Desta ruta podo falar moi pouco xa que o día que nos tocou facela chovía e ventaba de tal maneira que non poidemos facela completa. Só andivimos un pequeno tramo e demos a volta xa que era imposible desfrutala. Queda pendiente para unha nova ocasión.
Boal é un pequeno concello (menos de 3000hab.) do occidente asturiano.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 14km. (nós fixemos uns 6km. en total)
Dificultade: Media (para nós foi fácil xa que non chegamos á parte dura)
Ruta circular cunha sinalización regular nalgúns tramos.
DESCRIPCIÓN:
A ruta parte da casa da apicultura que está a 2km. de Boal, na aldea Os Mazos ( a nós que imos dende a costa de Lugo, quédanos antes de chegar á vila)
A situación exacta da casa da apicultura AQUÍ A Casa da Apicultura é un centro de divulgación e interpretación relacionado coa cría das abellas xa que este concello posee, dende tempos moi antiguos, moitas colmeas.
 |
Casa da Apicultura en Os Mazos |
Baixamos pasando pola Casa da Rectoral:
 |
Os Mazos |
 |
Mirando cara atrás, vemos de onde saímos |
 |
Detrás queda a aldea de As Viñas |
A paisaxe que nos acompaña é ben fermosa pero a chuvia contínua non nos deixa desfrutala:
Non deixa de chover...
Dende este lugar decidimos dar a volta e repetir esta ruta noutra ocasión:
Demos a volta e volvemos por onde viñemos. Polo tanto non vimos o Castro de Pendía, nin subimos ao Pico Penácaros.
Estas fotos íxenas ao volver:
 |
Os cabalos non podían estar máis mollados |
O río Pendía:
Collemos os coches e diríxímonos a Boal onde tíñamos reservado o xantar:
 |
Boal |
 |
Que ben senta hoxe este pote asturiano! |
Moita xente de Boal emigrou a finais do S. XIX e principios do S.XX a ultramar, sobre todo a Cuba. Este monumento, realizado en bronce está composto por 5 figuras a tamaño natural e reproduce a despedida dunha familia fotografíada en 1909. É obra de Amado González hevia, "Favila" |
Monumento á emigración |
A fotografía orixinal e o monumento ( publicación recollida do grupo de facebook"El occidente astur")