Esta fermosa ruta que pasa polos concellos de Mugardos e Ares non está sinalizada polo que un track é imprescindible para poder realizala. Os puntos importantes da mesma son todos accesibles en coche pero non ten nin punto de comparación ir camiñando e contemplando ao mesmo tempo a ría e a cidade de Ferrol.
O máis significativo da ruta son as espléndidas vistas que temos durante case toda ela, as baterías militares que veremos; o Miradoiro da Bailadora, Punta Segaño, o Castelo da Palma o Banco de Escampós, a aldea de A Redonda na fabulosa enseada do Baño da que partiremos e na que finalizaremos.
Características:
Lonxitude: 11,5 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar.
O track en WIKILOC
Descripción:
A ruta sae da Enseada do Baño, ao pé de Mugardos. A ubicación AQUÍ. Hai un lugar onde aparcar segundo empeza mesmo a enseada que cando marchamos estaba en marea baixa.
|
Enseada do Baño |
Imos por estrada 1,2 km.
Aquí pillamos á esquerda e xa vemos indicadores do que imos ver (excepto o mosteiro de Santa Catalina, xa que colleremos antes un sendeiro que nos apartará da estrada onde se atopa)
Ao pouco de empezar a subir, xa nos deleitamos coas primeiras vistas da ría de Ferrol:
En vez de seguir pola estrada, colleremos o sendeiro da dereita:
Xa vemos no outro lado da ría o Castelo de S. Filipe
Imos subindo pero é unha subida moi levadeira.
Temos que ir con coidado xa que esta é un zona moi frecuentada por ciclistas:
As vistas ábrense máis cada vez e agora tamén podemos ver Mugardos na parte dereita:
Pola situación xeográfica e as condicións naturais e defensivas da ría, Ferrol converteuse nun lugar estratéxico para a Armada Real dende o S. XVI. No punto máis alto de Montefaro levantouse a finais do S. XIX a batería militar de A Bailadora.
|
Unha torre vixía |
Vistas da entrada da ría en Ferrol e castelos de S. Filipe e da Palma dende o miradoiro de A Bailadora. Dende outros puntos tamén podemos ver as rías de Ares, Coruña e Betanzos.
O Castelo de S. Filipe atópase na parroquia ferrolana de Santa Mª de Brión; esta construcción defensiva é de estilo barroco clasicista. Foi construida no S. XVI por orde de Filipe II, de quen toma o nome. A práctica totalidade do edificio foi remodelada no S. XVIII e permitía a defensa do conxunto civil e militar de Ferrol
O obxectivo da base militar era destruir calquera barco inimigo que se adentrase na Costa Ártabra. Nunca entrou en combate.
Hai decenas de túneles subterráneos que comunican as distintas dependencias militares.
Este lugar foi rehabilitado en parte no 2011 e acondicionouse un miradoiro que nos regala unhas incribles vistas da ría de Ferrol e da cidade, así como dos castelos de S. Filipe e o da Palma.
Numerosas antenas coroan o Montefaro:
En poucos metros atopamos outra batería militar: a de Fonte Seca.
|
Batería Militar de Fonte Seca |
O camiño pasa de ser unha pista ancha en moi bo estado a outro cheo de pedra, pero só dura uns poucos metros:
Vemos aló embaixo a praia de Chanteiro.
|
Praia de Chanteiro |
De frente temos Punta Segaño e á dereita vemos o porto exterior de Ferrol:
Outra batería militar: a de Salgueira.
E outra:a de Punta Segaño
Agora continuamos por unha cómoda pista sempre á beira da ría:
|
Paseo moi relaxante |
Chaman a nosa atención as augas tan claras desta ría na que ao fondo temos o Castelo de S. Filipe.
O Castelo da Palma, xa en Mugardos, tamén formaba parte do sistema defensivo da ría de Ferrol. Dende 1992 está considerado como Ben de Interese Cultural. A súa construcción remóntase ao S. XVI e está frente ao Castelo de S. Filipe do outro lado da ría. Carecía de armamento e a súa función era vixiar o paso marítimo. O edifici actual levantouse a finais do S XIX.
Moi preto deste castelo atopábase o de S. Martín do que hoxe só quedan as ruinas. Entre este e o de S. Filipe tendíase unha grosa cadea no mar que impedía a entrada dos barcos inimigos á Ría de Ferrol.
A última función que tivo o Castelo da Palma foi de cárcere militar e aí estivo preso o coronel da Garda Civil Antonio Tejero por ser un dos cabecillas do intento de golpe de Estado no 1981.
|
Castelo de A Palma |
A principios do S. XXI, este castelo foi adquirido por unha cadea hoteleira e está á espera de que comencen as obras de restauración e acondicionamento.
|
Castelo de A Palma |
A uns metros do Castelo de A Palma, á esquerda xa vemos unha indicación nunha árbore que nos leva ao "Banco dos Escampós" e dende o que podemos contemplar de frente a parroquia de Santa Mª de Brión.
Tamén podemos contemplar FerrolO banco de Escampós invita a sentar nel e non moverse en moito tempo.
Seguimos camiñando con estas idílicas vistas:
Un pouco despois, en lugar de continuar por estrada, collemos á esquerda para ir polo barrio de A Redonda(Mugardos)
E vemos nun lavadoiro público este letreiro que nos gustou: Este é o lavadoiro en A Redonda: Unha ruta espectacularmente fermosa!!! Agora hai unha pasarela de madeira á beira da ría:
Desembocamos na aldea de O Baño (Mugardos) E xa estamos de novo nu lugar de partida, agora con marea chea. |
Enseada de O Baño |
OLLO!! nesta ruta houbo un pequeno tramo de subida (ata A Bailadora) onde tivemos coidado cos ciclistas que baixaban. Este mesmo día faleceu un home pero non atropelado, se non por saltar dun muro dunha batería militar a outro. Caeu ao vacío polo medio de ámbolos dous muros. Así que moito ollo e non supravaloremos as nosas capacidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario