venres, 24 de outubro de 2025

BELMONTE E GUARDA (PORTUGAL)

 Belmonte é unha vila de pouco máis de 6000 habitantes que ten 4 freguesías(parroquias)

Ten unha importante comunidade xudía sefardí (os xudíos que viviron en España e foron expulsados no reinado dos Reis Católicos)

Belmonte é unha das "Aldeas Históricas" de Portugal.  As "Aldeas Históricas" son 12, das que eu xa coñezo Sortelha e Monsanto doutra viaxe realizada por Amigos da Viaxes en 2022.

Estas "Aldeas Históricas", que nalgún caso son vilas, están a miúdo amuralladas e teñen castelos, ofrecen unha visión única da historia e cultura portuguesa con arquitectura militar, rúas empedradas e tradicións conservadas.

Que vimos en Belmonte?

A  LONTRA

Esta escultura dunha lontra é do artista Pedro Leitao Feita, elaborada con materiais de refugallo como persianas, ventiladores, xoguetes...co propósito de crear conciencia sobre a polución causada polo consumo e a actividade industrial e como eses residuos acaban nos ríos. Quere especialmente destacar a contaminación do río Zêzere en Portugal e escolle a representación dunha lontra porque estes animais son moi sensibles á contaminación dos ríos.

A Lontra

ESTATUA DE PEDRO ÁLVARES  CABRAL

Foi o descubridor do Brasil en 1500 e naceu en Belmonte.



Unha rúa de Belmonte moi adornada.

PELOURINHO E ANTIGO CONCELLO

O pelourinho ou Picota que vemos non é o orixinal, senón unha reconstrucción de 1986 pero conta con algunhas pezas orixinais. O edificio que vemos detrá foi o antigo concello ou como din en Portugal, a Cámara Municipal.

O Pelourinho diante da que foi a antiga Cámara Municipal

O CASTELO

É o elemento máis representativo de Belmonte. Fundouse no S. XIII e no S. XV pasou a mans dos Cabral. Ten unha impoñente Torre da Homenaxe.

Actualmente empréganse algunhas das súas estancias como Salas de Exposicións e tamén hai un anfiteatro.

A cruz que vemos é unha réplica da que levantou Pedro Álvares Cabral na 1ª misa celebrada en Brasil. É de madeira e foi un regalo do presidente brasileño nos anos 50.

Castelo de Belmonte

CAPELA DE S. ANTONIO E DO CALVARIO

A que vemos en 1º termo é a Capela do Calvario, foi construida no S. XIX en estilo neogótico. A porta principal está decorada cos instrumentos da Pasión de Cristo.

Tamén vemos a Capela de S. Antonio do S. XV.

Capelas do Calvario e de S. Antonio

IGREXA DE SANTIAGO E PANTEÓN DOS CABRAL

A igrexa data do S. XIII e o seu nome débese a que por aquí pasan dous Camiños de Santiago (O "Vía Estrela" dende Cáceres e o "Nascente" que sae de Évora) No S. XVI foi construido o panteón dos Cabral.

Igrexa de Santiago e Panteón dos Cabral

O campanario da capela de Santiago atópase separada da mesma, o que se chama campanario exento.

Campanario exento

Outra vista do castelo cunha fermosa ventá manuelina.

Castelo de Belmonte

Unha vista dende o Castelo:

BARRIO XUDÍO

Belmonte albergou unha importante comunidade xudía dende o S. XIII que aumentou coa expulsión dos xudíos de España no S. XV.

Tamén de Portugal foron expulsados e os que se quedaron tiñan que convertirse ao cristianismo, pero seguiron mantendo en segredo a súa relixión e os seus costumes.
No 1989 a comunidade xudía voltou xa formalmente e sen esconderse ao xudaísmo, polo que foi construída unha nova sinagoga.
As rúas empedradas e as casas tamén de pedra, son características do barrio xudío.
Barrio xudío

O monumento que vemos é unha janukiá ou candelabro que se usa na festividade  de Hanukka. É un dos símbolos máis importantes do xudaísmo. Está ao pé da sinagoga.
(Foto de Jaime Cancio)

A sinagoga Bet Eliahu foi inaugurada en 1996 e hai un rabino, polo que os xudíos de Belmonte visítana en ceremonias e festividades.

Descripción
English: Sinagoga Belmonte
Fecha
Fuentehttp://questomjudaica.blogspot.pt/
AutorBricking
.

Unha fermosa casa no barrio xudío:

Barrio xudío

Rúas estreitas de pedra e, ao fondo, a sinagoga.

Barrio Xudío

Actualmente hai en Belmonte menos de 200 xudíos.

Barrio Xudío

O barrio xudio forma o que podemos chamar o "casco histórico" de Belmonte.

Barrio Xudío

Coas sinagogas prohibidas, durante 500 años o culto  celebrabase nas casas, en secredo e en portugués, porque o hebreo, que agora están recuperando, foise perdendo cos anos.

Os dirixentes comunitarios xudíos fan especial fincapé en recoñecer o papel crucial da muller, que de xeración en xeración foi a encargada da transmisión oral da preservación do culto hebreo nesta comunidade, obrigada ao secretismo durante séculos e que non mantivo ningún contacto co xudaísmo exterior.

Barrio Xudío

Atopamos esta casa coa Estrela de David, que hoxe é un aloxamento hoteleiro.

"José Domingos, que usaba el nombre judío de José Levy Domingos, recibió la "medalla de honor" del Consejo de Comunidades Sefardíes de Jerusalén, un galardón otorgado por primera vez a un ciudadano portugués.

La distinción fue entonces justificada por la organización israelí con el trabajo “que José Levy Domingos” desarrolló a lo largo de su vida “a favor de la preservación del patrimonio judío en Portugal, el acercamiento social y cultural entre Portugal e Israel " (https://beira.pt/)

(Foto de Jaime Cancio)

Belmonte gustoume moitísimo polo castelo e sobre todo polo fermoso barrio xudío!!

Páxinas web consultadas:

https://mapaymochila.es/

https://www.nuncasinviaje.com/

https://eltrapezio.eu/es/espanol/la-lampara-encendida-los-criptojudios-de-belmonte_47585.html


GUARDA

É unha cidade de algo máis de 30000 habitantes situada a máis de 1056 m. de altitude, o que a converte na cidade situada a maior altura en Portugal.

Que vimos en Guarda?

CASTELO 

O castelo está situado na parte máis alta da cidade e ten polo tanto unhas vistas extraordinarias. Foi construido no S. XII por D. Sancho I e só se conserva a Torre da Homenaxe, un pedazo de muralla e a Torre dos Ferreiros.

Torre de Homenaxe do Castelo

Vistas dende o Castelo:

Os arredores do castelo son un magnífico balcón para observar a catedral e o resto da cidade.

A  CATEDRAL

A contrucción que vemos actualmente data de finais do S. XIV e rematouse no S. XVI. No S. XIX sufreu unha gran restauración, por eso se conserva tan ben. O seu estilo é gótico manuelino.

Descripción
Español: Catedral Sé, Praça Luís de Camões, Guarda, Portugal
Fecha
FuenteTrabajo propio
Autorjozhe
Ubicación de la cámara40° 32′ 17.69″ N, 7° 16′ 12.5″ O 


En portugués, as catedrais son chamadas Sés, que deriva da palabra latina sedes (asiento) e refírese á Sede dun bispo.
Sé ou catedral de Guarda

A Sé ou Catedral está ubicada nas Praza Maior ou Praza de Luis de Camôes que é a praza principal e o corazón do centro histórico.

                                                                    Praza de Luis Camôes
  Praza de Luis Camôes

TORRE DOS FERREIROS

Formaba parte das murallas da cidade e pódese subir a ela a través da Porta dos Ferrreiros. Hai un ascensor pero non sei se estaba en funcionamento, eu subín acompañada de Ana por unhas escaleiras de caracol.
Porta dos Ferreiros.

Vistas á igrexa da Misericordia dende a Torre dos Ferreiros.

E vistas á dende a mesma torre.



IGREXA DA MISERICORDIA
A fundación desta igrexa remóntase ao S.XVII pero o deseño actual é do S. XVIII presentando un estilo barroco.
Igrexa da Misericordia

PORTA DA ERVA 
É unha porta medieval que formaba parte do sistema defensivo da cidade e data do S. XIII.
Non vimos a Porta de El Rei, unha das máis antigas da cidade.

MUSEO DA GUARDA
Está situado no edificio do antigo Seminario Episcopal do S. XVII e contiguo ao Palacio Episcopal e abarca  obras de arte, arqueoloxía e etnografía así como pinturas.
Museo da Guarda

O centro histórico da cidade de Guarda conserva aínda hoxe as pegadas da antiga xudería. 




 A min o que máis me gustou de Guarda foi sen dúbida a súa catedral ou Sé e a Praza onde está situada. Tamén desfrutei das magníficas vistas dende o Castelo e dende a Torre dos Ferreiros.
Páxinas web consultadas:

https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada

https://www.centerofportugal.com/es

mércores, 22 de outubro de 2025

COVILHA (SERRA DA ESTRELA- PORTUGAL)

 Covilha é porta de entrada á Serra da Estrela con empinadas rúas debido á orografía do terreo.

Que vimos en Covilha?

Entramos na cidade pola PRAZA DO MUNICIPIO onde está o Concello, a Igrexa da Misericordia e o Teatro Municipal e tamén a estatua de Pero da Covilha, un explorador e diplomático portugués ao servizo de Juan II de Portugal nos séculos XV e XVI.

Praza do Municipio en Covilha
 
Na seguinte foto, a Igrexa da Misericordia. O edificio en cor rosa alberga nos baixos un banco e na parte superior é un hotel.

Igrexa da Misecordia e hotel na Praza do Municipio.

Estatua de Pero da Covilha:

Estatua de Pero da Covilha na Praza do Municipio.

RESTOS DA MURALLA

Na seguinte foto, vemos restos da muralla que existeu no pasado. Moitos tramos da mesma foron derribados a partires do S. XVII e outros foron derribados polo terremoto de Lisboa de 1755. Estes restos que vemos e que se atopan xunto ao Mercado Municipal son os máis significativos. Tamén houbo un castelo que desapareceu porque primeiro foi derruido polo terremoto e despois as súas pedras foron empregadas para a Real Fábrica de Panos
                                                        Restos da muralla de Covilha

MIRADOIRO PORTAS DO SOL

É un punto de interese histórico porque está localizado onde antigamente houbo un castelo no S. XI. Ofrece vistas panorámicas á Serra da Garduña.

Vista dende o Miradoiro Portas do Sol

IGREXA DE SANTA Mª MAIOR.-

Ubicada no centro histórico da cidade, esta igrexa ten unha fermosa fachada de azulexos que representan a vida da Virxe.

Igrexa de Santa Mª Maior (Foto de Jaime Cancio)

É sen dúbida, unha das igrexas máis fermosas de Portugal! Esta igrexa foi edificada no S. XIX no lugar onde había unha antiga capela do S. XVI. Os azulexos foron engadidos no ano 1940.
Igrexa de Santa Mª Maior

No interior, a Igrexa de Santa Mª Maior alberga importantes e fermosos retablos rococós e neoclásicos.

IGREXA DA CONCEPCIÓN

Inicialmente, foi a igrexa dun convento franciscano masculino, no S.XIII; a igrexa actual foi construida durante os séculos XV e XVI. No S.XVIII, o edificio foi transformado en fábrica de lanas e, despois dun incendio foi doado á igrexa realizándose reformas e ampliacións como a torre.

Igrexa da Concepción

Imaxe da Virxe da Concepción no interior da igrexa. (Foto de Jaime Cancio)


A anterior igrexa está ao pé do Jardim Público da Covilha.

Xardín Público de Covilha

Dende o Xardím Público temos boas vistas de toda a Ribeira da Carpinteira.

Vistas dende o Xardín Público de Covilha

ELEVADOR DO JARDIM

Covilha é unha cidade pousada nunha ladeira e por ese motivo ten moitas costas con importante desnivel que se salva polo medio de elevadores. Nós estivemos no Elevador do Jardim, un ascensor construido en 2 tramos que comunica o xardín no que acabamos de estar coa Ponte da Ribeira.

Elevador da Ribeira

PONTE DA CARPINTEIRA

Ponte construida en 2009 para salvar os 200m. de profundidade do Val da Ribeira e comunicar o chamado Barrio dos Penedos co centro da cidade. É unha obra do arquitecto João Luís Carrilho da Graça.

Ponte da Carpinteira

 COVINHA E A LA

A cidade de Covilha é coñecida como a "Cidade da La", xa que foi o maior centro de producción de la dende o S. XV.

Actualmente, esta industria produce por ano cerca de 40000 km de texido, e a través de varias empresas textiles; é proveedor de grandes marcas textiles mundiais como  Hugo Boss,Armani, Yves  Laurent, Calvin Klein, Christian Dior...etc

De tódolos xeitos, das máis de 200 fábricas textiles que chegou a ter durante o apoxeo da producción, nas décadas centrais do S. XX, mantén apenas unha decena na actualidade.

Hai un museo, chamado Museo de Lanificios  que fue inaugurado no 1992 e permite comprender, mostrar e argumentar os labores que se desenrolaban, principalmente, na  Real Fábrica de Paños e na Real Fábrica Veiga, cuxas instalacións agora ocupa.

Na foto seguinte, chemineas de antigas fábricas.


ARTE URBÁN

A cidade de Covilhã estase a convetir no centro do arte urbano da rexión Centro de Portugal grazas á acción creativa do Woolfest – Covilhã Art Festival.  Este festival rinde homenaxe ao pasado glorioso de Covilhã como unha das máis importantes cidades productoras de la en Portugal e pretende ser unha referencia da arte urbana no país. O Woolfest organiza eventos regulares, enchendo as paredes da cidade con pinturas coloridas que re relacionan co tema da lana.

Algúns traballos que vimos foron estes:










Páxinas web consultadas:

https://wanderlog.com/

https://www.visitportugal.com/es

https://viveportugalweb.com/que-ver-y-hacer-en-covilha-guia-viaje/

https://salamancartvaldia.es/

luns, 20 de outubro de 2025

VISEU (PORTUGAL)

Dende o xoves 16 ao domingo 19, viaxamos a Portugal da man da Asociación Amigos das Viaxes liderada por Xaime Cancio, un grupo de 58 persoas para visitar  Viseu e unha serie de cidades portuguesas situadas na Serra da Estrela, realizar un percorrido polo Douro en barco e visitar tamén Zamora.

Antes de empezar a escribir de cada lugar visitado, quero puntualizar o seguinte:

1.- Eu só valoro no blog os lugares visitados, NON os hoteis onde estivemos, a guía, o autobús, as comidas, as habitacións...etc. Eu eso xa o fixen mediante a enquisa que nos mandou Jaime que considero que é onde se debe facer.

2.- Este blog foi creado por min dedicado sobre todo a Rutas de Sendeirismo e dende hai uns anos, tamén vou escribindo aquí as viaxes que fago. A dirección do blog e o acceso ao mesmo pódese ver neste ENLACE

3.- O que aquí escribo é única e exclusivamente responsabilidade miña; non o fago en nome do grupo xa que cadaquén terá unha visión da viaxe que pode ou non coincidir coa que eu teño.

4.- As fotos que vou publicar son miñas (xa me vistes andar sempre cunha cámara ao pescozo) e tamén podo coller algunha das que Xaime manda ao grupo de whatsapp (de ser así, sempre o especifico)

5.- Aínda que sempre procuro non sacar persoas nas fotos xa que este blog é público, está en Internet e o pode ver calquera, pode que nalgunha foto se vexa alguén. Se é así e a persoa ou persoas non están de acordo, só teñen que comunicarllo a Jaime, el diramo a min e a foto será inmediatamente retirada.

VISEU

Na parte centro/norte de Portugal atopamos esta vila de case 60000 habitantes (case 100000 se contamos as 25 freguesías que ten e que son o equivalente ás nosas parroquias)

Que vimos en Viseu?

A  entrada á cidade de Viseu polo Xardín da Ribeira, ás beiras do río Pavia é moi fermosa.

Río Pavia

En Viseu hai costas. Por este motivo instalaron un funicular que empezou a funcionar no 2009 pero non o fai a diario, limítase a diferentes épocas do ano e seica ten un futuro incerto. Conecta o Xardín da Ribeira coa Praza da Catedral. O día que fomos nós non funcionaba e subimos andando, pero aínda que é empinado é un traxecto moi curto.

Raíles do funicular (foto de Xaime Cancio)

A CATEDRAL: 

Empezouse a construir no S. XII e orixinariamente era románica pero quedan poucos restos deste estilo. O que predomina é o gótico. A construcción duha catedral dura moitos anos polo que moitas delas están construidas en varios estilos.

Destacan no exterior as dúas torres xemelgas e a fachada renacentista do S. XVII

Catedral de Viseu (Foto de Xaime Cancio)

O máis importante da catedral está no interior da mesma. O claustro é unha obra mestra da arquitectura renacentista.

Claustro da  catedral

Unha parede do claustro decorada con azulexos de escenas da Biblia.
Claustro da  catedral

No interior, as bóvedas da catedral son de estilo Manuelino, característico de Portugal.
Interior da catedral

As cordas e cabos entrelazados, a miúdo facendo nós, son característicos do estilo Manuelino como na Catedral de Viseu.

Interior da catedral

Pegado á catedral, en perpendicular a esta, hai un edificio (o antigo Palacio Episcopal) que alberga o Museo Nacional Grao Vasco onde hai unha importante colección de arte.
Á esquerda, o Museo Grao Vasco

IGREXA DA MISERICORDIA
Enfrente da catedral, está a Igrexa da Misericordia. Foi construida no S. XVIII  e ten unha fermosa fachada en estilo rococó.

Igrexa da Misericordia

O interior da igrexa da Misericordia é de estilo neoclásico, un pouco sobria en comparación co exterior. O retablo do altar maior ten unha imaxe da Virxe da Misericordia do S. XVII

                                           Interior da igrexa da Misecordia (Foto de Xaime Cancio)

Nun lateral da igrexa anterior está a Fonte das tres Bicas, chamada así por ter 3 canos de auga que caen sobre tres pías de pedra

                                                Fonte das tres Bicas             

PRAZA DE D. DUARTE

Ubicada ao pé da catedral e presidida pola estatua de D. Duarte que naceu nesta cidade e foi rei de Portugal  entre finais do S. XIV e pricipios do XV.

Praza de D. Duarte.

Estatua de D. Duarte na Praza do mesmo nome

A Praza de D. Duarte está rodeada de edificios dos S. XVIII e XIX.

Edificios en Viseu

PORTA DO SOAR

En Viseu atopamos restos dunha muralla medieval e algunhas portas como a do Soar. Esta porta está ao pé da Capela de Nosa Señora dos Remedios.

Porta do Soar e á dereita, a capela de Nosa Señora dos Remedios.

Se nos asomamos á Porta do Soar vemos os restos da muralla.

Porta do Soar

A Porta do Soar en foto tomada do lado contrario ás anteriores. (Foto de Xaime cancio)

Porta do Soar

IGREXA DOS TERCEIROS DE S. FRANCISCO

No Parque Aquilino Ribeiro, atopamos nun alto esta igrexa,  unha construcción barroca do S. XVIII.

Igrexa dos Terceiros de S. Francisco.

No interior da igrexa podemos ver  retablos de talla policromada e dourada en estilo rococó.

Interior da igrexa dos Terceiros de S. Francisco

Unha fermosa fonte nunha rotonda ao pé da igrexa anterior e do parque Aquilino Ribeiro.

AZULEXOS DO ROSSIO

Estes azulexos nunha parede da Praza da República foron pintados en 1931 polo artista Joaquim Lopes por unha proposta do capitán Francisco de Almeida.

Representan escenas de alegoría á vida local con escenas rurais e de feira.

Azulexos do Rossio

Na Praza da República atópase tamén a Cámara Municipal ou Concello de Viseu.

Cámara Municipal ou concello

XARDIN DAS MAES

Así chamado debido á instalación nos anos 40 do S. XX dunha escultura do artista José de Oliveira Ferreira en memoria da súa nai, nada en Viseu.

Xardín das maes ou nais.

O Xardín das Maes está presidido por esta escultura da nai de Xosé de Oliveira. É un xardín pequeno con moitas flores: rosas, petunias, begonias...

Xardín das maes ou nais.

E esto foi o que vimos na nosa visita a Viseu. Vimos moito e quedaron cousas por ver. Viseu ten moitos parques e vimos algúns pero non vimos o do Fontelo que seica é moi fermoso; tamén nos faltou visitar a Igrexa de Nosa Señora do Carmo, a Fonte e o Parque de Santa Cristina e a verdade é que pouco máis. Foi unha visita curta pero ben aproveitada.

Páxinas web consultadas:


https://www.visitportugal.com/es/node/137319

https://www.turismoenportugal.org/