No este de Eslovenia visitamos 3 cidades, todas elas moi tranquilas, sen ningún tipo de aglomeración.
Celje: a 3ª cidade máis grande do país.
Ptuj: a cidade máis antiga de Eslovenia
Maribor: A 2ª cidade máis grande do país.
CELJE
É a 3ª cidade máis grande de Eslovenia e é famosa pola súa historia medieval e polos seus balnearios(só na cidade, hai 6) Tamén coñecida como "A Cidade dos Condes de Celje" xa que esta familia noble viveu aquí.
Coa chegada dos pobos bárbaros, Celje foi arrasada e non se soubo máis dela ata o S. XII, cando foi reconstruida baixo o nome de Cylie e foi denominada a sede dos condes de Celje, que foron a dinastía máis influente en tempos medievais de toda Eslovenia. Posteriormente pasou a depender dos Habsburgo, e no S. XIX, ao Imperio austrohúngaro. Nese momento, Celje era un núcleo de nacionalismo alemán (cerca do 67 % eran alemáns). Coa caída deste imperio, foi integrada no Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, onde comenzou a industrialización e crecemento da cidade.
Vimos Celje de camiño a Maribor. Ao chegar a Celje, estaba esperándonos un guía local que nos foi explicando a historia desta cidade.
Celjski Dom |
Fermosos edificios coa torre da Catedral de S. Daniel ao fondo.
Na seguinte foto, a igrexa da Asunción de María de estilo románico do S. XIII.
Narodni Dom |
MANSIÓN DOS VELLOS CONDES (MUSEO REXIONAL)
Palacio do Principe |
Algo do que vimos no Museo:
O "Teito de Celje" é o punto culminante do antigo edificio, antiga pintura profana entre o Renacemento e o Barroco.
Son moi interesantes unhas excavacións recentes que descubriron unha cidade romana do S. I.
![]() |
Ás beiras do río Savinja |
PTUJ.
Ptuj é a cidade máis antiga de Eslovenia que acadou o seu máximo esplendor en época romana. Foi campo de batalla durante as guerras turcas do S. XVIII e incendiada numerosas veces. No S. XIX era unha cidade de escasa importancia ata a apertura da línea ferroviaria Viena-Trieste. En 1941 foi ocupada pola Alemania nazi, pero despois da guerra os alemáns foron deportados a Austria e outros marcharon a Estados Unidos. Dende entón Ptuj estivo poblada case completamente por eslovenos.
A cidade está atravesada polo río Drava que dotou sempre de gran riqueza aos seus habitantes.
IGREXA DE S. JORGE.- É unha das igrexas máis antigas de Eslovenia. Foi empregada como picota na I. Media e foi de gran importancia na vida da cidade. Foi construida ao redor de 1140.
Igrexa de S. Jorge en Ptuj |
Visitamos por dentro esta igrexa onde observamos o estilo gótico.
Interior da igrexa de S. Jorge |
Vemos o Munumento a Orfeo no lugar que se empregaba como picota na I. Media e o Teatro.
PRAZA MESTNI.-É o centro neurálxico da cidade. O impresionante edificio que vemos é o do concello.
Edificio do concello de Ptuj |
Aspecto exterior do castelo de Ptuj
Fomos comer ao restaurante Turisticka kmetija Hlebec onde nos ofreceron unha degustación de varios tipos de viño.
MARIBOR
É a 2ª cidade máis grande de Eslovenia. Está situada cerca de Austria, ás beiras do río Drava. Ten moita industria e o principal producto é o viño.
"Formó parte del Imperio Austro húngaro hasta su disolución, cuando pasó a ser un miembro más del reino de Serbios, Croatas y Eslovenos. Fue una localidad con mucha influencia alemana durante gran parte de su historia, aunque tras la I Guerra Mundial muchos los alemanes que la habitaban emigraron de Maribor provocando una desgermanización de la zona. Años después, durante la II Guerra Mundial, fue nuevamente anexionada a Alemania. Una vez finalizada la contienda Maribor vuelve a formar parte de Yugoslavia hasta 1991, momento en que Eslovenia se independiza".(https://www.turismoeslovenia.es/ciudades-de-eslovenia/maribor/)
Paseamos pola Capital Europea 2012
Un dos edificios máis emblemáticos desta cidade é esta igrexa franciscana que destaca pola súa cor vermella e foi o noso punto de referencia para movernos pola cidade cando nos deixaron templo libre.
Igrexa Franciscana |
Monumento ás vítimas da II Guerra Mundial |
Catedral |
Columna votiva ou da peste. O edificio que alberga o concello é de estilo renancentista do S. XVI. |
|
A vide máis antiga do mundo |
A Ponte de Tito sobre o río Drava é do 1913 é un dos símbolos da cidade.
https://serviajero.blogspot.com/2023/08/celje-eslovenia-centro-historico.