O nome desta ruta pode levar a engano. A palabra "bolos" lévanos a pensar nunhas pezas de madeira ou outro material, alongadas e torneadas con base plana para que se teñan en pé e que se empregan para o xogo dos bolos. Este significado máis usual nada ten que ver co nome desta ruta. A palabra "bolo" ou "bola" é unha variante do bable para dicir "avó" ou "avoa". En asturias a forma máis usada e "güelo" e "güela" pero hai zonas na sque que se emprega esta outra forma : "bola ou bola." Polo tanto estamos ante a "RUTA DOS AVÓS", a que facían os maiores en tempos pasados no concello de Illano para ir dunha aldea a outra. Este percorrido forma parte doutra ruta moito máis larga (143 km.) que está aínda en proxecto ,"A Gran Senda do Navia" que iría dende a aldea de Busnullán (Pedrafita do Cebreiro) onde nace o río Navia ata a desembocadura do mesmo na vila do mesmo nome.
"Es un nexo de conexión, de los Valles del Navia, comprendiendo los concejos gallegos de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Cervantes, Becerreá, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz y A Fonsagrada y los asturianos de Ibias, Grandas de Salime, Allande, Pesoz, Illano, Boal, Coaña, Villayón y Navia"
Resultounos unha ruta fácil, preciosa, onde desfrutamos de extraordianrias vistas sobre o río Navia e aldeas próximas. Non saimos da parroquia de Bullaso onde pasamos por Lombatín, Bullaso e Villar de Bullaso desfrutando do seu patrimonio en forma de unha capela, unha igrexa, moitos hórreos e paneiras, lavadoiros, miradoiros continuos... Percorremos carreiros e camiños ancestrais e vimos pasadoiros, corripas e outros elementos debidamente sinalizados e explicados dun xeito ameno e decorativo.
Características:
Lonxitude: 9,7 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular só sinalizada ata Bullaso. O meu track en WIKILOC:
Descripción:
Aínda que oficialmente esta ruta ten o seu inicio AQUÍ (moi pouco despois de atravesar o encoro de Doiras) nós empezamos en Lombatín, onde deixamos o coche.
Lombatín é un pequeno lugar da parroquia de Bullaso, nunha ladeira do río Navia.
|
Llombatín |
Estas son as vistas dende Llombatín. En frente temos Cedemonio, unha aldea que pertence á parroquia e concello de Illano.
|
Vistas ao Navia e a Cedemonio |
Unha veciña de Llombatín dedícase no seu tempo de ocio a decorar a súa aldea pintado pedras, cabazas...e escribindo frases, poemas...
Encantounos esta forma de embelecer a súa aldea!
Grandes hórreos hai en Lombatín. Non son os tícos de Asturias; a proximidade a Galicia fai que nesta zona os hórreos se parezan moito aos nosos, co tellado cuberto de lousa , de pedra e madeira. Só son algo máis anchos.
Vimos neste lugar 3 persoas. Un home díxonos que actualmente vivían alí 9 persoas.
Incluso teñen un libro de visitas no que escribimos e firmamos.
En Lombatín hai unha randeeira con boas vistas...
O libro de firmas e outros obxectos ao pé da randeeira de Llombatín.Dá gusto percorrer un camiño tan adornado!
Moitas cabazas vimos! Todas decoradas.
Cabazas de tódolos tipos...
Un camiño fermoso no que agora vemos varias abelairas.
Tamén vimos carballos, castiñeiros, alvedros, abelairas, piñeiros, eucaliptos....Na foto, landras caídas dos carballos.
Os lavadoiros son parte do Patrimonio Etnográfico das nosas aldeas que tiñan normalmente un uso público. Foron ademais un espazo de socialización das mulleres que se reunían a lavar a roupa e tamén a falar, comentar as novas que houbera, contar "chismes" e a cantar.
Estiveron en uso ata finais dos anos 70 do S. XX.
Este das fotos pertence a Llombatín (parroquia de Bullaso en Illano, Asturias) e foi restaurado no 2023 aportando o concello os materiais e os veciños, o traballo. OLÉ por eles!!
|
Lavadoiro de Llombatín |
Lavadoiro decorado con cabazas, cadros e ata poemas.
Dentro do lavadoiro hai incluso unha caixiña de "Libros Ceibes" calquera pode pillalos para ler, deixar outros...etc. Parece mentira esta idea nun lugar con tan poucos habitantes!!
Continuamos por un fermoso camiño que une dous lugares desta parroquia: Lombatín e Bullaso
Voltando a vista atrás, vemos entre prados, o fermoso camiño percorrido ata agora.
Imos en lixeira subida, apenas nos damos conta, e as vistas son ben fermosas!
A orografía do terreo (case toda nunha ladeira en pendente) marca a poboación e o seu xeito de vida. No concello de Illano, a economía está baseada sobre todo no sector agrícola e gandeiro. A poboación está moi envellecida e sufreu un grandísimo despoboamento nos anos 60, 70 e 80 que continúa actualmente, aínda que de xeito máis lento.
A ruta dende Lombatín a Bullaso está perfectamente sinalizada con estas rústicas frechas en madeira que nos encantan!!
Peches ancestrais delimitando os prados.
Este banco no Miradoiro de Tiracais naceu como froito da pandemia, feito por un veciño de Lombatín, Daniel Álvarez.
Miradoiro de Tiracais
Fermosas vistas ao río Navia e, na outra marxe do río, a aldea de Xío. Se nos fixamos ben, o edificio que está máis próximo ao río é o Palacio de Monjardín, o máis importante do concello de Illano e un exemplo de arquitectura barroca de finais do S. XVI e principios do XVII. Está declarado Ben de Interese Cultural.
A cada paso atopamos mensaxes, poemas...
Tamén vimos unha corripa ou ouriceira.(Lugar onde antiguamente se poñían os ourizos das castañas para que secaran con máis facilidade). |
Corripa |
Imos por este chamado "Camín Real" que dende Llombatín chega a Bullaso.
Aquí houbo no pasado unha Ponte de Pedra hoxe desaparecida.
Árbores como castiñeiros, carballos, abelairas...nos acompañan.
Un camiño plagado de mensaxes.
Dende un determinado punto volvemos ver Tiracais, esa penísula que se adentra no río Navia.
O chamado "Penedo dos Defuntos" ...Podemos pensar que tiraban os mortos dende aí ao río ou ben que os vivos se tiraban e morrían, claro...
Outro lugar estratéxico: "Penedo del Home".O camiño está perfectamente acondicionado.
Xa vemos Bullaso, unha aldea que dá tamén nome á parroquia. Oficialmente, esta ruta remataría aquí e a opción é dar a volta polo mesmo lugar por onde viñemos ou facela circular que foi o que nós fixemos.
Se só chegamos a Bullaso e damos a volta serían en total ao redor de 7 km.
|
Bullaso |
Bullaso sitúase sobre unha ladeira que vai caer tamén ao Navia con verdes e costentos prados.
|
Bullaso |
No 2019 esta aldea tiña 19 habitantes. A nós pareceunos que xa tiña menos. Só vimos unha muller. O silenzo era o que imperaba neste lugar, nin un só can vimos nin escoitamos ladrar.
|
Bullaso |
A igrexa parroquial de Santa Mª é dos S.XVI/XVII
|
Igrexa de Bullaso |
En Bullaso vimos unha paneira típicamente asturiana pero tamén cabozos similares aos galegos.
|
Paneira asturiana |
Bullaso está encaixoada entre as montañas e co río aos seus pés. Ten unha altitude de 340m. |
Bullaso |
A partires de Bullaso iremos por estrada. As vistas son espectaculares. Cedemonio é unha aldea do outro lado do Navia que vemos constantemente!
|
Vistas dende Bullaso |
Despois de case 2km. estaremos en Villar de Bullaso que xa vemos.
O 1º que vemos ao chegar a Villar de Bullaso, é esta pequena capela á beira da estrada. Está dedicada a S. Antonio. |
Capela de S. Antonio en Villar de Bullaso |
De lonxe, Villar de Bullaso parecíanos unha aldea nova, con casas habitadas. |
Villar de Bullaso |
Os prados con peches ancestraois baixando cara ao río. No alto, vixiante, a antiga escola.
Ao achegarnos á aldea, vemos que tamén hai moita vivenda abandonada.
Grandes paneiras e un gran lavadoiro restaurado son testemuña de que no pasado houbo aquí moita vida.
Antigo caserón con corredor que vin á venda en Internet.
A escola de Villar de Bullaso restaurada segue a mesma estrructura na súa construcción que moitas outras repartidas polas aldeas de Asturias e Galicia. As aulas debaixo e derriba, as vivendas dos mestres.
|
Antiga escola en Villar de Bullaso |
Vistas preciosas dende Villar de Bullaso, case sempre as mesmas dende que saimos de Llombatín. Un pouco máis abaixo se seguiramos o track que eu levaba nun principio, teriamos que xirar á esquerda e deseguida estariamos de novo en Llombatín.
A foto está tomada dende un miradoiro que hai ao pé da escola e que estaba sen rozar, nun estado de bastante abandono.
Estado do miradoiro en Villar de Bullaso.Un can acompañounos dende Villar de Bullaso ata que rematamos a ruta. Ás veces metíase polo monte dar unha volta pero sempre voltaba.
Dende o lugar onde tíñamos previsto xirar á esquerda ata o punto onde empeza oficialmente a ruta seguimos por estrada uns 2, 2 km. todo en baixada, que se me fixeron algo largos.
|
Punto oficial de comenzo da ruta "O Camín dos Bolos" |
O percorrido vai moi cerca do río Navia por un carreiro fermoso no que hai bastantes albedros ou érbedos (madroño en castelán)
|
Érbedos |
Nesta zona, no chan, había moitos froitos dos érbedos. O outono é a estación na que maduran.
Camiñamos por un bosque tupido de abelairas, carballos, castiñeiros...
Vemos outra corripa onde se gardaban os ourizos das castañas.
Dá gusto ver o ben sinalizada e a información que hai nesta ruta.
En toda esta zona houbo viñedos que producían excelentes viños e que se foron abandonando pola difícil orografía do terreo.
E xa case estamos no final da ruta. Desembocamos xusto na estrada de Llombatín ao pé do coche.
Páxina web consultada:
https://es.wikipedia.org/wiki/Bullaso
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2023/03/14/sobre-gran-senda-navia/00031678797532156143182.htm