Vaqueiras, homologada como PR-AS 272 de case 24 km. e que vai percorrendo brañas vaqueiras, bosques autóctonos e serras. Eu hoxe percorrín algo da parte da serra vendo tamén algunha braña.
O camiño que se ve é o chamado "camín dos asturianos". Eu vou por outro, máis arriba e máis novo que vai polo parque eólico.
Dende este punto, xa vexo O Cerezal de onde partín. Muros de pedra milenarios, as cabanas abandonadas da braña do Cerezal. Esta braña pertence á parroquia de Malleza, xa no concello de Salas.
Acabo de pasar ao pé do Pico El Picón e baixo por un camiño con bastante desnivel ata a estrada que se ve na foto.
Á dereita o Pico La Mosqueta.
Atopo unha cancela para o gando. Só está achegada. Pásase sen problema.
Pretendía voltar ao punto de inicio por un camiño que vai ao pé das cabanas pero está pechado con ramas e cordas para que non se pase. Así que volto pola estrada da ida.
Xa de volta ao inicio de ruta, achegueime a coñecer a capela de S. Juan nesa mesa que se ve en 1º plano foi onde comín ese día. Vaia restaurante!! Que ben se estaba, sen aire, sen frío e cunha paisaxe impresionante.
A capela de S. Juán foi construida en 1924 polo indiano Nicolás Gayo. Cada ano celébrase aquí en xuño a festa na honra do santo.
Vistas dende a capela ao pico La Mosqueta.
Vistas a Lendepeña dende a capela de S. Juan. Nesta aldea quedan tan só 3 casas habitadas, no 2024 con 8 persoas en total durante todo ano. No verán hai máis xente que ven pasar as vacacións.
Tiven moita sorte co temo porque no momento de marcharme, a néboa xa tapaba os lugares máis altos polos que había pouco que pasara.
Páxina web consultada:
https://www.lne.es/asturias/2017/05/05/grato-volver-lendepena-19325282.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario