domingo, 8 de marzo de 2026

PARROQUIAS DE VILAMOR E MASMA (MONDOÑEDO)

 Esta ruta vai por dúas parroquias do concello de Mondoñedo.

Aparcamos xusto onde remata Lourenzá e empeza Mondoñedo por esta parte. Visitamos parte de dúas parroquias deste último concello nunha ruta que non ten case nada de especial pero que nos quedaba cerca da casa e tíñamos pouco tempo.

Características da ruta:

Lonxitude: 7,8 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción:

Aparcamos ao pé da estrada LU-153 que une Lourenzá coa parroquia de Masma  (Mondoñedo). Concretamente, deixamos esta estrada no km. 2 pillando á esquerda, por unha estrada que se curta de súpeto  aos poucos metros, empezando unha pista.

Na foto seguinte, a estrada principal e a que pillamos para deixar o coche e empezar a camiñar.

Estamos no barrio de Outeiro que xa pertence á parroquia de Masma (Mondoñedo)

Pista de monte no inicio da ruta:

Entrada ás canteiras de Isidro Otero.


Ao igual ca noutras rutas que fixemos por diversos lugares, a acacia negra está invadindo moitos montes.

Pasamos ao pé doutra canteira de Isidro Otero


Estamos agora na parroquia de Vilamor, na aldea de Guillade.

Dende aquí baixamos ata o barrio de A Retorta, xa na parroquia de Masma, para atopar a Capela de S. Ramón con arco de medio punto e dúas ventás aos lados, na fachada principal.

Capela de S. Ramón

Dentro da mesma parroquia de Masma, achegámonos ata o barrio de S. André, onde podemos atpara igrexa parroquial e o Pazo de Bon Aire.


A igrexa de S. Andrés de Masma foi construida por orde do bispo Sarmiento de Sotomayor en 1740 e aumentada no S. XIX coa construcción da torre na fachada principal

Igrexa parroquial de Masma


Moi preto da  igrexa, atopamos as ruinas do que foi o Pazo de Bon Aire. Un centro pertencente a que igrexa, que foi residencia de bispos, e que nos seus últimos anos acolleu a persoas con problemas relacionados coas drogas.

A día de hoxe, o centro está nun estado de abandono moi avanzado, a natureza campa as súas anchas, e a construcción xa sen tellado e case derruido de todo por dentro, aguantan as paredes de fóra de momento.

Pazo de Bon Aire

Pazo de Bon Aire

Antigamente, era costume enterrar bispos, curas e outra xente ao redor das igrexas. Aquí vimos, ao redor da igrexa de Masma, lápidas de sacerdotes, bispos e outra xente enterrados no século XIX.

Esta tradición xurdiu da necesidade de enterrar aos fieis no lugar sagrado máis próximo ao templo, simbolizando a protección divina.

Abandonamos Masma por un camiño de monte.


Estamos de novo na parroquia de Vilamor

Vilamor aséntase ao longo dun val con terras moi fértiles, solleiras e propicias para a agricultura e gandaría.

A pesares de estar no concello de Mondoñedo que ten cabozos de estilo propio (Cabozos tipo Mondoñedo) atopamos un de tipo Ribadeo:
Hórreo estilo Ribadeo

A capela da Virxe da Peña está totalmente abandonada e as hedras van tapala.
capela da Virxe da Peña

Moitas capelas de aldeas son restauradas. Esta parece que non tivo sorte.
capela da Virxe da Peña

Estamos en Guillade, dentro da parroquia de Vilamor. Obsérvense na foto nada menos ca 6 cabozos, todos eles de estilo Mondoñedo.

Pasamos mesmo ao pé dunha canteira de Isidro Otero
Canteira
Atravesamos o mesmo monte da ida pero agora por outro camiño, paralelo ao anterior pero máis abaixo.

Xa vemos as casas de Outeiro. Estamos a piques de rematar esta ruta.
Outeiro (Masma)

Páxinas web consultadas:
https://mondonedoferrol.org/parroquias/directory/masma-santo-andre/
https://marcoscandiaimaxes.com/2024/02/29/pazo-de-bonaire/

Ningún comentario:

Publicar un comentario