Esta é a 1ª ruta que fago no concello de Begonte. Este concello pertence á Terra Cha, polo tanto, a ruta será moi fácil sen apenas desnivel.
Begonte aínda non chega aos 3000 habitantes e nace como concelllo no 1842. No 1924, Rábade, que pertencía a Begonte, independizouse creando un novo concello.
Begonte está moi ben comunicado xa que o atravesa a A6, a A8, a NV, a N634 e pola LU-541 que une Rábade con Vilalba. Por este concello pasa o Camiño de Santiago e a súa situación, moi cerca da capital provincial (Lugo está a 19 km) e as boas comunicacións fan que sexa un concello vivo e dinámico.
É Begonte un concello que rezuma auga: está atravesado polo Ladra e o Parga e ten varias lagoas. Abundan as masas de árbores autóctonas conformando todo esto unhas paisaxes naturais de gran valor e fermosura.
Características da ruta:
Lonxitude: 8km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC
Descripción da ruta:
Aparquei en Begonte onde está o Centro de Atención Primaria, o xulgado e outros edificios.
Saimos á N-VI e deseguida torcemos á dereita, onde está o sinal de "Club Fluvial"
Chama a miña atención este Peto de Ánimas, un pequeno santuario ubicado en camiños, encrucilladas ou igrexas na nosa Comunidade e que son un culto aos mortos. Na cultura galega a devoción ás Ánimas do Purgatorio foron e seguen sendo nalgúns casos, unha das maiores devocións.
Debaixo do chamado "nicho" (onde está a imaxe) hai unha pequena hucha (peto en galego) onde antigamente se botaban moedas para rezar pola alma do defunto/a. Actualmente esa tradición está perdida.
|
Peto de Ánimas |
Fermoso mural de Diego As (autor do mural de Lugo Xulio César que foi nomeado en 2021 o mellor do mundo) que retrata a un avó e ao seu neto visitando o famoso Belén de Begonte. |
Mural de Diego As |
Cruzamos un paso a nivel con barreiras.
E xa estamos no Club Fluvial, un lugar moi grande e precioso ás beiras do río Ladra que conta cunha praia fluvial, moitas mesas, moitas árbores, pistas deportivas, bar....No verán seica hai moita xente, hoxe era todo para min sola!! Vaia remanso precioso de paz!!
Este foi o meu comedor de hoxe!
No Club Fluvial hai tamén unha pequena praia fluvial moi fermosa.
Un caneiro é unha especie de dique ou presa construida no curso dun río para poder pescar. Na foto un caneiro no Ladra.
Enormes bidueiras que empezan a anunciar o outono.
Unha flor de azafrán de outono. Florece nesta estación e tamén se lle chama azafrán silvestre ou de prado. Unha característica única desta planta é que lle aparece a flor antes das follas.
O outono pedindo paso...
Rematamos o percorrido polo Club Fluvial e agora o percorrido pasa a ser un carreiro á mesma beira do río.
Un paseo moi tranquilo no que non atopei a ninguén con pontes de cando en vez que salvan regos que va desembocar ao Ladra.
Aquí vemos outro río, o Parga, que desemboca aquí no Ladra.
O bosque de ribeira con carballos, abidueiras, abelairas, algún castiñeiro... O río Ladra nace da unión dos río Magdalena e Trimaz e desemboca no Miño.
Chega un momento no que atopo esta ponte rota e impide o paso por ela. Ao mellor se podía pasar igual cruzando o rego que salva que parecía levar pouca auga (na foto parece que non levara nada) pero debaixo das follas víase chan moi húmido e movedizo. Tiven medo a afundirme e din a volta porque uns metros antes hai un camiño perfectamente habilitado para pasar.
Sepárome pois definitivamente xa do río Ladra para pillar este camiño que me vai levar á N-VI.
Neste percorrido ata chegar á estrada vexo tanto á dereita como á esquerda, unha zona de lagoas, o camiño tamén ten zonas con bastante auga. Estamos nu humidal dun valor ambiental extraordianrio. Son os chamados Ollos de Begonte, dúas lagoas separadas entre si 150m. incluidos como LIC (Lugar de Interese Comunitario) Parga-Ladra-Támoga na reserva da Biosfera Terras do Miño. Están rodeados de exuberante vexetación o que dificulta a súa visibilidade.
O camiño lévame a esta ponte do tren que aparece bastante inundada. Se non se pasa por aí hai a posibilidade de facelo cruzando a vía.
Chegamos á N-VI que temos que cruzar. OLLO! En épocas de moita chuvia supoño que o paso que hai despois de cruzar a estrada estará inundado e non se poderá pasar. Hai outros puntos de acceso ás Lagoas, non ten que ser obrigatoriamente este o lugar para poder acceder. A min resultoume moi doado porque xa desemboquei aquí e podíase pasar ben.
"Las Lagunas de Riocaldo –junto a la de Pozo do Ollo- están situadas entre las parroquias de Begonte y Pacios, y cuentan con un microclima específico y una abundante y notable flora y fauna acuática entre las que se encuentran diversas especies de interés internacional, comunitario y nacional que lo convierten en un lugar que hizo merecedor de la declaración de Lugar de Interés Comunitario (LIC) al espacio “Parga-Ladra-Támoga” en la propuesta para la Red Natura 2000."La Laguna de Riocaldo es un paraje natural que disfrutan diferentes aves acuáticas entras las que se encuentran Garzas Reales, cormoranes, diferentes tipos de patos, aves migratorias, como alavancos, las gallinolas negras, las cercetas reales, las píllaras doradas grandes, los patos cuchara, el asubión, el ánsar ceniciento, o pato ceniciento, y el rabilargo etc.
(https://www.concellodebegonte.es/es/turismo/ruta-caneiros-e-lagoas-de-riocaldo)
|
Lagoa de Riocaldo |
Para pasar por aquí estaba algo complicado pero foi un tramo moi pequeno e din pasado.
Agora pillei un camiño á esquerda. (tamén se podía ir por outro á dereita e acurtariamos algo a ruta) Tódolos camiños desta zona estban coidados e son moi anchos.
De cando en vez, no medio de tanta vexetación, albiscaba algo das lagoas.
Nun punto determinado aparece esta valla e pensei que tería que retroceder pero ao achegarme vin que estaba aberta e se podía pasar.
Desemboquei nunha pista ancha de area que bordea outra lagoa.
Esta outra lagoa que é moi grande apenas a puiden ver xa que a espesa vexetación o impedía.
Estamos chegando á A8 e torcemos a dereita.
Vou en paralelo á autovía e podería seguir esa pista case ata o final da ruta pero canseime de escoitar pasar tanto coche e nun cruce que vin, torcín á dereita.
É unha estrada local moi fermosa que vai entre unha gran carballeira.
Sigo vendo lagoas.
Desemboco na N-VI e os primeiros metros hai que ir con coidado xa que non hai arcén. Despois, si.
Paso por diante do Polígono Industrial e deseguida chego ao inicio desta ruta.
Páxinas web consultadas:
https://es.wikipedia.org/wiki/Peto_de_%C3%A1nimas
https://www.concellodebegonte.es/es/actualidade/el-belen-electronico-de-begonte
https://gl.wikipedia.org/wiki/Caneiro_(pesca)
https://www.viverosshangai.es/azafran-silvestre-rocus-de-outono-o-safron-de-pradera
Ningún comentario:
Publicar un comentario