venres, 4 de setembro de 2026

GALGAO (ABADÍN)-A VALIÑA (MONDOÑEDO)

Hoxe fixemos unha fermosa ruta polos concellos de Abadín e Mondoñedo. É curta pero intensa e pasa por camiños, carreiros e congostras con moita arboreda autóctona. Veremos tamén unha fermosa cascada, a antiga igrexa de S. Cosme da Montaña e pasaremos por aldeas tradicionais.

Características:

Lonxitude: 6,2 km.

Dificultade: fácil

Ruta lineal sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descrición:

Saimos do aparcadoiro da coñecida Área de Servizo "O Rei das Tartas" e pillamos o Camiño de Santiago Norte indo ao revés que os peregrinos que van a Santiago.

Area de Servizo "O Rei das Tartas"

Collemos o camiño que vemos á esquerda, antes da A-8

Un camiño tradicional dos de toda a vida...Ao fondo, a Serra do Xistral.

Fermosas vistas a zonas de Mondoñedo e máis aló.

O percorrido vai cara abaixo e lévase ben.

Na esquina da esquerda vemos Lousada que xa pertence ao concello de Mondoñedo pero nós seguimos aínda no de Abadín.

Atravesamos un fermoso souto.

O Camiño de Santiago Norte ten aquí unha boa subida porque claro, vai ao revés que nós.


Durante o século XIX, o lugar de Lousada destacou pola extracción e explotación de mármore gris azulado. Esta actividade estivo moi vinculada á fábrica "A Competidora Universal", propiedade de Germán González. 
A antiga canteira de Lousada, situada na parroquia de Sasdónigas (Mondoñedo), é un espazo de gran relevancia histórica e patrimonial. Na foto, frente de corte da antiga canteira, onde se aprecia a rocha exposta da que se extraía o mármore gris azulado e a piedra caliza que despois se procesabano lugar.

Antiga canteira de mármore

Un dos elementos máis singulares de todo este complexo industrial son os seus fornos de calcinación. Foron construídos a comezos dos anos cincuenta. A súa finalidade era aproveitar todos os bloques de pedra da canteira que non servían para ser serrados como mármore na fábrica. Alí transformábanse en cal, que logo se distribuía para dar servizo aos campos de zonas veciñas como Abadín.
A imaxe mostra os muros de pedra devorados pola maleza e a hedra, que corresponden ás estructuras de soporte, almacéns ou as rampas de carga dos antigos fornos de cal (caleiras) e dependencias da fábrica.
Hoxe en día, as canteiras, os talleres, as oficinas e as estruturas dos fornos fican nun estado de abandono, integradas e case cubertas pola maleza da contorna.

 

Un carreiro que non pode ser máis fermoso:

Castiñeiros, abelairas, carballos, felgos...

Agora pasamos por unha congostra: congostra é un camiñode carros estreito e fondo que discorre xeralmente entre valos, sebes, cómaros ou outras elevacións do terreo. Tamén se coñece como corredoira ou corga.
 Trátase dunha senda afundida respecto ao nivel dos campos ou leiras que a rodean debido ao paso continuado durante anos.

Neste cruce, deixamos o Camiño de Santiago.

De verdade que esta ruta é ben fermosa !!

Chegamos á fervenza de Augas Santas ou do Rego de Muras Este rego, en época de chuvias, pode ser difícil ou imposible de cruzar xa que acostuma a levar moita máis auga.

Esta cascada formada polo Rego de Muras atópase no concello de Abadín, parroquia de Galgao.
Fervenza do Rego de Murasmou Augas santas

Agora toca subir polo entorno da cascada.

Rematado o bosque, accedemos a un espazo aberto no que hai un carreiro que rozou non hai moito un veciño de Mondoñedo que tamén se dedica ao sendeirismo. Grazas, Moncho!!

E vemos os primeiros "quitamerendas" deste ano!! Estas plantas recoñécense de xeito moi doado porque medran pegadas ao chan, non teñen follas e ábrense como se fosen estrelas, cos pétalos separados.
Quitamerendas

As "quitamerendas" son as mensaxeiras do outono. Aparecen a finais de agosto e en setembro, anunciando que axiña chegarán os días fríos. Parécese moito á planta do azafrán, da que se extrae esta especia, pero estas pola contra son moi tóxicas.
O nome venlles dado porque antigamente había pastoreo trashumante, que ía dun sitio a outro buscando os mellores pastos. Ao chegar o outono e aparecer esta planta, os días son máis curtos polo que se reducía a xornada laboral e xa non se merendaba no monte . Era a época na que os pastores baixaban da montaña.
Quitamerendas

Dende a antiga igrexa do S. Cosme da Montaña temos boas vistas de Lousada.
Lousada

As vistas dende a antiga capela de S. Cosme da Montaña, a 450m. de altitude son extraordinarias.

 Na foto seguinte, a 1ª capela do S. Cosme da Montaña. Ao mellor moita xente non sabe que a actual igrexa foi inaugurada no 1925 e antes desa data o S. Cosme da Montaña era venerado neste lugar. A capela quedouse pequena para a gran cantidade de romeiros que asistían e os accesos tamén eran complicados (supoño que estes accesos pouco ou nada cambiaron dende aquela e nós tivemos o privilexio de percorrelos)

Restos da antiga capela de S. Cosme da Montaña.

Houbo unha lenda local que dicía que S. Cosme escapaba desta pequena capela en ruinas para irse á ubicación actual do santuario, creendo os veciños que era un milagre e que era desexo do propio santo cambiarse de lugar. Unha vez inaugurada a nova igrexa, cambiaron as tornas: agora o santo seica escapaba para a pequena capela . A xente estaba preocupada porque pensaba que o santo non se afacía no novo lugar, ata que descubriron que este novo milagre tiña que ver coa oposiciónn dalgún veciño ao novo traslado.
Outra lenda di que a nova ubicación da igrexa e do santo débese máis ben aos desexos dunhas ricas familias con apoio do clero.
Sexa o que sexa, a actual igrexa foi inaugurada en setembro de 1925 no lugar chamado Retama, na mesma parroquia de Galgao.

Restos da antiga capela de S. Cosme da Montaña.

É unha pena que estes poucos restos que quedan non estean coidados e postos en valor.
Restos da antiga capela de S. Cosme da Montaña.

A romería de S. Cosme da Montaña ten lugar cada 27 de setembro e chegan romeiros dende moitos puntos das comarcas veciñas a oir misa, andar en procesión, prender candeas, depositar exvotos de cera vinculados ás peticións que se fan ao santo. É esta unha romeria moi querida por moitos chairegos e mariñaos.
Na foto, o que era o adrio da capela.

Abandonamos a antiga igrexa por unha pista de recente creación. A última vez que pasei por aquí (Outubro de 2024) aínda era un carreiro entre felgos.

Desembocamos na estrada que nos vai levar nuns poucos metros a Os Samordás.

Seguimos en Abadín e esta aldea pertence á parroquia de Galgao. Esta aldea foi estudo en 2024 por parte de espeleologos xa que hai unhas covas (3) con 170m percorribles na máis grande delas. Son chamadas a Cova dos Santos ou da Meiga e gardan gran cantidade de estalagmitas e estalagtitas.
Os Samordás

Dende Os Samordás ata a próxima aldea iremos por estrada durante 1 km. e paseando por esta estrada que vemos na imaxe seguinte, atopamos a José de Celso, un habitante de Os Samordás que nos dixo que só vivía nesa aldea el e a súa familia. É un home de maís de 80 anos, moi amble e de boa e interesante conversa que nos contou varias historias sobre a súa aldea e a xente que por alí vivía no pasado.

Chegando xa a Vicos, con vistas ao lonxe de S. Vicente (Mondoñedo)

Vicos de arriba:
Vicos de Arriba

Vicos de Abaixo. Unha aldea moi fermosa con casas restauradas e unha rúa ben limpa.
Vicos de Abaixo

En Vicos pillamos un camiño á dereita:


É un gustazo camiñar por estes lugares tan fermosos e con tanta paz!!

Nótase a vida da aldea nas plantacións que atopamos cerca das casas: moitas nogueiras, castiñeiros...

Chama a nosa atención a frondosidade dos castiñeiros, nogueiras...aquí hai boa terra e cerca pasa un rego.

Por este camiño chegamos á seguinte aldea:

En pouco máis de 1,5 km. chegamos á Valiña que vai ser o noso punto final de ruta. Esta aldea que xa pertence á parroquia de S. Vicente de Trigás (Mondoñedo) está actualmente sen habitantes.
A Valiña.















mércores, 2 de setembro de 2026

PEDREGAL DE IRIMIA. NACEMENTO DO MIÑO (MEIRA)

 Sempre se dixo, e cado íamos á escola así nolo ensinaban, que o río Miño nacía en Fonmiñá (A Pastoriza) nin a esta parroquia se nomeaba, dicíase "El Miño nace en Fonmiñá, provincia de Lugo" Anos máis tarde dixéronnos que esta información non era certa, que alí onde hai unha fermosa área recreativa e unha lagoa alimentada polo Miño aínda en forma de case un rego, non era o inicio do Miño, senón que nacía uns km. máis arriba, na Serra de Meira.

A verdade é que esta ruta non me pareceu nada fermosa nin interesante. O Pedregal de Irimia xa o coñecía, e o resto do percorrido non me aportou absolutamente nada.

NOTA: Desta ruta, para mín, só merecen a pena dous puntos: o inicio e fin no Pedregal de Irimia e o pico O Forno de Martín polas vistas. O resto do percorrido vai por camiños e pistas sen ningún interese paisaxístico.

Características da ruta:

Lonxitude: 9 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar e que coincide nun tramo coa ruta Miño-Eo.O meu track en WIKILOC

Descrición:

A camiñata ten inicio e fin no Pedregal de Irimia onde ducias de fontes dan lugar ao nacemento do Miño formando un pequeno río primeiro, que atravesa Meira e Fonmiñá.

Na seguinte foto vemos o pedregal debaixo do que corre a auga que formará o río Miño. Esta masa de pedra que se estende ao longo de 600/700m. impide ver a auga xusto ata o final deses coios, ao pé da estrada, onde podemos ver un pequeno rego.

Estas enormes pedras, na súa maioría cuarcitas, proceden dunha morrena de hai entre 10000 e 20000 anos.

Pedregal de Irimia
Unha lenda conta que nestas terras vivía unha vella meiga chamada Irimia que se levaba mal cos monxes do convento. Un día, mestres gardaba o seu gando, viñeron os monxes a cobrarlle os impostos que ela se negaba a pagar. Para que fuxiran, empezou a tirarlles pedras, pero os monxes decidiron apoderarse desas terras xa que eran ricas en fontes para manter o gando. A meiga botoules un meigallo e cubreu de pedras moi grandes o manancial do Miño dicindo "Nunca poderás probar a auga deste río porque é miño" De aí os nomes do río e do pedregal.
A meiga Irimia

Alí mesmo, no pedregal, hai unha coidada área recreativa.
Área Recreativa no Pedregal de Irimia

Empezamos a subir por unha fea pista.

Voltando a vista atrás, vemos Meira ao lonxe.
Aló no fondo da imaxe, Meira

Non me pode gustar menos este camiño.

Aló embaixo, Meira, envolta na bruma.


Imos por unha pista forestal sen gracia ningunha:

As árbores que nos rodean, xa se ven, só eucaliptos.


Agora, remata o monte de eucaliptos e camiñamos entre piñeiros.

Estamos subindo cara o cumio da serra.

A subida anterior desemboca no Parque Eólico de Meira.

Parque Eólico de Meira

Vistas dende a Serra de Meira a terras de Pastoriza e máis aló.

Estamos pasando á altura da Pena das Corvas, un lugar coñecido para os amantes da escalada que practican aquí este deporte. 

O Pico "O Forno de Martín" a 890m. de altitude é punto máis alto desta serra. Aí colocaron un montón de antenas de comunicación.


Vistas dende o Pico O Forno de Martín.

Por unha pista de monte entre eucaliptos de novo chegamos ao punto de inicio.

















































luns, 31 de agosto de 2026

BALNEARIO SZÉCHENYI/PASEO EN BARCO POLO DANUBIO/ CAFETERÍAS FAMOSAS, BARES RUINOSOS, SINAGOGA... (BUDAPEST)

 O BALNEARIO SZÉCHENYI  son os maiores baños termais medicinais de Europa. Os seus edificios foron construidos en 1913 en estilo neobarroco. O complexo foi ampliado en 1927 e actualmente, ten ao aire libre 3 piscinas e 15  cubertas. 

Exterior do balneario Széchenyi

Zona interior: Alberga 15 piscinas termais medicinais de diferentes tamaños e temperaturas, ademáis de 10 saunas, baños turcos, salas de vapor, cámaras de sal e salas de masaxes terapéuticos ou de relaxación. 

Interior do balneario

O balneario é espectacular por dentro e por fóra.

Interior do balneario

Este balneario foi inaugurado en 1913 e aliméntase de augas termais naturais que brotan de manantiais subterráneos
Interior do balneario

Zona exterior: Conta con 3 piscinas xigantescas. A máis famosa é a piscina termal recreativa (onde é habitual ver a xente local xogando ao axedrez na auga), flanqueada por unha piscina de natación  e outra con jacuzzi móvil.

PASEO POLO DANUBIO
Un paseo en barco por el Danubio en Budapest é unha experiencia para desfrutar da cidade dende a auga. Consiste nun percorrido polo río Danubio que divide a cidade en Buda e Pest con vistas espectaculares dos seus monumentos máis icónicos como o Parlamento, o Castelo de Budae a Ponte das Cadeas.

O Parlamento dende o barco

De frente, a Ponte da Liberdade.
A Ponte da Liberdade de frente.
 

Na parte de Buda vemos as torres da igrexa de Santa Ana.
 
  A Ponte Margarita é a 2ª ponte máis antiga de Budapest. Dende ela, accédese directamente á Illa Margarita que non vimos e entereime de que é preciosa.
Ao fondo, cerca do Parlamento, a Ponte Margarita.

Á dereita da foto, aló enriba a estatua da Liberdade no Monte Gellert,  xusto ao lado da histórica Ciudadela, é un dos monumentos máis visibles e emblemáticos  da capital húngara. Cunha altura total de 40 metros (14 metros da escultura de bronce e 26 metros de pedestal), representa a unha figura femenina levantandou ha folla de palmeira coas súas mans en sinal de triunfo e paz.
Para chegar a ela camiñando hai sendeiros axardinados e dende aló enriba hai vistas de toda Budapest e as súas pontes. Foi un lugar que non visitamos.
A estatua da Liberdade
(Este archivo se publica bajo la licencia Creative Commons CC0 1.0 Dedicación al Dominio Público Universal)
Estatua da Liberdade nunha foto de Internet baixo a licencia Creative Commons

A Ponte de Rákóczi é unha das máis modernas, foi inaugurada en 1995.
Ponte de Rákóczi 

A Ponte Petöfi edificouse no S. XX. As tropas alemanas dinamitarono no1945, durante o asedio a Budapest na II Guerra Mundial. Reconstrueuse e reabreu en 1952.
Ponte Petöfi 

A Ponte de Isabel , popularmente coñecido  como a Puente de Sissi, é unha das pontes máis emblemáticas de Budapest. Cruza el río Danubio no seu punto máis estreito dentro da cidade
Ao igual que o resto das pontes de Budapest, foi dinamitado polas tropas alemanas en retirada enxaneirode 1945 durante a II Guerra Mundial
É a única ponte da cidade que non se reconstrueu idéntica á súa forma orixinal. Debido á gravedade de los danos e os altos costes, optouse por un deseño completamente novo.
 Ponte de Isabel 


CAFETERÍAS NEW YORK E PÁRISI
A Cafetería New york inaugurada a finais do S. XIX é mundialmente coñecida como "a cafetería máis fermosa do mundo". Situada na planta baixa do fastuoso palacio neorrenacentista da antiga compañía de seguros New York Life (actual hotel de luxo Anantara New York Palace), este rincón evoca a opulencia dun palacio real con frescos dorados, lámpadas de cristal veneciano e columnas de mármore.

Interior da cafetería New York (foto de Xaime Cancio)

Interior da cafetería New York (foto de Xaime Cancio)

A  LÚA (MOON BUDAPEST)
É unha instalación artística de 7m. de diámetro suspendida a uns 3,5 metros de altura do chan, no centro da cidade. Unha réplica hiperrealista a escala 1:500.000 da superficie lunar, baseada en imaxes reales da NASA que mostran incluso os cráteres e o lado oculto da lúa.
Eu vina durante o día, pero o seu maior atractivo é de noite, cuando se encende e brila intensamente contra o ceo oscuro. 
A Lúa


PÁRISI PASSAGE CAFÉ & RESTAURANT
É unha impresionante cafetería e restaurante de luxo situada no interior do hotel Párisi Udvar Hotel.
Exterior do Párisi Passage Café&Restaurant

Serven café chocolate, repostería fina, cerveza, cócteles e pratos que mesturan a cociña húngara e internacional. A miúdo hai música de piano en directo.
É un sitio de gama alta; os prezos son elevados en comparación con outros cafés comúns da cidade.
Interior do Párisi Passage Café&Restaurant

Está debaixo unha espectacular cúpula de cristal, arcos góticos, neo-renacentistas e detalles florais.
Interior do Párisi Passage Café&Restaurant


BARES EN RUÍNAS
Son locais instalados en edificios abandonados do barrio xudío decorados con arte urbano, grafitis e obxectos reciclados.

Szimpla Kert

O Szimpla Kert é o pioneiro e máis famoso de todos, aberto en 2002. Conta con varias plantas, un patio central, coches antigos adaptados como asentos e una estética psicodélica.
Szimpla Kert 

A gran maioría concéntranse no Distrito VII  polo que  se pode ir andando de un a outro fácilmente.
Szimpla Kert 

Estes bares, ubicados en locais de edificios a punto de ser derribados, foron alugados moi baratos, rehabilitados e convertidos en lugares super orixinais, alternativos, sobre-decorados e creativos. 

Szimpla Kert 
Outro bar ruinoso no que entramos:

Outros edificios que vimos no percorrido entre a cafetería Párisi e o barrio xudío:



 A Gran Sinagoga de Budapest é a máis grande de Europa. A construcción enmárcase  nun contexto de gran auxe da comunidade xudía de Pest, que a mediados do S.XIX  chegaba case aos 430.000 habitantes.
Gran Sinagoga de Budapest

Na foto seguinte vemos o Parque Memorial no patio traseiro, contén o Memorial a los mártires xudíos húngaros —polo menos 400 000 xudíos húngaros fueron asasinados polos nazis—. Aseméllase a un salgueiro chorón cuxas follas levan inscripcións cos nomes das vítimas.
Parque Memorial

Páxinas web consultadas:


https://es.wikipedia.org/wiki/Ba%C3%B1os_Sz%C3%A9chenyi
https://www.mochileandoporelmundo.com/los-mejores-ruin-pubs-de-budapest/
 Esta publicación foi redactada coa asistencia de ferramentas de intelixencia artificial para organizar a información que foi revisada, editada e verificada por min.