Coaña é un pequeno concello con pouco máis de 3000 habitantes. O relevo deste cocello está marcado por dúas zonas ben diferentes: a zona costeira con grandes cantís e a zona interior cun relevo de serras e montañas de moderada altura.
Ortigueira, a onde hoxe vou, é unha zona de costa que pertence á parroquia de Mohías. Fun coa idea de facer unha ruta mirando polo google maps, sen unha idea preconcebida, sen seguir track ningún e ao pouco de chegar xa atopei uns sinais dunha ruta homologada chamada "Ruta Mariñeira" que decidín seguir.
Características da ruta:
Lonxitude: 4,3 km.
Dificultade: baixa
Ruta circular sinalizada en parte (a ruta oficial homologada si que está perfectamente sinalizada) pero eu amplieina algo .
O meu track en WIKILOC
A miña valoración:🔆🔆🔆🔆
Descripción da ruta:
Eu partín como dixen dende o Faro de S. Agustín dende o que divisamos a praia de Arnielles duns 100m de lonxitude e situada nun escarpado entorno ao abrigo do Cabo de S. Agustín.
Praia de Arnielles. |
O acceso ao Faro dende a praia pode facerse por estas escaleiras:
Ao pé do Faro está o barrio residencial de nova construcción , La Rasa.
Vistas dende a zona do faro sobre a praia de Arnielles (a máis próxima) e a praia de Sablera de Foxas ou Barra. As dúas pertencen ao concello de Coaña.
A Capela de S. Agustín e Nosa Señora da Caridade foi fundada no S. XVII polo gremio de pescadores do porto de Ortigueira. O seu interior foi concebido como a quilla dun barco e as paredes están cheas de exvotos (ofrendas que se fan en cumprimento dunha promesa) entre os que destacan as maquetas de barcos.
Capela de S. Agustín |
Capela e ao fondo, o faro novo |
Monumento |
Monumento aos falecidos no mar |
Os dous faros e a caseta do práctico |
Faro máis antigo |
E aquí foi onde descubrín que existía esta ruta e decidín seguila.
Sinal da ruta mariñeira |
O paseo lévame cara a Ortiguera pola beira do mar.
Deseguida vexo os barrios altos de El Molín e La Cabana e o mar meténdose ao porto.
O Paseo Marítimo é moi cutiño e sae deseguida á estrada.
Pero pola estrada vou só uns metros pois deseguida vexo un acceso para ir máis pegada ao mar.
Vemos "As Llamosas" onde se dan os mellores percebes de Coaña.
Baixando cara ao porto de Ortigueira
O porto está situado no barrio chamado El ribeiro. Na foto vemos as antigas casetas de pescadores.
Casetas de pescadores no porto |
O Rego de Fundión baixa totalmente seco neste abafante verán de sequía e calor. Obsérvense as antigas casiñas practicamente construídas derriba do rego.
Rego de Fundión que baixa seco |
O Porto do Ribeiro a min pareceume moi, moi fermoso. É moi pequeno e apenas ten actualmente actividade pero semella sacado dunha película; encaixado entre dous enormes cantís, ten unha beleza natural incuestionable.
Antes de construirse o porto, a caza de baleas e a pesca de langostas era o que ocupaba aos habitantes deste enclave durante varias xeracións. Como o bar batía moito, fíxose o porto (Primeiros anos do S. XX)
Solo vin 3 pequenas lanchiñas e unha algo máis grande neste porto que no pasado tivo importacia, xa que hai uns 30 anos en cada casa había alguén no mar e todos vivían deste recurso.
Hoxe este porto debe de ser dos máis modestos de todo o norte de España e tamén dos máis perigosos debido ás pésimas condicións do porto (segundo as palabras dun veciño) Na mesma entrada hai unha pedra onde rompe o mar e que dificulta a saída e a entrada. Moitas veces os mariñeiros tiñan que arribar a Tapia ou a Luarca.
O concello de Coaña coñeceu tamén a emigración e no 1º terzo do S. XX, Cuba e Arxentina foron os países que máis emigrantes recibiron. Como consecuencia desto, temos en Ortiguera varios exemplos de magníficas casas indianas como a que vemos na seguinte foto e que a día de hoxe está en venta.
Casa Cancio |
Pegada á casa indiana anterior, está o afamado Restaurante Pepes que me deu a sensación de que estaba pechado e efectivamente, en Internet pon "Cerrado permanetemente"
Restaurante Pepes |
Esta é a casa indiana da familia Jardón que foi gran benefactora de Ortigueira, colaborando na realización da escola, cemiterio, o parque que está situado frente á Quinta...o benefactor máis xeneroso foi Fernando Jardón, fillo de J. Mª Jardón , este naceu en Ortiguera no 1844 e non pode considerarse o típico emigrante porque cando foi para Arxentina xa era capitán da Marina Mercante. Instalado en Arxentina, amasou unha gran fortuna. Regresou a España en 1887 instalándose primeiro en Barcelona e despois en Madrid e construeu esta quinta como lugar de veraneo. O máis destacado da casa é a alta torre que nun 1º momento non tiña tanta altura. Dende ela vese o porto de Ortiguera.
Quinta Jardón |
O parque en frente da Quinta tamén foi financiado pola familia Jardón.
Parque |
Monumento a Fernando Jardón |
O monumento a Fernando Jardón entre dúas palmeiras:
A casa indiana que se ve na foto seguinte está en bastante mal estado. Nun 1º momento foi "Villa Arbosa" (foi construida por José Rodríguez Jardón)e despois foi mercada polo concello de Noreña (separado do de Coaña máis de 100 km.) hai algúns anos e sirveu como albergue durante os anos 70 ás xuventudes noreñesas que pasaban aquí os veráns. Eran campamentos organizados pola parroquia noreñesa. A casona compráraa o cura e os veciños de Noreña.
Deixou de empregarse como albergue nos anos oitenta e agora está moi deteriorada aínda que o exterior aparece coidado, semella que alguén fai labores de mantemento polo menos da parte exterior.
Sigo camiñano cara ao Faro .Villa Arbosa ou Casa de los de Noreña
Chego deseguida. Xa vexo a capela e o faro
Rematei esta ruta no mesmo lugar onde a iniciei, no Faro de S. Agustín pero despois fun xa en coche cando ía camiño da casa a visitar a igrexa parroquial de Mohías. É unha igrexa moderna na que destaca o seu alto campanario que a fai moi esbelta. Na mesma torre está o reloxo.
Igrexa de Mohías |
Fixen poucas rutas nas que en tan curto percorrido descubrise tanto que ver!!
Páxinas web consultadas:
http://www.casaviejadelsastre.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario