luns, 19 de outubro de 2020

RUTA DA AUGA (RUTA LONGA) MONDOÑEDO

 Hai uns anos relizamos en Mondoñedo a Ruta da Auga. Daquela fixeramos a ruta curta, a que sobe ao Salto do Coro e volta xa a Mondoñedo. 

Témola aquí:

RUTA DA AUGA (TRAMO CURTO)

Hoxe fixemos a ruta máis longa. Neste mapa, pódese ver claramente. É dicir, realizamos o tramo de vermello, o de amarelo e o malva.


CARACTERÍSTICAS:

Lonxitude: 15,5km.

Dificultade: Media- baixa

Ruta circular ben sinalizada  que ofrece varias modalidades de percorrido.

DESCRIPCIÓN:

A ruta arranca do centro de Mondoñedo, da Fonte Vella. A ubicación, AQUÍ

A Fonte Vella está sitúada frente ao Pazo Episcopal e foi mandada construir polo bispo Diego de Soto no S. XVI. Na parte máis alta da construcción atopamos o escudo de Carlos I e na parte baixa nos lados atopamos os escudos do bispo que a mandou construir.


Como a Plaza da Catedral queda ao ladiño mesmo, aínda demos uns paseos por alí:




Ao lado mesmo da Fonte Vella está casa natal de Álvaro Cunqueiro o insigne escritor:


Empezamos a camiñar por unha leve subida encaixonada:




Deseguida ganamos altura e temos unhas fermosas vistas de Mondoñedo:

Seminario

A catedral destacando

Imos por un estreito carreiro:


Que deseguida se abre a unha pista máis ancha:

Que nos deixa estas vistas:

Deixamos a pista ancha de terra para coller á dereita:


E chegamos á aldea case abandonada de Valiñadares:


Temos unha pequena subida:

Pouco despois chegamos a unha canteira abandonada:


Empezamos a subida ao Salto do Coro que non é moi longa pero si esixente:


Subimos pegados ao río Valiñadares:



A auga cae dende unha altura de 15m.

Retrocedemos uns  150 metros e empezamos a ascenso polo carreiro das sete voltas. Son 800m moi empinados.
Pillamos á esquerda onde está o letreiro


E chegamos á aldea de Barral:


Capela de S. Antón

Continuamos agora por unha carretera sobre 2km.



Neste cruce temos a opción de acurtar a ruta indo cara a Supena ou alongala bastante indo cara á cova do Rei Cintolo (Para vela por dentro hai que reservar chamando á Oficina de Turismo) Nós fixemos a ruta longa (Co bucle de Supena).

Continuamos un bo tramo por carretera cunha importante subida:

Por esta pasarela de madeira iriamos á Cova do Rei Cintolo. Como non a íamos visitar seguimos camiño.

A carretera segue costa arriba:

Ata chegar a este cruce que nos levará a Pausalido:

Pausalido é unha aldea case abandonada. Só viven aquí 4 persoas:


A partires de aquí deixamos por fin o asfalto e entramos nunha preciosa zona onde predominan as árbores autóctonas dentro de frondosos bosques e soutos:




Atravesamos o río:

E chegamos á aldea de Pacios:

A ruta segue a ofrecernos unhas paisaxes únicas:




Daba pena deixar tantísimas castañas como había




E chegamos á aldea de Vilar. Esta aldea pertencía a dúas familias que no ano 2003 a cederon ao concello de Mondoñedo para a súa restauración.
No ano 2019 inaugurouse este conxunto etnográfico que consta dun albergue con 54 prazas con tódolos servicios, un Centro da Prehistoria e unha aula da natureza.


A ruta segue cara a Supena:



A ruta está moi ben sinalizada. Só que hai que levar claro o tramo que queres facer:


É ben raro que á beira dun río non atoparamos algún muíño:

Saimos nesta carretera que temos que cruzar:

E collemos esta pista ancha:



Á nosa dereita queda a pequena aldea de Supena:


Camiñamos por unha ancha pista rodeada de árbores ata ir sair á canteira pola que pasáramos antes. As árbores xa empezan a amosar as cores de outono:

OLLO! na canteira podemos pillar o camiño por onde viñéramos antes e volveriamos ao mesmo sitio de onde saimos, á Fonte Vella, pero seguimos de frente e a uns 50m. atopamos de novo o desvío para o Salto do Coro. Como xa subimos antes, seguimos de frente, cara a Mondoñedo:


Dende aquí imos por asfalto durante uns 2 km.:

Unha carretera sen apenas tráfico, un agradable paseo co río Valiñadares á nosa dereita:

Contemplando as ricas hortas de Mondoñedo e pequenas aldeas:



E imos chegando o Barrio de Os Muíños. así chamado porque nesta zona houbo gran cantidade de muíños que aproveitaban a auga do río Valiñadares mediante canles artificiales. Algúns consérvanse na actualidade aínda que ningún funciona.
Estes muíños e outros inxenios hidraúlicos servían para o traballo de panadeiros, oleiros, ferreiros...era este un barrio de artesáns.
Entramos a Mondoñedo por aquí

Praza no barrio de Os Muíños

Ponte do Pasatempo: a muller de Pardo de Cela, dona Isabel de Castro, viña de Castela co indulto do seu home que ía ser axusticiado pero nesta ponte foi entretida por orde do bispo de Mondoñedo e o indulto non chegou a tempo.


Canle de auga que servía para os muíños cunha grandes lousas para entrar:























martes, 13 de outubro de 2020

O CAMIÑO DOS FAROS TRAMO 6º: CASTRO DE BORNEIRO-LAXE

 O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo que une Malpica con Fisterra pola costa e transcorre por 9 concellos. Ao longo dos seus 200 km. podemos ver tódolos faros desta zona e os principais puntos de interese da Costa da Morte.

É unha ruta que desperta sensacións únicas e na que se contemplan paisaxes moi diversos: faros, praias, cantís, dunas...pero tamén vilas mariñeiras, castros dólmenes.,.

Non é ningún paseo á beira do mar porque ten tramos dificultosos, desniveis, chan irregular xa que esta costa é moi abrupta e aínda que ten tramos moi sinxelos bordeando o mar tamén sube algún monte.

O Camiño dos Faros xurdíu no 2012 a partires da idea de 6 amigos que pensaron que sería boa idea unir Malpica con Fisterra pola beira do mar. Eles abriron o camiño. Logo fóiselles unindo máis xente e promocionaron esta ruta, dérona a coñecer en moi diversos medios, creouse unha Asociación, páxina en facebook e esta páxina á que vou poñer un enlace onde poderedes saber todo o referente á ruta, etapas, recomendacións para facela, historia da mesma...etc etc é unha páxina moi, moi  interesante, moi clara e instructiva. Se decides realizar esta ruta non deixes de botarlle un ollo.

Toda a información AQUÍ

É moi importante e, se entrades na páxina anterior poderedos lelo, o traballo inmenso que desenrolou esta Asociación de O Camiño dos Faros para promocionar esta ruta e poder homologala; algo que aínda non conseguiron e que dende logo parece mentira que unha ruta con tantísimo potencial paisaxístico, cultural e que redundaría sempre en beneficio económico para a zona non esteña homologada dende hai anos. Lendo o que eles contan, vense os atrancos que atoparon e os moitos organismos e administracións diversas coas que tiveron que lidiar. 

Enfin, poden sentirse ben contentos e orgullosos de promocionar, de dar a coñecer unha ruta que cada día ten máis adeptos e percorre máis xente. Nótase que aman a súa terra. Agora homologar, coidar, conservar decente esta fermosísima e importante ruta xa non depende das persoas particulares se non dos distintos concellos e /ou organismos competentes.

A ruta está dividida en 8 etapas pero a nós parécennos demasiado longas(20 e pico e incluso 32 km.) e decidimos dividir cada unha delas en dúas para así facelo máis levadeiro e desfrutar sen présa ningunha das marabillas que nos ofrece.

Pois co tramo de hoxe rematamos xa a terceira etapa.

CARACTERÍSTICAS.

Lonxitude: 16 km.

Dificultade: Media- baixa

Ruta lineal ben sinalizada pero hai que ir moi atento/a nos cruces.

Saimos dende rematamos o último día: Castro de Borneiro. Este Castro está AQUÍ

Saíndo do Castro

Imos uns 200m. por esta ancha pista:


E deseguida temos que cruzar a carretera AC-430 para pillar esta pista á dereita:


Que nos vai levar deseguida á aldea de Vilaseco:


Nesta pequena aldea case hai máis hórreos que casas. Todos eles de pedra e tendo uns grandes pilares como base, son construccións que atopamos por toda Galicia pero moi distintos dependendo de cada zona. Nesta ruta imos vendo os que son característicos da zona da Costa da Morte e ben diferentes dos da zona da Mariña de Lugo, que son os nosos.

Tosoa eles están en perfecto estado de conservación e pensamos que aínda hoxe lles deben dar uso xa que son moitísimas as terras de millo que atopamos.

 

Moito coidado ao final deste camiño que parte de Vilaseco xa que nós non nos fixamos nas marcas do chan e torcemos á dereita cando hai que, ao pé dun campo de fútbol, seguir de frente. Nós volvemos sobre os nosos propios pasos e xa vimos as frechichas verdes que non víramos:


E xa chegamos ao Dolmen de Dombate, que din que é a "catedral do megalítismo galego".  No 2011 abríuse o "Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate" A entrada é libre e gratuita e hai dous edificios: no primeiro está o Centro de Interpretación e recepción de visitantes cunha réplica do auténtico dolmen e onde hai información sobre el e, un pouquiño máis arriba, o monumento auténtico cunha gran cuberta que o mantén protexido.



Se queres ler máis sobre este monumento, pincha AQUÍ

Continuamos a nosa ruta por un trazado de carretera que de momento non ten dificultade ningunha e vemos xa outra aldea: Fontefría.


Ao chegar ao medio desta aldea hai que ir pillar á esquerda nun cruce. A carretera chega a unha casas e debemos coller ese camiño á dereita. Debemos ir atentos para ver as frechas que o indican:


Seguimos uns metros máis por esta pista  e deseguida  hai que pillar á dereita. Moito ollo, eu pasábame. A frechiña está nesa rocha:

As marquiñas verdes(puntos, frechas e peíños) poden aparecer en calquera sitio: nunha árbore, nun poste, no chan...

Ao fondo empeza a subida ao Monte Castelo:

É unha subida con bastante desnivel pero moi curtiña: 1km. aprox.



O pequeno esforzo que fixemos na subida, vese compensado coas marabillosas vistas que temos:

Laxe ao fondo

Estuario do Anllóns

Tamén hai que ir con ollo nesta baixada xa que deseguida temos que pillar á dereita e non seguir de frente. O sinal está nun piñeiro.

Deseguida chegamos a unha carretera asfaltada pola que andamos uns 10m. e collemos á dereita por unha pista de zahorra (as frechas están na carretera)



Despois de percorrer aprox. 1km. e medio por esta pista, chegamos á aldea de Arnela na que seguimos vendo hórreos. Agora camiñaremos sobre asfalto:


E a continuación cruzamos a aldea de Canduas 

A carretera segue á dereita, nós temos que ir de frente:


A pedra predomina nas construccións de toda esta zona, tanto nas casas coma nos cabozos:
Esta vila que vemos é Canduas e se nos fixamos ben na foto, podemos ver a torre da igrexa de S. Martiño que foi edificada sobre os restos do que fora un monasterio benedictino.

Os cruceiros de pedra tamén se deixan ver durante todo o percorrido:


Cruzamos a carretera xeral.

E atopamos esta curiosa e preciosa cabana nas árbores:

Esta "curiosidade" xa nos gusta menos. Non sabemos que pinta a ponte dun barco no medio do monte:

Imos dirixíndonos pouco a pouco á Costa de Cabana. Estamos cruzando o Monte de Taboído. Xa podemos entrever o mar:

Chegamos á Costa da Mundiña:
Ao fondo, Corme


Vemos de frente o Monte Branco e Corme. Esta é a furna Mundiña:


Detrás dos piñeiros vemos a Punta do Padrón:

A illa de O Castelo:

E imos chegando á praia de Rebordelo. É a praia máis grande do concello de Cabana, tranquila e rodeada de piñeiros e que está partida en dúas xa que as separa a Punta da Catuxa.




E chegamos á praia de S. Pedro, a última do concello de Cabana. É unha pequena e recóndita praia, moi fermosa.



Continuamos á beira do mar subindo e baixando por esta abrupta e preciosa costa:


Ata chegar á Punta do Cabalo dende a que temos unhas boas panorámicas:


E deseguida estamos en Punta Rubia, dende a que xa divisamos o noso destino de hoxe: Laxe.



E apararece agora diante de nós o Coído dos Muíños : un fermoso lugar cunhas augas transparentes onde desemboca un pequeno regato que aproveitaron en tempos pasados dous muíños:


A través do Cabo de Area, chegamos a Laxe: