Hoxe fomos ata o concello de Belmonte de Miranda (Asturias) pero non con intención de facer esta ruta senón unha de montaña que sube ao Alto da Corredoria e ao Pico Porcabezas pero a néboa xogounos unha mala pasada. Iniciamos a ruta coa esperanza de que fose levantando e chegamos xusto a onde empeza a subida ao Pico de Porcabezas pero a néboa era cada vez máis densa, non se vía nada da femosísima paisaxe que víramos en fotos e decidimos dar a volta polo mesmo lugar da ida, xa que existía un risco real de perderse aló enriba e non era cuestión de "facer o tonto" e que houbese que vir rescatarnos.
Chegamos de novo a Dolia de onde partíramos despois de ter percorridos 8 km. entre ida e volta. Como aínda era cedo e queríamos aproveitar a viaxe vimos en Dolia una ruta anunciada ata Belmonte pasando pola aldea abandonada de Cuvasil e aló fomos!! Non atopei nin un solo track desta ruta, así que confiando en que estivese sinalizada iniciamos este percorrido.
Antes de seguir, dicir que Belmonte de Miranda é un concello no centro-occidental asturiano entre montañas que aínda non chega aos 2000 habitantes. A capital, Belmonte, está a 200m. de altitude sobre o nivel do mar pero o 70% do concello supera a media de 800m. de altitude.
Dolia, de onde partimos nesta ruta lineal, pertence á parroquia de Belmonte.
Características desta ruta:
Lonxitude: 5 km.
Dificultade: moderada polas fortes baixadas con moita posibilidade de esvarar debido ao chan de pedras húmidas e soltas.
Ruta lineal ben sinalizada. O meu track en WIKILOC
A miña valoración da ruta:🔆🔆🔆
Descripción .-
Aparcamos ao pé da Capela de S. Benito que segundo di unha plaquiña que hai pegada na fachada foi rehabilitada no 2018 "gracias a las aportaciones de los vecinos, familiares, amigos y entidades"
|
Capela de S. Benito en Dolia |
Dolia atópase moi alta: a 840m. de altitude. É un punto de paso do Camiño Real da Mesa ( calzada romana que comunicaba Asturica Augusta (Astorga) con Lucus Asturum (probablemente la actual Lugo de Llanera), y los romanos la incluyeron como prolongación al mar de la Vía de la Plata. Es una de las vías antiguas más emblemáticas de cuantas cruzan la Cordillera Cantábrica) https://asturias.com/camino-real-de-la-mesa/
|
Dolia |
Cabozos e paneiras dan fe de que en Dolia foi importante a actividade agrícola no pasado.
|
Dolia |
No ano 2020, Dolia contaba con 16 habitantes. Nós hoxe vimos 6 persoas.
|
Na parte alta de Dolia, empeza a ruta |
A ruta empeza na parte alta da aldea: |
Sinalización da ruta |
Aínda que ao principio, o sendeiro parece impracticable porque había altas ortigas que dificultaban o paso, apartámolas cos bastóns de camiñar e xa despois non tivemos máis problemas.
Algunha actividade gandeira aínda hai por estes lugares que semellan case deshabitados, porque hai prados.
O percorrido é precioso pois a paz e a natureza son as que camiñan con nós.
Chegamos á aldea abandonada de Cuvasil onde vimos 4 ou 5 casas nas que xa non vive ninguén. |
Cuvasil |
|
Cuvasil |
O percorrido desta ruta é unha baixada continua e moi pronunciada en varias ocasións, con pedras húmidas no chan que posibilitan o risco de caída. Hai que ir con precaución. Na foto seguinte, un tramo sen pedras.
|
Baixando |
A ruta está sinalizada.
Vimos moitos freixos.
Prados, bosque, montaña...Asturias...Dolia atópase a moita altitude e Belmonte, máis abaixo, por eso sempre imos en continua baixada.
Xa vemos, aló embaixo, a vila de Belmonte:
A paisaxe do interior de Asturias é dunha beleza apabullante.Vimos a unhas persoas locais que collían auga desta fonte e nós fixemos o mesmo. Que fresquiña estaba!!
Voltamos a vista atrás e vemos o camiño andado. Pasamos polo lugar chamado Tablau
Baixando a Belmonte (a menos de 2 km.) de chegar temos estas vistas de frente:
Agora imos por estrada local.
Ata chegar a Bemonte. Temos que cruzar a ponte sobre o río Pigüeña:
A vila de bemonte aséntase a ámbalas beiras do río.
O edificio que vemos na seguinte foto é a Aula del Oro. Foi o antigo cárcere e actualmente amósase mediante paneis a vinculación de Belmonte coa explotación do ouro nesta zona. mesmo diante do edificio está a parada de taxis e cruzando a rúa, a Oficina de Turismo.
Paseamos un pouco para coñecer esta pequena vila e vimos no parque este estanque con parrulos.
No mesmo parque (a continuación do hórreo que vemos na foto) está a Oficina de Turismo. Estaba a celebrarse a Feira Tradicional da Alzada Vaqueira no parque da vila. Vimos casetas con venta de productos artesanais de alimentos, xoias, adornos...etc.
Ponte que cruzamos ao chegar a Belmonte. É para salvar o río Pigüeña que atravesa a vila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario