Parada de Sil é un pequeno concello de Ourense que ten ao redor de 600 habitantes e que forma parte da Ribeira Sacra.
Os ríos Miño e Sil forman a Ribeira Sacra con paisaxes impoñentes como os Cañóns do Sil que son navegables, cunha das maiores concentración de mosteiros e igrexas medievais, con vides iniciadas polos monxes dos mosteiros creando unha cultura do viño que actualmente está máis viva ca nunca coa Denominación de Orixe Ribeira Sacra, nunhas viñas con ladeiras tan inclinadas que requiren gran esforzo no seu cultivo.
Pois hoxe fomos a estas terras. Na Ribeira Sacra xa temos feitas varias rutas, todas elas espectaculares. A de hoxe non o é menos.
Características:
Lonxitude: 7km.
Dificultade: media, sobre todo pola última baixada de gran desnivel por carreiros naturais.
Ruta sinalizadad de maneira regular que fai necesario o uso dun track . Eu deixo o meu en WIKILOC
A miña valoración desta ruta: 🔆🔆🔆🔆🔆
Descripción:
O comenzo oficial da ruta é onde está o albergue de A Fábrica da Luz e aí empezamos. Xa vimos ao chegar que debido á inmensa afluencia de coches que había que nos íamos atopar con moita xente e así foi pero só nas pasarelas.
A Fábrica da Luz é unha das primeiras infraestructuras hidroeléctricas construidas en Galicia. No S. XX (1914) foi construída “A canle vella” para canalizar a agua procedente do Río Mao e descargala na coñecida como A Fábrica da Luz. Foi algo moi importante a nivel tecnolóxico, social e arquitectónico na zona que suministrou electridade a toda esa zona da Ribeira Sacra e a súa construcción deu traballo a numerosos veciños da zona. Estivo en funcionamento ata ben entrado o S. XX cando se construeu a "canle nova" que descarga directamente no Sil.
No ano 2011, o concello de Parada de Sil recuperou este patrimonio industrial para convertilo nun lugar de ocio e formación.
Albergue A Fábrica da Luz, de onde parte esta ruta. |
O camiño que imos percorrer nun principio sobre a pasarela de madeira chámase de xeito oficial "Circuito de Naturaleza de la Pasarela del Río Mao" cunha distancia de 1,8 km.
A vexetación é moi variada. |
Podemos ver unha vexetación cambiante e moi variada xa que xunto á vexetación típica de ribeira como salgueiros, ameneiros...breixos e xestas en zonas algo máis altas tamén atopamos especies de clima mediterráneo como aciñeiras, érbedos...
A pasarela foi construida en 2011 |
Hai tamén ao longo do percorrido xogos interactivos que están ben para os máis pequenos. Eso sí, hai un panel onde di que "a tranquilidade da zona serve de refuxio pra a fauna" e nomea un montón de animais que viven por aí. Será ben difícil ver algún coa cantidade de xente que hai!
Agora o Mao forma un tranquilo remanso semellando un lago, xa cerca da desembocadura.
Este sendeiro fluvial une a "Fábrica da Luz" co camiño a Barxacava que logo atoparemos.
Agora o camiño alónxase do río para subir á aldea de Barxacova.
Un fermoso e antigo sendeiro:
Ao pouco xa vemos nun alto, Barxacova. Aquí foi onde se nos presentou a 1ª dúbida de por onde tíñamos que continuar. Ao chegar á parte alta da aldea, hai varios sinais e confunden, non están claros, así que nós fixemos caso ao track que seguimos porque eu fiábame máis...
Barxacova |
Nesta pequenísima aldea de antigos corredores, non vimos a ninguén pero sí que hai algún habitante xa que vimos roupa tendida a secar e había galiñas... Chegamos á parte máis alta da aldea e pillamos á dereita deixando momentaneamente a PR-G177.
Barxacova |
O Pombar |
S. Lourenzo de Barxacova |
Esgrafiado nunha vivenda de S. Lourenzo |
Camiño da necrópole |
Penedo no que se atopaba a capela de S. Vitor. Actualmente é un privilexiado miradoiro |
Necrópole de S. Vitor con tumbas antropomorfas. |
S. Lourenzo de Barxacova |
A ruta...unha marabilla. Os camiños entre a arboreda, entre as vides, as aldeas, a necrópole, as vistas...todo esto de 10. As pasarelas...ni fu ni fa...o que menos me gustou...