martes, 28 de abril de 2020

RUTA VIÑEDOS DA RIBEIRA SACRA (PR-G86) + PASEO EN CATAMARÁN POLO SIL

Esta é a nosa 1ª ruta pola Ribeira Sacra e quixemos aproveitar para facer unha viaxe polo río Sil en catamarán.

Dicir que non fixemos a ruta PR-G86 completa debido á moitísima calor que facía e sobre todo a que tiñamos hora reservada para o catamarán e non podiamos retrasar a hora que tamén tiñamos reservada para o xantar nun restaurante. Por eso, temos pendiente volver facer esta ruta ao completo.

Esta ruta vai por un camiño de servicio aos viñedos que conduce cara ao val do río Cabe e vai serpenteando entre as vides de uva mencía coa que se elabora o viño Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 13km. (nós fariamos uns 6km. aproximadamente)
Dificultade: media
Ruta lineal, ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza na aldea de Rosende e remata no embarcadoiro dos Chancís pero xa dixen que nós demos a volta para xantar en Rosende e camiñaríamos uns 6km. aprox.
Rosende é unha pequena aldea(non chega aos 100 habitantes) do concello de Sober, na provincia de Lugo.
A ubicación, AQUÍ:

Empezando a ruta:


Era un día de calor, as vacas buscan a sombra:

Panorámicas que contemplamos:


Pasamos entre as vides:

Aquí vese ben o camiño, é cómodo:

Os raíles para o transporte das uvas:

As uvas mencía:

Algo de sombra fai falta:

Ia moita calor:

As terrazas de vides:




Demos a volta e chegamos de novo ao lugar de salida.
Este é o Pazo Casa Grande, hoxe convertido en aloxamento de turismo rural:

Comemos nun entorno moi fermoso. A ruta xa foi en 2016 e non lembro o nome do restaurante. 

Despois de comer, collemos os coches e baixamos ata o embarcadoiro de Os Chancís para a nosa viaxe polo Sil en catamarán:





Vistas dende o catamarán:

Tivemos un precioso día:


Formaciós rochosas:

Precioso!!


Refrescándose:

 Xa estamos de volta.

Se queres saber moito máis sobre a Ribeira Sacra, Pincha AQUÍ:

Este é un vídeo espectacular do Canón do Sil visto dende o aire. (O autor do mesmo é Pablo Casanova):

CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO. RINLO (RIBADEO)-REINANTE(BARREIROS)

Este tramo de ruta corresponde oficialmente á 1ª etapa da ruta Camiño Natural do Cantábrico que nós dividimos en dúas. Xa fixemos Ribadeo-Rinlo e hoxe imos facer Rinlo-Reinante.
Iremos pegados á costa desfrutando de praias e cantís á beira do Cantábrico.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 10km.
Dificultade: fácil
Ruta lineal perfectamente sinalizada

DESCRIPCIÓN:
Saimos do porto de Rinlo:

E atopamos as famosas cetáreas naturais. Son tres e foron das primeiras construídas en España. Aproveitando un canal natural que foi abrindo o mar e a erosión entre as rochas, construíronse uns muros de contención co fin de reter embalsada a auga. Criánronse nelas centolos, langostas e outros mariscos e funcionaron ata principios dos anos 90 do S. XX:


Primeiro camiñamos á beira do mar pegados a un valado de madeira:

E agora por un pequeno tramo de carretera:

E chegamos á praia dos Xuncos:

Na que descansamos un pouco, a pesares de que empezaramos a andar había pouco.
Parece que a xente xa tiña algo de fame
Seguimos camiñando á beira do mar:
Era agosto pero non vimos o sol

Achegámonos ás praias dos Castros e de Illas:

Praias de Os Castros e de Illas, que está pegadas:
Praia dos Castros:

Ensenada do Cadramón:

E seguimos pola beira do mar:

Chegamos a praia de Esteiro:
Praia de Esteiro

E xa moi preto, a archicoñecida praia de As Catedrais:
Praia de As Catedrais

E despois a de Arealonga, xa en Reinante onde deixáramos un coche.
Praia de Arealonga

Hoxe tiñamos pensado comer ao aire libre e como non atopamos un sitio xeitoso á beira desta praia, fomos buscar os outros coches a Rinlo e marchamos comer á área recreativa do Bispo Santo, en Foz:


luns, 27 de abril de 2020

RUTA VILAMOR-FROXÁN-VILAMOR (FOLGOSO DO COUREL)


Voltamos ao Courel para facer unha das rutas coñecidas e percorridas desta zona, moi atractiva xa que ten de todo: bosques autóctonos e tamén outros de sobreiras, madroños, aciñeiras...aldeas recónditas, fontes, pontes...

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 11km.
Dificultade: Media
Ruta circular, ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza e remata na aldea de Vilamor, parroquia que pertence ao concello de Folgoso do Courel. En 2016 tiña 134 habitantes.
A ubicación de Vilamor, AQUÍ

Empezando a ruta:
Vilamor

Vilamor

Baixamos cara ao río Lor


E cruzamos esta ponte:

Agora empezamos a subir:

Un souto con vellos castiñeiros


E chegamos  a esta aldea perdida entre castiñeiros que parece sacada dun conto. Chámase Vilar, está situada a 550 m. de altura e conta con tres casas habitadas:




Nesta aldea visitamos a "Casa do Ferreiro" que ten unha singularr mostra de aparellos da casa e da labranza típicos desta zona:



Tamén nesta aldea está a Fonte da Saúde:

Despois de atravesar a aldea de Vilar, atopámonos coa capela de S. Roque. Ao pouco de pasar nós por alí arreglaronlle o tellado:




A uns 700m. desta aldea, atópase o Castro de Vilar pero como non cadra na ruta facíasenos moito andar outros 2km.  non fomos aínda que seica merece a pena, polas panorámicas que se contemplan e porque é o máis grande do Caurel. A pesares desto, atópase en mal estado

A partires de Vilar, o camiño empeza a baixar cara a Froxán.
 As cabras no monte
                                 Baixando polos montes do Courel

Antes de chegar a Froxán atopamos un sobreiral:

 Destas árbores sácase a cortiza(corcho)

Xa divisamos Froxán, aldea restaurada  e declarada Ben de Interese Cultural polo seu valor etnográfico:


A fonte do Milagro:



Estamos a 5km. de Vilamor:

 Vilamor
Vilamor ao lonxe

Para rematar, comemos no retaurante "Casa Comerciante". Comemos moito e ben a base de productos típicos da zona.
Esta noticia, alégranos moito!!Para lela, pincha AQUÍ: